David Bellas


Ver en Facebook


- euquedonacasa-



Unhas pequenas músicas que tiña pendente fai tempo e a corentena permitiu. Unha colaboración co zanfonista Xurxo Romaní !

Que guay que a tecnoloxía permita estas cousas! Catalunya e Galiza unidas pola fermosa e pastoril música francesa do XVIII

Boa noite! Disfruten!

-VIELLE- PREMIÈRE SUITE (ŒUVRE XI)

Joseph Bodin de Boismortier (1689-1755)

Zanfona: Xurxo Romaní /Gaita: David Bellas

2015

(Ultima actualizaci??16-10-2015)

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA (As Pontes)

- concertos-

Sábado, 17 de outubro ás 10:00

As Pontes De Garcia Rodriguez,

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA - 17 OUTUBRO 2015

Inscripción enviando os teus datos de contacto e obradoiro no que te inscribes a xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PANDEIRO CADRADO - 60 €/alumno

Impartido por Xosé Maceda, percusionista do grupo Quempallou. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero.

Na (...)

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

Escola de Música Tradicional O Son do Sor (O Barqueiro, A Coruña) - Curso 2015/2016

- concertos-

A Escola de Música Tradicional inicia unha nova etapa coa incorporación dun novo mestre que dará un salto de calidade na ensinanza.

Queremos anunciarvos que este curso comeza a dar clase en O Son do Sor David Bellas. Músico Galego. Creemos que é un gran avance contar con un mestre da categoría de David. Titulado Profesional en Gaita de fol e Titulado Superior en Instr. da Mús. Trad. e Popul. Galega. con matricula de Honra (sendo a 1ª outorgada nesta titulación). Polo que vos animamos a todos vi(...)

(Ultima actualizaci??18-04-2015)

IV Foliada Varacuncas en Santa Baia (Rodeiro)

- Festa-

Venres 18 de abril

As 16:00 comeza o Obradoiro de Gaita con David Bellas, os participantes tentade estar algo antes.

As 17:00 comeza o Obradoiro de Davide Salvado , igualmente facede por chegar algo antes.

As 19:00 comeza o Obradoiro de Baile con Alexandre Sotelino

As 20:30 abrimos o torreiro xa cos alumnos de baile

Pola tarde comezaremos a colocar os postos de artesanía e comprácenos comunicarvos que contamos con:

1 - Rosquillas casa da Xorxa.

2 - Os Alegres ,instrumentos tradicio(...)

2014

(Ultima actualizaci??24-05-2014)

PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) en A Coruña

- concertos- Escola Municipal de Música de A Coruña-

Sábado, 24 de maio, ás 19:30 no Forum Metropolitano (A Coruña)

“A educación musical debe ser social, non individual. A música acompáñanos desde que nacemos cun axóuxere ou un canto de berce até que morremos cos sinos da igrexa”

A ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) é unha proposta do profesorado da Escola Municipal de Música de A Coruña como nova agrupación do centro para o curso 2013-2014. A diferenza esencial a respecto doutras agrupacións existentes na escola é que a OMTG se c(...)

2013

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela)

- concertos-

II Xornadas arredor da Música Tradicional

Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha inten(...)

2012

(Ultima actualizaci??12-12-2012)

IX Dí­a do Orgullo Gaiteiro en Ourense

- concertos- Orgullo Gaiteiro-

PROGRAMA DAS ACTIVIDADES DO IX DÍA DO ORGULLO GAITEIRO, QUE TERÁ LUGAR OS VINDEIROS DÍAS 13,14 E 15 DE DECEMBRO NO AUDITORIO DE OURENSE, NA RÚA DA CANLE. (OURENSE)

Xoves 13 20h O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación Charla por Cástor Castro Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe a Faustino Santalices. Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido

Venres 14 19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando Gratuito, prazas limitadas

Sábado 15 de Decembro Mañá 10-14h Curso de técnicas(...)

(Ultima actualizaci??25-11-2012)

I Xornadas arredor da Música Tradicional

- concertos- Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas-

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosarans(...)

2011

(Ultima actualizaci??19-10-2011)

1º Obradoiro Maghúa de Folclore Galego

- concertos- Luis Prego- Xabier Díaz- David Bellas- Asociación Cultural Maghúa-

Logo dos problemas que levaron ao adiamento deste encontro, xa temos data oficial. 22 de outubro, no IES UNIVERSIDADE LABORAL (antes IES CRUCEIRO BALEARES).

Esta semana amañaremos para xantar nas instalacións do IES, a un prezo módico (contamos con poder xantar a un prezo de arredor de 7, 7'50 euros).

Este encontro vai consistir nos catro módulos de perfeccionamento xa comunicados na convocatória de xuño: baile tradicional (impartido por Luis Prego), canto tradicional (impartido por Xabi(...)

(Ultima actualizaci??23-06-2011)

Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO

- concertos- Montse Rivera- David Bellas- Lola Fernández- Xabier Díaz- Asociación Cultural Maghúa-

Organizado pola A.C. Maghúa coa colaboración da Deputación d'A Coruña e o Concello d'A COruña, através da Concellaria de Cultua.

Orientado ao nível de PERFECCIONAMENTO, constará de catro módulos:

- BAILE GALEGO, impartido por Montse Rivera.

- GAITA GALEGA , impartido por David Bellas.

- PERCUSIÓN TRADICIONAL, Lola Fernández.

- CANTO TRADICIONAL, impartido por Xabier Díaz.

Celebrará-se o dia 25 de xuño de 2011, sábado, no marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, co se(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-06-2011)

- concertos- Xurxo Fernández-

24 de Xuño, ás 20h

Auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música de Vigo)

Programa

1ª PARTE

OFRENDA MUSICAL (BMW 1079) - J.S.Bach

Canon a 2 per motum contrarium, Canon perpetuus super tema

regium e Canon a 2 por Augmentationen, contrario motu.

Gaita en Dó: Xurxo Fernández

Zanfona 1: Iván Abal

Zanfona 2: Paulo González

CONTORNO #1 - Paulo Glez.

Gaita en La: Xurxo Fernández

Piano: Iván Abal

2ª PARTE

ALBORADA ANTERGA DE PONTEVEDRA - “Repertorio Perfe(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-06-2011)

- concertos- David Bellas-

Auditorio Martín Codax do Cmus. sup. de Vigo

Manuel Olivié nº1

Programa:

Primeira parte:

- Estudo 4 em Dó M-- Paulo p.

de 21 estudos para gaita contralto

- Longtemps y a-- (Thielman Susato) (ca. 1510 - ca. 1570)

de Premier livre des chãsõs a deux ou a troix parts (1544)

Zanfonas: Paulo Gonzalez e Iván Abal

- Sonata I para gaita e continuo, op.27 (1730)-- Joseph-Bodin de Boismortier(1689-1755)

-Allemande. Gayment

-Courante. Vivement

-Rondeau. Gracieusement

-Gigue

Viola d(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??22-04-2011)

Obradoiros Xarabal 2011

- concertos- Xarabal-

Os días 21, 22 e 23 de Abril celebraranse os VI Obradoiros da Banda de Gaitas Xarabal.

Levaranse a cabo no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo.

A data límite para a preinscrición é o 18 de Abril.

Os obradoiros que se impartirán son os seguintes:

Nome do curso Mestre

Gaita Xurxo Fernández

Percusión Folk Roi Adrio

Percusión Tradicional Iván Blanco

Baile galego (A danza galega: o taller do corpo) Cristian Silva

Afinación David Bellas

Construcción de palletas Patricia Cela

H(...)

2010

(Ultima actualizaci??29-04-2010)

Estrea do grupo Matamá Ensemble na Taberna Rianxeira

- concertos-

Lucía Comesaña (zanfona electroacústica), Noa Vidal (percusións), David Bellas ( saxo soprano), e Xián Herrera (gaita de fol)

2009

(Ultima actualizaci??01-12-2009)

Musgafol 2009

- concertos- Musgafol-

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Dende que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do paí­s vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada p(...)

2008

(Ultima actualizaci??15-11-2008)

O MUSGAFOL CHEGA A O TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

-

O venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra.

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vi(...)

1 comentario

O Chupacabras gravará o seu primeiro disco cos mil euros dun premio

- concertos-

O cuarteto de música tradicional gañou o concurso de música de Luou.

O cuarteto O Chupacabras ten metade de sangue mariñán porque dous dos seus integrantes, David Bellas e Xesús Riveira, ambos os gaiteiros, son de Viveiro e O Vicedo respectivamente. Completan o conxunto Cristian Silva de Vilagarcía e Rafael Crespo de Vigo. Hoxe forman parte da actualidade informativa porque o pasado domingo metéronse no peto por segundo ano consecutivo o primeiro premio do II Concurso de Música Tradicional de(...)

(Ultima actualizaci??25-09-2008)

O Cuarteto Chupacabras gaña a XLI edición do concurso de cuartetos de Ponteareas 2008

- concertos-

O cuarteto 'O chupacabras' gaña a XLI edición do concurso de cuartetos de Ponteareas 2008, coa interpretación dos temas 'Muiñeira de Ourense' Trad. e 'Xota de Parapar' Trad. ambos con arranxos do propio grupo.

O Chupacabras son:

Xesús Riveira (Suso) : Gaita

David Bellas: Gaita

Cristian Silva: Tamboril

Rafael Crespo: Bombo

Nesta ocasión, por mor de asuntos de índole laboral Rafa Crespo non puido acompañarnos e tivemos a sorte de contar ó bombo con un dos mellor(...)

1 comentario

PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”

- concertos-

DÍAS 30 e 31 de AGOSTO de 2008

no TEATRO JOFRE

DATA: 30 de agosto

LUGAR: TEATRO JOFRE - FERROL

HORA: 20,30 h. da tarde

 PRESENTACIÓN da EDICIÓN do DOBRE CD DA GRAVACIÓN DOS ACTOS DO 2007

 PRESENTACIÓN DA PEZA GAÑADORA DO CONCURSO DE COMPOSICIÓN “CONSTANTINO BELLÓN” 2008.

INTERPRETACIÓN DA PEZA GAÑADORA 2008

Autor: PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano

FINALISTAS deste premio:

JAVIE(...)

1999

Presentación do disco "Asumindo riscos" do grupo de folk Arrás!!

- concertos-

O grupo folk Arrás!! gañador da sexta edición do certamen para

grupos folk de Radio Obradoiro,presenta o seu disco "Asumindo

riscos",(que en menos dun mes estará nas tendas)no teatro Pastor

Díaz de Viveiro o vindeiro día 22 de decembro as 21:30 da noite.

"Asumindo riscos",como o seu nome indica é un disco no que o grupo

Arrás!! fai unha proposta innovadora e arriscada,poderias falar de

un folk fusión,ainda que o no(...)