Páxina anterior

EMILIO RÚA

..... 35 comentarios deste disco.....

 

 

 




 

 

Letra e Música:
Emilio Rúa

 

 

 

1. A aldea

2. Era ela

3. Cando eu te soñaba

4. Abre as mans

5. As túas raíces

6. Querida alegría

7. As miñas tardes

8. Hora tras hora

9. Rumores

10. Sen razón

11. Sigo esperando

12. Como un soño

 


 

 
 

    1. A aldea    

Emilio Rúa: Voz, guitarra acústica e harmónica
Adolfo Benade: Piano e teclados
Roberto Oliveira: Batería
Guillermo Pampiñón, "Piño": Baixo
Helena Paz: Arpa
Suso Iglesias: Acordeón

O mar afunde as miradas dos corazóns.
¡Ai
, o mar, azul, escuro e frío!
A lúa co seu eterno brillo
afoga o canto choroso dalgún neno.

Os meus pés son agullas
cravadas no tempo inadvertido
dun neno que recordo hai tempo.
Agora é novo, mañá é vello.

E irei alá onde os meus ollos
non alcancen ver, á aldea vella,
á aldea de pedra.
Quero ter un mundo de soños.

Os corpos que se abren
a novas vidas abren feridas,
sofren.
É lei de vida.

Amor é un grito a peito aberto,
es ti,
é o meu silencio,
é a imña guitarra

 

    2. Era ela    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Adolfo Benade: Piano e teclados
Roberto Oliveira: Batería e percusión
Manuel Alvarez: Guitarra eléctrica
Gustavo Barcia: Contrabaixo

Era morrer, era perder,
naquel alento que tanto respirei.
Vía unha luz tan lonxe de min
e na escuridade o medo sorriu:
¡volvín!

Quen puidera para sempre vivir
ve-lo teu pobo e a túa xente feliz.
Pero nun soño
eu intento seguir
ese camiño que me leva.

Era ela, era ela,
esa man que me espera.
Era ela, era ela,
esa muller, ese amor que condena.
Canto á vida...

E ó mencer, e ó atardecer,
ó día que morre, á noite que vén.
Ve-las estrelas,
sentirse delas.
¡Quen poidera para sempre, quen!

Aprecia-lo que a vida nos dá,
pero é tan triste ve-la xente
padecer un mal que
tanto se pode curar.
¡Choran as estrelas!

 

    3. Cando eu te soñaba   

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Uxía: Voz

Hai unha esperanza
cravada no meu corazón,
pero das miñs mans
só brotan espiñas
que sangran a túa pel.

Maquillei un sentimento
disfrazando a liberdade
coa túa presencia,
pero éra-la única pena que sorría,
que quería, que me amaba.

Eras unha luz lonxana
que brillaba na túa
mirada,
cando eu te quería,
cando eu te soñaba.

E verde como aqueles
campos
que florecían en ti.
Por dentro eras enxebre,
por fóra, celeste.

As noites son fugaces
para os meus soños.
¡Non te vaias,
estrela dourada!
¡Non te vaias!

 

    4. Abre as mans    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Adolfo Benade: Teclados e programación
R. Oliveira: Percusión
Gustavo Barcia: Contrabaixo
Helena Paz: Arpa
Suso Iglesias: Acordeón

Diante, un espello perfila os seus ollos.
Cristal de bágoas, corpo da alma.
¡Que silencio afoga a túa mirada!

Perdido soño.. Perdida alegría.
Era a túa vida a miña vida.
Era esa voz que guía no camiño.

Foise ó mar, foise á terra,
lonxe coa miña paz.

A túa mirada é luz,
o teu sorriso unha cor.
A túa alma é flor, é soño, é amor.

Se o corazón gardo nun puño,
abre as mans.

Fóronse lonxe os bos sentimentos,
quedaron con nós tantos lamentos...
Agora mirámonos como estraños.

Susurra o tempo: ¡camiño perdido!
Tantos recordos, todos feridos.
É tan triste, é tan duro ser amigos.

Un día máis é unha noite máis,
é non respirar.

    5. As túas raices    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Adolfo Benade: Piano
Roberto Oliveira: Batería
Guillermo Pampiñón "Piño": Baixo
Juan Cuerdo e Ladi Rodriguez: Voces

Recoñecer onde ti naciches
voltar de novo a aquel lugar
como o neno que fuches, para non olvidar.
Levar moi dentro, en tódalas entrañas,
un anaco do que queda atrás.

Coller terra entre as mans e botala a voar,
que as túas raíces son luz da túa eternidade.
Notar que empeza a espertar
dentro de ti o seu brillar
cun suave brotar das túas raíces.

Saber que existes e de ónde viñeches,
saber que alí están as túas raices.
detrás de ti qedan as cicatrices,
que tras de ti haberá máis raíces,
as túas raíces.

Mirar ó ceo.
Saber que aínda recordas
aquel monta que viches arder,
tódalas árbores
que creceron xunto a tí.

Rozar cos teus dedos
a alba da ilusión,
volver de novo a dicir a un bo amigo
"¡estou aquí!"
sen medo a senti-las túas raices.


    6. Querida alegría    

Emilio Rúa: Voz e guitarras acústicas
Roberto Oliveira: Percusión
Gustavo Barcia: Contrabaixo
Suso Iglesias: Acordeón

Querida alegría:
11 de abril, é martes do ano 2000.
Cando volvas traéme aquelo,
que todos queremos ser para sempre nenos.

Busco un destino como aquel
que o encontrou ó final da vida.
Se algún día voltamos a vernos
dirémonos todo aquelo que nunca nos dixemos

Amores, desamores.
Todos somos cantautores,
andamos polos bares,
cantamos cancións singulares.
Amores, desamores.
Soñamos cousas vulgares.

 

Querida alegría:
recordo os bos días que pasamos.
¡Canto sorrías!
Agora eses tempos son os que hcoramos.

Temos en algures algún destino,
pero eu elixo o meu camiño.
¡Dáme a man! ¡Vente comigo!
Vaiamos cuntos a un mesmo sitio.


    7. As miñas tardes

Emilio Rúa: Voz, guitarra acústica e harmónica
Adolfo Benade: Piano e teclados
Carlos Calviño: Guitarra eléctrica
Roberto Oliveira: Batería e percusión
Guillermo Pampiñon, "Piño": Baixo
Suso Iglesias: Acordeón

Hai unha luz
que ilumina o rincón
do misterio que envolve
o corazón.

A incertidume de
crer ou non crer
nas estrelas que guían
ós que non camiñan ben.

Ó final do día
morre unha ilusión
cun suspiro que inspira unha canción

Hai unha bágoa nos teus ollos de dor

As miñas tardes son
tan lentas como o son
as gotas desta choiva
no pobo.

As miñas tardes son
poemas e cancións,
soños e recordos
no meu corazón.

Vén unha néboa
tan espesa como vén
o recordo da
xente que xamais volves ver.

¿Onde vai o tempo
que gardei na habitación,
tantos días como noites
amando nun papel?

Os meus pasos camiñan
na noite
e unha sombra vai
por diante de min.

As túas mans están moi frías,
por min.

 

    8. Hora tras hora    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Adolfo Benade: Teclados
Carlos Calviño: Guitarra eléctrica
Roberto Oliveira: Percusión

Hora tras hora pensando en ti,
nese misterio que é este vivir.
luz e sombra; todo es ti.
Enigma que brota do elixir,
do soño eterno, amargo sen fin,
que envólve-las noites sen poder durmir.

E respiro ese amor
nun suspiro de dor, de medo, de sombra

Camiños novos, xente vella.
pasa o tempo, ¡nin te enteras!
Hai un destino que me espera
e vou polo río en busca dela.

Soño amores que sempre se van
co triste vento desta guitarra.

E respiro ese amor
nun suspiro de dor, de medo, de sombra
E na miña voz canta o tempo
cantigas perdidas no silencio
dos seus ollos, dos seus beizos,
que hora tras hora tanto soño.
Cruzo desertos sen vida ou mortos,
páramos lonxe do seu nome.

E respiro ese amor
nun suspiro de dor, de medo, de sombra.

 

    9. Rumores    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Roberto Oliveira: Percusión
Gustavo Barcia: Contrabaixo
Suso Iglesias: Acordeón
"Chuchús" Pimentel: Guitarra Flamenca

Sempre e constante ese sufrir
de ve-lo amor noutro soño.
Rumbo da miña vida,
¿onde vas¿, ¿onde me levas¿
Non me dices nada.

Era tan fermoso soñar,
era como respirar.
Como auga entre os dedos,
así se me foi o teu pelo,
como a luz dun día que se vai.

Non me digas nada, só abrázame.
Non malgastes soños por querer,
que os desaomres levan, como un río,
a algún sitio tristezas,
tal vez ó corazón.

¡Faládelle de min!
¡Faládelle de min!
¡Faládelle de min!
¡Rumores!

 

    10. Sen razón    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Adolfo Benade: Piano e teclados
Carlos Calviño: Guitarra eléctrica
Roberto Oliveira: Batería e percusión
Guillermo Pampiñón, "Piño"
Suso Iglesias: Acordeón
Juan Cuerdo: Voces

Iamos camiño da nosa propia morte.
Non había futuro.
¡Todo era tan duro!
¿Que fago aquí?¿Cal é o sentido?

Anunciado letargo.
¡Fai todo o que che diga o "mando"!
Polo mundo camiñamos,
corremos, caemos, continuamos.

Chegabamos todos enlatados nun tren,
só papá rico levaba o seu fillo no Mercedes.
Agora o mundo é cadrado:
novas regras para o xogo.

A ferida xa cerrou,
pero en none meses
sangrou pensamentos, xuramentos...
Pasou moito lento o tempo.

Ar-in. Ar-in... Rematou.
Ar-in. Ar-in... Incomprensión.
Ar-in. Ar
-in... Sen Razón

Sempre ben afeitado.
e por fusil un tambor.
A paso lento as rúas nunha procesión.
¡Esto é unha prisión!

 

    11. Sigo esperando    

Emilio Rúa: Voz e guitarra acústica
Adolfo Benade: Piano e teclados
Carlos Calviño: Guitarra eléctrica
Manuel Álvarez: Guitarra eléctrica
Roberto Oliveira: Batería e percusión
Guillermo Pampiñón, "Piño": Baixo
Suso Iglesias: Acordeón

Camiños verdes arrasados,
campos desolados
do meu mirar canso.

Sempre vin unha luz en tí,
sempre un sorrir apaixonado
que se foi apagando.

Non pensarei estar nos teus brazos.
Non pensarei nos teus ollos
durmidos, idos.

E sempre alguén sofre de amor;
é unha dor que encerra outra dor.
E pasa o tempo. E sigo esperando
un amor que me leve á eternidade.

Restos de voces escondidos,
segredos do corazón.
Amigos desta vida.

Nunca pregunto se te vas
porque un soño es,
unha ilusión

Sempre somos estraños
cando nos sentimos
feridos, perdidos.

Tamén eu sufro este amor;
é unha dor que encerra outra dor.
E pasa o tempo.
E sigo esperando.
E nun soño sigo esperando.

E sigo esperando mentres nos amamos.
E nun soño sigo esperando.

 

    12. Como un soño    

Emilio Rúa: Voz
Adolfo Benade: Piano

Abre os ollos e mira a vida:
hai unha cor en cada esquina.
Espertar é soñar,
e amar é vivir soñando.

Brilla no ceo unha estrela por tí,
morre en silencio para verte feliz.
Has de sorrir ó recordar,
bágoas de sol chorarás.

Como un soño que se vai,
ese somos.
E seguir, e continuar un camiño.

Dáme as túas mans.
¡Están moi frías!
Hai unha luz que te ilumina.

Unha sombra hate perseguir:
sempre será parte de ti.

 

 


 

Edita e Produce:
EDICIÓNS DO CUMIO.
Travesía de Vigo, 156 - 36206 Vigo.
ed.cumio@interbook.net / www.cumio.com
Teléfono 986266272

Distribúe:
Arnoia. Teléfono: 986679007

Contratación:
VOZ E SON. Teléfono: 986896559

 

Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

orientacion.blogia.com/2005/121301-emilio-rua-cantautor-da-c.. :
Emilio Rúa -natural do Concello de Riós- acaba de gañar o Festival de Cantautores de Elxe con "Querida alegría", unha canción interpretada en galego.
Unha voz fantástica, cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a producción, e un estilo absolutamente persoal e característico son as bazas de Emilio Rúa, un cantautor a ter en conta, un dos maiores expoñentes da canción de autor galega e nacional, ó que só lle falla xirar polo país para demostrar o seu enorme potencial.




cantautoresdelmundo.com/especiales/elche04/participantes.htm.. :
Canciones con sonidos de diferentes estilos fusionados con las músicas tradicionales de Galicia interpretadas por una fantástica voz. Esto nos ofrece este cantautor gallego que este mismo año obtuvo el Segundo Premio en las Cantigas de Mayo de Ceutí. Sus canciones son un derroche de sentimientos.




youtube.com/watch?v=F17mnbw9yZs :
(YouTube - Emilio Rúa - Miña Maruxiña (Na gala de Andrés do Barro da TVG)) :


cantautoresdelmundo.com/especiales/elche05/cronica2.htm.. :
Quien sobresalió un poco del resto de participantes fue Emilio Rúa, ganador del premio a la mejor canción. Con sus canciones sencillas y conmovedoras, y el aliciente de interpretarlas en gallego, emocionó a todo el público. Querida alegría, con la que obtuvo el máximo galardón del certamen, fue una agradable, alegre y optimista oda a la búsqueda de la felicidad, interpretada con una gran sensibilidad y una preciosa voz. Lo sorprendente no fue que obtuviera el premio, sino que no lo obtuviera por su segunda canción, Vida miña. Interpretada casi a capella con percusión sobre la guitarra. Éste fue uno de los momentos más emotivos de la final, y muchos de los asistentes se sorprendieron ante la ausencia de esta canción de los premios.




cantautoresdelmundo.com/especiales/cantigas2004/cronicas2.ht.. :
Con un nuevo cambio de registro, pasamos de León a Galicia, tierra natal de Emilio Rúa, el cantautor de la voz dulce, que con sus letras en gallego y un repertorio muy bien seleccionado, obtuvo merecidamente la mayor ovación de la noche. Sincero y directo, conquistó a todos los presentes gracias a su sencillez y su saber estar en el escenario.




cantautoresdelmundo.com/especiales/cantigas2004/cronicas.htm.. :
Ha sido telonero, entre otros, de Ismael Serrano o Pedro Guerra. (..)
Hago música en mi idioma, que es el gallego. Me gusta mezclar lo folclórico popular con lo actual, con ritmos de música contemporánea. (..)
Sin duda otro de los grandes descubrimientos de la noche. Emilio Rúa, visiblemente nervioso, cautivó al público con sus letras en gallego y una voz muy dulce, que se elevaba hasta llegar a agudos casi imposibles. Sin duda el momento más emotivo de la noche fue su interpretación de "Vida miña", en la que percutiendo sobre la guitarra nos transportó a su tierra natal en una preciosa canción con tintes folclóricos.




cantautoresdelmundo.com/guia/emilio/index.htm :

La magia de lo sencillo
Texto: Zuri Negrín

A veces, entre tanto cantautor y tanta música, uno piensa que ya no le queda nada nuevo por descubrir… Claro que entonces llega alguien como Emilio Rúa y te rompe literalmente los esquemas. Un artista que apenas se conoce fuera de su Galicia natal, y que sin duda es uno de los más destacados cantautores que podemos escuchar en nuestro país

Todo comienza muy pronto. Desde muy pequeño, Emilio formaba parte del Grupo Concorde Atenea , una orquesta familiar que recorrió hasta el último rincón de Galicia y sus alrededores. Un comienzo muy rico, con el que comenzó a tener contacto con la música. Precisamente este ambiente musical en el que se crió es el que le motivaría a coger la guitarra y comenzar a componer. Por supuesto, en gallego, la lengua en la que siempre se ha expresado con sus familiares, y en la que siente realmente lo que dice.

Pasaron los años y comenzaron los conciertos. Precisamente después de un recital le surgió la oportunidad de grabar un disco. No lo dudó, y se metió en el estudio. Para la grabación contó con la colaboración estelar de la reconocidísima vocalista gallega Uxía . Sonidos de pop, tintes latinos y melódicos y una cantidad enorme de sentimientos bañan este debut homónimo publicado en 2000, donde la estrella son las melodías y las letras pegadizas en gallego.

A raíz del primer disco comienzan a surgirle numerosas actuaciones por toda la geografía gallega en diferentes municipios y locales, que le llevarían a tocar junto a Ismael Serrano , Pedro Guerra o Mercedes Ferrer . Además, también tendría una amplia cobertura en la televisión gallega, siendo invitado a numerosos programas. Además, sus canciones le llevarían fuera de las fronteras españolas hasta el Instituto Cervantes en Manchester y Leeds , donde también obtendría un rotundo éxito.

En 2004, y tras finalizar el contrato con su compañía discográfica, decide participar en la V Muestra Nacional de Canción de Autor (Cantigas de Mayo) de Ceutí, Murcia,donde es seleccionado entre más de doscientos participantes de toda España. Cantando en gallego y sin más acompañamiento que su guitarra, su armónica y su dulce y potente voz, obtuvo el mayor reconocimiento del público y el segundo premio del jurado.

Es este premio el que le motiva a comenzar a abrir sus fronteras al comprobar que la música en gallego puede llegar a todos los públicos. Así, actualmente prepara diferentes conciertos por Madrid, Barcelona, Canarias y otros puntos de la geografía española, a la vez que prepara el que será su segundo trabajo discográfico. Un esperadísimo disco conceptual de tintes folclóricos y pop, para el que contará con interesantes colaboraciones.

Una voz fantástica, canciones llenas de sentimientos, una capacidad inmensa para la composición y la producción, y un estilo absolutamente personal y característico son las bazas de Emilio Rúa , un cantautor a tener en cuenta, uno de los mayores exponentes de la canción de autor gallega y nacional, al que sólo le falta girar por el país para demostrar su enorme potencial.






vieiros.com/seccion/veredicion.php?Ed=32 :
(Vieiros: Cultura)

magalicatamagali.spaces.live.com :
(Para que tu me oigas)

orientacion.blogia.com/2006/072401-o-cantautor-emilio-rua-pr.. :
(O CANTAUTOR EMILIO RÚA PRESENTA UN NOVO TRABALLO | GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL)

compostelacultura.org/letras/destacado.php?id_destacado=170.. :
(Letras)

bitacle.org :
(Bitacle Blog Search Archive)

buscar.ya.com/fast-cgi/tsc?adtest=&mandant=toi&portallanguag..

buscar.ya.com/fast-cgi/tsc?mandant=toi&portallanguage=es&use..

emiliomarquez.com

magalicatamagali.spaces.live.com/Lists/cns!C1837A43BD35C720!..

magalicatamagali.spaces.live.com/PersonalSpace.aspx?_c02_own..

magalicatamagali.spaces.live.com/Settings/Stats

orientacion.blogia.com/2005/diciembre.php

orientacion.blogia.com/2006/julio.php

orientacion.blogia.com/temas/xuventude.php

blogoteca.com/orientarse/index.php?cod=1585

blogoteca.com/orientarse/index.php?mes=12&ano=2005..

einicio.com/paginas/cantautor-gallego.html

josugp.com/folk/folklist.php

vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51540

info@ghastaspista.com




< =Union Das Terras
( Daniel Bellón & Diego Maceiras )
Vida Miña
( Emilio Rúa )
= >

 






Voltar á páxina principal