Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-09-2018)

- clases- AC Donaire-

➡️ CURSO 18/19 EN DONAIRE! ⬅️

Aberto ata o 30 de setembro o prazo para inscribirse nas actividades da asociación no curso 18/19 que comeza en outubro.

🎤 Baile tradicional, pandeireta, gaita, percusión e acordeón para todas as idades e niveis. 🙂

- Horarios: www.acdonaire.com/asociacion/escola/

- Información: www.acdonaire.com/socios/alta/

📧 info@acdonaire.com ☎ 677 644 339

(Ultima actualizaci??07-04-2018)

Foliada de Donaire (A Coruña)

- Festa- AC Donaire- AC Donaire-

O sábado 7 de abril, temos foliada organizada pola A. C. Donaire!

13h. - Concerto-vermú a cargo de Os Viqueiras de Ordes

19h. - Foliada infantil

21h. - Foliada

Agardámosvos neste día de festa na pérgola do Parque de Eirís, onde poderemos bailar sen medo do tempo, pero se ademais nos acompaña xantaremos no parque.

E para tocar? Escríbenos a info@acdonaire.com ou pregunta no posto da asociación.

Coa colaboración de:

Concello da Coruña

Ardelloeixo - Foliadas da Coruña

Cultura da De(...)

2015

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

Asociacion Cultural Donaire (A Coruña) - Curso 2015/2016

- clases- AC Donaire-

Queredes aprender a bailar? A tocar a pandeireta? Gaita? Percusión? Temos novidades, tamén o acordeón e ir a clase de teatro.

En Donaire abrimos a información para as actividades do novo curso que comezará o 1 de outubro.

Toda a información na nosa páxina web: www.acdonaire.com

- Horarios: http://www.acdonaire.com/asociacion/escola/

- Información: http://www.acdonaire.com/socios/alta/

Se tedes dúbidas, podedes escribirnos en Facebook, por correo electrónico a info@acdonair(...)

2014

(Ultima actualizaci??03-09-2014)

A. C. Donaire (A Coruña) - Horarios do curso 2014-2015

- clases- AC Donaire-

Queredes comezar a plantexar o vindeiro curso? Aquí os horarios da A.C. Donaire: http://acdonaire.com/index.php/escola-normal

(Ultima actualizaci??10-03-2014)

Obradoiro de colares na A. C. Donaire

- clases- AC Donaire-

Abrimos un novo obradoiro de colares para o vindeiro mes de marzo. En 3 sesións os venres, crea 5 colares!

Prezo: 40€ (socios) / 50€ (non socios). Moi importante, co material xa incluído.

Info. e inscricións: info@acdonaire.com

2013

(Ultima actualizaci??11-09-2013)

En outubro comeza o novo curso da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)

- clases- AC Donaire-

Levamos máis de dez anos compartindo o noso amor pola música tradicional co noso alumnado. Dende os tres anos, os nenos e nenas poden participar da nosa asociación, divertíndose mentras aprenden a valorar o noso legado cultural e artístico.

Impartimos clases para todas as idades, e podedes participar sexades xa veteranos ou non.

Estos son os nosos grupos e os nosos horarios este curso 2013-2014.

Pinchando aquí poderás descargar un pdf cos horarios.

(Ultima actualizaci??24-06-2013)

I Festival dálle Donaire

- concertos- AC Donaire-

26 de Xuño de 2013

O festival tratará dos oficios máis tí­picos da nosa terra: multitude de bailes, gaitas, pezas cantadas, bailes e cancións recuperadas de cando se fací­an estes labores.

Este festival é unha mostra dos grupos cos que conta a asociación.

En escena máis de cen compoñentes de Donaire todos ataviados con traxe galego, no que será unha exhibición do estado da asociación hoxe en dí­a.

Unha demostración do asociacionismo e compañeirismo que velan na agrupación, nenos d(...)

(Ultima actualizaci??15-06-2013)

XIII Concurso de Baile Tradicional Azaloira

- convocatorias- AC Donaire-

Domingo 16 de Xuño, a partires das 18:30 no Auditorio Manuel Dopazo (Bandeira - Silleda)

- Donaire

- Malveiras

- Trébede

- A Ponte Vella

- Os Xeitosos de Trazo

- Traspés.

Tamén actuarán a modo de exhibición os anfitrións Fortín da Pomba.

2012

2011

(Ultima actualizaci??18-09-2011)

III Xornadas de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

- clases- Berros do Castro- AC Donaire-

2 de Outubro na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño

Organiza: Asociación Berros Do Castro

- EXPOSICIÓN

"A tradición apícola en Galiza".(coa colaboración da AGA)

-OBRADOIRO DE MÚSICA

"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)

-CONCERTOS (a partir das 20:00h)

"Os Resesos" (Santiago de Compostela)

"Pandereteiras de Donaire" (A Coruña)

-DESCRICIÓN DO OBRADOIRO DE MÚSiCA

"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol".(...)

(Ultima actualizaci??13-08-2011)

A.C. Donaire no Festival Nacional de Folclore de Jumilla (Murcia)

- concertos- AC Donaire-

O Festival Nacional de Folclore "Ciudad de Jumilla" contará de novo, como no ano 2008, coa presenza de Donaire, participando nesta edición especial que festexará o trixésimo aniversario deste festival.

Entre o 13 e o 15 de Agosto estaremos amosando o noso traballo xunto cos organizadores Coros y Danzas de Jumilla (Murcia), Grupo de Folclore Extremeño Caramancho de Don Benito (Badajoz), Agrupación Folklórica Antonio de Torres de Almería (Almería), Coros y Danzas Picos de Europa de Crémenes (Le(...)

(Ultima actualizaci??07-03-2011)

A Coruña Cultura » Forumfolk 2011: Foliada participativa

- Festa- Foliada- Forumfolk- Grileiros- Cántigas da Terra- AC Donaire-

Dentro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa. Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa.

2010

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-12-2010)

- concertos- Xabier Díaz- AC Donaire-

Xa hai dez anos do nacemento da Asociación Cultural Donaire e o 26 de Decembro queremos festexalo por todo o alto cunha gala no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

Con moitas sorpresas, esta gala amosará o traballo desenvolto ao longo destes dez anos de vida da Asociación, coa súa parte de música, pandeireta e como non, de baile.

Agardamos vervos por alí xa que será unha data moi especial para nós.

A gala será presentada por Xabier Díaz.

Mercar entradas:

- Billeteira da Praza (...)

(Ultima actualizaci??02-08-2010)

Festa da Carballeira de Zas

- concertos- Festa da Carballeira- Quempallou- Banda Potemkin- AC Donaire-

Contan os vellos do lugar, que hai oito anos, na Carballeira de Velar, os trasnos quedaron namorados do son da trikitixa (acordeón diatónico). Contan que dende entón, nas noites do verán, aínda se pode escoitar o son da trikitixa, tocada polos trasnos, e que os carballos acompañan batendo as polas semellando as txalapartas.

Este ano van volver a rememorar estes sons, e van aprender novas melodías para que sigan tocando nas noites do verán.

Os trasnos recibiron estas novas con moita ledicia, e (...)

2009

(Ultima actualizaci??01-07-2009)

ROMARÍA SOLIDARIA DA ONG VIRAVENTOS

- concertos- Cántigas da Terra- AC Donaire-

O próximo 19 de xullo a ONG Viraventos organiza coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a partires das 12:00 h, unha Romaría Solidaria, na que haberá postos de comida e bebida, música galega e senegalesa, performances, venda de artigos de comercio xusto e de artigos de segunda man, así como actividades lúdicas e didácticas para nenas/os.

A ONG Viraventos, é unha ONG de Inmigración, Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento. O obxetivo desta Romaría(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2009)

Foliada de Entroido no Forum Folk

- concertos- Xacarandaina- AC Donaire-

O Concello da Coruña celebra dentro do ciclo "Forum folk '09" unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade encargaránse de poñer a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido o día 23 a partir das 21:00 da noite.

Animadevos a participar nesta festa do folclore galego, acercate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.

Esta é a orde de participación dos g(...)

2008

(Ultima actualizaci??05-11-2008)

FOLIADA N'A CORUÑA (NOITENOVA), o 8 de novembro

- Festa- Xacarandaina- Cántigas da Terra- AC Donaire-

Sábado 8 de novembro

A foliada comezará ás 21:30 no frontón de Riazor

coa participación activa das asociacións da cidade:

Xacarandaina, Iar, Arestora, Donaire, Cántigas da Terra

e co grupo convidado Tátara Trio.

En representación do Grupo de Bailes Populares IAR

participaremos Maghúa cantareiros.

Vide botar un baile!!!