ESPECIAL SOBRE A MÚSICA GALEGA
E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA

no programa

UN MUNDO DE MÚSICAS
DE RADIO VOZ

dirixido e presentado por Bieito Romero

 

(2 Parte, emitida o 10 de Febreiro de 2007)

 

 

¿Cal é segundo a túa perspectiva a situación actual da música galega, e como ves o seu futuro?
 

¿Cres que a nosa música debería estar contemplada no novo estatuto como ben a protexer, preservar e apoiar por ser parte importante da nosa identidade como pobo?

 

 XABIER DÍAZ  
 
(músico, compositor e cantante. Membro fundador de Rumbadeira. Actualmente é cantante da compañía Nova Galega de Danza e ben de editar un CD en solitario  

En canto a parte a artística estamos nunha situación óptima porque unca houbo tanta creatividade e tantas propostas diversas que dalgún xeito axudan a enriquecer o panorama da música (..) no que se refire ao tecido que acompaña ao propio feito creativo a situación non se corresponde coa anterior: é importante a presencia nos medios de comunicación públicos e privados de todo este potencial, porque doutro xeito todo esto queda en algo ermo que non ten repercusión social e temosque ser quen de ter chegada ao noso público en primeiro lugar e despois tentar espallar a nosa música polo mundo, e tamén é imprescindible xerar un tecido empresarial e industria. Que se poñan as pedras e as bases para que realmente esto se convirta no que se ten convertir: unha parte importante do producto interior bruto deste país (...) Esto é algo que atinxe a unha parte moi importante do goberno do noso país que non é únicamente Cultura.
Igual que a nosa lingua está recollida no limiar do estatuto é absolutamente preciso que aí apareza a música e por extensión a cultura popular. Ten que haber unha defensa un respeto e unha potenciación deste valor como elemento que nos diferencia e que nos enriquece. Incluso se podería desenvolver en mais artigos que afonden na necesidade de coidar a súa presencia en medios de comunicación e na súa divulgación.

 


 

 XANECO TUBIO 
(Membro de Caldaloba, Artesán de percusión galega e zanfona, e secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos) 
 
O potencial e fortísimo hai moita xente nova aprendendo a tocar os distintos instrumentos de música tradicional, hai asociacións culturais practicamente en todo país que son as que manteñen viva esta posibilidade de aprender a música dos nosos ancestros de xeito oral. Logo o que falla é o recoñecemento institucional, recoñecemento incluso social, da música tradicional. Hai certo desiquilibrio entre a sociedade galega que é a que mantén viva esta tradición coas institucións que a siguen vendo como unha cousa folclórica de entidade menor, cando aparte de ser unha das máis ricas e variadas de Europa ten moita xente nova dedicada a aprender cousa que non ocurre noutras culturas ou países do Estado (..) é unha mágoa que no ensino oficial, tanto no obrigatorio como nos conservatorios, a música tradicional é practicamente testemuñal ou si está presente é polo interese altruísta dalgún mestre que ten coñecementos na materia
 
 
Eu creo que o Estatuto debera contemplar a música galega como algo a preservar posto que a música tradicional é despois do idioma a manifestación cultural que mais feito diferencial ten (..) na actualidade en xeral a clase política galega é bastante ignorante das nosas tradicions musicais. O que nos leva a cousas como as que pasaron fai pouco no Parlamento . (..) a ninguén se lle ocorre que no Parlamento Galego todo o mundo falase español. O estatuto non é só unha cuestón de "preservamos a música e xa está todo feito" o estatuto en sí ten que modificar na estructura do Estado a contemplación da plurinacionalidade. (..) un músico galego non se lle recoñece como un artista da categoría dun flamenco. Cando hoxe hai un montón de xente nova, músicos galegos, con coñecementos musicais grandísimos. Parece que no Estado o único artísta de corte étnico é o andaluz . (..) A nosa música é unha música que gusta i enche plazas onde vai. Sen embargo as entidades administrativas son incapaces de velo e plasmar a realidade actual que é o que ten facer o Estatuto

 


 

 NANI GARCÍA  
Compositor, arranxador, produtor e pianista coruñés, membro fundador de Clunia Jazz, e autor de varias bandas sonoras (a mais recente "De Profundis"),
 
Dun tempo a esta parte empezouse a notar o traballo de xente que entrou substituindo aos anteriores xestores da Cultura, é certo que todavía non se están dando as condicións para que esto se note o suficiente, tanto como quixeramos, pero( ..) xa empezan a darse as bases para que esto comece a camiñar de maneira positiva. Esto está afectando á xente ven, novos compositores, novos músicos, que van ter moitas mais facilidades. (..) Nese sentido eu penso que é positivo, aínda que é certo que hai que agardar e ver o que acontece no futuro máis inmediato

Eu estou absolutamente convencido de que debe ser así. (..) Se hai dúas músicas no Estado Español que se distinguen por si solas son precisamente a que os andaluces defenden e a música galega. (..) Hai que empezar a sustituír certos símbolos torpes como son as bandeiras e os himnos por outros símbolos mais acordes cos tempos que vivimos, como pode ser a identidade étnica e a cultural ben traballada e ben promocionada. Nese senso sería moi intelixente deixar expresamente claro nun posible Estatuto.
 

 


 

 JUAN CARLOS FASERO  
 (director de Zouma Records e lider de Mutenrohi)   

No noso país temos un patrimonio único e irrepetible que é a música tradicional, a música folk, a música de raíz; e logo temos outras músicas que se complementan como poden ser o pop, ou o jazz, pero que non son identificatorias do noso estatus como país. Nese senso a música que podería ser mais exportable, mais identificativa, non está a pasar o seu mellor momento para nada, Non hai o apoio necesario por parte de todos os medios de comunicación, os medios públicos non están moi pola labor de defender estetipo de músicas, e as institucións tampouco están pola labor. Os músicos teñen que destacar fóra para que se lles faga caso aquí (..)
Por outro lado o pop e o rock están a vivir unha situación que sin ser tampouco boa é mellor do que foi..

Distinción no mundo da música entre o que é Cultura e o que é Industria. (..) Si o flamenco é un selo de identidade de Andalucía, como non vai ser a música tradicional galega ou a gaita, ou todo o relacionado coa nosa tradición tanto oral como musical un selo de identidade?. Loxicamente sí o é, e dende logo si outros estatutos o recollen o galego debería recollelo sin discusión.

 


 

 ANTON RODRIGUEZ  
 (Na Lúa)  



A situación en xeral é moi boa. O nivel creativo dos músicos neste momento é excepcional. Non só na música tradicional senón en tódo-los xeneros. Nunca houbo tantas iniciativas, tantos proxectos, tantos grupos, tantos artistas funcionando e creando como neste momento. Particularmente na música popular penso que despois dun momento se cadra hai uns dez anos nos que a música galega realmente estaba de moda, un momento de descubrimento, no que se deu a coñecer a partir de músicos concretos que tiveron unha posición extraordinaria e que nesa perspectiva axudaron moito a dar a coñecer a música de Galicia e abriron as portas a outros grupos e artistas que viñeron detrás. E agora a situación está normalizada. Hai unha nova xeración de músicos moi ilusionada, con novos proxectos, novas inquedanzas, e tamén con proxectos frescos renovadores, liberando determinados prexuizos que se cadra nós arrastrabamos de hai anos. Eu auguro un futuro moi ilusionante e moi prometedor

Obviamente sí. Hai que destacar que o flamenco é unha música que ten unha proxección mundial extraordinaria porque tamén é un xenero musical que sempre estivo apoiado, nunca tivo trabas, incluso na época da dictadura foi un xénero apoiado polo réxime. Tivo oportunidades que non tivo a música galega. A nosa música por si misma e por extensión o instrumento galego por antonomasia que é a gaita galega, é un signo de distinción realmente importante na nosa cultura e unha carta de presetación no exterior. Tan significativo como a lingua propia de Galicia. E ten que ter algún tipo de protección para estar protexida do que ultimamente se viña a chamar globalización pero que non é outra cousa que colonización. Independentemente de que estemos abertos a tóda-las músicas do mundo, a nosa música é algo tan singular e tan importante na nosa cultura que merece ter un capítulo e unha mención significativa no estatuto de Galicia.

 

 


 

 PANCHO ÁLVAREZ  


Foi membro de Na Lúa e Matto Congrio, editou dous traballos en solitario (Florencio o Cego dos Vilares e Nas Cordas), e actualmente forma parte da banda de Carlos Núñez


Somos moi afortunados de ter unha música tradicional das máis ricas en diversidade, ritmos, melodías, cos seus textos.. e cunha gran capacidade para asimilar as diferentes influencias. e transformalas en algo propio. Hai tempo a música tradicional está calando cada vez mais nun entorno que non lle era natural ate o de agora, en vilas e cidades, i espertando interese en xente nova que está aprendendo a tocar instrumentos (..). Esto vai xenerar unha xeración de músicos e artistas galegos dentro da música tradicional, capaces de asimilar, mixturar e acadar resultados con creatividade que ao final acabaran enriquecendo o noso patrimonio musical (..)

Eu penso que é algo evidente porque se non somos nós os galegos os que a protexemos quen o vai facer?. Nestos tempos hai unha afluencia de músicas globalizadoras que non necesitan ningunha protección e sí a nosa música, aínda que eu confío que perdurara na historia porque os galegos así o queremos, sempre é bó instrumentalizar un pouco as bases para que se poda incluso ensinar e aprender en centros especializados como os que comezan a aparecer, como conservatorios de música tradicional, etc. (..)

 


 

 VICTOR BELHO  
 (Director da productora galega Nordesia)  



Compre falar dun presente alentador, atractivo en tóda-las dimensions que a música nos presenta. Hai unha enorme diversificación en canto a xéneros. Galiza amósase como unha cultura cun grande potencial creativo, cun importante número de persoas implicadas na laboura da creación e se cadra non con tanta capacidade no ambito da industría tanto na súa dimensión discográfica como na súa dimensión de xestión, representación, etc.. Mais considero que este é un panorama que progresivamente está comezando a mudar, como se está poñendo de manifesto nas ultimas aparicións de representantes da escena musical galega no ámbito internacional. Queda moito traballo por facer para conquerir ocupar un espacio relevante tanto dende a perspectiva interna como dende a perspectiva internacional. Pero se están sentando as bases dun camiño que me parece prometedor i esperanzador

 
Si o estatuto debera servir para algo debera ser fundamentalmente para protexer e para incentivar todos aqueles elementos que forman parte e lle dan valor á nosa identidade cultural. Considero que a música é un elemento esencial da nosa cultura e do noso patrimonio e polo tanto pareceme fundamental que esta perspectiva se teña en conta.

 

 

 

 

  ATENCIÓN! :picar e resumir textos non é o meu (aquí recurro á manida excusa: eu son de ciencias!) así que é mais que recomendable ir pinchando nos distintos arquivos de audio para saber o que REALMENTE dixo cada un, noutro caso non me fago responsable de posibles malentendidos :P

Aquí quedaron verquidas estas opinións sen dúbida con cousas moi interesantes que se fosemos capaces de canalizalas terían unha repercusión importante. Pero en calquera caso a idea inicial do programa era de abrir o debate, a de convidar á reflexión e a que cada un saque as súas conclusións, (..) quérovos dar o noso contacto , a nosa fiestra aberta a través da rede: unmundodemusicas@radiovoz.com, podedes explicarnos a vosa idea, qué vos pareceron estos programas, e a reflexión que sacades de todo isto. Haberá mais programas.. faremos un sondeo de opinión entre a xente da cultura do noso país (..)

 

¡¡Participa!!
(escrebe aquí a túa opinion e, se queres, o teu nome, enderezo e-mail, e canto che interese que apareza reflexado na web)