Domingo 13 de outubro ás 19h no Teatro Afundación O domingo 13 de outubro tedes unha oportunidade única para poder ver xuntos no escenario ós 3 grupos de música e baile tradicional que conforman o colectivo XOC para a recuperación, conservación, divulgación e defensa do Patrimonio Inmaterial de Galicia. No espectáculo "Danza 3 no teatro", presentado hoxe, amosaranse bailes, músicas, cantos e traxes do folclore de Galicia recuperado e posto en escena por A. C. Xacarandaina de A Coruña, ACF(...)
XV Encontro Folclórico en Beade (Vigo) O próximo domingo 29 de setembro, ás 18:00h, no C.S.C.R de Beade, terceira parte do XV Encontro Folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Participan: - Semente da Arte Galega. - O Fiadeiro. - Asubío.
Sábado 5 de outubro na Praza de Santa María E un ano máis, e van 17, organizamos o noso Festival de Cultura Tradicional nas festas do San Froilán co patrocinio do Concello de Lugo: non volo perdades, vaia cartelazo: 💥ACF O Fiadeiro de Vigo 💥Grupo Folklòrico Trebeyu de Xixòn 💥Cántigas e Frores
O vindeiro 27 de xullo celébrase na Praza da Quintana a Xornada de folclore galego e, unha vez rematada, Cantigas e Agarimos organiza a VI FOLIADA POST-XORNADAS.
Xoves 11 de xullo: Desde as 19:00h: Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valladares, Padereiteiras e Gaiteiros de Rueiro e Gaitas de Pardavila. Desde as 22:30: SONDESEU Orquesta Folk de Galicia Venres 12 de xullo: Desde as 19:00h: Froles Novas, Pandeireta e Acordeóns de Helios, Lembranzas Galegas e Asubío Desde as 22:00h: HEREDEIROS DA CRUS TONY LOMBA E ELIO DOS SANTOS Sábado 13 de xullo: Desde as 11:00h: Andarela, A Buxaina, Gaitas de Atlántida(...)
Festival Folclórico O Fiadeiro (Vigo) Sábado 6 de xullo ás 20h na Asociación Santa Mariña de Cabral Carrapucheiros de O Fiadeiro (Vigo) Paredengue (Asturias) O Viveiro de Peis d´hos (Cangas)
41 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Do 11 ao 14 de xullo Xoves 11 Túa (Murcia) Dequenvessendo (Galiza) Yuki Kojima Band (Xapón) Stolennotes (Andalucía) Gwendal (Bretaña) Venres 12 Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia) Project Smok (Escocia) The Moving Hearts (Irlanda) Anxo Lorenzo Band (Galiza) Escola de Gaitas de Ortigueira Sábado 13 Bagad Kerlenn (Bretaña) por Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda) Shoglenifty (Escocia) Flook (Inglaterra) Beltaine (Polonia) Domingo 14 O Fiadeiro Tanxugueiras Leilía Andrés Penabad Band.
Serán / Festa Fin de Curso de O Fiadeiro (Vigo) Sábado 15 de xuño na AAVV Santa Mariña de Cabral (Vigo)
Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3. Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo co colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial. Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra no RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.
Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense) Sábado 11 de maio dende as 17:30h Organiza: Asociación Cultural REBULIR PROGRAMA: 17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos Mostra de Oficios Artesáns - Animación de rúa - Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo 17:30 h. OBRADOIROS para nen@s Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo As tamancas a escala – Tango Zapateiro Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary Xogos Cooperativos - Xurxemurxe 18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Rami(...)
Ola tonesoneir@s... O próximo venres, 3 de maio, presentamos os últimos traballos da editorial cos seus autores, Pablo F. Rial e Rafa Crespo. Vémonos ás 20:00 no local da ACF O Fiadeiro, no Calvario.
XXXI Homenaxe Ao Gaiteiro en Vigo Sábado 16 de marzo ás 20h no Teatro A Fundación. As Cantigas de Elena Pepe Vaamonde Grupo O Fiadeiro
Sábado 23 de febreiro ás 22h no Auditorio de Goián O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla). A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!
SondeSeu en Vigo - Illas Cíes Patrimonio da Humanidade Sábado 2 de febreiro, con Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e O Fiadeiro. A orquestra folk SondeSeu ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artista(...)
A A.C.F O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán. Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 21:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes. Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todos aquelas agrupacións ou músicos que veñan dispostos a contin(...)
2018
Serán do Samaín no Calvario (Vigo) Mércores 31 de outubro a partir das 19.00 diante do mercado do Calvario. Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar. Haberá festa ata ás 23.30, e repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes Actuarán o "Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas", "Grupo Pandereteiras Chorouvía da AVCD de Cabral", "Grupo de gaitas choran as (...)
Curso de música e canto de Vanesa Muela en Vigo Sábado 6 de outubro O Fiadeiro organiza un curso de "Música e canto con instrumental doméstico na tradición en Castela e en León" Mestra: Vanesa Muela Traxectoria de Vanesa Muela: http://www.vanesamuela.es/index.php?option=com_content&view=article&id=1&Itemid=3&lang=es Duración: 7 horas (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00) Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Jesús Fernández Nº3 Baixo - 36205 Vigo) Prezo socio/a: 55 euros Prezo non socio/a: 65 euros Material necesario: - 3 cul(...)
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (Vigo) - Curso 2018/2019 Aberto prazo de inscrición para matricularte no novo curso en O Fiadeiro Tes todo o mes de setembro para facelo Actividades: Costura do traxe tradicional, acordeón, baile moderno, baile galego, canto popular e pandeireta, gaita , guitarra, música e movemento, percusión, piano, saxo e moitas mais. Para todas as idades, nenos a partir dos 3 anos. Pide información e matricúlate nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585, ou no noso local situado na Rúa Jesús Fernández Nº3 Baixo en Vigo, de lu(...)
Domingo, 22 de Xullo Pitões das Júnias, Montalegre Pitôes é unha aldea do concello de Montealegre en Portugal que pertence ó parque Nacional Peneda- Gêres. Accédese fácilmente dende Xinzo, pola fronteira de Randín. Ou ben, vindo de Braga, collendo a nacional en dirección a Montealegre. A freguesía de Pitôes aosta polo rural e mantén viva a vida cultural da aldea con moitas actividades no ano. Esta, o Fiadeiro de contos, é unha das principais. 2naFronteira porá a música na festa de peche d(...)
XIX Festival AIRES do MASMA en Foz Sábado 21 de xullo de 2018 ás 21.00h na Praza Conde Fontao de Foz. Edición especial #20anosASubelaFoz 21.00h AFC A SUBELA 22.00h ACF O FIADEIRO 23.00h Concerto TANXUGUEIRAS
Este sábado 14 de xullo volvemos con Danza 3, o ciclo de baile e música tradicional no que cxs amigxs de Xacarandaina e ACF O Fiadeiro, co apoio da Agadic. O coro, grupo de baile, grupo instrumental e pandereteiras de Cantigas e Agarimos estaremos ás 12.30h no Campo da Barreira no Concello de Allariz. Alí vos esperamos, ben sabedes que o sitio non defrauda!
Sábado 19 de maio 12:OO H. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición 12:00 H. Roteiros cos grupos participantes. (Peregrina - Ferraría - Curros Enríquez - Abastos - Leña - Concello) 14:30 H. Pausa xantar 17:3O H. COLOQUIOS / CONFERENCIA: Arredor da tradición "Mulleres de Gargamala!" con Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio na Praza do Concello OBRADOIROS EN ABERTO: 18:30 H Obradoiro toques de leghón (Anaïs Barbier) 19:0O H. Obra(...)
Por Cantar e por Bailar. Festivais infantís de música e baile tradicional (Vigo) Escolas participantes CRAC de Coruxo, AC Lembranzas da Ría, ACF Tarambainas, ACF O Fiadeiro
Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas Venres 16 de marzo ás 20:00h Local da ACF O Fiadeiro. R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo. Vigo. Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo. Entrada de balde ata completar a capacidade da sala "Falar de Maruxa das Cortellas e? falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do pai?s. Maruxa foi a u?nica muller da su?a xeracio?n que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea. A su?a figura foi clave na recupera(...)
2017
Festa Monteira de Danzas do Mundo no Barrio do Lourido, Vigo Venres 16 de nadal a partires das 20:30h no local da A.A.V.V. Rosalía de Castro Baile con música en directo cos grupos Grupo de Gaitas da Escola ACF O Fiadeiro (danzas galegas), Karabuska (danzas de Escocia, Bretaña e Bulgaria) e Gergelyes (danzas csango, húngaro-moldavas).
AGRUPACIÓN O FIADEIRO dentro do ciclo... DANZA 3 - Folclore na rúa Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h Lugar: Baltar (no pabellón de deportes) Entrada: de balde. Organiza: Agadic, Concello de Baltar O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)
Serán do Samaín no Calvario (Vigo) Martes 31 de outubro ás 19:00h Peatonal do Calvario (Vigo) Diante do Mercado do Calvario. O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín. Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar. Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes Es(...)
XVI Xornadas culturais O Fiadeiro (Vigo) Sábado 23 de setembro a partires das 17:30h no barrio do Calvario (Vigo)
Domingo 6 de agosto de 2017 ás 20:00h No Aufitorio de Torroso Entrada: 5 euros. Se poden mercar durante toda a semana en Oficinas auditorio das Pozas ou nas Oficinas do auditorio de Torroso Tamén o propio día Entradas numeradas Organiza: Agadic, Concello de Mos
XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu) Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!! Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h. Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño. Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta. E tralo gran éxito acadado nos anos ante(...)
Actuación O Fiadeiro en Chapela (Redondela) - Ciclo Danza3 AGRUPACIÓN O FIADEIRO dentro do ciclo... DANZA 3 - Folclore na rúa Domingo 2 de xullo de 2017 ás 12:00h No paseo da Praia de Arealonga Chapela (Redondela) Entrada: de balde. Organiza: Agadic, Concello de Redondela Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio a pe de rúa. Para esta proposta, contará cún repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un es(...)
Serán fin de curso O Fiadeiro (Vigo) Sábado 1 de xullo ás 18:00h Avda. Sta. Mariña, 95 – Cabral. Vigo. O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional O sábado 1 de Xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e p(...)
III Curso de análise musical en O Fiadeiro (Vigo) Sábado 17 de xuño ás 10:00h ACF O Fiadeiro. R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo. Vigo. Curso de introdución á análise de cancións tradicionais 8 horas de duración. Nº máximo de participantes: 15 Prezo socios 45,00 euros Prezo non socios 50 euros Contidos O sistema de análise comprende os seguintes puntos: • Aspectos básicos da notación e edición da partitura • Conxunto de notas, ámbito, escala • Compás, ritmo • Cadencias, perfil melódico, forma • Métrica poética, número de s(...)
Noite de Fiadeiro 2017. Ramirás (Ourense) Sábado 13 de maio ás 11:00h Vilavidal, 32811 Ramirás (Ourense), O vindeiro 13 de Maio celebrarase en Vilavidal, Concello de Ramirás, unha nova edición da Noite de Fiadeiro. Con esta serán XI as ocasións nas que se leva recuperado a esencia dos antigos fiadeiros celebrados na comarca. Deste xeito, o colectivo Rebulir Cultura Tradicional, coa colaboración do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca e Socitransa xunto coa axuda de ducias de empresas e entid(...)
Actuación de O Fiadeiro en Vigo polo Día Internacional da Danza Este sábado 29 de abril, co galo do Día Internacional da Danza, actuará a Agrupación O Fiadeiro, xunto con outras agrupacións da cidade. Hora: 20.00 Lugar: Diante do MARCO (Rúa do Príncipe) Vigo Organiza: Agrupación de centros deportivos e culturais
Festival infantil Por cantar e por bailar en Vigo (O Fiadeiro) Sábado 8 de abril ás 17:30h ACF O Fiadeiro. R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo. Vigo. Volve o ciclo “Por cantar e por bailar” no que participan os máis pequenos da Asociación O Fiadeiro, xunto con Lembranzas da Ría (Cangas), Crac De Coruxo (Vigo), as Agrupacións do CEIP do Hío e CEIP de San Roque (Cangas) e da ACF Tarambainas (Vigo). Desta volta imos a Vigo, cunha nova edición, onde participarán os anfitrións, a Asociación O Fiadeiro, Lembranzas da Ría, de Cangas e o grupo de baile da A(...)
2016
Sábado 3 de decembro ás 20:00h Avda. Sta. Mariña, 95 – Cabral. Vigo. O Fiadeiro despide o ano cunha tarde-noite de festa tradicional, para todas as idades A A.C.F O Fiadeiro convida a toda a cidadanía á celebración do seu serán, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de Decembro, no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral. Pequenos e maiores podrán disfrutar coas actuacións musicais en directo, e divertirse e bailar ao xeito tradicional da festa serán. A partir das 20:00 horas, comez(...)
Monográfico sobre o maneo en Vigo Sábado 26 de novembro ás 10:00h Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo). O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo). A música sempre é interpretada por pandeiretas. Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrast(...)