Páxina anterior

 



PANCHO ÁLVAREZ
Sólidos Galicianos

 

 

www.panchoalvarez.com

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

Engade o teu comentario


 




 

 

 



Os Sólidos Galicianos eran unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.

Moedas como estas, ademáis doutros moitos tesouros, se agochan seguindo a mitoloxía popular, baixo os castros e as mámoas onde os seus donos, eses seres extraordinarios chamados mouros, viven e manteñen tratos cos homes.

Esta é a ficción, pero estes tesouros existen como metáfora dun patrimonio, do que forma parte a música tradicional.

A música tradicional de Galiza é unha realidade que asiste e contempla con curiosidade o paso das diferentes modas a través do tempo. Asimila, transforma e fai súas todas aquelas influenzas que, cribadas na peneira popular, enriquecen un patrimonio xa de por si moi importante e que chamou a atención dalgún cronista romano que se refería a Gallaecia como unha terra con cantos e danzas estrañas.
A música reflicte a nosa identidade nun mundo plural e intercomunicado.

Presento o meu terceiro traballo discográfico Sólidos Galicianos que ten como referente a música tradicional da Galiza.
No mesmo desenvolvo o meu particular contorno. Sintetizo a miña bagaxe musical en trece pezas coas que me mergullo nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades mesturando zanfona, violín, viola de gamba, bouzouki, mandolina, cuatro, guitarras, percusión, concertina, acordeón, etc.



 



 

 

Pancho Álvarez:

Guitarras eléctrica, acústica e tenor, Viola de Gamba, Violín, Viola, Baixo eléctrico, Zanfona, Cuatro, Mandolina, Acordeón, Bombo, Caixa platillos, Pandeireta, Shaker e Voz.

 


María Solleiro:
Voz

 

 

 

FICHA TÉCNICA

Gravado, misturado e producido por Pancho Álvarez

Masterizado por Segundo Grandío

Pinturas de Suso Valiente

Deseño Gráfico e Fotografía por Pedro Telmo

 

 

AGRADECEMENTOS

A miña familia,
amigos e veciños
Adicado a Maruxa,
André e María.

 



1. Hei Cantar!    
María Solleiro / Pancho Álvarez

Teño unha canción cativa
Que che quería adicar
Do pasado, deste tempo
Porque é música do mar

Teño unha canción prohibida
Atopeina co luar
Do desexo en liberdade
Sen freo no imaxinar.

Descubrina sen buscala
Sempre ven ao meu carón
Só tiven que coñecerte
Tíñaa no meu corazón

Na memoria revivida
Nos poemas e alalás
Teño esta canción tan fonda
Deste tempo e de mañá.

Ai, Ai, onde estan as voces
Ai, Ai, que veñen do mar
Ai, Ai, onde estan as voces
Ai, Ai, que cantan no ar

Esta canción harmoniosa
Que che quería adicar
Viña nos foles do vento
Porque é música do ar

Teño unha canción vivida
Atopeina co luar
Do pasado, deste tempo
Sen freo no imaxinar.

Descubriume sen buscarme
Agardaba o seu soar
A túa fala cantábaa
Só tiña que a escoitar.

Na memoria revivida
Nos poemas e alalás
Teño esta canción tan fonda
Deste tempo e de mañá

Ai, Ai, onde estan as voces
Ai, Ai, que veñen do mar
Ai, Ai, onde estan as voces
Ai, Ai, que cantan no ar

 

2. Ai vai / A Miña burriña       
Tradicional / Pancho Álvarez

A idea da versión de Ai vai xurdiu no entorno do grupo Na Lúa nuns anos, para min, inesquecibles. Adícolle a todos os seus compoñentes esta versión. A miña burriña é unha peza habitual do repertorio de Florencio, a quen considero o meu mestre.. 


 

3. Pasodoble dos Chaiñas        
Pancho Álvarez

Homenaxe ás persoas consideradas pouco habilidosas especialmente nos deportes. Quen sabe cantas veces se nos consideran como tales. 

 

4. Ollos de Lume    
María Solleiro / Pancho Álvarez


Veño de buscar amores
Para o corazón calar
Atopei ollos de lume
Na beira de Portugal

Na procura deses ollos
Tentei o río cruzar
As augas ían dicindo
Ven connosco para o mar.

Un lume que non queimaba
Prendeu no meu corazón
Mergullarei no meu peito
As faiscas da paixón

É na luz desa mirada
Na que quixese afogar
Cruzarei tóda-las pontes
Que me leven onde estás.

Viña de buscar amores
Para o corazón calar
Atopei ollos de lume
Na beira de Portugal.

Alá na beira do río
Aprendín este cantar
As augas ían levándoo
Paseniño cara ao mar.

 

5. A Maruxa      
Pancho Álvarez

Melodía adicada a miña filla



6. Sei      
María Solleiro / Pancho Álvarez


Sei que nunca máis
Ti volveras cantar comigo
E que nunca máis
Ti perderás o meu sentido

Pero nos meus soños
Este amor segue cautivo
Pero nos meus soños
Este amor segue perdido.

Déixame marchar
Polo camiño da aventura
Deixa de chorar
Na corredoira do pasado.

Sei que nunca máis
Prendida a ti verei a lúa
E que nunca máis
Na miña man estará a túa

Sei que ti verás
De novo o sol das alboradas
E que cantarei
De novo amor e namorada.
Quero camiñar
De novo ó frente destemida
Quero navegar
No mar e as ondas desta vida.

Sei que nunca máis
Prendida en ti verei a lúa
E que nunca máis
Na miña man estará a túa

Pronto volverás
De novo luz esvaecida
Pronto brilará o sorriso
Abrente ó novo día.



7. A Rebolos    
Pancho Álvarez

Muiñeiras que tentan evocar eses xogos infantís nos que se dan reviravoltas na area ou na herba.




8. Mar Chan    
Trad./Pancho Álvarez

Este é o mar que desexan os
mariñeiros, un mar calmo que os leve
docemente de volta a casa onde
agardan os seus

O que ben un día quixo
E a querer ten afición
Sempre lle queda unha mágoa
Dentro do seu corazón

O que nunca estivo lonxe
Non sabe o que é padecer
De lonxe as penas aumentan
Para quen sabe querer

O mar tamén ten amores
O amón tamén ten muller
Está casado coa area
Dalle bicos cando quer.



9. Jotas de Auga      
Pancho Álvarez

 

10. Novo Parrafeo      
Pancho Álvarez / Trad.

Os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente recolleron este fermoso canto de cego en Sarreaus (Ourense). Ermelinda do Muíño o interpreta maxistralmente con outra letra.
Eu escribín este novo parrafeo seguindo un dos estilos deste tipo de cantares, nos que a actualidade da vida e as súas vicisitudes se reflicten connhumor e ironía.


Nalgunha vila galega
Dous rapaces namorados
Falaban do seu futuro
E así pasaban os anos.

Rosa quería estudiar
Tres carreiras en Santiago
E tamén ía facer
Sete masters en Ohio

O pobre do Manoliño
Resignábase a esperar
Que algún día a súa Rosa
Rematase de estudiar.

El pensaba en aforrar
E mercar un adosado
E soñaba ver no altar
A Rosa toda de branco.

Non te apures Manoliño
Que eu te quero de verdade
Pero iso do matrimonio
é só unha formalidade.

Hoxe en día o altar
Debería estar nun banco
Para alí formalizar
A hipoteca de contado.

Non me mires de reollo
Que eu tamén quero casar
Pero estas cousas Manolo
Hainas moito que pensar.

Pero Rosa, de que vas?
Imos para coarenta anos
Hoxe mesmo vou falar
Casaremos en Maio.

Espera un pouco Manolo
Teño moito que estudiar
Pois hei de facer un máster
De vivir sen traballar.

Antes que morra meu pai
E nos quedemos sen cartos
Que a pensión da miña nai
Non vai dar nin para tabaco.

Por fin os dous namorados
Empezaron a vivir
Os dous xuntos con agrado
No adosado con xardín

A ver se o podían pagar
Que a vida está moi cara
Non tivesen que emigrar
A Mallorca ou a Canarias.

 

11. O Río do Esquecemento    
Pancho Álvarez

Os romanos creían que ao cruzar as augas do río Limia (Ourense), esquecerían o se pasado. Este río chega ata Portugal, país co que compartimos un pasado que as veces, uns e outros tamén esquecemos.

 

12. A Balcoeira    
Pancho Álvarez

 

13. Romance    
Tradicional / Arr. Pancho Álvarez

Romance medieval con diferentes versións que son referencia para este novo arranxo.



Ábreme a portiña,
Ábreme o postigo,
Dame do teu lenzo
Ai meu ben
Que veño ferido.

Pois si ves ferido
Ves a mala hora,
Que as miñas portiñas
Ai meu ben
Non se abren agora.

Miña nai esperte,
Nin tanto dormire,
Veña ouvir un cego
Ai meu ben
Cantar e tañir.

Se il canta e pide
Dalle pan e viño,
Dille ó triste cego
Ai meu ben
Que siga o camiño.

Non quero seu pan,
Nin quero seu viño,
Quero que Rosiña
Ai meu ben
Me ensine o camiño.

Anda ou Rosiña,
Máis outro pouquiño,
Son curto de vista
Ai meu ben
Non vexo o camiño.

De condes e duques
Xa fun pretendida
E agora dun cego
Ai meu ben
Véxome rendida.

Eu non che son cego,
Nin Dios o permita,
Sonche o conde Alberto
Ai meu ben
Que te pretendía.

Adeus miña casa,
Adeus meus quintais,
Adeus compañeiras
Ai meu ben
Para nunca máis.


 

 








Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Fluindo en pechado
( Pablo Seoane )
En Conserva
( Pandeiromus )
= >


Voltar á páxina principal