Miro Casabella


       Información de discos na web:


Orvallo
Orvallo




Qué opinas do local?




(Ultima actualizaci??22-03-2019)

Mercado de Primavera do Valadouro

- concertos-

Venres 22 de marzo, dende as 21h

Pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.

Concerto de Miro Casabella coa banda de gaitas Dambara.

Xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar

Inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘

Concerto a partires das 23h de Cuarta Xusta e Zënzar.

Sábado 23 de marzo dende as 10h

Segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.

Ás 11.30 desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amen(...)

2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Domingo 2 de decembro ás 19h. podedes asistir á terceira e última xornada do 14' Ciclo de Coros Galegos, Históricos e Novos. Nesta terceira xornada do Ciclo, participaran:

- CORAL DE RUADA. Coro irmán e Histórico, neste ano está de centenario. Fundado o 5 de outubro de 1918. Moitos parabéns polos 100 !

- CORAL POLIFÓNICA EL ECO. 137 anos de historia musical coruñesa.

Se non chove, faremos pasarrúas pola rúa Real ás 18.30h.

-Pechará o acto o coro anfitrión, CÁNTIGAS DA TERRA, que nesta ocasió(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2018)

XIV Encontro Tradicional Zona da Zanfona (Rianxo)

- concertos-

Mércores 4 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

- Ariel Ninas & Alba María

Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 6 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

- Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-05-2018)

- concertos-

O sábado 12 de maio ás 22:30 horas e cunha entrada anticipada de 3€, concerto de Miro Casabella no Var Con Uve, teléfono de reservas 986 31 09 91.

Miro Casabella é o último representante en activo de Voces Ceibes, foi galardoado co Premio Especial da música Var con Uve 2010, no apartado do patrimonio musical de Galicia, pola súa aportación singular á historia musical de Galicia, recoñecéndolle o importante labor feito polo grupo Voces Ceibes nos anos 60, cando aínda cantar, e moito máis en gale(...)

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

XII HECTÓMETRO LITERARIO PARA MINI E MERO en Vilalba

- concertos-

SÁBADO 18, , VILALBA 12:00 H.

Celébrase o día 18 no Concello de Vilalba, ás 12 da mañá no Paseo dos Soños, un percorrido pola lembranza da xente honrada en anos anteriores, para chegar á deste ano dedicada a Mini e Mero, músicos e cantores. Será un paseo compartido e celebrado na palabra de distintas persoas que cos seus textos, darán voz aos aos vínculos cos cantores. Acabará coas verbas dos, desta volta, honrados para finalizar coas consideración de Alfonso Blanco Torrado. Despois haberá u(...)

(Ultima actualizaci??24-09-2017)

Inicio do curso en Escolas da Terra (A Coruña)

- concertos-

Comeza o curso nas Escolas da Terra o vindeiro 2 de outubro :)

A semana previa, do luns 25 ao sábado 30 de setembro faremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, ás que poderá vir quen queira e sen compromiso.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (os horarios varían lixeiramente respecto ao horario xeral do curso):

- Luns 25 - 16:30h - Zanfona, con Miro Casabella.

- Martes 26 - 18:30h - Baile adultos, con Belén Gómez.

- Martes 26 - 20:30h - Baile para foliadas, con Xurxo Fernandes* (confirmar).

- Marte(...)

(Ultima actualizaci??19-05-2017)

FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

- concertos-

DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.

Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.

Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.

Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.

Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.

Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: F(...)

2016

(Ultima actualizaci??02-10-2016)

IV Festa de afirmación e dignidade en Meira

- concertos-

O domingo, 2 de outubro, celébrase no Pedregal de Irima e en Meira a IV Festa de afirmación e dignidade, organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María, e na que colabora a AC Avelino Díaz. A actividade conta co apoio institucional e organizativo do Concello de Meira.

Durante a xornada seranlles entregadas as "Mans de Irimia", da autoría do integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, a Ricardo Polín e, de xeito póstumo, a Xosé Chao Rego.

A partires das 17h: (...)

2015

(Ultima actualizaci??20-09-2015)

PORTAS ABERTAS de ZANFONA nas Escolas da Terra (A Coruña)

- concertos- Miro Casabella- Cántigas da Terra-

As PORTAS ABERTAS de ZANFONA (e de balde)

terán lugar o VINDEIRO MÉRCORES día 23, ás 18:30 h!

Tal coma o rodicio dos nosos muiños, a roda da zanfona e a voz de Miro Casabella fan flotar no aire unha cantarea que non pode ser senón do País, como a fariña e o farelo.

(Ultima actualizaci??20-09-2015)

Escolas da Terra. Novo proxecto de Cántigas da Terra (A Coruña)

- concertos- Cántigas da Terra-

Cántigas da Terra bota a andar un novo proxecto!

Descúbreo en http://escolasdaterra.gal/

Baile

Xurxo Fernandes (baile xuvenil)

Belén Gómez (baile adultos)

Gaita

Alexandre Ruiz

Percusión

Luis Bolón

(Tamboril, pandeireita, tarrañolas, pandeira, cunchas, pandeiro...)

Zanfona

Miro Casabella

Cantigueando

Antón F. Riveiro

(Combinando bailes, cantos, percusión e xogos, cada pequeno abre unha ventá ao rico mundo do folclore e de xeito lúdico vai descubrindo as súas vocacións(...)

2013

(Ultima actualizaci??23-08-2013)

Inauguración da Casa Museo de Manuel Marí­a (Outeiro de Rei)

- concertos- Fuxan Os Ventos- Miro Casabella- Maria Manuela- Uxí­a Senlle- Berrogüetto- Roi Casal-

Sábado 7 de Setembro.

Coa actuación, a partires das 17:30h, de Fuxan Os Ventos, Miro Casabella, Maria Manuela, Uxí­a, Berrogüetto e Roi Casal

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

R estrea un documental sobre a música galega nos anos setenta

- concertos-

«De Voces Ceibes a Milladoiro», dirixido por Antón Seoane, conta o cambio entre 1973 e 1978

Foron anos «emocionantes». Así cualifica os cinco anos entre 1973 e 1978 Antón Seoane, integrante de Milladoiro e codirector do documental que hoxe se presenta no Centro Galego das Artes da Imaxe, De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movemento popular da canción galega. O documental, coproducido por R e Casa de Tolos, estrease ás seis da tarde na sede coruñesa do CGAI, pero xa pode ser visto p(...)

2012

(Ultima actualizaci??09-11-2012)

26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD

- concertos- Luar Na Lubre-

Sons da Lubre nas Noites de Luar, é o nome da caixa de luxo que condensa a historia, inconclusa, da formación coruñesa. Unha caixa na que se recolle o seu xeito de sentir i entende-lo país e o seu entorno, e o modo de plasmalo na súa música.

Tanto o deseño e as ilustracións, da artista plástica Estefanía Domínguez Cagigao, como a parte conceptual, céntranse no universo mitolóxico da etnografía galega. E deste xeito os 3 CDs que inclúe o traballo preséntanse con nome propio

- Os trasnos, pequenos seres bulideiros que andan por bosques e camiños, cando non asaltan as casas coas súas trasnadas; marcan o nome do CD que recolle as suits instrumentais con algúns dos seus temas máis emblemáticos.

-Fadas, recolle o contido lírico: baladas, romances e tradicionais e poemas musicados polo grupo.

-Encantos, os seres mitolóxicos que gardan os tesouros, reúne as colaboracións que tivo Luar Na Lubre dende os seus comezos (Miro Casabella, Luz Casal, Pablo Milanés, Ismael Serrano, Pedro Guerra, Diana Navarro, Adriana Varela, Lila Downs..)

Ademáis na caixa inclúese un libreto con prólogo/biografía de Nonito Pereira, e un DVD con videoclips do grupo e o concerto gravado en directo na Praza da Quintana o pasado 31 de xullo. (..)

(Ultima actualizaci??02-09-2012)

8 de Setembro. Cabodano de Manuel María (Cemiterio de Outeiro de Rei)

- concertos- Manuel María- A Quenlla- Miro Casabella- Tino Baz-

CELEBRANDO A MEMORIA DE MANUEL MARIA

MEMORIA DA CHAIRA ENTEIRA

8 DE SETEMBRO, cabodano de MANUEL MARÍA

ÁS 14,30 Xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra (A Ponte-Gaioso)

Ás 17, 30 recital de poesía en Penas das Rodas

Ás 18,30, lembranza no Cemiterio de Outeiro de Rei

Ás 19,00 Rito da navalla arredor de Valdi, no Campo de Santa Sabela. Concerto de poesía cantada de Manuel María: A Quenlla, Miro Casabella, Tino Baz, Antón Valcarce…

Para máis información ou apuntarse ó xantar (20 €),(...)

2011

(Ultima actualizaci??25-11-2011)

Miro Casabella, Luís Pastor e Uxía unen as súas voces para recordar a Xosé Manuel Eirís

- concertos- Miro Casabella- Uxía Senlle- Xosé Manuel Eirís-

Pazo da Cultura de Carballo

Rúa do Pan s/n

Carballo, Galicia, Spain

35 aniversario da Asociación Cultural Lumieira de Carballo

Homenaxe a Xosé Manuel Eirís

Venres 25 de novembro

21.00 h

Pazo da Cultura de Carballo

Entrada libre e de balde até completar aforo

A asociación cultural Lumieira, de Carballo, segue celebrando o seu 35 aniversario e non quixo esquecerse dun dos principais impulsores culturais da capital de Bergantiños, Xosé Manuel Eirís, ao que homenaxearán o vind(...)

(Ultima actualizaci??16-09-2011)

As festas de San Froilán apostan pola Música Galega

- concertos- Xose Manuel Budiño- Berrogüetto- Treixadura- Uxía Senlle- Lamatumbá- Os Cempés- Dios Ke Te Crew- Tino Baz- Miro Casabella- San Froilán- aPenultima- Clavicembalo-

Máis de 15 grupos galegos actuarán nas festas de San Froilán, do 4 ao 12 de Outubro. Aquí tedes un adianto do que se presenta coma o maior Festival de música galega deste ano na Galiza:

Martes 4FESTIVAL MÚSICA DE NOSO

Praza de Campo Castelo

Cabraret, Labregos do Tempo dos Sputniks e Medomedá

Mercores 5Praza de Santa María

Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera

Xoves 6Praza de Santa María

Os Cempés

Venres 7Praza da Horta do Seminario

Berrogüetto

Sabado 8(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??06-09-2011)

Memoria da Chaira Enteira, homenaxe a Manuel María na Terra Cha

- concertos-

A Asociación Cultural Xermolos organiza, un ano mais estas xornadas en lembranza e homenaxe do poeta chairego, Manuel María.

Será o vindeiro xoves, 8 de Setembro e contará co seguinte programa:

- 14:30 h. Xantar no Río Ladra de Rábade (previa reserva, de 20 euros, no tfno 646413890).

- 16:30 h. Recital de poesía en Penas de Rodas (se queredes participar levade un texto preparado)

- 18:00 h. Pregaria no Cemiterio de Outeiro de Rei arredor de Manuel María, coa palabra de Xosé Vázquez P(...)

(Ultima actualizaci??19-07-2011)

X FESTIGAL

- concertos- Tanto Nos Ten- Ulträqäns- Loretta Martin- Deolinda- Dios ke te crew- Uxía- Pablo Díaz- Miro Casabella- Orquestra Os Modernos- Os Carunchos- Cé Orquestra Pantasma-

Tanto Nos Ten, Ulträqäns, Loretta Martin, Deolinda, Dios ke te crew, Uxía, Pablo Díaz (Tic-Tac), Miro Casabella, Orquestra Os Modernos, Os Carunchos, Cé Orquestra Pantasma

Programa Completo

(Ultima actualizaci??01-07-2011)

Acústico de Miro Casabella en Moaña

- concertos- Miro Casabella- Xose Manuel Budiño-

O cantautor natural de O Valadouro e derradeiro compoñente en activo do colectivo Voces Ceibes, Miro Casabella, mañá sábado 2 de xullo ás dez e media da noite vai ofrecer un concerto no Var con Uve ((rúa Soage Hermida 115, Abelendo, Moaña). Neste directo de balde, Miro contará coa colaboración especial do gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño.

(Ultima actualizaci??29-04-2011)

O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego

- concertos- Queremos Galego- Miro Casabella- Roberto Sobrado-

30 de abril de 2011.

SALA CAPITOL, Rúa Concepción Arenal nº 5, Santiago de Compostela

PREZO DA ENTRADA: 5€. Coa compra da entrada colaboras economicamente coa Plataforma Queremos Galego!

2010

(Ultima actualizaci??03-12-2010)

FESTIVAL EN DEFENSA DO GALEGO NO ENSINO

- Mini e Mero- Tino Baz- Miro Casabella- Garcia MC-

Hoxe ás 20.30 horas no Teatro Principal da Estrada FESTIVAL EN DEFENSA DO GALEGO NO ENSINO, conmemorando os 30 aniversario da manifestación que percorreu as rúas desa vila en apoio ao profesorado represaliado naquela altura por dar as súas aulas en galego. Actuacións de MINI E MERO, TINO BAZ, MIRO CASABELLA e GARCíA MC. Non faltes!

(Ultima actualizaci??28-07-2010)

XXXI FESTIVAL DE PARDIÑAS

- concertos- Pardiñas- festivais-

SABADO 7 DE AGOSTO

BELLÓN MACEIRAS QUINTETO (GALIZA)

22:00h

ÄL JAWALA (ALEMANIA)

23:30h

CANTECA DE MACAO (MADRID)

01:00h

GALEGOZ (GALIZA)

03:00h

DOMINGO 8 DE AGOSTO

CÉ ORQUESTRA PANTASMA (GALIZA)

12:00h é as 170:30h

PELEPAU (GALIZA)

13:30 é as 20:00

PABLO SEOANE (GALIZA)

20:30h

XOSÉ MANUEL BUDIÑO (GALIZA)

22:00h

ALALÉ (IRLANDA)

00:00h

GÜINTERVAN (GALIZA)

01:30h

XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Un ano máis a Asoc(...)

2009

(Ultima actualizaci??12-06-2009)

XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero.

- concertos-

Presentación o día 16 de Xuño de 2009 ás 20.30 horas na Aula Socio Cultural Caixa Galicia de A Coruña (Rúa Médico Rodriguez 2-4)

No acto intervirán Xabier Cordal, Miro Casabella, Xosé Mª Bello, Bieito Ledo e o propio autor.

A memoria das voces

- concertos- Voces Ceibes- Grupo Doa-

Mario Regueira analiza os libros presentados nas últimas semanas sobre Benedicto e Miro Casabella.

É sabido que os movementos da canción protesta dos 60 e 70 sufriron os seus propios procesos de marxinación e esquecemento, especialmente aqueles que tentaron ser feitos en linguas minorizadas. Porén, vascos e cataláns conservaron até hai pouco a vixencia musical e testemuñal dalgunhas das figuras que formaran en tempos Els Setze Jutges e Ez dok a(...)

(Ultima actualizaci??15-01-2009)

Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña

- concertos-

A participación de significados historiadores, coa presentación de 20

ponencias, fai que este Congreso sexa o máis importante dos

celebrados ata agora para analizar o que representou a resistencia

galega contra a Ditadura franquista, no eido armado, político, sindical

e cultural.

Coa celebración deste Congreso, que terá lugar no Paraninfo da

Universidade da Coruña, na Maestranza, queremos tamén lembrar,

recoñecer e homenaxear o esforzo e o padecemento de milleiros de

galegos e gal(...)

2008

Voces Ceibes

- concertos-

Maria Xesús Nogueira .

A Pasada semana a Universidade de Santiago e a Fundación 10 de Marzo celebraban unha homenaxe ao grupo Voces Ceibes con motivo do corenta aniversario da súa creación. O lugar escollido para o evento, o Salón de Actos da Facultade de Medicina, non podía ser máis significativo, pois foi alí onde os membros do grupo conseguiran organizar, en abril de 1968, e sorteando as coñecidas prohibicións do réxime, un concorrido e exitoso concerto no que soaron as cancións do que sería(...)

(Ultima actualizaci??05-11-2008)

‘Neste país interesa máis aparentar, enviando embaixadas culturais’

- concertos- Grupo Doa-

Se falamos de Ramiro Cecilio Casabella López (Ferreira do

Valadouro, 1946) estamos a falar de canción galega. Miro Casabella,

nome polo que se lle coñece máis, estivo vencellado nos seus inicios

ao grupo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo de folk DOA. Agora, a

piques de publicarse a súa biografía, preséntase na Coruña o día 16

de outubro (Teatro Rosalía de Castro, 21 horas), cun concerto en

compañía do cantautor catalán Raimon. Todo un luxo.

(...)

Que lembra do primeiro encontr(...)

O legado da canción protesta

- concertos- Voces Ceibes-

Son voces protagonistas da lembranza (e permanencia) dunha época na que

agromou a reinvindicación da cultura e a lingua propia, nos estertores do

franquismo. Miro Casabella e Raimon contan para ANT TV as dificultades polas

que pasaron durante o fascismo, pero tamén como despois foron ingnorados.

A loita contra a inxustiza e o sometemento de Galiza e a reivindicación da lingua

tiveron unha voz propia nos estertores do franquismo: o 9 de maio de 1967, o

cantautor Raimon (Xátiva(...)

Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña

- concertos-

O próximo Mércores dia 5 de Novembro ás 20,00h. terá lugar na Biblioteca de Estudios Locais (R/Durán Loriga) de A Coruña a presentación do libro "Miro Casabella e a nova canción galega"

A dita presentación asistirán o autor do libro (Xan Fraga), a concelleira de Cultura de A Coruña MªXosé Bravo, o proprio cantautor e o Director da Editorial Galaxia Victor Freixanes.

(Ultima actualizaci??18-10-2008)

Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´

- concertos-

Volve Miro Casabella

Unha das voces máis representativas do que no seu día se denominou a Nova Canción Galega. Xan Fraga escribe a súa biografía ("Miro Casabella e a Nova Canción Galega") e repasa un período importante e emocionante da nosa cultura contemporánea: dende os anos 60 para acá. Anos contra a ditadura de Franco e a prol da esperanza.

O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2008)

Nova Cançó e Voces Ceibes: Raimon e Miro Casabella. o 16 de Outono no Teatro Rosalía

- concertos-

(Forografía: Miro Casabella nun primeiro

plano, detrás Benedicto fala con Raimon -á dereita- .

Foto pertencente ao arquivo de Voces Ceibes)

``No ano 1967, o día nove de maio, no estadio da residencia de

Estudiantes de Santiago de Compostela, Raimon deu, na súa língoa, un recital da

súas propias canciós que tivo un ésito cramoroso. Este recital foi o que fixo

comprender a tódolos que a él asistimos a necesidade imperiosa de crear unha

nova canción en galego. Unha canción feita no(...)

1999

Artistas galegos pedirán que a tradición musical figure no Estatuto de Autonomía

-

03/02/2007

(Firma: Xesús Fraga)

¿Debe a tradición musical galega figurar na redacción do vindeiro Estatuto de Autonomía? Esta foi a pregunta que lles formulou o compoñente de Luar na Lubre Bieito Romero a dez artistas no programa Un mundo de músicas , que conduce as fins de semana en Radio Voz. A opinión case unánime foi positiva respecto á posibilidade de que a música reciba un tratamento e unha protección específicas no documento, un recoñecemento que debería servir de pulo para mellorar a(...)

1 comentario

Comeza o Festival de Poesía no Condado en Salvaterra

- festivais- Festival da Poesí­a no Condado-

Dun xeito moi tranquilo comeza hoxe, en Salvaterra de Miño, a vixéxima edición do Festival de Poesía no Condado.

a programación do festival, que organiza a Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, comeza as sete do serán coa apertura de varias exposicións nas Covas de Dona Urraca. Neste espazo coincidirá una mostra de arte pictórico e fotográfico na que atoparánse cadros de Ánxel Huete, Francisco Mantecón, Xosé Guillermo, Mario Granell e Xosé Lodeiro, e fotografías de Manuel Sendón e Xosé (...)

Bugallo entrega a Araguas e á Aula Castelao os premios Pedrón de Ouro

-

BA asociación foi distinguida pola súa defensa da cultura galega e o escritor recibiu o galardón de Honra.

Redacción / padrón

A Aula Castelao de Filosofía e Vicente Araguas recibiron onte os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que concede anualmente a Fundación do Pedrón de Ouro. O acto, na súa cuadraxésima segunda edición, estivo presidido pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

Como é costume, o evento comezou cunha ofrenda flora(...)

Caraveis para as voces ceibes

- concertos- Voces Ceibes-

Benedicto e Miro Casabella, pertencentes ao movemento da nova canción galega, reúnense na Coruña para honrar a Jose Afonso.

A. R..A Coruña

"Durante os últimos vinte anos, ninguén cantou á palabra en Galicia". É Miro Casabella, músico das Voces Ceibes que crearon en galego pola Galicia perseguida. Alto e sereno, aperta ao que fora un dos seus compañeiros no movemento musical da última década do franquismo, Benedicto, pequeno e de fala rápida.

Non é doado velos xuntos. Onte reuníronse na (...)