







Xosé Maceda:
Bombo, percusións, coros.
Guillerme Ignacio:
Gaita, frautas, percusións, voz.
Xulio Coira:
Gaitas, clarinete, coros.
Isaac Millán:
buzuqui, guitarras, harpa.
Xulio Abal:
guitarra acústica, mandolina.
Roi Adrio:
Tamboril, caixa, percusións, coros.
|
|
"Levamos dous anos á busca da palabra, pero non dunha palabra calquera, non. Levamos dous anos á busca desas palabras que nos contan o que pasa. Desas palabras só nosas anque tamén vosas, de todos, que nos abren os ollos á realidade, porque nos din o que hai.
E o que hai pode ser duro, coma a desfeita constante da Terra, coma a explotación neo-liberalista e terxiversadamente globalizadora, coma un desengano de amor incipiente, coma un maltrato á dignidade das persoas...; anque tamén pode e debe ser felicidade, felicidade encuberta –rir por non chorar-, felicidade pura dun namoro, ou felicidade inexcusada porque todos precisamos facer coma quen que todo vai ben, anque só sexa por unha noite de foliada extrema .
E foi así como foron xurdindo estas estremonías, estas maldades de cativos, estes anacos de realismo peneirados de cotío por unha retranca que nos lembra que estamos de troula, mais que a realidade segue aí, e é teimuda. Retornamos con este pequecho á infancia, para que cando nos digades que só queremos amolar, lembrarvos que tamén debaixo de cada estremonía dun rapaz ou rapaza hai algo máis cás ganas de chamar a atención para non se aburrir.
Velaquí as nosas palabras, velaquí as nosas Estremonías .”
1. Xan 
Música: Guillerme Ignacio e Roi Maceda.
Letra: Rosalía de Castro (adaptación)
Xan vai coller leña ó monte
Xan vai a compoñer cestos
Xan vai a poda-las viñas
Xan vai a paña-lo esterco
E fai o leito i-o caldo...
Xan en fin é un Xan compreto
Deses que a cada muller
Lle conviña un polo menos
Pero cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro...
Pepa, a fertunada Pepa,
Muller do Xan que sabemos,
Mentres seu home traballa
Ela lava os pés no rego;
Cátalle as pulgas ó gato,
Peitea os longos cabelos,
Bótalles millo ás galiñas,
Marmura co irmán do crego
Pero cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro...
E cando Xan pola noite
Chega cansado e famento,
Ela xa o espera antre as mantas
e ó velo entrar dille quedo:
-Por Dios non barulles moito
que me estou mesmo morrendo
-Pois qué tes ña mulleriña?
-Que hei de ter? deita eses nenos,
Que esta madre roe en min
Cal roe un can nun codelo
I-ó cabo ha de dar comigo
Nos terrós do simiterio
Pero cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro...
-Pois ña Pepa toma un trago
De resolio que aquí teño
E durme ña mulleriña
Mentres os meniños deito.
De bágoas se enchen os ollos
De Xan ó ver tale feitos
Mais non temás que, antre mil,
N’hai máis que un anxo antre os demos,
N’hai máis que un atormentado
Antre mil que dan tormentos!!
Porque cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro
Porque cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro.
2. En qué Terra me botaches 
Música: Roi Maceda e Guillerme Ignacio.
Letra: tradicional/ Guillerme I.
Miña nai que me pariches
En qué terra me botaches,
Entre toxos e casiques,
Que todiño m’espiñaches
Ai la la la...
Non lles cheghan sentrais térmicas,
Eólicas i-encoros,
Qu’aghora queren armar-e
Nucleares para todos!!
Ai la la la...
Os que queiran selulosas
Para faser muita pasta,
Que sementen arcolitos
No xardín da súa casa!!
Ai la la la...
Xa vou da-la despedida
Cun aturuxo que berra,
Que tamén na foliada
Hai que coidar esta Terra!!!
3. Os Sucos - Casiquecola
Música e letra: Roi Maceda.
Versos: Lourenzo.
As reviravoltas polas que temos pasado as xentes do noso país durante séculos, fan que poidamos dicir que fixemos sucos direitos con regos ben tortos. Sucos nos que ten xermolado a semente da nosa cultura. Da nosa fala, e das nosas tradicións máis ancestrais; e polos que aínda paga a pena que continuemos na xeira, Abofé, facendo sucos direitos con regos ben tortos.
(Lourenzo.)
|
Queres chegar ata onde eu estou
Pensando que adiviñarás quen son
Pero non sabes
Que os teus camiños
Nunca te levan cara onde eu vou...
Nunca te levan cara onde eu vou.
Non quero quero casique,
Non quero quero casique...
Ti é-la nube que nos nega o sol
Unha promesa que nunca chegou
Os teus favores
Eu non chos quero,
Vaite d’aí que non nos das calor...
Vaite d’aí que non nos das calor.
Non quero quero casique,
Non quero quero casique... |
Sementas medo ó teu arredor
Aproveitando a túa condición
E dixo un cego:
“xa nos veremos;
no outro mundo non terás valor...
no outro mundo non terás valor”.
Non quero quero casique,
Non quero quero casique...
Non cha desexo pero sen rencor,
Á túa saúde vai esta canción;
Cando te vaias,
Nós brindaremos
Quero casique pero con limón...
Quero casique pero con limón!!
E os teus favores non chos queremos,
Vaite d’aí que non nos das calor
E cando te vaias nós brindaremos
quero casique, cola ou limón
E cando te vaias nós brindaremos
Viva o casique, cola ou limón...!!
|
4. A gaita de Melchor e Polca para Pucho 
Iván Costa / Ernesto Campos.
5. Canto de serán e Xota da relúa 
Música e letra tradicionais. / Música: Guillerme Ignacio. Letra: tradicional, Guillerme I.
Axúdame camarada
i-ó meu ladiño dereito,
xa que levámo-la sona
levarémo-lo proveito
Foliada qu’alá vai-e
Por riba de Vilaboa,
Quen non foi á foliada,
Non sab’o qu’é cousa boa
E vira e vira e vai d’arredor
Que ti te-la sona de bo beilador
De bo beilador de bo beilador,
E vira e vira e vai d’arredor
Cantade mozas cantade,
Ghardad’o paparrucheiro,
A que non canta nin baila
É a que o da primeiro
Veño de Marín vou para Bueu,
Vén comigho nena que te quero eu
Que te quero eu, que te quero eu
Veño de Marín vou para Bueu.
Se che preguntan mañánhe
Quen eran os da parranda,
Eran os de Quempallou
Que ch’andaban de baranda
E-á volta do baile xa lles vou parar
Que me doe-a manhe de tanto tocar
De tanto tocar, de tanto tocar,
E-á volta do baile xa lles vou parar.
6. Valseai 
Roi Maceda / Guillerme Ignacio
7 . Rosiña... na Quinta 
Música e letra: Xosé Maceda. / Música: Alberte de Maceda.
Rosiña estaba facendo unhas bragas e un sostén
e púxose a probalas por ver se lle estaban ben.
O Selmo de Vila Nova era o mozo qu´ela tiña
e foise por tras do reixado por ver o qu´ela facía.
O Selmo ó ver aquelo dixo todo entusiasmado
-“vaia par de beneficios!! aquí hai cota de mercado”.
Pero no vos confundades, qu’el non lle quería as tetas
só buscaba comisionhe por contarlle esta historieta.
-“Mira esto da artesanía éche pouco produtiva
fala con catro veciñas, monta unha cooperativa.
Hai na Cruña un empresario que está moi interesado,
di que vos merca o produto pra poñelo no mercado”.
E así foi como Rosiña deixou de ser artesana
pra traballar de oito a catro agás as fins de semana.
Pero o paso do tempo fixo ver a realidade
o empresario paga pouco pero esixe calidade.
A esixencia do mercado fai que todo vaia a présa
onte fabricaba bragas e mañá fará chaquetas.
Agora por catro pesos traballa de dez a dez
e fai tangas de poliéster pra vender no Corte Inglés.
Rosiña xa non fabrica nin as bragas nin o sostén
i está todo o dia explotada traballando pra Inditex!!! |
8. L.l.ume 
Música: Guillerme Ignacio. Letra: Diegu Rodríguez.
Hai alá, acolá naquel alto
Unha fogueiriña de alba
Que co seu alumar fai que cale
O trebón negro da i-alma
Hai al.l.a acul.l.ó, nesi val.l.e
Una estrel.l.a que sumea
La tiez d’esi cielu conu chuchu
Que-y da’l sol ente la fuea
É o ar, é o alento, máis é a miña forza,
É miña Luz, é o meu xeito, e cantas cousas é!
¡Iá’l xibrar el blanco del gris, ya l’augua d’esi’l sou sal!
¡Iá’l sorrir ensin lo pensar ya cuantas cousas yía!
Heime de achegar a ela
Se non quero morrer frío
Coma ánima pouco atenta
Que perdeu o seu destino
Ha a tar feita d’al.l.egría,
De perla, ouru ya zreizal,
Del al.l.umísimu’l meudía,
Ya de la enerxía’l coral
É-lo ar, é-lo alento, máis é-la miña forza,
Es miña Luz, é-lo meu xeito, e cantas cousas es!
¡Yas xibrar el blanco del gris, ya l’augua d’esi’l sou sal!
¡Yas sorrir ensin lo pensar ya cuantas cousas yas!
Á miña Luz eu lle debo
O espertar da miña vida,
O durmir daquel inverno
E a volta despois da ida
A la mia L.l.uz you-y daréi
Tolo que l.l.ievo vivíu
A la mia L.l.uz-y apurriréi
Lo qu’hasta güei yara mieu
Son o ar, son o alento, máis son a túa forza,
Son túa Luz, son o teu xeito, e cantas cousas máis!
¡Sou’l xibrar el blanco del gris, ya l’augua d’esi’l sou sal!
¡Sou’l sorrir ensin lo pensar ya cuantas cousas quieras!
Somos ar, somos alento, sómo-la nosa forza,
Somos lume, somos xeito, e cantas cousas máis!
¡Somos l’aire ya l’aliendu, somos la nuesa fuerza!
¡Somos l.l.ume, somos xeitu, ya cuantas cousas más! |
9. Xota da escaleira e Negros 
Tradicionais, do repertorio do Gaiteiro do Piñeiro (Aldán, O Morrazo); e número 320 do cancioneiro de Casto Sampedro.
10. Ai Rosiña! 
Música: tradicional, Guillerme Ignacio, Roi Maceda. Letra: tradicional.
Tu dices que non me queres Ai Rosiña,
E fas ben decilo así ai a la,
E fas ben decilo así-e
A causa de non quererme, Ai Rosiña
É qu’eu non te quero a ti ai a la,
É qu’eu non te quero a ti-e.
Pensabas que por ser guapa Ai Rosiña!
Que xa me tiñas na man ai a la,
Que xa me tiñas na manhe;
Ind’has de dar tantas voltas Ai Rosiña
Coma un muíño sen gran ai a la
Coma un muíño sen granhe.
Pensas que che quero moito Ai Rosiña
Porque falo e río sempre Ai a la,
Porque falo e río sempre
A miña cara t’engana Ai Rosiña
i-o meu corazón che mente Ai a la
i-o meu corazón che mente.
Case case te quería Ai Rosiña,
Case case que te amaba ai a la
Case case que te amaba
Se non fora o case case Ai Rosiña
Case contigo casaba Ai a la
Case contigo casaba.
Vouche da-la despedida Ai... ARRÓS!!!
11. Coplas do mercado 
Música: Tino Baz.
Letra: Tino Baz, Guillerme Ignacio.
Os cantares dun percebe,
As bágoas dun mexillón,
Os sospiros dunha mincha,
Han morrer con tanto “floi”
Hai que facer autoestradas,
Qu’estamos moi atrasados,
E postos a botar piche
Quedou o mar asfaltado
Toda a xente da Galiza,
Saímos berrar á rúa,
Dicíndolle NUNCA MÁIS
Á especulación máis dura
Fuxan os que nos enganan,
Tódolos que nos dirixen,
Deixan podrecer Galiza
Toda chea de Prestixe |
Demonizan ós que loitan
Por unha Terra máis digna
Na que non haxa caciques,
Nin ladróns nin chupatintas
Trapalleiros, mentireiros,
Que nunca nos han calar
Nós berramos máis ca nunca
Máis ca nunca NUNCA MÁIS!!
Irmás e irmáns galegos,
Non esquensáde-lo mar,
Cando cómade-lo peix,
Cando vaiades votar
Heivos dá-la despedida,
Como se dá nestes tempos,
Co chapapote nas mans,
E o NUNCA MÁIS nos beizos. |
|
|