A Fervenza de Ouzande


A Estrada. Comarca de TABEIRÓS - TERRA DE MONTES

Clases de percusion,canto,baile,pandeireta,gaita,acordeón cromático

http://www.carreiros.blogspot.com.es/


2015

(Ultima actualización: 20-09-2015)

A Fervenza de Ouzande (A Estrada) - Curso 2015/2016

- clases- A Fervenza de Ouzande-

BAILAS? 2015-2016

CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 26 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 17:30 da tarde.

Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das cla(...)

(Ultima actualización: 04-09-2015)

VIII Foliada de Música Tradicional en Ouzande

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A AC A Fervenza de Ouzande presenta o cartel da VIII edición da Fervenza de Músicas adicada á música popular e tradicional do pais. Terá lugar o próximo 11 de setembro, venres, e inclúese dentro do programa das festas do Socorro da parroquia.

Os grupos convidados este ano son:

Tequexetéldere (A Estrada)

Nai (Santiago)

Sonche Lerias (Vedra)

Retrouso(Ouzande)

Recanto (Ouzande)

(Ultima actualización: 04-03-2015)

Seráns da Nave (Compostela)

- Festa- A Fervenza de Ouzande-

Xoves 5 de marzo

A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

21h30 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón

22h30 . Pana Raiada

23h15 . Brincadeira

24h00 . Retrouso de Ouzande

01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante

2014

(Ultima actualización: 10-10-2014)

Comezaron as clases de música tradicional da Fervenza de Ouzande

- clases- A Fervenza de Ouzande-

O local social de Ouzande acolleu o pasado sábado 4 de outubro o inicio de todas as disciplinas de música e baile tradicional que organiza a Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande. Preto de 70 persoas participan nas distintas disciplinas que oferta a escola da asociación. As clases de acordeón son as máis madrugadoras (10.30h), en percusión tiveron que organizar dúas quendas, unha para iniciación ás 10.30h e outra de perfeccionamento ás 11.30h. As clases de gaita continúan cos dous niveis e a(...)

(Ultima actualización: 17-09-2014)

A Fervenza de Ouzande (A Estrada) - Curso 2014 - 2015

- clases- A Fervenza de Ouzande-

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión de presentación do curso que terá lugar o próximo sábado 20 de setembro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.

As clases que poñeremos en marcha serán:

- Gaita

- Pandeireta

- Tamboril

- Baile

- Acordeón

- Cancións tradicionais

Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola(...)

(Ultima actualización: 03-09-2014)

IV Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

O venres 12 de setembro, ás vésperas das festas en Ouzande celébrase a "Fervenza de Músicas", unha foliada de música tradicional promovida pola Fervenza de Ouzande desde hai 7 anos e na que ademais de polbeiro haberá festa a cargo de varios grupos como son os estradenses Milgrandeira, os composteláns Vou Vir Vor Ver e A Xuntanza de San Pedro e mailos ouzandeses Recanto e Retrouso.

Milgrandeira parte da formación recibida na escola de música tradicional de Barbude e xa participaron en festas co(...)

(Ultima actualización: 14-08-2014)

Unha noite no muíño da Fervenza de Ouzande

- Festa- A Fervenza de Ouzande-

Fonte: Catrogatos.com

Este sábado 16 de Agosto celebrase unha nova edición de UNHA NOITE NO MUIÑO.

A Partir das 10 da noite no Muiño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.

Haberá festa e música para unha noite de convivencia e lecer.

Hai que levar a cea e gana de pasalo ben.

É imprescindible levar linterna para o camiño, onde poderás levar algunha que outra sorpresa.

Estás convidado/ Estás convidada.

Na Festa do Muiño poden participar todolos veciños e os seus amigos tamén. Par(...)

(Ultima actualización: 13-06-2014)

Festa fin de curso de A Fervenza de Ouzade 2014

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Un ano máis asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no local social de Ouzande. O curso que agora finaliza volveu ter unha notable participación nestas clases, superando as sesenta persoas, de todas as idades, nas disciplinas de: gaita, tambor, pandeireta acordeón e cancións tradicionais.Convidámoste a unha foliada para o sábado 21 de xuño a partir das 9 da tarde no campo da festa. Convidaremos tamén a un(...)

(Ultima actualización: 13-06-2014)

Sardiñas e música tradicional para celebrar o Santo Antonio:::

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

O venres 13 de xuño celébrase en Ouzande a festa de Santo Antonio.

As actividades festivas comezan ás 21h cos actos relixiosos en honra do patrón dos animais e dos namoros.

Seguidamente, contra as 22h, no Campo da Festa dará inicio unha gran sardiñada gratuíta.

Os manxares van estar acompañados pola música de tres formacións musicais:

O Regato de Matamulleres,

Retrouso e

Recanto.

 O Regato de Matamulleres toma nome do lugar homónimo de Callobre onde naceron aló por 1995. Segundo(...)

(Ultima actualización: 28-02-2014)

antroido 2014. OUZANDE FAXION WEEK (A Estrada)

- entroido2014- A Fervenza de Ouzande-

A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais(...)

2013

(Ultima actualización: 24-09-2013)

BAILAS? CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN OUZANDE. CURSO 2013-2014

- clases- A Fervenza de Ouzande-

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión de presentación do curso que terá lugar o próximo sábado 28 de setembro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.

Os cursos que poñeremos en marcha serán:

- Gaita

- Pandeireta

- Tamboril

- Baile

- Acordeón

- Cancións tradicionais

Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola t(...)

(Ultima actualización: 28-08-2013)

FERVENZA DE MÚSICAS 2013 EN OUZANDE (A ESTRADA)

- concertos- Fervenza de músicas- A Fervenza de Ouzande-

VI FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL. OUZANDE-A ESTRADA

O programa desta VI Foliada será o seguinte:

Dí­a: Venres, 6 de setembro de 2013

Hora: 22:00 h.

Lugar: Campo da Festa de Ouzande.

O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así­ como servizo de bar. Actuacións Musicais:

O Ghusto do Boi (Boqueixón) 

Animada e animosa charanga de música tradicional e popular. Unha ducia de compoñentes, con moito instrumento de vento, percusión e acordeón. Presentes en more(...)

(Ultima actualización: 23-08-2013)

3ª Noite Folk San Xurxo Vea (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres 30 Agosto ás 22:30

RETROUSO DE OUZANDE

RECOBIO DE VAAMONDE

REGATO DE MATAMULLERES (CALLOBRE)

ESTOFADOS EN SALSA (CUNTIS)

(Ultima actualización: 20-02-2013)

Foliadas en Couso (A Estrada)

- Festa- Asociación Cultural Maghúa- A Fervenza de Ouzande-

As 22h da noite no Campo da Festa da parroquia de Couso

VENRES 22 DE FEBREIRO

Bouba (Tordoia)

Maghúa (A Coruña)

VENRES 22 DE MARZO

Trébede (Pontevedra e Marín)

Seixebra (Moraña)

VENRES 26 DE ABRIL

Os Regatos de Matamulleres (Callobre)

Retrouso (Ouzande)

As Ruadeiras de Loimil

VENRES 24 DE MAIO

..

2012

(Ultima actualización: 30-11-2012)

Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU

- publicacions- A Fervenza de Ouzande-

Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.

(Ultima actualización: 27-09-2012)

bailas? Clases de música curso 2012-2013, A Fervenza de Ouzande (A Estrada)

- clases- A Fervenza de Ouzande-

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS

AC A FERVENZA DE OUZANDE

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 29 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 16:30 da tarde.

Novidade importante: Este ano teremos clases de CANCIÓNS TRADICIONAIS, ademais das clases de ACORDEÓN, GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E PANDEIRETA.

Na reunión informara(...)

(Ultima actualización: 02-09-2012)

V Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

GRUPOS PARTICIPANTES

Maravallada (Pontevedra)

Xuntanza dos Regatos (Orazo)

Os Tabernícolas (Santiago)

Retrouso (Ouzande)

Pana Raiada (Santiago)

O campo estará cuberto e haberá polbo e churrasco.

Posto de venda de camisolas e gorras, así como o primeiro disco de Retrouso, Ou.

2011

(Ultima actualización: 23-11-2011)

I Fía de Trazo (A Coruña)

- Festa- A Fervenza de Ouzande-

3 de decembro as 21:00h

Brisas do Quenllo da Pontagra, C.C. A Pontavella e Reis-Teo, Faíscas da Pontagra, Pandereteiras Xentiña de Trazo, Pana Raiada de Santiago, Retrouso de Ouzande, e Os Xeitosos de Trazo

(Ultima actualización: 27-09-2011)

A Fervenza de Ouzande (A Estrada): cursos de música 2011-2012

- clases- A Fervenza de Ouzande-

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL AC A FERVENZA DE OUZANDE Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 1 de outubro no local do campo da festa ás 16:30 da tarde. Novidade importante: Este ano teremos clases de ACORDEÓN, ademais das clases de GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E PANDEIRETA. Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fi(...)

(Ultima actualización: 06-09-2011)

IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos:

- Retrouso (Ouzande)

- Os Xeitosos de Trazo

- Gharatuzas (Santiago)

- Reviravolta (O Pino)

- Faíscas da Pontraga (Tordoia)

Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.

Campo cuberto.

(Ultima actualización: 26-08-2011)

Unha Noite no Muí­ño do Rubio (Ouzande - A Estrada)

- Festa- A Fervenza de Ouzande-

Un ano máis imos pasar unha noite no muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.

Este sábado, 27 de agosto, a partir das 10 da noite, velada de sorpresas e festa. Só tés que levar a cea nun cesto e unha lanterna para o camiño. Se queres, algún instrumento musical tamén. Tamén podes vir co traxe para a ocasión...

Unha noite no muíño,

unha noite non é nada...

(Ultima actualización: 26-04-2011)

VIII MANGUELO FOLK

- concertos- Manguelo- Asociación Cultural Maghúa- A Fervenza de Ouzande-

VIII MANGUELO FOLK

Xa está aquí o MANGUELO !!!

15 grupos distintos , máis de 12 horas de música en directo , zona de acampada , aparcadoiros gratuítos , polbeiro e bocatas , copas a prezos económicos e ....Moitas gañas de FESTA !!!

Non o dubides....ven ao Manguelo !!!

21 DE MAIO 2011

Orazo

Pola mañá : a partires das11.00 h. : as charangas BB+ e Antaruxa percorrerán tódolos lugares da parroquia .

A tarde : a partires das 18:00 h.

o Xuntanza dos Regatos .

o Lilaila .

o A.(...)

2010

(Ultima actualización: 10-11-2010)

Castañas a beilar en Ouzande

- Festa- Magosto- A Fervenza de Ouzande-

Este sábado, 13 de novembro, castañas asadas e viño novo, de balde para todos e todas. Enredos con castañas, servizo de bar, chourizos asados e moita festa con Retrouso. Trae o teu instrumento para facer aí­nda máis festa.

(Ultima actualización: 01-10-2010)

A Fervenza de Ouzande, Inicio de clases de música e baile

- clases- A Fervenza de Ouzande-

CLASES DE GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL

AC A FERVENZA DE OUZANDE (A Estrada)

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 2 de outubro no local do campo da festa ás 5 da tarde.

Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL.

Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretar(...)

(Ultima actualización: 08-09-2010)

III FERVENZA DE MÚSICAS EN OUZANDE, A ESTRADA

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)

Os Xeitosos de Trazo

Regato de Matamulleres (Callobre)

Gharatuzas (Santiago)

Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto (...)

(Ultima actualización: 31-07-2010)

Festa no Muíño

- Festa- A Fervenza de Ouzande-

Este ano houbo que pórlle lentes de sol ao moucho, porque a festa facémola de dí­a. O sábado 31 de xullo, a partir das 2 da tarde no muí­ño do rubio. Só hai que levar o xantar e ganas de festa. Se non sabes o camiño, pregunta na Taberna de Ouzande

2009

(Ultima actualización: 20-10-2009)

23-25 outubro: Espazo Activo da Ulla. A.C. San Campio

- concertos- Cé Orquestra Pantasma- Os Cuchufellos- Requinta da Laxeira- Gaita de Sarandón- Retrouso- Vedra- A Fervenza de Ouzande-

Os vindeiros dí­as 23, 24 e 25 de outubro terá lugar en San Miguel de Sarandón - Vedra o Espazo Activo da Ulla; un programa de actividades alternativas para os xóvenes; aberto ao público en xeral.

Venres 23 de outubro, Casa da Cultura

20:00 h. FORM-ARTE: Mesa redonda: “Asociacionismo, participación e cultura”.

22:00 h. TEATR-ARTE: Grupo de Teatro Tira e Afloxa. Obra: “Onde vai o cabalo de Santiago”

* Sábado 24 de outubro

Casa da Cultura

18:00 h. ANIM-ARTE: Obradoiros altenati(...)

(Ultima actualización: 08-10-2009)

Clases de música da A.C. Fervenza de Ouzande (A Estrada)

- A Fervenza de Ouzande-

BAILAS? 2009-2010

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL CLASES DE GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL

AC A FERVENZA DE OUZANDE (OUZANDE-A ESTRADA)

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 10 de outubro no local do campo da festa ás 4 e media da tarde.

Os cursos que poñeremos en marcha serán:

• Gaita

• Pandeireta

• Tamboril

• Baile

Na reunión fixarase o horario definitivo das clas(...)

(Ultima actualización: 09-09-2009)

II Fervenza de Músicas

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

Os Xeitosos de Trazo

Regato de Matamulleres (Callobre)

Pana Raiada (Santiago)

Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)

Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto(...)

(Ultima actualización: 20-02-2009)

Antroido'09 - Asoc. Cultural Fervenza de Ouzande (A Estrada)

- A Fervenza de Ouzande-

SÁBADO DE ANTROIDO

21 de febreiro de 2009

A partir das 17:00 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.

Horario aproximado:

17:15 da tarde: saída do campo

17:30: O Tallo

18:00:. O Castro

18:15: O Picoto e o Red(...)

2008

(Ultima actualización: 29-09-2008)

Cursos de Música de A Fervenza de Ouzande

- clases- A Fervenza de Ouzande-

2008-2009

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

CLASES DE GAITA, BAILE E PANDEIRETA

AC A FERVENZA DE OUZANDE

Dan comezo as clases deste novo curso 2008-2009.

A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión

que terá lugar o próximo sábado 4 de outubro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.

Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e

tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA e BAILE, que en todo caso terán l(...)

FERVENZA DE MÚSICAS. I FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL DE OUZANDE

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Presentamos un novo proxecto musical: fervenza de músicas. Trátase dunha foliada de música tradicional e popular que terá lugar o próximo venres 12 de setembro no campo da festa de Ouzande, a partir das 10 da noite.

Os grupos convidados son

Retrouso (Ouzande)

Regato de Matamulleres (Callobre)

Xa son faif (Teo)

Requinta da Laxeira (Vedra)

Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.

Tere(...)