Grupo Doa


http://www.doa-music.com

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

IV Feira Mariñeira de Corme

- concertos-

Venres 26 de xullo

Andoa

Pepe Vaamonde

Guintervan

Sábado 27 de xullo

De Ninghures

Pelepau

Dequevessendo

Domingo 28 de xullo

Pansenfrom

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

ESPAZO PARALAIA PUB durante o Festival de Ortigueira

- concertos- festivais- ANDOA- Caldo-

Venres 12 de xullo

19:30h

ANDOA E convidados

Sábado 13 de xullo

Caldo

Brúa e amigos

Holiday Club

(Ultima actualizaci??20-06-2019)

Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

- concertos- Malvela- Uxía Senlle-

I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (P(...)

(Ultima actualizaci??29-04-2019)

Andoa Trio Folk na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Venres 3 de maio ás 22:30h

ANDOA Trí­o Folk; é unha fantástica banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa, galega...

Os componentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así­ como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etce.

Teñen compartido escenario con Xabier Dí­az, Talabarte, Gí¼intervan, Backwest (Irlanda) o(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-04-2019)

- concertos- Xacarandaina-

O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gai(...)

(Ultima actualizaci??29-03-2019)

Tanxugueiras en Lalín

- concertos-

Venres 29 de marzo ás 21h no Salón Teatro (Concello de Lalín)

TANXUGUEIRAS - A revolución das pandeiretas -

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepeti(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-02-2019)

- concertos- Pesdebarro-

E ESTE SÁBADO 9 DE FEBREIRO NOVA DATA PARA O CURSO DE INICIACIÒN AO BAILE GALEGO

Continuamos o sábado 9 de febreiro, no CCultural Do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente (...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-01-2019)

- concertos- Pesdebarro-

NOVA DATA PARA O CURSO DE INICIACIÒN AO BAILE GALEGO

Continuamos o sábado 26 de xaneiro, no CCultural Do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vi(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??11-01-2019)

- concertos- Pesdebarro-

Sábado 12 de xaneiro, no Centro Cultural do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para(...)

2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-12-2018)

- concertos-

RECORDA Continuamos mañan sábado 15 de decembro, no Centro Cultural do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é diverti(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-11-2018)

- Festa-

O próximo 3 de novembro as castañas e a música tradicional serán as protagonistas do #magosto que celebraremos a partir das 18:00 horas nas Torres do Allo onde nos acompañarán os grupos da Asociación Cultural Adro, da Asociación de Baile tradicional Churía e da AC Trubisquiña.

E para os nenos e nenas de 4 a 12 anos haberá obradoiros mooooi monstruosos ás 11:30 e ás 16:00 horas. Anótate no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas (ou en info@torresdoallo.gal. Agardámosvos!

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

Ciclo DOCE: Garcí­a MC e Dj Mil Alto Asalto en A Coruña

- concertos-

Sábado, 22 de setembro ás 22h na Sala Mardi Gras

Anticipada 8€ (Descontos dispoñibles para músicos e colectivos de Hip Hop en enradas@salamardigras.com ). Billeteira 10€

Entrada de menores consultar en: salamardigras.com

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen f(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

IV Festival Intercéltico Son do Pazo (Mos)

- concertos- festivais-

Venres 31 de agosto a partires das 22:30h

AIRIÑOS DO CASTELO

LEILÍA

H2FOLK

Sábado 1 de setembro

A Vacaloura Vermella, As Maimiñas, Treboada Baixo Miño, Xisco Feijoo

E a partires das 21:30h

XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE

BACKWEST (IRLANDA)

ANDOA

Entrada de Balde

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-07-2018)

- concertos-

Sábado 28 de xullo ás 15:00h

Negueira de Muñiz, 27113 Negueira de Muñiz (Lugo),

https://festivaldoaltonavia.webnode.es

FESTIVAL DO ALTO NAVIA (NEGUEIRA DE MUÑIZ)

Dende actividades lúdicas e medioambientais, para todas as idades, ata música en directo:

VÍCTOR COYOTE (folk)

MAN DE SANTO (reggae/ ska)

CALDO Y OS RABIZOS (Música tradicional)

TINO PROJECT TIO (Swing/ jazz/ boogaloo)

FOLIADA, DJ´S...

FESTIVAL GRATUITO

APERTURA AS 15:00:

-Zona de Acampada limitada (reserva): (...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- concertos-

Bo día, bandoleir@s! Por fin podemos anunciar tódalas datas do mes de xullo . Vémonos polos camiños das cidades e as avenidas das aldeas.

Poderedes ir consultando horarios concretos e demais información na nosa web (www.abandadaloba.gal).

#BailandoAsRúas #ABDL #VeránLobil

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-07-2018)

- concertos-

881 anos despois, desde o Concello de Tui, festexaremos esta efeméride do Século XII cunha fin de semana cargada de actividades e dous concertos destacados.

Contaremos coas actuacións de SondeSeu Orquestra Folk o venres 6 de xullo e Teresa Salgueiro o sábado 7, ambos, na rúa Compostela. Haberá un acceso solidario. Colocaranse un par de furnas ubicadas nas rúas Betanzos e Mondoñedo para que a xente poida facer unha doazón para os afectados de Paramos e Guillarei.

Ademáis dunha exposición p(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-05-2018)

- concertos-

O sábado 12 de maio ás 22:30 horas e cunha entrada anticipada de 3€, concerto de Miro Casabella no Var Con Uve, teléfono de reservas 986 31 09 91.

Miro Casabella é o último representante en activo de Voces Ceibes, foi galardoado co Premio Especial da música Var con Uve 2010, no apartado do patrimonio musical de Galicia, pola súa aportación singular á historia musical de Galicia, recoñecéndolle o importante labor feito polo grupo Voces Ceibes nos anos 60, cando aínda cantar, e moito máis en gale(...)

(Ultima actualizaci??09-03-2018)

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah en Vigo

- aPenultima- Iguana-

Venres 9 de marzo ás 23:30h

La Iguana Club.

Churruca 14.

Vigo.

DELEITE AO VIVO presenta:

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah por primeira vez xuntos en Vigo e no Universo (é mentira isto último)

Dúas das bandas do pop galego máis eloxiadas presentando os seus últimos traballos.

Ataque Escampe – Primeiros Bicos

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/primeiros-bicos

Oh! Ayatollah – Volve a canción protesta

>>

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2018/02/23/oh(...)

2017

(Ultima actualizaci??15-12-2017)

Tanxugueiras na sala A Fundación (Melide)

- concertos-

Venres 15 de decembro ás 23:30h

Fundacion Bowling Melide.

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboración(...)

(Ultima actualizaci??08-11-2017)

VIII RUADA De Moraña (serán-magosteiro)

- Festa-

Sábado 11 de novembro ás 17:00h

Carballeira de Santa Lucía, Moraña.

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á oitava edición da #RuadadeMoraña que estamos a preparar e da que vos iremos informando polo miúdo nos vindeiros días.

De novo facémolo en sábado, e continuamos coa ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!. Haberá obradoiros, ruada, moita comida e bebida, foliada aberta e festa ata o amencer!. Garda a(...)

(Ultima actualizaci??14-07-2017)

XII Festival da Chaira (A Pastoriza. Lugo)

- concertos- festivais-

Sábado 15 de xullo

Pastoriza.

Dendee as 12.00 h. da mañá ata a mañá seguinte con música, xogos tradicionais, campionato de billarda, teatro para nenas, nenos e non tan nenos e unha ruta de sendeirismo para promocionar o patrimonio d´A Chaira

Concertos:

20:00 h: Foliada aberta con OS AMIGOS DO CALDEIRO e GAIA PANDEIRETEIRXS

23:00 h: ANDOA, CHARANGA MEKÁNIKA, FESTICULTORES TROUPE, DJ CHAFU

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-07-2017)

- concertos- https://www.facebook.com/amigosdoacordeoncoruna/-

I Curso de Verán de Acordeón organizado pola AAA da Coruña

Datas (Xullo e Agosto, mércores pola tarde):

o Xullo: 5, 12, 19, 26

o Agosto: 2, 9, 16, 23, 30 (Foliada Fin de Curso)

Duración:

13,5 h (1,5 h á semana)

Horario:

o Nivel 1: 18.00 - 19.30 h

o Nivel 2: 20.00 - 21.30 h

Programa:

o Aprendizaxe de pezas do repertorio tradicional e popular, na súa maioría galego. Introdución de distintos ritmos e xéneros.

o Recursos técnicos e interpretativos (...)

(Ultima actualizaci??19-05-2017)

FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

- concertos-

DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.

Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.

Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.

Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.

Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.

Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: F(...)

2016

(Ultima actualizaci??30-12-2016)

Presentación de 'De aquí para alá' de Lydia Botana nas Illas Canarias

- concertos-

03/01/2017, 18h, Ámbito Cultural El Corte Inglés, Santa Cruz de Tenerife

04/01/2017, 18h, Teatro Cine, Los Realejos, Tenerife

DE AQUÍ PARA ALÁ é un libro-disco que busca espertar o interese das crianzas pola música e as culturas doutros lugares, dando valor á diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito didáctico e divertido!

O libro está á venda tanto en galego como en castelán e nas súas 57 páxinas inclúense partituras, letras e melodías das cancións do disco, que conta coa (...)

(Ultima actualizaci??23-11-2016)

Baile 100% con Os Cempés en Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

- concertos- Pesdebarro- Os Cempés-

Sábado 26 de novembro ás 19:30h

Centro SocioCultural de Rubiáns.

Baile 100% con Os Cempés no Centro SocioCultural de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

Sábado 26 novembro de 2016

compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas…

participa!!! non faltes!!!

HORARIO

19:30h Obradoiro de Baile

21h Descanso

22h Gran Baile 100% con Os Cempés

ENTRADA

Obradoiro + Baile 100% = 10€ socios e 15€ non socios

Só Baile 100% = 5€ socios e 8€ non socios

INS(...)

(Ultima actualizaci??10-11-2016)

VII Ruada de Moraña (serán-magosteiro)

- Festa-

Sábado 12 de novembro ás 12:00h

Moraña.

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á séptima edición da #RuadadeMoraña. De novo facémolo en sábado, e voltamos á ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!.

PROGRAMACIÓN:

12:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO

Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, e para iso hai que avisar ós veciños con tempo, así que(...)

(Ultima actualizaci??03-09-2016)

Serán Careco Solidario (San Claudio - Ortigueira)

- Festa-

O sábado 10, no campo da festa da Rocha (San Claudio - Ortigueira) chega o Serán Careco solidario, onde Os Carecos organizamos un Serán cheo de actividades para o disfrute de todo o que se queira achegar e colaborar, xa que TODOS os beneficios recaudados serán doados a Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que pon toda a forza e medios dispoñibles para axudar a todas esas persoas que sufren esta grave e complexa enfermidade como tamén a sua investigación, motivos mais que sufici(...)

(Ultima actualizaci??31-07-2016)

XVII FESTA DA MALLA TRADICIONAL (Codeseda, Doade. Lalín)

- concertos-

Sábado 20 de agosto

Museo e Restaurante Casa do Patrón

MOSTRA DE ARTESANÍA, EXPOSICIÓNS DE MAQUINARIA, E MOITA FESTA

(Ultima actualizaci??01-07-2016)

Baile 100% con Os Cempés en Moraña

- concertos-

Venres 01 de xullo

Moraña

Ás 18:00H comeza o Obradoiro do Baile 100% na Casa da Cultura Daniel Rodríguez Castelao.

Pola noite ás 22:30H na Praza do Concello comeza o Baile 100% con Os Cempés. Agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender.

Celébrase o 3º Festival Bailes no Cuartel, unha iniciativa da Asoc. de nais e pais da Escola de Música Municipal, en colaboración coa Asociación Cultural Seixebra. Tamén participan na xornada Luis Prego, O Combo d(...)

(Ultima actualizaci??17-06-2016)

Surfing the Lérez 2016, edición

- concertos-

Venres 17 e sábado 18 de xuño

Illa Das Esculturas

O #surfing16 xa está aquí!!

Os dias 17 e 18 de xuño, tedes unha cita na Illa Das Esculturas coa mellor música en directo con entrada solidaria, (doazon de alimentos para os máis necesitados).

**Venres 17**

ZONA INFANTIL

-- 16:00h --

INAUGURACIÓN

PRIMEIRA MASTER CLASS DE DJ para familias: "Aprende a poñer vinilos e CDs a cargo de Arturo Delgado e Guly Leiva"

-- 17:00h --

A PROCURA DO TESOURO DO CROCODILO (xogo en familia)

-- D(...)

(Ultima actualizaci??22-02-2016)

DOA en Redondela

- concertos-

DOA cuarteto, CONCERTO ACÚSTICO no ciclo PÓRTICO SONORO

12 MARZO • 21:00 H. Igrexa de San Martiño de Ventosela. Redondela

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

82 Foliada do Lar (As Pontes)

- Festa-

Venres 29 de Xaneiro no Lar

A falta de dous meses para cumprir o noso 10º aniversario , dende Marzo do 2006 ata hoxe con Foliadas mensuales de Setembro a Maio. Os comezos non parecí­an doados, pero grazas a tod@s vos: O Lar, músic@s, bailador@s e público en xeral, puñestedelo tan fácil que seguiremos facendo de estas xuntanzas, unha homenaxe mensual á nosa música tradicional que tamén grazas a vos está a facerse con un sitio no lugar que a tod@s nos gustarí­a e que é donde realmente lle corre(...)

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

1ª FOLIADA SOLIDARIA polo pobo Sirio en Baio (Carballo)

- concertos-

Sábado, 28 de novembro ás 19h no Auditorio de Baio

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema de Baio de “Artes escénicas e xestión cultural”, asignatura de nova creación no centro impartida por Manolo Maseda, o director do mesmo, embarcaranse o próximo 28 de novembro nunha aventura solidaria.

Estes rapaces e rapazas sensibilizáronse moi profundamente no tráxico panorama actual de Siria, e acompañados polo seu mestre, decidiron organizar un festival benéfico que terá lug(...)

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

O Son do Sabugueiro - A Pontevella

- concertos-

A organización do evento “ O Son do Sabugueiro. Espectáculo de Raiz ” ten o pracer de presentar o novo espectáculo do C.C. A Pontevella de Reis (Teo). Esta mistura de tradición, raíz e forte arume a río realizarase o vindeiro domingo 29 de Novembro, ás 19:30 horas, no local Social do Centro Cultural A Ponte Vella.

A realización deste espectáculo terá un aforo reducido para o público asistente, debido á escasa capacidade coa que conta o local social do Centro Cultural A Ponte Vella. Debido (...)

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

VI Ruada de Moraña (SERÁN-MAGOSTEIRO)

- Festa-

Sábado, 14 de novembro ás 13:00

Carballeira de Santa Lucía, Moraña

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á sexta edición da #RuadadeMoraña. E ollo...este ano facémolo en SÁBADO!, non tedes xa ningunha excusa para non vir a Moraña o 14 de novembro! :)

PROGRAMACIÓN:

13:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO

Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, (...)

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

XXVIII Homenaxe ao Gaiteiro en Vigo

- concertos-

Sábado, 31 de outubro ás 19:30

Desde o Grupo Etnográfico 'A Buxaina', en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo, compracémonos un ano máis en presentar a Homenaxe ó Gaiteiro, que acada xa a súa XXVIII edición, no auditorio 'A Fundación' (situado no Teatro García Barbón), o día 31 de outubro ás 19:30 da tarde.

O obxectivo deste encontro é homenaxear e poñer en valor a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e (...)

(Ultima actualizaci??06-10-2015)

II Poemagosto - Festival da poesía en Allariz

- concertos-

Domingo 11 de outubro

O concerto de Sés porá o colofón ao II Poemagosto – Festival da poesía en Allariz, un amplo abano de actividades en torno á poesía e o magosto que se celebrará no casco antigo da vila e inmediacións vila alaricana o domingo 11 de outubro.

O programa arrancará ás 11:30h. coas Pandereteiras Escachaferreñas e continuará coa presentación do Nº 4 da revista poética “euOnça” (Wladimir

Vaz, editor). Tamén haberá maxia a cargo do Mago Gusi e contacontos “Manda castaña!” (Boa(...)

(Ultima actualizaci??06-10-2015)

"DESORDES CREATIVAS": Festival Internacional de Arte na Rúa (Ordes)

- concertos-

FESTA "DESORDES CREATIVAS":

Lugar: Jato Pús (Ordes)

Día e Hora: Venres 9 de Outubro, 22:30 h.

Entrada: 3 € (o diñeiro recaudado da entrada vai destinado integramente a financiar o festival)

Concertos:

SOKRAM

Alto Asalto

Dj Session:

Mou Pinchadiscos

Sorteo das Rifas do DesOrdes 2015:

Obra gráfica dos artistas do festival

Merchandising do festival e sorpresas varias.

DesOrdes Creativas: Festival Internacional de Arte na Rúa

Do luns 5 ao domingo 11 de outubro, Ordes(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

100 Aniversario Eferro (Viladecruces)

- concertos-

Sábado 19 de setembro

No taller, de 12h a 19h

- Home Orquestra

- Ruadeiras de Loimil

- As Subelas

- Sanjurjo and do Pico

- Raigañas de Cerqueda

- Viravolta títeres

- Isabel Risco

- Aldomir

- Cantata vernácula

- Os fondaos do pífaro

No ría, ás 20h

- Odaiko

- Bouba

- Sés

- Carapaus

Recollida de zapatos usados para doar aos servicios sociais dos concellos de Vila de Cruces, Mondariz, As Neves e ASOLPA Paradanta

Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia.(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

Escola Traspés (Vigo) - Curso 2015/2016

- concertos-

Xa temos todo preparado para comezar o novo curso 2015/2016 en Traspés!!!!

Se estás interesado/a nalgunha das nosas actividades, é moi doado!!!. Entra no apartado escola da nosa web e infórmate das actividades que che ofrecemos. Seguidamente, enche o formulario adxunto ao final deste ” post ” para preinscribirte, e envíanolo a traspes@traspes.com, informarémoste de como está o teu proceso de solicitude.

Para máis información, podes chamar ao teléfono 886 1816 036, a través do noso correo(...)