Noitarega


       Información de discos na web:


XXI
XXI



Noitarega
Noitarega


http://www.noitarega.com/



Qué opinas do local?




2018

(Ultima actualizaci??17-04-2018)

V Memorial Henrique Otero (Vigo)

- concertos-

Sábado 21 de abril ás 19:30h no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo

Participan: Abóbriga, Agrupación Folclorica Breogán de Moaña, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Contracocheno, Lumieira, Mayeusis Conservatorio das Artes, Noitarega, Penaveira, Raigames

2015

(Ultima actualizaci??10-04-2015)

II Memorial Henrique Otero (Vigo)

- Os Carunchos- Noitarega-

Os vindeiros 14 e 17 de Abril de 2015 celebraranse en Vigo os actos do II Memorial Henrique Otero.

O martes 14 de Abril ás 19.00 horas terá lugar o I SIMPOSIO SOBRE A VIDA E A OBRA DO MESTRE HENRIQUE OTERO na BIBLIOTECA do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIGO. (R/FELIPE PRÓSPERI).

 Os contidos do Simposio serán os seguintes:

- Datos inéditos do catálogo de obras do mestre Otero por Xaime Estévez Vila (alumno de Henrique Otero e profesor de gaita no conservatorio superior 1(...)

2013

(Ultima actualizaci??28-06-2013)

Noitarega e amigos en Viladesuso (Oia)

- concertos-

Sábado 29 de Xuño ás 22h en Casas do Sobral.

(Ultima actualizaci??16-05-2013)

Noitarega en Tui

- concertos- Noitarega-

Xoves, 16 de Maio

Dez anos despois, Noitarega volve ao Teatro da Área Panorámica de Tui: en 2003, para participar na temporada de inauguración dun espazo sonoro de calidade; en 2013, para celebrar unha década dese Teatro, e máis de dúas do propio Grupo.

Prometemos música, diversión, entretemento..., e sorpresas para os que cheguen desde 30 minutos antes...: non podes perder esta festa das letras e as músicas galegas!!!!!

2012

(Ultima actualizaci??08-11-2012)

Actuación de Noitarega en Tomiño

- concertos- Noitarega-

Noitarega ofrecerá unha actuación musical ao público tomiñés este sábado día 10 de novembro a partir das 20:30 h no Auditorio de Goián.

A entrada é de balde

(Ultima actualizaci??20-08-2012)

Abóbriga: Xira - Presentación do seu primeiro traballo discográfico, FOLIADA EN BAIONA

- concertos- Abóbriga-

31 de Agosto: Baiverán 2012 (Praza do Concello, Baiona)

7 de Setembro: Candeán (Vigo)

15 de setembro: Chaín (Gondomar), xunto a Noitarega.

O grupo de Baionao "Abóbriga" acaba de gravar o seu primeiro disco "Foliada en Baiona"

Esta formación que actualmente está composta por 10 músicos naceu a finais do 2009 cando unha parte dos gaiteiros de Monteboi de Baiona contactaron con varios músicos para facer una colaboración nunhas actuacións informais e como o resultado os conquistou decid(...)

(Ultima actualizaci??25-02-2012)

Sábado 3 de Marzo: Noitarega en Ponteareas

- concertos- Noitarega-

Sábado, 3 de marzo, ás 20:30 h., no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

(Ultima actualizaci??01-02-2012)

Noitarega en Gondomar

- concertos- Noitarega-

Primeiro concerto de Noitarega en 2012: este sábado, 4 de febreiro, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 20:30 h. FESTA GARANTIDA!!!

(Ultima actualizaci??27-01-2012)

Moxenas Musical Galego en Ponteareas

- concertos- Moxenas Musical Galego-

Este sábado día 28 de Xaneiro a partir das 20:30 h no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, Moxenas Musical Galego ofrecerá o primeiro concerto do ano 2012, nunha actuación que, ademais de facer un repaso a fondo do seu repertorio habitual, será un anticipo dos vindeiros concertos que farán en vilas como Gondomar ou en A Coruña, onde participarán como artista convidado nos Premios Opinión 2012 da música galega.

Moxenas Musical Galego é unha orquestra de folc galega formada en Vigo no(...)

2011

(Ultima actualizaci??08-04-2011)

Concerto - Presentación Discográfica de Noitarega, "XXI"

- concertos- O Fiadeiro-

O vindeiro sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu último traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de carreira.

Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos máis relevantes grupos da música tradicional galega, tendo ofrecido actuacións tanto por todo o territorio español (Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, Festival Inter(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2011)

Actividades musicais no Achegarte 2011

- concertos- Xacarandaina- Asociación Cultural Maghúa-

Sábado 2:

* 12:00 h. Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro.

* 13:00 h. Marta Quintana, arpista.

* 14:00 h. Coral Follas Novas.

* 16:30 h. Manu Clavijo

* 17:00 h. Xacarandaina.

* 17:30 h. Xoán Curiel

* 18:00 h. Habelas.

* 18:30 h. Luar na Lubre.

* 19:00 h. Fuco Xabier.

* 19:30 h. Pradairo: "Pateado".

* 20:30 h. Noitarega: "Vinteún".

* 21:00 h. Silvia Penide.

* 21:30 h. Tiruleque.

Domingo 3:

* 11:30 h. Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac".

* 11:30 h. PelDeNoz.

* 12:00(...)

(Ultima actualizaci??01-02-2011)

Programación Febreiro 2011 na Casa das Crechas

- concertos- Casa das Crechas- Noitarega- aPenultima- Crechas-

Martes día 1 ás 22h30 (entrada 3€)Les Trois de CoraO noso espectáculo “Les Trois de Cora: de Belleville à Pigalle” propón unha viaxe polo tempo e polo espazo. Constrúese fundamentalmente sobre a fusión entre música e teatro. E unha boa oportunidade para o público de achergarse por unha parte á chanson française e aos seus artistas máis representativos, así como de coñecer anécdotas curiosas sobre os barrios da cidade das luces.Luns día 7 ás 22h30 (entrada 3€)Yoni MediogramoUn espectáculo Politox(...)

2010

(Ultima actualizaci??20-11-2010)

O folk de hoxe, clásicos e modernos en plena forma

- concertos-

Antonio Prado . A música tradicional galega vive hoxe un momento moi interesante. Os grupos veteranos, en moitas ocasións con máis de 20 anos de existencia, están frescos. Os máis novos saben gardar a esencia sen renunciar a ningún experimento que os achegue aos gustos do século XXI.

Non é doado analizar a situación da música folk galega na actualidade pero, para comezar esta serie de colaboracións con A Nosa Terra, penso que o mellor é que poidades coñecer cal é o meu punto de vista no as(...)

(Ultima actualizaci??15-07-2010)

XI Festival Folk.. de Raiz (Callobre - A Estrada)

- Festa- Callobre- Noitarega- Pradairo- Galegoz- Trioliro- Regato de matamulleres- festivais-

O undécimo festival Folk de Raíz arrincará mañá xoves na parroquia estradense de Callobre cos concertos dos grupos Galegoz e Regacho de Matamulleres. As actuacións sucederanse no campo de fútbol da localidade a partir das 22.00 horas. Os regueifeiros de Trioliro encargaranse da animación a pé de campo entre ambos os concertos. Haberá ademais queimada gratuíta para todos os asistentes.

Desde hai tres anos, o festival ten dous días de duración. A noite do venres animarana Noitarega, Alvariza e (...)

(Ultima actualizaci??12-06-2010)

Noitarega, "XXI" novo disco

- concertos- Noitarega-

Logo de dez anos dende o lanzamento do derradeiro disco, Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o noso novo traballo discográfico, un disco conmemorativo dos 21 anos de existencia do grupo. Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaim(...)

1 comentario