Marful


http://www.marful.info

2016

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Davide Salvado en Salasón (Cangas)

- concertos- aPenultima- salason-

Domingo, 20 de Novembro ás 20:30 h.

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davi(...)

(Ultima actualizaci??06-01-2016)

Xaneiro '16 nas Crechas (Compostela): Davide Salvado, Machado, Fred Martins e Nani García

- aPenultima- Crechas-

Martes 12 21h

CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS

Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com)

Xoves 14 21h 6€ (RGMV)

DAVIDE SALVADO

Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto po(...)

2014

(Ultima actualizaci??18-11-2014)

TALABARTE na Casa Das Crechas (Xoves 20/Nov)

- concertos- Talabarte- Crechas- Quim Farinha- Pedro Pascual- Kin García-

TALABARTE estará este xoves 20 de novembro na Casa das Crechas

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitude(...)

(Ultima actualizaci??10-10-2014)

Marful despídese dos escenarios

- concertos- Marful-

Despois de catorce anos de camiños, nos que puxeron en valor o patrimonio musical urbano da Galiza,

De catorce anos de viaxes, nos que restauraron para un novo público os innumerables salóns de baile espallados polo país,

De catorce anos de descubrimentos, nos que levaron a súa música a centos de lugares silenciados polo tempo e pola historia,

De catorce anos de expedicións, nos que trouxeron a emoción e a intensidade das músicas de ultramar aos palcos galegos,

De ca(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2014)

San Froilán 2014 (Lugo) - Programación tradicional/folk

- concertos-

SÁBADO 4

13h. Actuación de Airiños do Neira no Campo Castelo.

13:15. Concerto de Batital na praza de Santa María.

13:30. Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo e a zona dos viños.

18:30. Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María.

20h. Pasarrúas dos Xílgaros de Lugo pola praza de Comandante Manso e o Campo Castelo.

21h. Pasarrúas de Andaina pola zona dos viños.

21:30. Concerto de Les Tambours du Bronx na praza Horta do Seminario.

23h. Concerto de Sés(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2014)

Germán Díaz presenta o seu “Método Cardiofónico”

- concertos- aPenultima- Vinilo-

( sermosgaliza.gal )

Dos son das cardiopatías a un traballo musical contemporáneo. Así é Método Cardiofónico, o título do novo disco do músico Germán Díaz, que se basea no traballo que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta cos distintos latexos do corazón para explicar ao seu alumnado os diferentes sons das cardiopatías. Os sons cos que se converteron en recursos didácticos para Iriarte están agora no inicio do novo traballo de Díaz que emprega instrumentos mecánicos que len cartóns perf(...)

(Ultima actualizaci??14-08-2014)

Derradeiros concertos de Marful: Redondela e Lugo (San Froilán)

- concertos- Marful-

Redondela, Casa da Torre. Sábado 16 de agosto ás 22:30h

Lugo, Praza de Santa María, Festas de San Froilán. Mércores 8 de outubro, 21h.

“Que pasa cando se xuntan catro talentosos músicos procedentes de

diversas tendencias musicais?

Poden pasar Marabillas Auténticas, Revolucionarias e Funanbuleras,

Unicas e Libres: MARFUL”.

Marful é un grupo fóra do común, que abriu unha brecha estética no

país, logo seguida por outros. Combinan ritmos bailables procedentes

de América e europeos: tang(...)

(Ultima actualizaci??07-03-2014)

Talabarte no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- aPenultima- Clavicembalo-

Venres 7 de Marzo

Talabarte | Música tradicional contemporánea

Quim Farinha: violín; Pedro Pascual: acordeón diatónico; Kin García: contrabaixo

Un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional... Xuntos, propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz, pasando polo tango, ata(...)

2013

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

Marful + Convidados no Gaiás (Compostela)

- concertos-

Venres 25 de Outubro

Magosto no Gaiás. Concerto de Marful, banda completa, + convidados: Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual, José Manuel Dí­az (contrabaixo), Leandro Deltell (baterí­a) + NARF (voz) e David Herrington (trompeta).

(Ultima actualizaci??21-08-2013)

Música galega nas festas de San Bartolomeu (Noia)

- concertos- Uxía Senlle- Berrogüetto- Marful-

Sábado 24

18:30h ”“ Actuación na rúa a cargo de PEDRA QUENTE e SAIBA NOVA.

18:30 1º GRAN CARREIRA DE “ JAMELAS” San Bartolomeu .

Saí­da ponte de San Lázaro con chegada ao Peirao do Marqués.

20:30: Actuación na rúa a cargo de CANLEBÓ

22:00h ”“ Concerto de UX͍A SENLLE na praza do Tapal

00:00h ”“ Concerto de BERROGÜETTO na Alameda

1:30h ”“ Concerto de MARFUL na praza do Tapal

2012

(Ultima actualizaci??13-11-2012)

Marful en concerto en Vigo e Ourense

- concertos- Marful-

Marful, coa súa formación de sexteto (Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual, Ugia Pedreira, Jose Diaz e Leandro Deltell) estarán o vindeiro xoves 15 de outubro a partir das 20:30 en Ourense e o 16 en Vigo nos seus respectivos auditorios.

(Ultima actualizaci??25-06-2012)

Marful na Feira de Monterroso (derradeiro capítulo da Xira Surreal)

- concertos- Marful-

Se aínda non desfrutaches desta Xira Surreal non perdas esta cita. Festa rachada á tradicional: nunha carballeira, sentados en alpacas de palla fresca e con merenda final ofrecida polos produtores locais: queixos, pan, chourizo, licores, galletas... E a música de Marful.

A cita na Granxa é a partir das 16h, mais nós convidámosvos a vir xa de mañán á Feira de Monterroso. Ás 16h haberá visita á Granxa e á exposición do "Almanaque Agrícola" de Pablo Giráldez "O Pastor". Marful tocará de 17:30 a 1(...)

(Ultima actualizaci??27-03-2012)

2º Petisco Musical: Gastrofonías na Casa das Crechas

- concertos- Petiscos Musicais- aPenultima- Crechas- aCentral Folque-

"Gastrofonías" música e gastronomía a partes iguais

O dúo con sabor Comisa Bal (violino trompeta+acordeón piano) e o restaurador Rafa Triñanes presentan Gastrofonías, unha demostración a tempo real de pratos e melodías condimentadas para o bo padais e mellor ouvido. Mentres os músicos tocan, o restaurador preparará unha receitas inspiradas na súas melodías

Data: 27 de marzo de 2012

Hora: 22.30 horas

Lugar: Casa das Crechas. Santiago

En palabra, obra e acción aCentral vive dunha maneira (...)

(Ultima actualizaci??22-03-2012)

ST Música Presente 2012

- concertos- Liorna- Riobó- Loaira- Ugia Pedreira-

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abre a cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova edición deséñase en colaboración con Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e acollerá os directos protagonizados por Liorna(...)

(Ultima actualizaci??25-01-2012)

Marful comeza o 2012 cunha Xira Surreal por todo o País

- concertos- Marful-

Presenzas musicais íntimas e exclusivas en lugares únicos

Próxima parada: Muíño do Pozo do Cachón: Muros

venres 24 de febreiro, 21h

Que nunca viches un muíño de marea (que non marea)?

Que nunca probaches a tortilla romana de Muros?

Que non coñeces o traxe muradán (un dos máis elegantes dos traxes tradicionais galegos)?

Pois Marful ofréceche descubrilos todos e desfrutar da súa presenza musical.

A tortilla degustación ofreceránola Maika, da casa de turismo rural Jallambau Rural,

o(...)

2011

(Ultima actualizaci??25-08-2011)

Festival da Poesia no Condado

- concertos- Festival da Poesí­a no Condado- Habelas Hainas- Marful- Ulträqäns- Cuchufellos- festivais-

Sexta-feira 2 de Setembro19:30 | COVAS DE DONA URRACA/CASA DO CONDEAPERTURA DE EXPOSIÇONS20:15 | COVAS DE DONA URRACAPROJECÇOM DE AUDIOVISUAISUmha pola Outra

22:30 | Covas De Dona Urraca NOITE NAS MINAS*Recital de MARIA DO CEBREIROConcerto de DE OUTRA MARGEMO Remate Repichoca e Festa!!!*Aforo limitado. Entrada 10€Reserva de bilhetes: info at scdcondado.org ou 667 336 730 |986 658 036—Sábado 3 de Setembro11:30PASSA-RUAS E VIAGENS NO COMBOIODE BAIXA VELOCIDADE12:30 | ZONA DAS MURALHASCAMPION(...)

(Ultima actualizaci??17-08-2011)

Nordestin@s en concerto, o venres 19 no Auditorio de Rianxo

- concertos- Nordestin@s-

Volven as NOITES FOLC á programación do Verán Cultural 2011 organizada pola Área de Educación e Cultura. Desta volta cun concerto do grupo NORDESTINAS ao abeiro do programa GALICIA É MUSICA promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Galego Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful, Acróbata) fan castelos de area con composicións propias, rodeada do salitre do repertorio mariñeiro do Norte. Todo isto vai env(...)

(Ultima actualizaci??06-07-2011)

Talabarte presenta disco

- concertos- Talabarte-

Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia -TALABARTE- a editorial que saca o disco -FOL MUSICA- e a  productora do grupo, Non Si Servizos Culturais, organizan para este Mercores 6 de Xullo ás 12:30 h no Hotel Costa Vella (R/ Porta da Pena, 17) de Santiago o novo disco da banda. Talabarte falara do seu novo traballo e ofrecerán un pequeno concerto acustico.TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea. Neste proxecto (...)

(Ultima actualizaci??01-07-2011)

XLVIII Feira do Viño do Ribeiro, Ribadavia

- concertos- Marful-

1, 2 e 3 de xullo de 2011

Actuación de Marful o Venres 1, ás 23:30 no Auditorio do Castelo

(Ultima actualizaci??16-06-2011)

Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte

- concertos-

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto (...)

(Ultima actualizaci??06-05-2011)

Marful e Berrobambán Teatro, protagonistas xunto con Yolanda Castaño e Xurxo Borrazás da IV Festa da Lingua

- concertos- Marful-

A Deputación da Coruña, desde a Área de Normalización Lingüística que dirixe Xoán Sande, organiza en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca da provincia e que nesta ocasión celébrase o sábado 7 de maio ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

(Ultima actualizaci??13-04-2011)

Marful no Auditorio de Galicia

- concertos- Marful-

Depois dos elógios a peso, mais elógios e cariños que recebe e dá este grupo alá donde vai co seu manual. Depois da casa da Música de Porto, de rematar a primeira edición do disco chegam a Compostela como as anduriñas na primavera, chegan a súa cidade de xuntanzas e andanzas. Marcos Teira, Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Pablo Pascual acompañados de L.A.R Legido e Xacobe Martinez de Sumrá.

...combinaremos na linha do horizonte ou naquel mar que nom sae nas cartas, as coissas tam-che(...)

2010

(Ultima actualizaci??20-11-2010)

O folk de hoxe, clásicos e modernos en plena forma

- concertos-

Antonio Prado . A música tradicional galega vive hoxe un momento moi interesante. Os grupos veteranos, en moitas ocasións con máis de 20 anos de existencia, están frescos. Os máis novos saben gardar a esencia sen renunciar a ningún experimento que os achegue aos gustos do século XXI.

Non é doado analizar a situación da música folk galega na actualidade pero, para comezar esta serie de colaboracións con A Nosa Terra, penso que o mellor é que poidades coñecer cal é o meu punto de vista no as(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2010)

Guadi Galego, Marful e Uxía. Músicas Portuarias en Vilagarcía De Arousa

- concertos- aCentral Folque-

A Alameda de Vilagarcía volverá a encherse de música da man do ciclo de concertos ao aire libre ‘Músicas portuarias’ organizado pola concellería de Cultura coa colaboración de A Central Folque. A programación deste ciclo céntrase en tres das voces femininas máis importantes da Galicia, que presentarán en Vilagarcía os seus últimos proxectos: o Marful de Ugía Pedreira, Guadi Galego co Alejandro Vargas New Trío e o Uxía Trío.

Os concertos, que serán de balde, terán lugar o venres 6, o sábado 7 e (...)

(Ultima actualizaci??06-07-2010)

Programación completa do Festival de Ortigueira 2010

- concertos- Ortigueira- festivais-

Xoves 8 de xullo

22 h- Noite de folk rock

Escenario Estrella Galicia

Krêposuk (Bretaña)

Celtas Cortos (Castela León)

Oysterband (Reino Unido)

17 h- Feira de artesanía

Paseo marítimo

Apertura das casetas do feiral

18 h- Universo Crebinsky

Teatro de Beneficencia

Estrea do film (5 €), e despois, actuación da Banda Crebinsky na Praza Isabel II

20 h- Inauguración exposicións:

Casa do Concello

"Carácter Celta"

"Olladas no Camiño de Santiago"

20:15 h- Inauguración musical (...)

(Ultima actualizaci??26-02-2010)

Obradoiro de Cancións de Berce tradicionais (Tomiño)

- concertos-

Ugía Pedreira imparte un taller de nanas para pais

A oficina de Igualdade de Tomiño organiza un «obradoiro de nanas». Unha innovadora iniciativa que ten como obxectivo axudar a pais e nais na crianza dos seus fillos. A actividade, que impartirá a cantante galega Ugia Pedreira, do grupo «Marful», celebrarase o sábado, de 12 a 14 e de 16 a 18 horas, no Centro Goianés. No obradoiro trataranse nanas e cancións de berce tradicionais así como as súas posibles versións para a actualidade.

OBRADOI(...)

2009

(Ultima actualizaci??11-08-2009)

As Nosas Músicas, 2009 en Couso - A Estrada

- concertos- Nosas Músicas- Couso-

VENRES 14 DE AGOSTO no Campo da Festa de Couso - A Estrada.

Comenzamos pola noitiña . 21:00h.

Serán .

DE TORDOIA A TOUTÓN

TREBOEIROS DA MUIMENTA

para continuar

PABLO SEOANE

ARDENTÍA

TIRULEQUE

MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO

para rematar FOLIADA ABERTA ata que sexa de día.

Tamén anunciar que o día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.

FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009

Dia 15: NO(...)

(Ultima actualizaci??15-05-2009)

Presentación das gravacións históricas dos Hermanos Moreira + Marful

- concertos- Marful- Moreiras- aCentral Folque-

Na presentación estarán Ramón Pinheiro Almuinha, profesor de Historia da Música en aCentral Folque e responsábel do deseño da colección e Xosé Manuel Varela, responsábel da Fundación Eduardo Pondal, organizadora do evento. O acto pecharase cun concerto de Marful.

Será na Casa dos Veciños, no Couto, Ponteceso ás 22 h este venres 15 de maio.

Son gravacións feitas nos anos 50 e 60 en Arxentina por estes irmáns que emigraron desde o seu Bergantiños natal e foron animadores en festas, romerías,(...)

A Central Folque renova a música popular galega

- concertos- aCentral Folque-

Para aclarar que os ritmos tradicionais non son só un feixe de gaitas, esta organización impulsa o estudo e promoción dos novos sons que se producen nestes intres no país.

Víctor Paz Morandeira

“Para distinguir o de aquí, hai que ter unha visión multicultural”. É a tese de Sergio Fernández, músico catalán que toca a gaita e que agora vén de se lanzar á aventura co acordeón diatónico. Reside en Galicia, e a única forma que ten de se familiarizar con este instrumento é a través dun mestre(...)

(Ultima actualizaci??26-02-2009)

Homenaxe de Marful ás mulleres traballadoras

- concertos-

A vindeira fin de semana conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora, e Marful quere celebralo con dúas citas coas mulleres, primeiro coas traballadoras do noso país, o sábado, na Illa de Arousa, e ao día seguinte, domingo, coas de todo o Estado, en Madrid.

Trala espectacular resposta do público no último concerto de Marful o pasado mes en Santiago, no que as entradas se esgotaron xa na venda anticipada, o grupo volve aos escenarios nesta ocasión para render unha homenaxe ás mulle(...)

(Ultima actualizaci??17-02-2009)

Marful estará presente este ano no Festival Fémina’09

- concertos- Marful-

O concerto terá lugar en Madrid coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, e nel participarán ademais de Marful, Almasäla dende Andalucía e a catalá Nubla.

Fémina’09 vai xa pola súa novena edición e estase a consagrar coma un dos festivais en feminino máis importantes da península. Coas anteriores edicións percorreu varios emprazamentos, chegando a celebrar concertos en Casablanca ou Miami, e facendo de catapulta musical para mulleres coma Julieta Venegas ou Eva (...)

(Ultima actualizaci??01-02-2009)

Narf, Kérkennai e Miguel Costas xirarán por salas de todo o estado no segundo semestre do programa Artistas en Ruta

-

Os grupos galegos seguen a protagonizar as temporadas musicais do programa "Artistas en ruta". No segundo trimestre de 2009 Narf, Kérkennai e Miguel Costas xirarán por todo o estado ao conseguir os conxuntos galegos as tres prazas que "Artistas en ruta" destinaba á zona do noroeste peninsular. Tomarán o relevo de A Tuna Rastafari e Zënzar, que están a participar neste programa durante o trimestre actual.

A Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, (...)

2008

Representación de aCentral Folque no Brasil

- concertos-

Dentro da viaxe que Ugia Pedreira está a facer no Brasil este Natal e producto do contacto que tivo durante o Culturgal con Makely Ka, Ugia Pedreira será convidada especial deste artista que presentará o seu disco en Río de Janeiro estes días.

Será o 29 e 30 de decembro ás 21h no centro cultural Carioca e na Cinematheque de Rio de Janeiro.

Acompañando a este cantor de Minas Gerais estará tamén Marcos Suzzano, un grande mestre do pandeiro brasileiro. Ugia cantará cancións con Makely e algun(...)

(Ultima actualizaci??24-11-2008)

O espectáculo Music.gal será un dos pratos fortes do Cultur.gal 08

-

público poderá mercar produtos culturais galegos e asistir a actuacións, obradoiros, presentacións de libros e discos, proxeccións de filmes e curtas, etc.

Ánxela Bugallo presentou onte na Coruña Cultur.gal como a plataforma que lles permita ás empresas da edición, a música, o audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías e os servizos culturais dar a coñecer os seus produtos e servizos aos profesionais e á cidadanía en xeral.

Vender cultura ga(...)

(Ultima actualizaci??21-11-2008)

2ª conversa aberta na EAEM, o 22 de Novembro

- concertos- aCentral Folque-

aCentral Folque está a argallar unha serie de mesas redondas baixo a

denominación “conversas abertas” na que varios ponentes

relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos

da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e

comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de

profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,…

participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé

educativa de aCentral Folq(...)

Abrindo mercados canción a canción

- concertos-

A participación de Galiza no Womex saldouse con éxito, e pode ser considerada un 'paso adiante' para a apertura de novos espazos de comercialización.

Este tipo de feiras non están pensadas, en principio, para xerar un negocio a curto prazo. E máis aínda nos últimos tempos, en que se vén percibindo que a mercados como o Womex acoden moitos máis vendedores ca compradores, o que dá lugar a un certo desánimo. Así é todo, continúan sendo importantes para xerar movementos e construír estratexias a (...)