Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??04-01-2019)

- concertos- E-Trad-

A música non para na escola! Comezamos o ano co concerto da Banda de Gaitas da ETRAD o venres 4 de xaneiro de 2019 ás 19:30h. na Praza da Princesa para seguir o Sábado 5 de xaneiro na Cabalgata de Reis desde as 18:00h. Do nó de Isaac Peral ata a Porta do sol. Estades todos moi convidados!

2018

(Ultima actualizaci??02-05-2018)

Presentación en Vigo da Chave Mestra

- concertos- aCentral Folque- E-Trad-

O vindeiro mércores 2 de maio ás 20:30h na E-trad de Vigo preséntanse os novos títulos da colección Chave Mestra de aCentral Folque, un acto para alunado desta escola e público que queira atender o acto. Estarán presentes o editor da colección Ramon Pinheiro e autoras de tres dos títulos publicados recentemente: Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio por “Mulleres de Garmala!“; Sergio Cobos e Iván Costa por “Manuel López. Gaiteiro de Poso” e Alba María Rodríguez por “Regueifa en Bergantiños“. O acto (...)

(Ultima actualizaci??13-04-2018)

9º Curso de Música Tradicional en Sarria

- concertos-

Sábado 14 de abril ás 09:30h

Granxa de Barreiros.

LU-633.

Sarria.

O Curso está destinado a público a partir de 18 años, interesados/as na musica tradicional galega, músicos, mestres de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.

Os profesores participantes son os seguintes: Pepe Vaamonde (Gaita), Miguel Anxo López Buj(...)

2017

(Ultima actualizaci??20-06-2017)

Traspés presenta o espectáculo PONTEVEDRA en Vigo

- concertos-

Domingo 25 de xuño ás 20:00h

Teatro Afundación Vigo.

Policarpo Sanz, 13.

Vigo.

O día 25 de xuño ás 20 h. no Teatro Afundación de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés presenta: PONTEVEDRA.

"As músicas, os bailes, os cantares, as historias de Pontevedra, engárzanse neste espectáculo a modo dos de Varietés de principios do século XX, para achegar ao público sensacións evocadoras da cultura popular desta parte sur de Galicia. Herdeiros pois daquelas fontes teatrais deno(...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Concertos NA RAÍZ. Ferrol

- concertos-

A Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol presenta NA RAÍZ, un ciclo de concertos protagonizados por artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición.

Catro citas no Teatro Jofre con seis nomes que son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade.

venres 30 de outubro, 20:30 h.

RAÚL RODRÍGUEZ “Razón de Son” (Andalucía)

Este músico, productor e antropólogo sevillano recolle no libro-disco “Razón de Son” 20 anos de investigación sobre a m(...)

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

Concerto da OFG SonDeSeu en Cangas do Morrazo

- concertos- e-trad-

A OFG SonDeSeu dirixida por Rodrigo Romaní­, ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal de Cangas o sábado 31 de outubro ás 20:30hs. dentro da programación de "Mil festas máis para a lingua galega", da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingíüí­stica. A entrada será de balde ata completar o aforamento. O repertorio estará composto polos temas que aparecen no seu último traballo chamado "Danzas Brancas".

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

Monográfico na E-trad (Vigo): A Armoní­a modal na música tradicional galega. Carlos Quintá

- concertos- e-trad-

Falarase das funcións tonais, substitucións de acordes, progresións armónicas, movemento das voces entendidas horizontal ademáis de verticalmente, distintos tipos de cadencias, etc. > Carlos Quintá Venres 6 novembro de 2015. 16h ”“ 19h. Auditorio Milladoiro. Número de prazas: 20. Matrí­cula aberta a alumnos da escola e estudiantes non matriculados. Créditos computables por horas na ETRAD: 3hs. íšltimo dí­a de matriculación: 3 de novembro.

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

Monográfico en Vigo: O pito pastoril galego

- concertos- e-trad-

Neste monográfico sobre Pito pastoril galego impartido por Anxo Pintos, trataremos sobre a técnica básica de execución: respiración, articulación, técnica mista de ornamentación, escalas, tonalidades de uso. Abordaremos tamén a interpretación dalgunhas melodí­as tradicionais. Imprescindible instrumento (vale para a ocasión unha frauta de bico rectificada para dixitación de gaita) Venres 13 novembro de 2015 16h ”“ 19h Auditorio Milladoiro Número de prazas: 15 Matrí­cula aberta a alumnos da es(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

Aberto o prazo de preinscrición do 1 ao 10 de setembro para as especialidades instrumentais da ETRAD do curso 2015-2016

- concertos- E-Trad-

Especialidades da ETRAD

Acordeón diatónico. Arpa céltica. Canto Popular. Corda pulsada (Bouzouki, Guitarra acústica). Gaita. Percusión Tradicional. Requinta. Violín Folk. Zanfona

O alumnado de novo ingreso debe optar por unha especialidade en tres níveis diferentes: Itinerario Básico, Medio ou Avanzado.

Para ingresar no itinerario básico, débese realizar una preinscrición, entrar nun sorteo que decidirá as preferencias sobre os horarios dispoñibeis así como a distribución dos aspirantes en:(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2015)

SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia e a ETRAD en "O Canto Das Illas". Auditorio Mar de Vigo. 20, 21 e 22 de febreiro de 2015

- concertos- E-Trad-

O Concello de Vigo promove O CANTO DAS ILLAS", un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. 

O espectáculo estará composto de catro bloques escénicos nos que se estreará unha composición encargada especialmente para "O Canto das Illas", e interpretadas por artistas de diferentes estilos. Entre os distintos bloques integraranse os elementos audiovisuais: o videomapping (proxec(...)

(Ultima actualizaci??06-02-2015)

EXTRAESCOLARES ETRAD. Cursiño de edición de partituras. Xaquí­n Xesteira. Venres 6 e 20 de febreiro de 2015

- concertos- e-trad-

Curso de iniciación á edición de partituras empregando o programa Sibelius 7. Cómo confeccionar unha partitura. Introdución de notas dende teclado de ordenador ou teclado midi. Normas de escritura musical básicas, etc...Imprescindible que cada alumno teña o seu computador e o programa que se vai empregar.

Venres 6 e 20 de febreiro de 201516h ”“ 19h

Aula 5: Perfecto Feijóo

Número de prazas: 20

Créditos computables por horas na ETRAD: 6h

íšltimo dí­a de matriculación: 4 de febrei(...)

2014

(Ultima actualizaci??05-11-2014)

Homenaxe ao gaiteiro (Vigo)

- concertos- Homenaxe ao Gaiteiro- Treixadura- María Xosé Silvar (Sés)- E-Trad-

Domingo 9 de novembro no Centro Cultural A FUNDACIÓN

Un ano máis o Grupo Etnográfico A Buxaina organiza a vixésimo séptima edición dunha gala homenaxe a quenes son elementos fundamentáis da nosa música e a nosa cultura. A “Homenaxe ao Gaiteiro” é un evento de carácter anual que está organizado en colaboración có Centro, Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo de Vigo e ten coma obxectivo homenaxear a persoas que ao longo da súa vida fixeron algún tipo de labor que axudou a divulgar e conse(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2014)

XVI Aniversário da Fundaçom Artábria com completo programa de atividades

- concertos- aPenultima- Artabria-

Neste mês de setembro, a Fundaçom Artábria cumpre o seu décimo sexto aniversário. Dezaseis anos de trabalho pola defesa da nossa cultura, os valores solidários e os direitos históricos do nosso País.

E com este motivo que organizamos umha série de atividades para dar conteúdo ao completo programa previsto para celebrar esta data tam assinalada. Ei-lo.

Na sexta-feira, 26 de setembro, teatro da mao da companhia Histéria que trazerám a obra Berlim. Será a partir das 22.00h e a entrada grat(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2014)

Comezo do curson a escola da A.C. Trépia (Pontevedra)

- concertos- Trepia-

O vindeiro 15 de setembro será o comezo oficial das aulas na escola da A.C. Trépia. A partires de entón incorporaremos novas aulas nun curso cheo de novidades.

As aulas infantis (Programa Tátara-Tátara) comezarán na primeira semana de outubro, xunto coas aulas do itinerário "Leirados" (aulas individualizadas de instrumento en grupos reducidos)

O prazo de matrícula está xa aberto (ata o 31 de outubro). Podedes facer as vosas inscricións por e-mail , ou achegando-vos polo local o dia da pres(...)

(Ultima actualizaci??01-09-2014)

ETRAD. Curso 2014-15 (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Incricións e matrículas abertas ata o día 10 de setembro. Acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona. Toda a info aquí

(Ultima actualizaci??24-05-2014)

PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) en A Coruña

- concertos- Escola Municipal de Música de A Coruña-

Sábado, 24 de maio, ás 19:30 no Forum Metropolitano (A Coruña)

“A educación musical debe ser social, non individual. A música acompáñanos desde que nacemos cun axóuxere ou un canto de berce até que morremos cos sinos da igrexa”

A ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) é unha proposta do profesorado da Escola Municipal de Música de A Coruña como nova agrupación do centro para o curso 2013-2014. A diferenza esencial a respecto doutras agrupacións existentes na escola é que a OMTG se c(...)

(Ultima actualizaci??21-03-2014)

EXTRAESCOLARES ETRAD (Vigo). Audición de Primavera. Venres 21 de Marzo. 18 hs.

- concertos- E-Trad-

A Audición de primavera da ETRAD será o vindeiro venres 21 de marzo, nas subirán ao escenario do Auditorio Milladoiro, as diferentes especialidades instrumentais (arpa, zanfona, requinta, gaita, percusión, acordeón diatónico, corda pulsada, violín folk e canto popular), así como as alumnas e os alumnos das aulas abertas da ETRAD

Venres 21 de Marzo

18h

Auditorio Milladoiro

Entrada libre ata completar aforo

(Ultima actualizaci??07-03-2014)

EXTRAESCOLARES ETRAD (Vigo). Monográfico: Introducción a Armonía tonal na música tradicional galega. Carlos Quintá

- concertos- E-Trad-

Neste monográfico que impartitra o mestre de acordeón diatónico da ETRAD: Carlos Quintá, falarase das funcións tonais, substitucións de acordes, progresións armónicas, movemento das voces entendidas horizontal ademais de verticalmente, distintos tipos de cadencias, etc. A armonización dunha peza é algo moi persoal. Ten algo de compositivo, xa que estamos a expoñer como entendemos unha determinada peza, a melodía e o ritmo e as  características fundamentais do contexto popular no que traballamos.(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Tradicional Pasarrúas de Antroido da ETRAD…Imos de ruada! Venres 28 de Febreiro. 17hs.

- concertos- entroido2014- E-Trad-

Chega o antroido e na ETRAD aproveitaremos para disfrazarnos e reunirnos tod@s previamente na escola para ensaiar as coplas deste ano. Unha vez que estemos preparados sairemos á rúa a facer un pouco de festa e amosar ás nosas coplas a quen as queira escoitar e desfrutar con nós.Venres 28 de febreiro

17h

Auditorio Milladoiro

Entrada libre

(Ultima actualizaci??26-02-2014)

A OFG SondeSeu en Compostela

- concertos- E-Trad-

Lugar: Auditorio Novagalicia Banco

Hora: 20:30Data: sábado, 01 de marzo de 2014Prezo: Patio butacas e Anfiteatro 1: 8 euros (anticipada) / 11 euros (billeteira) Anfiteatro 2: 6 euros

Coa edición do seu cuarto disco, 'Danzas Brancas', Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man.Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a(...)

(Ultima actualizaci??23-02-2014)

ContrAsCordas en Cambados

- concertos- E-Trad-

Domingo 23 de Febreiro

Primeiramente de "sesión vermut" (13:00h) no Auditorio da Xuventude en Cambados, e ás 18:30h no Centro Cultural de Dena (Meaño)

"ContrAscordas" (alumn@s de conxunto 5º da ETRAD)

Vero Bacelo: percusións

Marina Fernández: gaita

Nacho González: acordeón diatónico

Marta Martínez: requinta

Sito Muíños: gaita

Fran Pereiro: zanfona

Antonio Prieto: zanfona

Felipe Rodicio: violín

Olalla Vidal: arpa celta

(Ultima actualizaci??21-02-2014)

EXTRAESCOLARES ETRAD (Vigo). Monográfico: Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega. Venres 7 de marzo. Javier Feijoo (Chisco)

- concertos- E-Trad-

Monográfico impartido por Javier Feijoó, (Chisco), onde coñeceremos de forma práctica o uso trasladado de obxectos utilizados como percusión ocasional na música tradicional. Venres 7 de marzo16h – 19h

Aula 5. Perfecto Feijoo

Número de prazas: 20

Créditos computables por horas na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 6 de marzo

Matrícula aberta a alumnos da ETRAD e estudiantes non matriculados na escola.

(Ultima actualizaci??14-02-2014)

SONDESEU, A ORQUESTRA FOLK DA ETRAD, INICIA XIRA DE PRESENTACIÓN DE DANZAS BRANCAS

- concertos- E-Trad-

SondeSeu, a orquestra folk vencellada á ETRAD, inicia a xira galega de presentación do seu novo traballo "Danzas Brancas"A música do novo traballo discográfico de SONDESEU, presentado recentemente en Vigo, visitará en febreiro e marzo as vilas de Carballo, Ourense, Compostela, e Lugo, dentro da xira galega que esta formación ten programada para o inverno e a primavera do ano 2014.Os billetes para os concertos de Ourense, Santiago e Lugo, están tamén dispoñibeis en ServinovaFebreiro

Venres 14, (...)

(Ultima actualizaci??07-02-2014)

Concerto do conxunto da ETRAD; ContrasCordas (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Este domingo será o primeiro concerto do grupo de conxunto 5 da escola, que leva o nome de ContrasCordas.

O actuación dará comezo ás 19h no Centro Cultural Lúdico Recreativo da Terceira Idade de San Vicente de Trasmañó. 

(Ultima actualizaci??06-02-2014)

EXTRAESCOLARES ETRAD. Monográfico de Tin Whistle. Xosé Liz. Venres 14 de febreiro. (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Neste monográfico sobre o Tin Whistle impartido por Xosé Liz, abordaranse a descripción, contextualización, audicións, técnica, trucos e repertorio deste instrumento irlandés. Aprenderanse varios temas incidindo na técnica a empregar e o estilo do instrumento. Imprescindible instrumento.

Venres 14 e 21 de febreiro

16h – 19h

Auditorio Milladoiro

Número de prazas: 15

Matrícula para alumnos e xente non matriculada na ETRADCréditos computables por horas na ETRAD: 6h

(...)

2013

(Ultima actualizaci??06-11-2013)

Aulas Abertas na Etrad (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Coa chegada do mes de novembro volven as Aulas abertas á ETRAD. Lembrámosvos os horarios e as aulas nas que terán lugar:

- Acordeón Diatónico. Martes de 20 a 21h.

- Arpa Céltica. Mércores de 19 a 20 h. 1

- Banda de Gaitas. Venres de 19 a 21 h.

- Cantares populares de troula. Mércores de 16 a 17h.

- Corda Frotada. Xoves de de 17 a 18h.

- Coro. Venres de 19 a 21h.

- Pandereteiras. Mércores de 20 a 21h.

- Requinta e corda pulsada. Martes de 19 a 20h.

- Zanfona. Martes de 20 a 21h.(...)

(Ultima actualizaci??26-10-2013)

Monográfico: toques de castañolas para bailes e danzas en Galicia. Javier Feijoó (Chisco) na ETRAD (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Venres 8 de novembro16h a 19h

Aula 5: Perfecto Feijoo

Número de prazas: 12

Créditos computables por horas na ETRAD: 3h

Último dí­a de matriculación: 6 de novembro

Inscrición na secretarí­a da ETRAD. 

Mañás: de 11 a 14 horas.

Tardes: de 16 a 19 horas.

ETRADGarcí­a Barbón, 5

36201 Vigo

tl 986228087 - 986228088

(Ultima actualizaci??06-09-2013)

ÚLTIMA SEMANA DE PREINSCRICIÓN NA ETRAD. DO 2 AO 6 DE SETEMBRO

- concertos- E-Trad-

Entramos na última semana de prazo para poder preinscribirse como novo alumno no curso 2013-14 na ETRAD. Lembrámosvos as especialidades instrumentais da escola: acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, percusión tradicional, requinta, violí­n e zanfona.

Como novidade teremos dúas quendas de mañá no itinerario básico de case todos os instrumentos.

A edade mí­nima de matriculación: 8 anos cumplidos no 2013.

A matrí­cula é completamente de balde.

Non se requiren coñecem(...)

(Ultima actualizaci??12-08-2013)

II Festival Enfo - Rede Europea de Orquestras Folk. 16, 17 e 18 de Agosto, en Vigo.

- concertos- SonDeSeu- E-Trad-

16 de agosto

12:00 – 12:45 h. Royal Conservatoire of Scotland Ensemble en Praza Princesa

Banda de Gaitas da ETRAD no MARCO.

12:45 – 13:30 h. Royal Conservatoire of Scotland Ensemble no MARCO.

Banda de Gaitas da ETRAD na Praza da Princesa.

19:30 – 20:00 h. Piemonte Artemotiva e Galicia Fiddle na Praza da Princesa.

17 de agosto

Royal conservatoire of Scotland (praza da Princesa - 12:00h)

Piemonte Artemotiva Band (praza da Princesa - 19:30h)

Sondeseu (Urzáiz e Príncipe - 20:30h)

18 de agosto:

Grupos ETRAD e Piemonte Artemotiva Band (praza da Princesa - 12:00h)

Gran Concerto no Auditorio do Parque de Castrelos ás 20:30 participando:

Royal Conservaroire of Scotland Band

Sibelius Folk Big Band (Finlandia)

SONDESEU Orquestra Folk de Galicia.

(Ultima actualizaci??10-07-2013)

A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico.

- concertos- SonDeSeu- E-Trad-

A Orquestra Folk SondeSeu está a gravar na ETRAD esta 1ª fin de semana de xullo as músicas que integrarán o cuarto traballo discográfico da formación. Tres anos despois do premiado "Barlovento" (Premio Opinión ao mellor disco folk 2011 e Premio da Crí­tica de Música 2011), SondeSeu convirte o Auditorio Milladoiro da ETRAD no seu estudio para firmar nove temas que están a ser rexistrados polo estudio móbil de "Casa de Tolos". Agardamos o resultado desta banda, pioneira nacida do seo da Escola Mu(...)

(Ultima actualizaci??30-06-2013)

NOVAS ETRAD. Aberto o prazo de preinscripción para o curso 2013-2014

- concertos- E-Trad-

Xa está aberto na ETRAD o prazo de preinscripción para o curso 2013-14 en todas as especialidades instrumentais da escola: acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, percusión tradicional, requinta, violí­n e zanfona. Como novidade teremos dúas quendas de mañá no itinerario básico de case todos os instrumentos.

Lembrámosvos que a matrí­cula é completamente gratuí­ta.

Tedes toda a info dos itinerarios, horarios, etc., no seguinte enlace: Info curso ETRAD 2013-2014

Accede (...)

(Ultima actualizaci??19-06-2013)

Festival Fin de Curso da E-TRAD (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Data: VENRES 21 DE XUÑO.

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL

hora: 19:00 horas.

Entrada por invitación:

UNHA invitación por persoa.

Na secretaría da ETRAD desde o 12 de xuño

(de 16 a 19hs). R/ García Barbón. nº5. Vigo

Co festival de fin de curso rematamos na ETRAD un curso cargado de músicas e de convivio arredor do noso patrimonio musical. Será o venres 21 ás 19:00 hs. no Auditorio Municipal de Vigo. Por el desfilarán os alumnos das aulas de arpa céltica, canto popular, corda pulsada, gaita(...)

(Ultima actualizaci??19-06-2013)

Concerto Fin de Estudios na E-TRAD (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Data: MÉRCORES 19 DE XUÑO.

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL

hora: 19 horas.

Entrada por invitación:

Dúas invitacións por persoa.

Na secretaría da ETRAD desde o 12 de xuño

(de 16 a 19hs). R/ García Barbón. nº5. Vigo

Por primeira vez nos seis de vida da ETRAD, os alumnos que cursaron 6º curso do ciclo avanzado rematan os seus estudos constituíndose na 1ª promoción que finaliza o recorrido académico na escola.

O vindeiro mércores 19 de xuño, Inés Lorenzo Estévez (arpa céltica), Teresa Góm(...)

(Ultima actualizaci??05-05-2013)

Galicia Fiddle Maio 2013 - Concertos e Masterclass de Brittany Haas & Yann Falquet

- concertos- aPenultima- OLaghartoPintado- E-Trad-

LUNS 6

Lugo

Clase Maxistral

Concerto no "CASA DO SABER"

MARTES 7

A Couruña

Clase Maxistral

Concerto no "PUB MATTHEWS"

MERCORES 8

Compostela

Clase Maxistral

XOVES 9

Vigo

Clase Maxistral "E-TRAD"

Concerto/Foliada en "O LAGHARTO PINTADO"

VENRES 10

Cangas

Clase Maxistral

Concerto no "AUDITORIO DE CANGAS"

SÁBADO 11

Xustáns

CURSO DE FIDDLE (Old Time Fiddle & BlueGrass)

Cea + Concerto + Foliada

Domingo 12

Xustáns

Cursiño de BlueGrass para Nenos

Concerto (...)

(Ultima actualizaci??19-03-2013)

2ª Audición de Primavera da Etrad. XOVES 21 DE MARZO

- concertos- E-Trad-

Datas: xoves 21 de marzo.

Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.

Hora: 18 horas.

Alumnos de Arpa, Coro, Violín, Requinta e Zanfona.

Entrada libre e de balde ata completar o aforo.

(Ultima actualizaci??12-03-2013)

1ª AUDICIÓN DE PRIMAVERA da E-Trad

- concertos- E-Trad-

1ª Audición de primavera.

Datas: venres 15 de marzo.

Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.

hora: 18 horas.

Alumnos das Aulas de Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión e Polifonías

Entrada libre e de balde ata completar o aforo.

(Ultima actualizaci??02-03-2013)

I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo en O Grove

- concertos- xornadas- clases-

PROGRAMA

SÁBADO 2 DE MARZO

10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita

12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita

17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita

DOMINGO 3 DE MARZO

10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión

18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas.

A parte didáctica(...)