Abonda isto: un anaco de lousa torpe á entrada do túmulo
e unha man enrugada que traza curvas. Os seus dedos páxaro
asinan a pedra e estenden sobre o camiño hipnótico
o pigmento de cobre, arxila e ruda. Escribe astros Ela , a vella,
levanta a frente e arrepón o manto sobre os ombreiros,
que lle vai frío.
Pintamos logo unha praia, facemos a marea respirar forte e debruzarse,
borrar todo co seu ruxido, a branca escuma. Na realidade foi a
nosa pupila quen se moveu dentro das pálpebras, qué
máis ten. Falaría escuro o intérprete de
soños e códigos antigos; estaría obrigado,
en calquera caso, a imaxinar a mesma historia.
O imperio ordena puír o rastro, disolver os signos últimos
de resistencia.
Pero a espiral abrira o seu ollo moito antes, desde o profundo.
Como un salmón soubo remontar o bronce atlántico
e foi varar á cabeceira humilde das camas labregas. Co
século novo tomou a gubia e fendeu outra vez no granito,
gravouse no lenzo, porque non aspira a ser eterna, senón
contemporánea. Igual que a música, igual que Luar
na Lubre, non pode nin debe traducirse. Ela é o seu propio
sentido.
Xabier Cordal

Rosa
Cedrón :
Violoncello e Voz
|
Bieito
Romero :
Gaitas galegas i escocesa, acordeón
diatónico e zanfoña
|
Xulio
Varela :
Bouzouki, pandeireta e birimbao
|
Xan
Cerqueiro :
Frautas
|
Patxi
Bermúdez :
Bodhran, pandeiros e tamboril
|
Xabier
Ferreiro :
Percusións
|
Eduardo
Coma :
Violín
|
Pedro
Valero :
Guitarras acústica i eléctrica
|
Colaboradores:
- DONAL LUNNY
Bouzouki, bass bodhran,
teclados e guitarra (1,2,3,5,8).
- NOLLAIG CASEY
Fidle (1,2,5,8).
- MAIRTIN O'CONNOR
Acordeón diatónico (1,2,3,5,8).
- JAVIER CHACON
Bombardas (5).
- FERNANDO VILLAR
Teclados (4,6)
- JAVIER TEJEDOR
Caixa "Premier" (9).
- BRAIS MACEIRAS
Acordeón diatónico (7).
- ELIAS GARCIA
Bouzouki (7).
- NANI GARCIA
Arranxos orquestais (6,9).
- ORQUESTRA SINFONICA DE BRATISLAVA dirixida por DAVID HERNANDO
(6,9).
- AFONSO MORÁN
Contrabaixo (1,2,3,4,5,6,7,8,9).
- WAFIR S. GIBRIL
Laud (6).
Este C.D. foi
gravado nos estudos "BRUAR" de A Coruña, sendo técnicos
Eduardo Ruiz "Califa" e Xabier Ferreiro "Man", nos meses de
Xaneiro e Febreiro de 2002.
As mesturas correron a cargo de Tim Martin nos estudos "PULSE"
de Dublin e de "RED LED" de Madrid.
Donnal Lunny foi productor e amigo nos seguintes temas: "El
derecho de vivir en paz" "Espiral" "Hai quen di" "Costa da morte"
"Ara Solis".
Xabier Ferreiro e Bieito Romero foron productores do resto dos
temas do disco.
|
|
1.- Hai quen dí
Trad-B.
Romero-E. Coma/B. Romero
Licencia señores
Hannola de dare
Para dar principio
Al rico cantare
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.
Eu teño un canciño
Bonito abofé
Que baila o fandango
Na punta do pé.
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.
Eu teño un canciño
Que veu da Marola
E baila a muiñeira
Cunha perna sola.
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.
Vai de rama en rama
Vai de frol en frole
E vai pola beira
Un bo bailadore.
*Hai quen di que para bailar
Boa música ha de soar.
2.- El derecho de vivir en paz
Victor Jara
El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrara
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.
Indochina es el lugar
mas allá del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm;
la luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.
Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar
es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz.
3.- Ara
Solis
Xan Cerqueiro
4.- Ancares
Tradicional
- Luar Na Lubre
Adiós valle de
Ancares
adiós te digo,
adiós árboles verdes
de junto al río
la vi llorando.
La vi llorando y dije
¿Por quién suspiras?
-Tengo el amor ausente
y estoy llorando
la despedida.
-La despedida es corta
la ausencia larga
quiero que te diviertas
y no me olvides
prenda del alma.
5.- Espiral
Bieito Romero
- Tradicional
Contrapaso(Galiza)
Son Ar Chistr(Breizh)
Dau Rosyn Coch(Cymru)
Drowsy Maggie(Eire)
Altholl
higlanders (Alba)
Foliada de Elviña(Galiza)
(III. parte, "dúas
rosas roxas"):
-Onde vas ti indo, querida doncela?
-Vou buscar leite señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros
cheíños de barro, señor atópeme.
-Podo ir contigo, querida doncela?
-si, si o desexo señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros
Cheíños de barro, señor atópeme.
-Cal é a túa dote, querida doncela?
-é como ti me ves señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros,
Cheíños de barro, señor atópeme.
6.- Cantiga sta María
Alfonso X
7.- Camiño de Ibias
Tradicional
- Bieito Romero
Pequeniños, pequeniños
Pequeniños coma ratos
Has de ver os pequeniños,
Has de ver os pequeniños
Levando na mao caxatos.
Levando na mao caxatos
E desandando camiños
Na percura dunha terra
Na percura dunha terra
Da terra dos pequeniños.
Vente vindo compañeiro
Vente vindo meu irmao
Que á terra dos pequeniños
Que á terra dos pequeniños
Xa imos chegar.
8.- Costa da Morte
Tradicional
- Luar Na Lubre
9.- Devanceiros
Bieito Romero
Terra dos meus avós
onde naceron meus pais
terra dos meus avós
Galicia do verde chan.
Terra dos meus avós
onde naceron meus pais
terra dos meus avós
non quero de aquí marchar.
|
|