Cantigas e Agarimos


Antigo CEIP Ramón Cabanillas. R/ Castiñeiriño, 21 . Compostela

Clases de percusion,canto,baile,pandeireta,gaita,zanfona,acordeón diatónico,violín


Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-07-2019)

- Cantigas e Agarimos-

O vindeiro 27 de xullo celébrase na Praza da Quintana a Xornada de folclore galego e, unha vez rematada, Cantigas e Agarimos organiza a VI FOLIADA POST-XORNADAS.

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

XVIII Festival retrouso e VI RETRO-Foliada en cela (Bueu. Pontevedra)

- concertos- Traspés- Prima de Buxo e Son d'aquí.- Retrouso de Cela- Cantigas e Agarimos-

Sábado 13 de xullo ás 21h

Cela (Bueu)

O sábado 13 de xullo de 2019, no eirado de Cela (Bueu) chega á maioría de idade o Festival Retrouso e á sexta edición a súa Retro-Foliada.

Para quentar, actuará o grupo Retrouso e o grpo Castromao de Mondariz. A partir das 22h, abrirán a RetroFoliada Alxibeiras, Cantigas e Agarimos, Trébede, os gaiteiros de Naicosqueira, Traspés, Prima de Buxo e Son d'aquí. e A partir de aí foliada aberta ata que o corpo aghante!

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

Cantigas e Agarimos en Marín (Danza 3)

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Domingo 7 de xullo ás 21h na Alameda de Marín

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

Domingo, 9 de xuño as 6:30 da tarde

En Lestedo (ainda que pode cambiar de ubicación pola previsión meteorolóxica)

O domingo organizamos o noso primeiro festival infantil. É un acto que nos fai moita ilusión xa que vendrán visitarnos grupos que comparten moito con nós.

Nesta ocasión devolvennos a visita os nosos compañeiros de Queiroa, intentaremos estar á altura do seu fantástico festival do que desfrutamos este pasado domingo.

Tamén nos visitan uns amigos e veciños, nos que se(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3. Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo co colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial.

Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra no RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

II Serán de Primavera en Sigüeiro

- Festa- Cantigas e Agarimos- AC Donaire- Ultreia-

Sábado 16 de marzo a partires das 21h no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa

Organiza: A.F. Lembranzas do Tambre

Participan:

Airiños de Gonzar

Rosalía de Castro de Cacheiras

Pandereteiras de Cantigas e Agarimos

As Lavercas

Modos da Ronda da AC Donaire

Argalleiros

AC Pinguela de Bama

As Chispas do OCT de Ultreia

Buxos Verdes

Néboas No Cumio

Af Lembranzas do Tambre

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

1ª Foliada de Carcaxí­a en Malpica

- Festa- Xiradela- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos- Queiroga- Asociación Cultural Maghúa-

Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h no Campo da Festa de Seaia (Malpica).

Grupos asistentes:

Os da Porfia

A.C.Malante

A. C. Xacarandaina

A.x. Xiradela

Escola do Alprende

AC Raigañas Cerqueda

Cantigas e Agarimos

A.C Arume de Caión

Argazo Baldaio

Asoc Veciños Leiloio

Nemeth Carballo

Inllar Couto

AC Maghúa Galiza

AC Queiroga

San Xulián de Seaia

Banda de Gaitas de Carballo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2019)

- concertos- Cantigas e Agarimos-

No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.

Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en c(...)

2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??16-11-2018)

- Festa- Cantigas e Agarimos-

Sábado, 17 de novembro de 2018

Cantigas e Agarimos

Coa chegada do outono (aí­nda que de momento non o pareza) comezan os magostos. O noso será o sábado 17 de novembro, e estades todxs convidadxs a pasar unha noite de festa.

Aquí­ tedes o programa:

18.30h Espectáculo máxico co Mago Benxamí­n .

20.00h Festival do Magosto con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos

22.00h MAGOSTO-FOLIADA (iremos actualizando os grupos participantes)

A partir de aquí­ foliada aberta!!!

ESPERÁMOSVOS!(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-11-2018)

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Sábado, 3 de novembro, ás 20:30h no Auditorio Xosé Casal

Cantigas e Agarimos remata a viaxe do seu espectáculo “balbino”, no Concello de Vila de Cruces, para celebrar o día de Xosé Neira Vilas. Este espectáculo encádrase dentro do Ciclo DANZA3 da Agadic e conta coa colaboración do Concello Vila de Cruces.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escen(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos (Compostela) - Curso 2018/2019

- concertos- Cantigas e Agarimos-

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 3 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.

O período de inscripcións prolongarase ata o día 14 de setembro.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, canto, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como pres(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Aulas de zanfona e acordeón diatónico na A.F. Cantigas e Agarimos (Compostela)

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Se queres aprender a tocar a zanfona e/ou o acordeón diatónico da man dos mellores, o teu sitio é Cantigas e Agarimos. Con Germán Díaz e Pedro Pascual, música excelente e diversión asegurada para todos os niveis!

Infórmate nos teléfonos 981939084 / 618518524 ou no correo contacto@cantigaseagarimos.es. O prazo de matrícula está aberto!

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

XXII Festival Folclórico Baí­ña´18 (Baiona)

- concertos-

Sábado, 1 de setembro

Baiona, Galiza

O dí­a 1 de setembro, ás 22h na Praza do Concello de Baiona, celebrarase o XXII Festival Folclórico que organiza a "Asociación Folclórica Airiños da Lagoa" de Baí­ña.

Este ano contaremos coa participación dos seguintes grupos:

- Agrupación Folclórica "Valle de Camargo" (Cantabria)

- Pandereteiros Traspés (Vigo)

- Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)

En caso de mal tempo o evento terá lugar no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-07-2018)

- concertos-

Este sábado 14 de xullo volvemos con Danza 3, o ciclo de baile e música tradicional no que cxs amigxs de Xacarandaina e ACF O Fiadeiro, co apoio da Agadic. O coro, grupo de baile, grupo instrumental e pandereteiras de Cantigas e Agarimos estaremos ás 12.30h no Campo da Barreira no Concello de Allariz. Alí vos esperamos, ben sabedes que o sitio non defrauda!

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-05-2018)

- concertos-

Este xoves da Ascensión, coma tódolos anos, hai Folc na Rúa. Aquí poderedes ver a Cantigas e Agarimos:

18.00h: Praza do Toural

18.30h: Praza de Cervantes

19.00h: Praza do Obradoiro

19.30h: Praza das Praterías

20.00h: Praza da Inmaculada/Acibechería (actuación conxunta con Brincadeira, Colexiata do Sar e Ultreia.

(Ultima actualizaci??19-01-2018)

Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

- concertos-

Venres 19 de xaneiro ás 20:30h

Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.

A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicion(...)

2017

(Ultima actualizaci??08-12-2017)

Fía e Baile de Pandeireta en Viaño Pequeno. Trazo (A Coruña)

- concertos-

O vindeiro venres, 8 de decembro, celébrase a 'Fía e Baile de Pandeireta' dos Xeitosos de Trazo. Comezará a partir das 21:30 horas no pavillón polideportivo de Viaño Pequeno. Ademais do grupo organizador, intervirán os de San Martiño de Cerceda, Camiño Real de Poulo, Pandeireteiras Silandeira de San Xulián de Sales (Vedra), a A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo), Faíscas da Pontraga e as Pandeireteiras e Pandeireteiros da Escola de Cantigas e Agarimos.

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

O Fiadeiro en Baltar

- concertos- O Fiadeiro-

AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo...

DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h

Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

V MAGOSTO FOLIADEIRO en Compostela

- Festa- Cantigas e Agarimos-

Sábado 18 de novembro ás 21:00h

Cantigas E Agarimos.

Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/ Castiñeiriño, 21.

Santiago de Compostela.

Boas amigxs,

Xa estamos na época dos magostos, e o noso xa ten data: 18 de novembro.

Estades todos convidados a pasar unha noite de festa, tocando, cantando e bailando.

Se a algún grupo lle apetece participar pódese poñer en contacto con nós a través desta páxina. Nós iremos anunciando os grupos nos próximos días.

ESPERÁMOSVOS!!!

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

XIII Ciclo Coros Galegos no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

- concertos-

Domingo 28 de outubro

Coro "De Ruada"

Etnográfico cas Mariñas

Cántigas da Terra

Domingo 12 de novembro

Orfeón Mariñeiro do Berbés

Teatro de Cántigas da Terra

Cántigas da Terra

Domingo 26 de novemnbro

Cantigas e Agarimos

Os Enxebres de Cacheiras

Cántigas da Terra

(Ultima actualizaci??13-10-2017)

Balbino (espectáculo de Cantigas e Agarimos) en Vilalba

- concertos-

Domingo 15 de outubro ás 20:30h

Auditorio Municipal Carmen Estévez

Villalba.

Cantigas e Agarimos viaxa a Vilalba co seu espectáculo “balbino”, dentro do programa DANZA3 da Agadic e coa colaboración do Concello de Vilalba.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Me(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2017)

Delegación galega no Festival Interceltico de Lorient 2017

- concertos-

O Festival Interceltique de Lorient, que naceu hai case cincuenta anos para impulsar o desenvolvemento da música e a cultura tradicional dos territorios celtas, vaise celebrar entre o 4 e o 13 de agosto na cidade bretoa. Durante 10 días acollerá a máis de 4.500 artistas e 750.000 visitantes en 120 concertos e outras actividades.

- Domingo 6, martes 8, mércores 9 e xoves 10 de agosto, 21:30h. no Stade Du Moustoir

Cantigas e Agarimos + Banda de Gaitas Ximiela

- Domingo 6 de agosto, 21h. no (...)

(Ultima actualizaci??14-07-2017)

33 FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA<

- concertos- festivais-

Xoves 13 de xullo 22.00.- Final Proxecto Runas 2017 22.00.-  Noreia. - Eslovenia 23.00.- Gabriel G Diges - Irlanda 00.00.- Koji Koji Moheji - Xapón 01.00.- SKERRYVORE. Escocia 02.30.- Crebisnky. GaliciaVenres 14 xullo 22.00 .-Bagad Kevren Brest Sant Mark 23.00.- Escola de Gaitas de Ortigueira 00.00 .- Usher’s Island 01.30.- Scott Wood Band. 03.00.- BöjSábado 15 de xullo 22.00.- The California and District Pipe Band. 23.00.- Oscar Ibañez & Tribo 00.30.- Michael McGoldrick Band 02.0(...)

(Ultima actualizaci??01-07-2017)

Cantigas e Agarimos en Muros

- concertos-

Este sábado día 1 de xullo, ás 13.00h, en Muros, Cantigas e Agarimos comeza a súa participación no ciclo #Danza3 da Agadic.

(Ultima actualizaci??14-06-2017)

III Xesteiraso Folk (Compostela)

- concertos-

Sábado 17 de xuño ás 19:00h

Centro Socio-Cultural De Marrozos.

Ardagan, Marrozos, n° 19.

Santiago de Compostela.

Reservade nas axendas o 17 de Xuño porque se aproxima o III Xesteiraso Folk e non volo podedes perder, ven cargado de novedades. Será no campo da festa de Marrozos, Santiago de Compostela.

- As 19:00, XVIII Certame Folclórico;

~ Grupo infantil e juvenil de Danças e Cantares de Joane (Portugal)

~ Asociación C.D. A Meda do Castro (Sada)

~ Asociación Cultural Pena Maior(...)

(Ultima actualizaci??20-05-2017)

Obradoiro de Pandeiro Cadrado en Compostela

- concertos- Cantigas e Agarimos-

QUERES APRENDER A TOCAR O PANDEIRO?

Despois dos obradoiros de construcción de pandeiro cadrado que se levaron a cabo nos últimos meses, Cantigas e Agarimos oferta a posibilidade de ampliar os coñecementos sobre este instrumento co obradoiro “O pandeiro cadrado na Galiza”, impartido por Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. O obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas na nosa música de tradición oral, con independencia do seu nivel de coñecemento do repertorio.

Cando: sába(...)

(Ultima actualizaci??04-05-2017)

Serán de maio na Malatesta (Compostela)

- Festa-

Xoves 4 de maio ás 21:45h

Sala Malatesta.

Rúa de San Lourenzo.

Santiago de Compostela.

21h45 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón Armada

22h45 . Cantigas e Agarimos

23h30 . Herdeiros da Requinta de Carcacía

00h15 . Sonche Lerias

01h00 . Foliada

Entrada 3€

2016

(Ultima actualizaci??10-11-2016)

Magosto Foliadeiro de Cantigas e Agarimos en Compostela

- Festa- Cantigas e Agarimos-

Sábado 12 de novembro

Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/ Castiñeiriño, 21.

Santiago de Compostela.

Organiza: Cantigas E Agarimos.

Haberá actividades para os máis pequenos dende as seis e media da tarde e despois actuarán algúns grupos da escola de Cantigas. A partires das dez da noite foliada con varios grupos convidados (A.C Cultural Retranqueiros A. Xirandaina Do Fondo do Peto Fortín da Pomba, No filo da ferreña, Os Xeitosos de Trazo, ACD Carcaxía, Pandereteiras Alborada, Panderetei(...)

(Ultima actualizaci??09-11-2016)

Balbino - Un espectáculo de Cantigas e Agarimos. En Valga (Pontevedra)

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Xoves 1 de xaneiro ás 01:00h

Auditorio Valga.

Valga.

Cantigas e Agarimos leva a Valga o seu espectáculo “balbino” dentro do programa DANZA3 do Agadic.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Memorias dun neno labrego”, do recentemente finado Xosé Neira Vilas, ser(...)

(Ultima actualizaci??15-07-2016)

Xornadas de Folclore Galego en Compostelas

- concertos-

Sábado 16 de xullo,

Praza da Quintana

Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

XVI Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira - Silleda)

- concertos-

O concurso de baile tradicional galego Azaloira, que vén organizando dende hai xa 16 anos o grupo Fortín da Pomba, volta á Bandeira o vindeiro domingo día 8 de maio.

O certame apostará, ao igual que o pasado ano, pola canteira das agrupacións galegas, con dúas categorías no concurso, que reunirá a un total de 17 agrupacións de diversos puntos de Galicia.

Así, na categoría A, (de 8 a 12 anos), participan Os Remuíños (da AC Mar de Arousa, de Bamio, Vilagarcía); dous grupos de Cantigas e Agar(...)

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

Presentación do coro Agarimos da Terra, no Balneario (Mondariz)

- concertos-

Domingo 24 de abril ás 19h no Auditorio do Hotel Balneario de Mondariz

Agarimos da Terra

Bicarelo

Pé de Pote

Volta e Dalle

Agarimos da Terra foi un coro creado no Balneario de Mondariz en 1916, nunha tradición que tivo a súa orixe en 1883 en Pontevedra seguindo o modelo acuñado polo boticario Perfecto Feijóo Poncet (o famoso dono do loro Ravachol) na agrupación Aires d’a Terra coa pretensión de dignificar as músicas aldeanas, no marco da recuperación do folclore, que creou un patrón de (...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

V edición da Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna en Arzúa

- Festa-

Sábado 2 de abril

- 11:45 h. Recepción de grupos participantes

- 12:30 h. Homenaxe a Juan Bello Mallou no Multiusos

- 13:30 h. Pasarrúas

- 14:00 h. Concerto na praza de Cantigas e Agarimos

- 15:30 h. Comida de confraternidade

- 19:30 h. Cantos de Taberna polos bares do pobo

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

Lembrando a Juan B. Mallou en Compostela

- concertos-

Sábado, 23 de xaneiro ás 19h no Teatro Principal (as invitacións recóllense na billetería do mesmo teatro)

-Durindaina

-Os Estalotes

-Cántigas e Agarimos

-Do Fondo do Peto

-Cuarteto Brigantino

-Airiños das Casas Novas

2015

(Ultima actualizaci??18-12-2015)

BALBINO - Presentación en Compostela do novo espectáculo de Cantigas e Agarimos

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Domingo, 27 de decembro ás 20:00 no Auditorio de Galicia

Cantigas e Agarimos, estrea en Compostela o seu novo espectáculo “balbino”.

O baile e a música, como recursos obvios, e outros, non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de mais de 90 artistas e sitúannos no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal.

Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, "balbino" lanza unha mensaxe sinxela pero moi pode(...)

(Ultima actualizaci??04-12-2015)

Actuación da agrupación O Fiadeiro en Rianxo

- concertos- -

A agrupación O Fiadeiro actuará o próximo venres 04 de decembro no auditorio de Rianxo co motivo do Ciclo Danza 3 promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Día: Venres 4 de decembro de 2015

Hora: 21.30

Lugar: Auditorio de Rianxo

Prezo: 5,00 euros

O Fiadeiro representará a VIII Edición “ESTA NOITE HAI UNHA FÍA” – NAS CATRO ESQUINAS

Neste espectáculo póñense de manifesto as diferenzas e similitudes nas festas populares ao longo dos catro puntos cardin(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2015)

III Magosto Foliadeiro en Compostela

- Festa- Cantigas e Agarimos-

Sábado 7 de novembro

Cantigas E Agarimos (Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/ Castiñeiriño, 21)

Teremos actividades para os máis pequenos dende as seis da tarde. Despois actuarán algúns grupos da escola de muiñeira e, a partir das dez da noite faremos foliada con varios grupos invitados (Do fondo do Peto, Lina e Lola, Fortín de Pomba, Xirandaina, Grupos da escola de Brincadeira, "Grupo A" de pandeireta da E.M. Cantigas e Agarimos, Os Micos) e con todos aqueles que vos queirades achegar.