aCentral Folque


Rúa Travesa 7. Compostela

Clases de percusion,canto,gaita,acordeón diatónico,requinta,violín


Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- aCentral Folque-

🌱🎶Desde aCentral Folque querémosvos convidar á estrea dun novo curso académico o vindeiro mércores 25 de setembro ás 20.30 h da EMaCF co Concerto de Outono na Sala Mozart do Auditorio de Galicia con entrada libre. Alumnado e mestres da EMaCF ofrecerán un recital variado coa representatividade de cada aula que se imparte na Escola.

👉🎻🥁🎤Zanfonas, violinos, cantos, regueifas, bailes, percusións de man e algunha sorpresa que se poderá escoitar e ver(...)

(Ultima actualizaci??22-09-2019)

VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo)

- concertos-

O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional.

Serán de balde previa inscrición

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-07-2019)

- concertos- A Arca da Noe-

19 de julho, às 22h30, aterra na Arca, a banda de folque de Irlanda, Dubhlinn com Eogham Neff, violinista, o gaiteiro Blackie O´Conell e o vocalista Cyril O´Donoghue. Com eles aparecem outros amigos.

Vai ser um dia dos lindos!

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-06-2019)

- concertos- Xurxo Souto- Arca da Noe- Folque-

29 de junho, às 20h30, aterram Xurxo Souto e Ramom Pinheiro de Acentral Folque para apresentar " Sindo de Olelas. Concertina Galega".

(Ultima actualizaci??16-06-2019)

Concerto aCentral Folque na SELIC (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Domingo 16 de xuño ás 20:00, no marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC), na praza da Quintana

Concerto fin de curso d'aCentral Folque con alumnado e profesorado da escola.

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- Festa-

Sábado 16 de febreiro a partir das 21h en Pontepedra - Cabaleiros (Tordoia)

Foliada aberta, coa participación de:

- A.C. Nunca é Tarde

- Sementes do Arte de Ordes

- Folque Ruada da Silva

- Trouleiros de Lesta

- San Martiño de Cerceda

- Pandereteiras das Encrobas

- Pandereteiras de Rodís

- Os Xeitosos de Trazo

- A.C. O Castro de Figueiras

- Camiño Real de Poulo

- Xentiña de Trazo

Organiza: A.C. Nunca é Tarde

(Ultima actualizaci??31-01-2019)

Monográficos da Central Folque - Inverno 2019 (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Estes son os Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar (...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??04-01-2019)

- concertos-

Sábado, 5 de xaneiro de 2019

Albergue Jamarte

¡¡¡ Noite de Reis con Folque do Pais !!!

2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-07-2018)

- concertos-

Venres 13 e sábado 14 de xullo

Praza da Ferrarí­a

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza un ano máis, o Memorial Ricardo Portela, que xa vai pola súa 19 edición e que volverá a traer á cidade de Pontevedra unha fin de semana chea de música tradicional galega.

Os pasarrúas, que traerán de novo o toque pechado ás rúas e prazas da cidade, estarán a cargo de "Os Gaiteiros das Rí­as Baixas", "Pola Vila", "Os Re-voltas", "Os Asubios" e "Os Boucisca", na tarde do venres; e "A.C. Picuí­ña"(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- Festa-

já nom queda nada para o nosso gram fim-de-semana! estades tod@s preparad@s para vir passar os días 7 e 8 de julho com nós e bailar/cantar/desfrutar até rebentar? esperámos-vos a tod@s com os braços abertos.

ademais desses grupos com os que contamos e aparecem no cartaz, o sábado día 7 também estará o grupo A C Folque Ruada.

e atent@s á nossa página de Facebook, haverá alguma que outra surpresa!

(Ultima actualizaci??04-07-2018)

XIV Encontro Tradicional Zona da Zanfona (Rianxo)

- concertos-

Mércores 4 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

- Ariel Ninas & Alba María

Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 6 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

- Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)(...)

(Ultima actualizaci??02-05-2018)

Presentación en Vigo da Chave Mestra

- concertos- aCentral Folque- E-Trad-

O vindeiro mércores 2 de maio ás 20:30h na E-trad de Vigo preséntanse os novos títulos da colección Chave Mestra de aCentral Folque, un acto para alunado desta escola e público que queira atender o acto. Estarán presentes o editor da colección Ramon Pinheiro e autoras de tres dos títulos publicados recentemente: Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio por “Mulleres de Garmala!“; Sergio Cobos e Iván Costa por “Manuel López. Gaiteiro de Poso” e Alba María Rodríguez por “Regueifa en Bergantiños“. O acto (...)

(Ultima actualizaci??16-03-2018)

Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas

- concertos- O Fiadeiro-

Venres 16 de marzo ás 20:00h

Local da ACF O Fiadeiro.

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Vigo.

Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo.

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

"Falar de Maruxa das Cortellas e? falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do pai?s. Maruxa foi a u?nica muller da su?a xeracio?n que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea.

A su?a figura foi clave na recupera(...)

2017

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

Eliseo Parra Na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Domingo 12 de novembro, às 20h30, aterra na Arca, Eliseo Parra com Xosé Xoselois Romero e Marcelo DoBode. UM LUXO!!!

Teremos concerto e apresentação da sua biografia "Nunca perseguí la gloria" escrita por Rafael Alba

Eliseo Parra é uma das figuras mais representativas do folclore ibérico. Os seus discos inspiraram a todos os novos

intérpretes folque, o seu jeito de inovar a partir das recolheitas de canto tradicional é sempre uma referência.

(Ultima actualizaci??20-10-2017)

Clases de Pandeireta e de Baile Tradicional na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Aqui temos os novos cursos de pandeireta e de baile tradicional da Arca.

Começamos 20 de outubro ( sextas-feiras (venres) cada 15 dias) .

17h00- 18h30 Curso de pandeireta e canto. Nível I

18h30- 20h00 Curso de pandeireta tradicional. Nível II

20h00- 21h30 Curso de baile tradicional

Preço: 15€ curso ao mês

Aponta-te enviando uma sms ao facebook da Arca.

Est@s são @s profes:

Patricia

Cantora no grupo Coanhadeira e colaboradora no grupo Pesdelán.

Começa a sua andaina (...)

(Ultima actualizaci??14-06-2017)

III Curso de análise musical en O Fiadeiro (Vigo)

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 17 de xuño ás 10:00h

ACF O Fiadeiro.

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Vigo.

Curso de introdución á análise de cancións tradicionais

8 horas de duración.

Nº máximo de participantes: 15

Prezo socios 45,00 euros

Prezo non socios 50 euros

Contidos

O sistema de análise comprende os seguintes puntos:

• Aspectos básicos da notación e edición da partitura

• Conxunto de notas, ámbito, escala

• Compás, ritmo

• Cadencias, perfil melódico, forma

• Métrica poética, número de s(...)

(Ultima actualizaci??21-04-2017)

Baile Assalto de primavera

- Festa- aPenultima- gentalha- aCentral Folque-

Venres 21 de abril ás 22:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Último Baile Assalto do curso 2016/2017 especial primavera con OBAL (Ivam Costa à sanfona; Jaime Rebolho à nickelharpa; Diego Langarika ao bouzouki) a próxima sexta feira 21 de abril às 22 h na Gentalha do Pichel.

O trio Obal venhen desde o Morrazo com os seus ritmos franceses e galegos ao som de três instrumentos tão carismáticos do folque europeio coma o bouzouki, a sanfona e a nickelha(...)

(Ultima actualizaci??18-02-2017)

Monográficos de percusión en Compostela

- concertos- aCentral Folque-

Sábado 18 de febreiro ás 10:00h

ACentral Folque.

Rúa Travesa 7.

Santiago de Compostela.

Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece estes dous monográficos de Percusións domésticas e de pandeiros de mao: “Pandeiros: técnicas e ritmos” para diferentes tipoloxías de adufes.

* O prezo do curso é de 20 € (cociña) e de 25 € (pandeiros), se queres vir aos dous cursos, o prezo total é de 35 €

Inscrición e detalles:

Duración: 4 horas

Prezo: 20 € (do(...)

(Ultima actualizaci??07-02-2017)

Baile assalto en Compostela: especial danças galegas e europeias

- Festa- aPenultima- gentalha-

Venres 10 de febreiro ás 22:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Voltan as melhores e mais terapêuticas danças! O primeiro Baile Assalto do ano 2017 com um especial de danças galegas e europeias com a dupla viguesa de Begoña Riobó & Xosé Liz ao violino e ao bouzouki/frauta. Eles são uns músicos experimentados em diversas formações do folque galego contemporâneo a nível internacional que oferecerão um repertório adicado ao baile. Aproveitando o seu pas(...)

(Ultima actualizaci??11-01-2017)

Cantos de cego da Galiza e Portugal en A Guarda

- concertos-

Xoves 12 de xaneiro ás 21:30h

Teatro Municipal da Guarda.

Rua Batalha Reis, 12.

“Cantos de cego da Galiza e Portugal” é um concerto temático sobre uma personagem singular na cultura musical ibérica: o cego, que desde a Idade Média povoava o universo sonoro das feiras e romarias, contando e cantando histórias de crimes, romances e feitos históricos.

Dois músicos, um galego e um português, lançando mão de diversos instrumentos (sanfona, guitarra, braguesa, guitalele, harmónio, harmónica(...)

2016

(Ultima actualizaci??04-12-2016)

Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal

- concertos- aCentral Folque-

Este Domingo 4 de decembro ás 11:30h terá lugar en Pontevedra a presentación do libro Repente Galego dentro da programación do Culturgal. O acto contará coa presencia dos autores, Ramon Pinheiro (diretor d’aCentral Folque) e Sergio de la Ossa (professor d’aCentral Folque), do impulsor desta inciativa, Carlos Alonso da Oral de Galiza, e de Xosé Leal, deputado de cultura da Deputación de Pontevedra.

Adiantamos en exclusiva unhas breves liñas do prólogo realizado polo investigador basco Joxerra(...)

(Ultima actualizaci??04-12-2016)

Baile Assalto dezembro en Compostela

- Festa- aCentral Folque-

Venres 9 de decembro ás 20:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Primeiro Baile Assalto do curso 2016/17 e último do ano. Este mes de dezembro com um especial com o mestre de baile da Escola de Música Popular e Avanzada, Sérgio Cobos. Haverá uma oficina prévia de valsa mandada do Alentejo e a seguir o Baile Assalto com jotas, moinheiras, corridinhos, valsa mandada, mazurcas, polca, scottische, pasodoble, círculos, etc…

A data é o 9 de dezembro. A ofi(...)

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

Senhora Asem (sanfona e gaita-de-fole) en Silleda

- concertos-

A dupla de sanfona e gaita-de-fole d’aCentral Folque, Senhora Asem, assíduos tocadores galegos em Potugal oferecem um concerto para todos os públicos na Casa da Escola de Parada (Silheda, Galiza) o próximo sábado 12 de novembro às 17.30 h organizado pela Asociación de Veciños da Parroquia de Parada. Haverá café, concerto e… dozes!

Apresentam uma hora de recital baixo o nome de MBB: músicas de bordão e baile, uma viagem por melodias mais ou menos conhecidas do repertório popular galego tecidas(...)

(Ultima actualizaci??10-11-2016)

VII Ruada de Moraña (serán-magosteiro)

- Festa-

Sábado 12 de novembro ás 12:00h

Moraña.

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á séptima edición da #RuadadeMoraña. De novo facémolo en sábado, e voltamos á ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!.

PROGRAMACIÓN:

12:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO

Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, e para iso hai que avisar ós veciños con tempo, así que(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Davide Salvado en Salasón (Cangas)

- concertos- aPenultima- salason-

Domingo, 20 de Novembro ás 20:30 h.

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davi(...)

(Ultima actualizaci??24-10-2016)

Concerto de Pablo Lerner en Compostela

- concertos- aCentral Folque-

Luns 24 de outubro ás 20:00h

ACentral Folque.

Rúa Travesa 7.

Santiago de Compostela.

Este luns 24 de outubro aCentral Folque acolle un concerto de Pablo Lerner, artista peculiar que está de paso por Compostela para ofrecer un concerto na libraría de vello Tirana na rúa do Pombal 34. Pablo Lerner dará un concerto cos convidados especiais Alba María e Ariel Ninas. Pablo Lerner é un músico arxentino que toca música do nordeste do Brasil con zanfona húngara. Unha música con orixes galega(...)

(Ultima actualizaci??20-10-2016)

II Cervefeira de Sada

- concertos-

21, 22 e 23 de outubro

A segunda edición da Cervefeira Artesá de Sada celébrase este fin de semana nunha carpa instalada detrás do edificio modernista da Terraza coa presenza de oito marcas galegas de cervexa incluídas as dúas sadenses de referencia, Bandua e Artabria.

Programación folque:

Sábado 22:

A partires das 19:00 horas unha sesión de música tradicional coa presenza dos grupos de baile tradicional Nova Troula e a continuación a asociación de música e baile tradicional Queiroa. (...)

(Ultima actualizaci??10-09-2016)

Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal

- concertos-

Domingo 11 de setembro ás sete e media.

Castelo de Santa Cruz - A Guarda - Pontevedra (Galiza)

O último título publicado desde aCentral Folque, o disco de Ariel Ninas e César Prata “Cantos de cego de Galiza e Portugal” será presentado ao vivo nun concerto especial dentro do festival Espazos Sonoros. Será o vindeiro domingo 11 de setembro ás 19.30 h no marco incomparável do Castelo de Santa Cruz n’A Guarda (Pontevedra) dentro dunha xornada máis completa que o festival ofrece (Coñece o teu p(...)

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

- concertos-

Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario (27 a 31 xullo) buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sob(...)

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Baile Assalto no Toural (Compostela)

- Festa-

Venres 22 de xullo a partires das 12:30h

Dentro das festas do Apóstolo de Compostela 2016 e do programa Artellando, aCentral Folque organiza un día especial adicado á danza con música ao vivo e feito nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, o Toural. Será un Baile Assalto pola noite precedido de tres obradoiros para todos os públicos.

12.30 h- Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo: Ariel Ninas (Compostela)

17 h- Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradball(...)

(Ultima actualizaci??13-05-2016)

Festa do 17 de maio (que se fai o 14) - Compostela

- concertos-

Quinta, 12 de maio

20h30 Apresentação do livro 'A imagem de Portugal na Galiza', de Carlos Quiroga (em colaboraçom com a AGAL - Associaçom Galega da Língua)

Sexta, 13 de maio (atividades organiçadas com ACentral Folque)

20h00 Apresentação do livro 'Método de acordeão diatónico', de Pedro Blanco.

22h00 Baile Asalto especial acordeom diatónico

Sábado, 14 de maio

11h00 Alborada com cabeçudos e cabeçudas polas ruas de Compostela.

11h30 Bicicletada pola língua. Desde a Alameda ata a praça (...)

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA

- Festa-

VENRES 6 de MAIO

No bar RIOS

(fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos)

Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008.

Contaremos cas actuacións da:

A.F. ANCORADOIRA, de Culleredo,

e a A.C. FOLQUE RUADA, da Silva-Cerceda.

Despois, FOLIADA aberta á participación de todos.

VIDE TOCAR CON N(...)

(Ultima actualizaci??02-04-2016)

Baile Assalto e curso de mazurka na Gentalha (Compostela)

- Festa- aPenultima- Gentalha- aCentral Folque-

Venres 08 de abril

Baile Assalto d'aCentral Folque com String Fling desde Lisboa + oficina de mazurka previa.



(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 2 21h 5€

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudi(...)

(Ultima actualizaci??17-03-2016)

Lagharteiras na Rede de Músicas Soltas de Redondela

- concertos- aCentral Folque-

Sábado 19 de marzo

17 horas,. Aula maxistral e parola acompañadas de Carlos Álvarez na Sociedade Cultural do Viso

21 horas. Concerto no Multiusos da Xunqueira

Para o mes de marzo, a Rede de Músicas Soltas de Redondela pesca no caladoiro achegado de Mos a estas novas pandereteiras, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Cread(...)

(Ultima actualizaci??12-02-2016)

Baile assalto de fevereiro com a Carricobanda! - Central Folque - Compostela

- Festa-

O Baile Assalto de fevereiro tem umha mençom especial para as danças e ritmos atlánticos, umha sorte de Ceilidh, Fez Noch e foliada com a música ao vivo da Carricobanda, banda instrumental compostelá especializada em ritmos escoceses, bretons e galegos. Jigss, reels, barn dances, hunter-dro, gavotte, rond, muinheira, jota, mazurka, valse…

Para guiar o baile contaremos com a presença do inestimável Suso Cancelas.

Os Bailes Assalto som lugares de encontro para dançar com a melhor música ao viv(...)

(Ultima actualizaci??15-01-2016)

Primeiro baile assalto 2016, Compostela

- Festa- Ivan Costa-

Venres, 15 de xaneiro

Primeiro Baile Assalto do 2016 na Gentalha do Pichel. Começará ás 22h00 pontuais e desde as 24h abrirám os micros para músicas e músicos que queiram participar do palco aberto para continuar a foliada.Contaremos com o trio Obal que venhem desde o Morraço com ritmos franceses e galegos ao som de tres instrumentos tam carismáticos do folque europeo coma o bouzouki, a sanfona e a nickelharpa. Tres músicos reconhecidos e experimentados coma o gaiteiro Iván Costa, e os lut(...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

VI Ruada de Moraña (SERÁN-MAGOSTEIRO)

- Festa-

Sábado, 14 de novembro ás 13:00

Carballeira de Santa Lucía, Moraña

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á sexta edición da #RuadadeMoraña. E ollo...este ano facémolo en SÁBADO!, non tedes xa ningunha excusa para non vir a Moraña o 14 de novembro! :)

PROGRAMACIÓN:

13:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO

Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, (...)

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Concertos NA RAÍZ. Ferrol

- concertos-

A Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol presenta NA RAÍZ, un ciclo de concertos protagonizados por artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición.

Catro citas no Teatro Jofre con seis nomes que son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade.

venres 30 de outubro, 20:30 h.

RAÚL RODRÍGUEZ “Razón de Son” (Andalucía)

Este músico, productor e antropólogo sevillano recolle no libro-disco “Razón de Son” 20 anos de investigación sobre a m(...)

(Ultima actualizaci??02-10-2015)

San Froilán 2015 (Lugo) - Programación Folque/Tradicional

- concertos-

SÁBADO 3

11.30 h.

Os Campeiros de San Xoán do Campo, zona peonil da ronda da Muralla.

00.00 h.

Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.

DOMINGO 4

13.15 h.

Sesión vermú Batital na praza da Soidade.

13.30 h.

Pasarrúas de Os Xílgaros de Lugo polo Recinto histórico (Campo Castelo, San Pedro, Raiña, Quiroga Ballesteros).

18.00 h.

Actuación de A Volta do Agro na praza Maior.

19.00 h.

Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María.

20.00 h.

Pasarrúas de Airiños (...)