O entroido en Viana comeza cedo, nada máis rematar os reis os folións comezan cos ensaios e saidas polas tardes o rematar o traballo. Hasta que chega o primeiro dos días da fariña: Xoves de Compadres, no que as mulleres colgan o lardeiro (boneco recheo de palla), e os homes as persiguen para botarlles fariña. O xoves seguinte é o día da revancha, Xoves de Comadres, no que os papapeis cambian e son as mulleres as que botan a fariña. A fariña estará presente durante toda a festa carnavalesca ata o martes no que as 12 da noite ten lugar a queima dos lardeiros, pondo fin a festa, sendo este un dos momentos máis emotivos do entroido. Dun valor etnográfico incalculable é o entroido vianés, cos folións e boteiros. O Folión consiste nunha comitiva formada por bombos e aixadas , cada pobo ten o seu propio son peculiar e diferente os demáis, que nos días do entroido enche as rúas de Viana O Boteiro é a personaxe máis importante do entroido. O traxe do boteiro de espectacular colorido e artesanal confección, consta dunha camisa feita con máis de mil metros de cinta de raso que forma distintas figuras geométricas. A pantalla composta de papel de seda de diversos cores sobre un entramado de aramefacendo debuxos geométricos.
FESTA DA ANDROLLA O Domingo Gordo é o día grande da festa carnavalesca. A praza maior e as rúas da vila vístense de gala para recibir con grande algarabía o desfile de carrozas, folións, boteiros e distintas comparsasprocedentes de tódolos rincós da comarca vianesa. O día culmina coa festa da androlla, de grande interese gastronómico. O menú consta de caldo con picatostes, cachelos con grelos, lacón, chourizo e a raíña da festa: androlla, seguido de cordeiro e rematando con bica e vianos (bombóns recheos de mel). Xa se levan realizadas 38 edicións desta festa de culto ás costelas adobadas,embutidas e curadas ao fumo nas vellas lareiras.
. Tarde (a partir das 19:00 h.) Xuntanza de bombos e folións na Praza de Vilariño de Conso. Contaremos coa presenza do grupo de gaitas tradicional de A Requinta da Laxeira.
Domingo 22 de Febreiro:
. 12:00 h. Desfile de folións dende a Praza da Vila ate o campo de fútbol.
. De 12:00 a 18:00 h. Feira de artesanía na carpa do campo de fútbol. Amenizarán a charanga Alborada e o grupo A Requinta de Laxeira. . 14:00 h. Comida na carpa do campo de fútbol. Menú: Chourizos, cabrito con ensalada, bebida (viño e auga), bica, montonico e café. Prezo: 15 euros. Para os veciños e integrantes dos folións ofrecerase unha comida no pavillón polideportivo.
. 16:30 h. Desfile de folións no campo de fútbol.
. Noite (a partir das 19:00 h.) Festa, coa Orquestra Emperadores, na Praza da Vila de Vilariño.
17.30 DÍA DOS COMPADRES para que todas as nenas e nenos poidan confeccionar os bonecos cos que faremos de seguido a tradicional carreira (19.00 h) Lugar: Praza Maior
21.00 NOITE DE COMPADRES obradoiros de mecos para adultos. Organiza: A.C. Cidade Vella de Ourense Lugar: Grándola (praza San Marcial)
19 de febreiro, xoves de Comadres
17.30 DÍA DAS COMADRES para que todas as nenas e nenos poidan confeccionar os bonecos cos que faremos de seguido a tradicional carreira(19.00 h). Lugar: Praza Maior
21.00 NOITE DE COMADRES obradoiros de mecas para adultos. Organiza: A.C. Cidade Vella de Ourense Lugar: Grándola (praza San Marcial)
20 de febreiro, venres de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas e Air Jalisia.
21.00 PREGÓN DO ENTROIDO 2009 a cargo de O TRANGALLÁN Lugar: Praza Maior
21.30 Desfile polas rúas da cidade coa presenza dos nosos entroidos (Paquita e Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo e As Romanas da Ponte, As Pitas de Eiroás, A Caniceira de Trives e Os Felos de Maside). Percorrido:Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, parque San Lázaro, Sto. Domingo, praza do Ferro, rúa da Paz, praza Sta.Eufemia, Lamas Carvajal e Alameda do Concello.
22.00 CEA DE BENVIDA AO ENTROIDO onde o requisito imprescindible é vir disfrazado. Prezo:14€ Venda de entradas: Auditorio Municipal Lugar: paseo central da Alameda do Concello
21 de febreiro, sábado de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Air Jalisia, Chunda Chunda e Son Percusión S.C.
11.30 XOGO DA OCA; ENTROIDO PORQUE ME TOCA! Xogo da oca do Entroido onde as nenas e nenos, por equipos, farán probas relacionadas co Entroido (xogos, obradoiros, cantigas ...) Organiza: A.X. Amencer Lugar: paseo central da Alameda do Concello
OBRADOIROS 12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Reggae Baiano) con Trópico de Grelos. Lugar: Praza Maior
18.00 Actuación Musical coa participación das corais ALBOR e OS MONTES. Lugar: praza do Correxidor
BAILE coa orquestra Marimba de Pontevedra. Lugar: Praza Maior
22 de febreiro, domingo de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Son Percusión S.C., Santiago Apóstol, Entre Amigos, Monterrei e Os Chispas.
12.00 CONCERTO DE ENTROIDO da Banda Municipal de Música de Ourense. Lugar: paseo central da Alameda do Concello
OBRADOIROS 12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ijexá) con Trópico de Grelos. Lugar: Praza Maior
18.00DESFILE DE COMPARSAS E CARROZASConcentración dos participantes: Pavillón dos Remedios Percorrido: Saída por Progreso ata o Xardín do Posío, rúa Coruña, Ben-Cho-Sei, Lugo, Progreso,Dtor. Marañón e Praza Maior.
19.30 BAILE coa orquestra Capitol de Santiago Lugar: Praza Maior
21.00CONCURSO DO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2009 (todas as persoas que queiran participar que se acheguen ao soportal do Concello, esquina coa rúa Colón), de seguido ENTREGA DE PREMIOS aos gañadores do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano polo Rei do Entroido 2008. Lugar: Praza Maior
23 de febreiro, luns de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Son Percusión S.C., Mecánica, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Os Centellas e Air Jalisia.
OBRADOIROS12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Samba) con Trópico de Grelos. Lugar: Praza Maior
17.30 ENTROIDO INFANTIL con obradoiros de maquillaxe, tatuaxes, cociña, fotografía... dous vellos vaqueiros amenizarán a festa con cancións infantís e unha sesión de xogos. Lugar: paseo central da Alameda do Concello
00.00 BAILE coa orquestra Ledicia de Ourense. Lugar: Praza Maior
00.00 CONCERTO Tarú e os Páxaros Coiro e Os Cuchufellos Lugar: praza do Correxidor
24 de febreiro, martes de Entroido
ANIMACIÓN DE RÚAS: Charangas Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Santiago Apóstol, Monterrei e Os Centellas.
OBRADOIROS12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ritmos Nordestinos) con Trópico de Grelos. Lugar: Praza Maior
19.30 BAILE co grupo Supert T de Pontevedra. Lugar: Praza Maior
21.00 CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS, onde un xurado premiará os 50 mellores disfraces cunha invitación para a CEA DE DESPEDIDA DO ENTROIDO. Lugar: Praza Maior
25 de febreiro, Enterro da Sardiña
20.30 ENTERRO DA SARDIÑA Concentración: na Praza Maior, onde as carpideiras, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido. Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, praza Sta. Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.
O Trangallán, é ese "espíritu humano", que cada ano baixa do ceo, e introdúcese nun persoeiro do Entroido, dándolle vida propia, e provocando un derroche de ledicias e sonrrisos polas rúas e currunchos por onde se move.
"Eu destaco do Manolo, a súa Lola".
CASIANO, Rei do Entroido 1989
Entroido das Eiroás - Festa da Pita
8 de febreiro.- domingo Fareleiro
12.00 COLGA DO MECO
17.00 GUERRA FARELEIRA amenizada pola charanga Santiago Apóstol.
15 de febreiro.- domingo Oleiro
Obradoiros de decoración de olas para ás/aos máis cativas/os.
17.00 XOGO DAS OLAS, amenizado pola charanga Os Cuchufellos. As Pitas serán as encargadas de levar as olas á Praza das Eiroás.
24 de febreiro.- martes de Entroido
12.00 FOLIÓN DO ENTROIDO, con Pitas, máscaras, gaiteiros/as e música, que percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.
13.00 VODA DA PITA
14.00 Xantar amenizado pola charanga Santiago Apóstol
17:00 BAILE DE MÁSCARAS amenizado pola orquestra Alianza.
21:00 QUEIMA DO MECO
Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.
Entroido de Seixalbo - Paquita e Nicanor
15 de febreiro.- domingo Oleiro
16.00 TARDE DE OLAS como manda a tradición. Percorrido polas rúas de Seixalbo ata a Praza Maior, para deixar os bonecos Paquita e Nicanor.
22 de febreiro.- domingo de Entroido
16.00 Baile de disfraces na praza de Seixalbo.
24 de febreiro.- martes de Entroido
DÍA GRANDE DO ENTROIDO EN SEIXALBO 15.30 Desfile de comparsas e charangas polas rúas de Seixalbo.
25 de febreiro.- mércores de Cinza
21.00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo e sardiñada ao remate no Campo da Infesta.
Entroido da Asoc. Cult. Frei Canedo da Ponte
21 de febreiro.- sábado de Entroido
NOITE XOVEN 21.00 Tremendo concerto cos grupos Sin Motivo, Supersandwich e Burgas Beat. (O bar da Asociación e a ?Mojitería? farán a noite moi levadeira).
22 de febreiro.- domingo de Entroido
DÍA DO POLBO E DOS NENOS 11.00 Xogos populares para nenos e grandes (se os deixan os fillos).
13.00 Grande papatoria con polbo e carne o caldeiro con música de charangas, pan, viño do bo e baixo carpa por se chove!!!
18.00 Karaoke infantil Espectáculo a cargo de Party Time Maxia a cargo de Máxico Brais Final Karaoke
21.00 Agasallos para as nenas e os nenos.
21.30 Baile popular ata ... xa veremos!
(A polbeira e os bares estarán abertos tamén pola noite).
23 F (con perdón).- luns de Entroido
DÍA GRANDE DE FREI CANEDO 12.00 A partir desta hora volve o polbo e a carne ao caldeiro ate a tardiña.
18.00 Charangada para a xuntanza dos frades ao redor da capela.
18.30 Comezo dos solemnes actos con: presentación, sermón a cargo de Manolo ?O Trangallán?, bendición dos novos confrades, primeira Asensión ao ceo de Frei Canedo e Bendición Papal.
20.30 Saída da solemne PROCESIÓN de Frei Canedo polas rúas da Ponte coa presenza de Blanquita e a Lexión, os Folións de Trives, as Romanas da Ponte, os Bombeiros de Canedo, o noso Papa, o Abade da Orde e as Forzas Vivas do Pobo.
22.00 Xuntanza nos solemnes comedores para honrar o Frei Canedo cunha cachuchada (só para socios), iso sí, mentres os frades cean, podedes facer o mesmo nalgún chiringo da zona, pero rapidiño xa que a iso das...
23.00 Comezo do BAILE de disfraces amenizado pola orquestra JOCKER.
24.00 Tremendo FOLIÓN con bombas de coloríns ?fijo y volador?. Segue o baile ata ás ... o día seguinte é festivo, tranquilos.
NOTA: Como dependemos da esmola do persoal ... segundo os cartos que xuntemos, trataremos de argallar algo máis. (os petos témolos moi á vista) FELIZ ENTROIDO!
Do luns 23 ó 25 de febreiro terá lugar en Allariz a tradicional Festa do Entroido que coma tódolos anos conta cunha programación chea de actividades para todos e todas.
O luns 23 celebrarase a Festa infantil a partir das 17.00h na Praza de Abastos. Todos os nenos e nenas poderán celebrar con xogos o ciclo do entroido, dende o fareleiro ata o sábado de piñata coa que rematará esta festa.
O día grande do entroido, o martes, a partir das 18:00h sairán á rúa as comparsas que este ano desfilarán dende a Estrada de Xunqueira, á altura do Colexio Padre Feijóo, ata a Praza de Abastos acompañadas polas charangas “Os vikingos de Catoira” e os “Mercianos de Merza”,
Ó remate do desfile a Orquesta Amistad de Vigo actuará na Praza de Abastos onde se dará a coñecer o fallo do xurado como resultado do concurso de comparsas.
Xa para despedir o Entroido, o mércores 25 ás 20:00h da tarde na Praza maior terá lugar o habitual Pranto de entroido. Queimarase o meco no Campo dos Brancos (detrás da Casa da Cultura) dicindo adiós o entroido 2009.
De xeito complementario estanse a celebrar no Centro de ensino Padre Feixóo os obradoiros de compadres e comadres para que os nenos e nenas coñezan as raíces do noso entroido.
Concurso de comparsas
Como todos os anos as comparsas que desexen participar no concurso teñen que inscribirse na Casa da Cultura antes do 20 de febreiro. As bases do concurso poden ser consultalas no arquivo adxunto.
No entroido de 2009, volta O MERDEIRO e A MERDEIRA às ruas da ribeira do Berbés e da Zona Velha de Vigo.
OS MERDEIROS E AS MERDEIRAS sairám na sexta-feira 20, no domingo 22 e na terça-feira 24 de Fevereiro de 2009.
Esta figura criada polos marinheiros e marinheiras do Berbés para ridicularizar as gentes do rural do entorno de Vigo está num processo de recuperaçom. O Centro Social Revolta com o apoio da Associaçom Vizinhal e Cultural do Casco Velho iniciou a sua recuperaçom há cinco anos. A história desta figura de entroido urbano, reflexa o enfrontamento entre o mundo rural e mundo marinheiro. No seu dia, as pessoas do rural vigués que se aproximavam até a ribeira do Berbés a recolher o escabiche (refugalhos de peixes e algas) eram os e as Escabicheiras. Na escuridom da noite recolhiam estes restos para adubar as leiras à lus do seu candil.
Chegado o entroido os marinheiros e marinheiras do Berbés vestiam-se com roupas e elementos (cebolas, grelos, varas,...) que recordavam aos escabicheiros e às escabicheiras e ridicularizavam o seu comportamento, exagerando-o. Utilizavam umha carouta que cobria a sua cara e eram mal falados. Sós ou bem em parelhas, saltavam polas ruas do que no seu dia foi o centro da cidade de Vigo (actual Zona Velha), provocando os risos e os arrepios de aquelas pessoas que ousavam cruzar-se no seu caminho.
Desde o C.S. Revolta há preparadas varias actividades:
- A segunda-feira 16 de Fevereiro haverá umha charla-presentaçom da Asociaçom Etnográfica O Merdeiro.
- O sábado 21 de Fevereiro, ás 22:00hh, haverá um concerto de "Os Chiquilicuatres" (mais info.: http://www.chiquilicuatres.com). Entrada: 2€.
- O domingo 22 de Fevereiro, ás 14:00hh, há um Jantar Popular. Haverá cocido. Preço: 10€.
- O mesmo domingo, pola tarde, Roger de Muskaria tocará umhas peças.
- A terça-feira 24 de Fevereiro Roger de Muskaria fará pasar umha boa tarde ás crianças com os seus títeres.
Pasarrúas: charangas, murgas, xigantes e cabezudos.
Lugar: Praza de Compostela
Hora: 17:00- 19:00
Concentración e pasarrúas da Comitiva Rexia:
Lugar: Praza do Rei
Hora: 17:30
Percorrido: Pracer, A. Menéndez, Elduayen, P. Constitución, Triunfo, Praza Pedra, As Avenidas, Montero Rios, P. Morillo, Praza de Compostela.
Recepción da Comitiva Rexia ao Deus Momo
Lugar: Morada olímpica da Praza de Compostela.
Hora: 18:00
Pasarrúas da Grandiosa Comparsa da comitiva Rexia e Deus Momo
Hora: 18:30
Percorrido: Praza de Compostela, Areal, Serafín Avendaño.
Desfile de comparsas e carrozas.
CONCENTRACIÓN:
Lugar: Areal. (dende a rúa Oporto a Isaac Peral).
Hora: 18:00.
DESFILE:
Hora: 19:00 horas
Percorrido: Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Colón, Areal, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Peirao de Transatlánticos. (final)
Verbena
Lugar: Porta do Sol
Hora: 22:30
Orquestras: Marbella e Abaníco
Domingo, día 22 de febreiro
Entroido infantil
Lugar: Praza de Compostela
Hora: de 16:00 a 21:00
Actividades lúdicas, obradoiros, inchables.
Obradoiros de construción de disfraces
Festa fareleira
Hora 18,00
Lugar: Praza da constitución
Concurso de coplas
Lugar: Praza de Compostela
Hora: de 18:30 a 21:00
Luns, día 23 de febreiro
Concentración e pasarrúas da Grandiosa Comparsa e Comitiva Rexia:
Lugar: Praza do rei.
Hora: 17:00
Percorrido: Praza do Rei, Granada, Pracer, A. Menéndez, Praza da Constitución, Triunfo, Praza da Pedra, As Avenidas, Montero Rios, P. Morillo,
Iº Xogos populares do entroido: sortella, aro, ovos, mazá, fariña, sacos, tiro de corda...
Lugar: Praza de Compostela.
Hora: 18:00
Retirada da Grandiosa Comparsa:
Hora: 20:30
Martes, día 24 de febreiro
Concentración e Pasarrúas da Comitiva Rexia:
Lugar: Praza do rei
Hora: 17:00
Percorrido: Granada, Pracer, A. Menéndez, Elduayen, Praza Constitución, Triunfo, Praza Pedra, As Avenidas, Montero Rios, Praza Compostela.
Acto rexio de homenaxe e bicamáns ao Deus Momo. Esvaecemento e agonía do Deus Momo.
Lugar: Praza de Compostela
Hora: 17:30
Concurso de disfraces:
Lugar: Praza de Compostela.
Hora: 18:30 a 20:00
Festas gastronómicas:
Lugar e hora:
Praza de Compostela: 19:00 h: concurso de repostería.
Praza da Constitución: 19:00 h.: gran orellada. Prezos populares
Verbena
Lugar: Porta do Sol
Hora: de 22:30 a 02:00 horas
Orquestras: Sintonía de Vigo e Galilea
Concentración e pasarrúas da Grandiosa Comparsa e Comitiva Rexia:
Lugar: Praza de Compostela
Hora: 23:30
Percorrido: Victoria, Gamboa, P. Constitución, Porta do Sol.
Anuncio do falecemento do Rei Momo e lectura do testamento a prol do seu fillo Momiño. Xuízo, sentenza e queima do Rei e Raíña do entroido
Lugar: Porta do Sol
Hora: 24:00
Mércores, día 25 de febreiro
Pasarrúas da Grandiosa Comparsa enloitada anunciadora do falecemento e sepelio do Rei Momo
Lugar: Príncipe, Casco Vello.
Hora: 12:00
Catafalco do sepelio do Deus Momo
Lugar: Estación Marítima de Ria.
Hora: 18:00
Exequias funerarias solemnes das comparsas.
Lugar de concentración: Peirao de Transatlánticos
Hora de concentración: 19:00
Hora de inicio do desfile: 19:30
Percorrido de acompañamento e duelo da comitiva: Peirao de Transatlánticos, As Avenidas, C. Areal, Praza de Compostela, García Olloqui, C. Castillo, Peirao de Transatlánticos (final).
Sepelio do Deus Momo
Lugar: Estación Marítima de Ria.
Hora: 20:30
Oficios laicos: responsos e sepelio:
Responsos, sermóns, cantos solemnes do profundis paveiro e derradeiro Addio a Momo, sepelio coa elevación ao olimpo das cinzas, notas e disposicións, chamada a folga xeral, lectura da acta do xurado dos premios do concurso e remate co berro final ...“QMRLP”
Unha semana chea de actividades O luns 23 ás 17:00 horas dará comezo a gran festa do Entroido infantil na praza da Ferrería, e ás 20:00 horas na praza da Peregrina será presentado o loro Ravachol. Xa a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura celebrarase a primeira eliminatoria do concurso de Murgas, que este ano cumple 28 edicións.
O martes 24 de febreiro, o Centro Comercial Vialia acollerá o tradicional concurso de filloas, mentres que na Verdura haberá xogos e disfraces. Ese mesmo día poderase desfrutar nas prazas da cidade da XIV Mostra da Parodia do Entroido, cuxos premios se entregarán Ferrería a partir das 02:00 horas.
O mércores día 25 recrearase a botica de don Perfecto Feijoo, a cargo da Aula de Teatro Municipal e coa actuación do grupo Troula. Será ás 19:00 horas, mentres que ás 21:00, no Pazo da Cultura celebrarase a segunda eliminatoria do concurso de murgas. A final comezará á mesma hora o xoves 26 de febreiro.
Día de loito polo finado O venres 27 será o día de enterro de Ravachol. Durante a mañá recrearase de novo a botica de Don Perfecto Feijoo, mentres que o velorio do loro comezará ás 18:00 horas na praza da Leña. Tres horas máis tarde sairá o cortexo fúnebre, percorrendo as rúas Pasantería, Antonio Odriozola, Michelena, Bastida, Don Filiberto, Princesa, Sabela II, Real, Sarmiento e Pasantería novamente, para rematar na praza da Ferrería, onde o finado será incinerado.
Participación nos concursos A área de Festas do Concello de Pontevedra destina un total de 32.500€ aos premios dos diferentes concursos que se organizan: o de murgas, a mostra da parodia e o de filloas, ademais dos premios aos disfraces do desfile -individuais, por parellas, grupos e comparsa-.
Todas as persoas que desexen participar nos concursos deberán acollerse ás normas de cada un deles e inscribirse no Servizo de Cultura do chalé Fontoira, ou no teléfono 986 89 65 28, en horario de 9:00 a 14.00 horas.
Laza: Cultura e Tradición dun Pobo - Entroido 2009
LAZA: CULTURA E TRADICIÓN DUN POBO
- Prohíbese o uso de petardos -
Venres 30 de xaneiro e 6 e 13 de febreiro
Folións a partires das 11 da noite.
19 de febreiro XOVES DE COMADRES
AS 14:30 Folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro Cea das mulleres. Verbena coa actuación da orquesta "América SL".
20 de febreiro VENRES DE FOLIÓN
Pola tarde:degustación de bica branca, xastré e licor-café por bares e chiringuitos, animados coa música da "Charanga Troulada".
Ás 9 do serán:III FESTA GASTRONÓMICA DA CACHUCHA, A BICA BRANCA, O XASTRÉ E O LICOR-CAFÉ. Lugar: Pavillón de deportes Entrada: 15 € Retirada de entradas: Casa do Concello, locais comerciais de Laza, Bar Manso (Vences), Bar Blanco (Matamá) e Bar Cruceiro (Verín) ou mediante ingreso na conta da Comisión do Entroido aberta en Caixa Galicia e Caixanova (o resgardo do ingreso servirá como entrada). Aforo limitado, 650 entradas á venda.
Ó remate da cea:GRAN FOLIÓN, saída dende o Toural con chocos, viño e fachóns. Percorrendo as rúas de Cimadevila, O Castiñeiro, Barrio e A Roda. Unha vez na Cerdeiriña, todos xuntos seguimos cara a Picota e Souteliño. ¡Ollo ós corredores! Animación a cargo dos "Bombeiros de Carracedo" e "Charanga Támega".
21 de febreiro SÁBADO DAS CABRITADAS
Pola tarde:fariña a rachar e animación musical polas rúas a cargo da "Charanga Támega".
Pola noite: troulada e cabritadas dos mozos. Gran verbena animada polo grupo "Trova" ata altas horas da madrugada.
22 de febreiro DOMINGO DE ESTREA
Pola mañá:a Estrea dos Peliqueiros ¡todos preparados para recibilos na Picota!
Á saída de misa:Saúdo dos Peliqueiros e, de seguido, o reparto da Bica dos Peliqueiros na Praza da Picota. Pasarrúas e animación musical a cargo das charangas "Támega" e "Penas Ceibes".
Pola tarde:Desfile de Carrozas Típicas. Animación nas rúas a cargo da charanga "Támega". Baile e verbena a cargo da orquestra "Compostela" e o grupo "Aramio".
23 de febreiro LUNS BORRALLEIRO
Pola mañá:Farrapada, Xitanada dos Burros e Maragatos. Animación nas rúas a cargo das charangas "Támega" e "Bandiños".
Pola tarde:Baixada da Morena dende Cimadevila acompañada de toxos e cobelleiros. Ó remate reparto de cachucha, pan e viño. ¡Hai que repoñer forzas! Baile e verbena coa actuación das orquestras "Los Españoles" e o grupo "Meneíto".
24 de febreiro MARTES DE ENTROIDO
Pola mañá:Saída dos Peliqueiros Veteráns. ¡Arde a Picota! Animación na rúa a cargo das charangas "Támega" e "Bandiños".
Pola tarde:Desfile de Carrozas.A partires das sete o Testamento do Burro, Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros. Baile e verbena a cargo da orquestra "Superfama" e o grupo "Costa Mar"
VISITA DOS TROTEIROS ÁS ALDEAS DO CONCELLO DE BANDE
SÁBADO 7 DE FEBREIRO Saída dos TROTEIROS ás 15:00h. do bar Casanova. Chegada á aldea de Sarreaus (15:15h. no campo da festa), Calvos (15:45h. no centro social), Corvelle (16:30h. na Corredoira), Pereira (17:15h. na casa do pobo), Seoane, Recarei, Cadós, A Granxa, Rubiás, Pazos e Souto (chocada dos Troteiros), Vilela, As Maus, Lebosandaus, Porto Quintela (chocada dos Troteiros), Santa Comba (18:30h. onda a igrexa visigótica), O Pazo, Mexide e As Forcadas (chocada dos Troteiros).
SÁBADO 14 DE FEBREIRO Saída dos TROTEIROS ás 15:00h. do bar Casanova. Chegada á aldea de Vilameá (15:15h. na praza maior), Buxán, Sordos (chocada dos Troteiros), Nigueiroá (16:00h. onda a igrexa), Garabelos (16:20h. na capela), Ribeiro (16:45h. nas Campinas), A Ponte Liñares, Güín, Trarigo, Carpazás, Vilar, Lueda (chocada dos Troteiros) e Martiñán (19:30h. onda o forno).
NOTA: HORARIOS APROXIMADOS AGRADÉCESE INVITACIÓN A LICOR CAFÉ...
11/02, mércores, ás 20h15, inauguración na Casa do Escudo de Entroidarte 2009, exposición de pinturas, esculturas e fotografías con temática de Entroido, realizadas por vintecatro artistas vinculados ao espazo da Eurocidade Chaves-Verín. A mostra permanecerá aberta durante todo o ciclo de Entroido.
XOVES DE COMPADRES (12 FEBREIRO 2009)
Saída ás 24h00 do Carro do Meco da rúa Montemaior, para percorrer a rúa Lisa, praza García Barbón (onde se celebrará o Xuízo do Maragato); rúa da Cruz, rúa da Mercede, praza da Mercede, rúa Laureano Peláez, rúa Irmáns Moreno, rúa Deputación, avenida Luís Espada, rúa Lisa e praza García Barbón, onde terá lugar a Queima do Maragato.
Eso si, sempre acompañados do "Carro do Meco" e da música da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín, para xulgar "O Maragato". O veredicto? Culpable E o castigo? Morrer petardeado e queimado.
NOTA: Advertencia a todos os pinches pirotécnicos: coa pólvora non se xoga.
DOMINGO CORREDOIRO (15 FEBREIRO 2009)
Descarga de bombas de palanque e saúdo do batallón de cigarróns á saída das misas, sempre acompañados do son atronador das súas chocas e o castigo dos seus látigos.
Ás 11h30, Concentración de Cigarróns na praza do Concello; 12h45 h. ás 13h15, saúdas dos cigarróns aos fregueses nas saídas da igrexa Parroquial de Santa María e da igrexa dos RR.PP. Mercedarios. Ás 14h00, Xantar Popular do Corredoiro na praza da Alameda, con polbo (pan e viño subvencionados). 18h00 ás 22h00, concentración de máscaras e baile popular, que amenizará a orquestra Los Españoles. Animación musical das rúas polas charangas Xente Nova e Támega.
XOVES DE COMADRES (19 FEBREIRO 2009)
11h30, Desfile Infantil do Entroido, no que os máis pequenos do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Escolas de Educación Infantil do Val de Monterrei, CEIP Castrelo do Val e Preescolar na Casa, tomarán as rúas de Verín. (Percorrido: Saída do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá, rúa Deputación, avenida Luís Espada, rúa Lisa e praza García Barbón). Amenizan as charangas Madialeva, Támega e Troulada, e a Banda de Gaitas do Concello de Verín.
Ceas de Comadres polos restaurantes de Verín, amenizadas polas charangas Monterrei, Madialeva, Támega e Troulada. Ás 24h00, Barrio de San Lázaro-Casa do Escudo, Recepción pola Raiña do Entroidoda comitiva de Don Carnal, procedente do camiño real de Monterrei, con Procesión dos Fachóns, desde San Lázaro até a praza García Barbón (avenidas de San Lázaro, Luís Espada e rúa Maior).
Pregón na praza García Barbón por humoristas de teleseries da TVG; e verbena até altas horas da madrugada, que amenizará o grupo Aramio.
VENRES DE COMPADREO e COMADREO (20 DE FEBREIRO 2008)
Ás 18H00, saída do barrio de San Lázaro dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas, que percorrerán, con paradas estratéxicas, diversas rúas e prazas, acompañados das charangas Madialeva e Támega, para se disolveren na praza de Edesio Fuentes. Desde as 24h00, verbena popular co grupo América S.L.
SÁBADO DE ENTROIDO (21 DE FEBREIRO 2008)
A partir das 10h00, pasarrúas das charangas Támega, Xente Nova e Madialeva. Ás 17h00, Bautizo do Cigarrón, a carón da estatua. Animación vespertina das charangas Synolá, Troulada, Mekánika, Xente Nova e Madialeva. Animación nocturna da charanga Mekánika. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Los Trovadores e o gupo Super T.
DOMINGO DE ENTROIDO (22 DE FEBREIRO 2008)
Ás 11H30, Barrio de San Roque, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns. Ás 12H00, Gran Desfile do Entroido (avenida Luís Espada, rúa Alameda, praza da Alameda e praza García Barbón), amenizado polas charangas Os Bandiños, Mekánika, Xente Nova, Synolá, Madialeva e Troulada, e a Escola de Música Tradicional do Concello de Verín. A partir das 16h00, animación musical de rúas coas charangas Mekánika, Xente Nova, Synolá, Madialeva e Troulada. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Los Satelites e o grupo Isla.
AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!
Luns de Entroido - LUNS FARELEIRO (23 DE FEBREIRO 2008)
Pola mañá, animación das rúas coas charangas Synolá, Troulada e Mekánika. Ás 16h30, no Pavillón dos Deportes, xogos infantís e inchábeis. Das 17H00 ás 19h30, praza García Barbón, Batalla da Farelada, animada polas charangas Támega, Troulada, Mekánika e Synolá. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coas orquestras Super Fama e Compostela..
MARTES DO ENTROIDO (24 DE FEBREIRO 2008)
Pasarrúas matinais das charangas Mekánika, Troulada e Madialeva. Ás 16h00, Barrio de San Roque, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns. Ás 16H30, Desfile do Martes de Entroido (avenida Luís Espada, rúa Alameda, praza da Alameda e praza García Barbón), coas charangas Chunda Chunda, Támega, Mekánika, Troulada e Madialeva, e a Escola de Música Tradicional do Concello de Verín. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Trébol e o grupo D´Moda.
Mércores de Cinsa (25 DE FEBREIRO 2008)
Festivo local en Verín para descansar dos días de Entroido.
A partir das 17:00 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións. Horario aproximado: 17:15 da tarde: saída do campo 17:30: O Tallo 18:00:. O Castro 18:15: O Picoto e o Redondo 18:35: Alemparte e O Formigueiro 19:00: O Topete 19:15: Igrexa E como remate a partir das 19:30 da noite, gran festa de disfraces no local social. Música, animación e degustación dos produtos típicos do antroido
Os actos organizados polo Concello de Antas de Ulla para o Entroido darán comenzo o domingo, día 22, xornada adicada aos nenos e nenas. O punto de encontro será a Praza Nova dende as 16,00 horas. O martes, día 24, dende as 21 horas haberá desfile de carrozas, comparsas e individuais; para rematar coa actuación da Orquestra Estelares. Ás 12 do serán farase entrega dos premios según as diferentes categorías.
O Concello de Xove a través da Concellería de Cultura pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2009, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 21 DE FEBREIRO a partires das 5 da tarde. O Desfile de Antroido en Xove foi recuperado o pasado ano pola Concellería de Cultura cun gran éxito, dado que no mesmo participaron moitísimos disfraces nas distintas categorías e a asistencia de público foi masiva. Con respecto ao pasado ano hai importantes variacións, especialmente nos premios que pasan de 1.595 Euros o pasado ano a 2.455 Euros este ano; en canto ás modalidades de premios, esta ano amplíanse, diferenciándose entre carrozas e grupos e comparsas, que o pasado ano concursaron na mesma modalidade. Outra diferencia é que pasamos de 3 premios por modalidade o pasado ano a 4 este ano, dahí que os que se inscriban terán maiores opcións a premios.
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en: -Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 20 de febreiro incluido, ou ben chamando por teléfono ao Concello. -O mesmo día do desfile (21 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial. O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 21 de febreiro) reciban un pequeno agasallo sorpresa de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización
* Ás 22:00 horas, no Local Multiusos da Asociación Veciñal de Salcedo, representación teatral do cadro de actores e actrices da A.V. salcedá.
Domingo, 22 de febreiro:
* A partir das 11 da mañá, pasarrúas coa "Banda de gaitas municipal de Bóveda" * Ás 16:30 horas, pasarrúas coa charanga “La Unión Monfortina”, Madamas e Danzantes. * Ás 17:00 horas, no Local Multiusos da Asociación, Pregón cantado por “Mini e Mero”. * Ás 17:30 horas, saída dos Disfraces de Campo. * Ás 18:00 horas, interpretación da Banda Parroquial de Salcedo. * Ás 18:30 horas, nova actuación da charanga “La Unión Monfortina”. * Ás 22:00 horas, no Local Multiusos da Asociación Veciñal de Salcedo, representación teatral do cadro de actores e actrices da A.V. salcedá. * Ás 24:00 horas, verbena popular amenizada polo “Dúo Eclipse”, ata altas horas da madrugada.
Luns, 23 de febreiro:
* Ás 16:00 horas, pasarrúas coa charanga “Terras de Bibei”. * Ás 16:15 horas, saída dos Cegos, coas súas coplas de entroido. * Ás 17:00 horas, chegada do Óso e os seus Criados. * Ás 19:30 horas, actuación do grupo “Os Tumbalobos”. * Ás 21:30 horas, cea popular. * Ás 22:30 horas, nova actuación da charanga “Terras de Bibei”. * Ás 24:00 horas, comezo do baile, ata altas horas da madrugada, coa orquestra “Xente Nova”.
Martes, 24 de febreiro:
* Ás 16:30 horas, pasarrúas coa charanga “La Unión Monfortina”, Madamas e Danzantes. * Ás 17:30 horas, representación de teatro nas rúas salcedás e Disfraces de Campo. * Ás 19:00 horas, interpretación da Banda Parroquial de Salcedo. * Ás 20:00 horas, nova actuación da charanga “La Unión Monfortina”. * Ás 21:00 horas, comezo do baile coa orquestra “Emperadores”. * Ás 22:30 horas, actuación da charanga “La Unión Monfortina”. * Ás 23:30 horas, continuamos a festa amenizada polos “Emperadores”.
Apertura do proceso de inscipricipción para o concurso de comparsas do entroiudo 2009.
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar aquelas comparsas que consten dun mínimo de dez membros adultos.
Inscribiranse na oficiña de Cultura do Concello de Nigrán a partir do luns 2 de febreiro de 8:30 a 14:30 H. O prazo rematará o martes 10 de febreiro para as comparsas das diferentes asociacións veciñais e centros culturais de Nigrán. Para aquelas comparsas que non pertenzan ao Concello de Nigrán, o prazo rematará o martes 17 de febreiro.
ACTOS PREVISTOS PARA AS COMPARSAS
O desfile iniciarase ás 17:00 horas do sábado 21 de febreiro, desde a rúa Cidade de Vigo, pasando polo Paseo Marítimo e rematará na Praza José Mogimes coa actuación de cada unha das comparsas participantes. As comparsas deberán presentarse no Campo das Redes unha hora antes do inicio do pasarúas, se 15 minutos antes do comezo, algunha das comparsas non está preparada na súa totalidade, a organización resérvase o dereito de descalificala.
O sorteo de orde de saída celebrarase o día 19 de febreiro ás 20:30 h. no salón de plenos do Concello. A este acto asistirá un representante de cada unha das comparsas participantes, en caso da incomparecencia do representante de algunha comparsa o resultado do sorteo comunicaráselle o día do desfile, sen ter opción a modificar o seu posto na orde de saída.
Ao remate da última actuación, terá lugar a entrega de premios á que asistirán todas as comparsas debidamente disfrazadas.
En caso de condicións metereolóxicas adversas, o percorrido do pasarúas será desde a Rúa Cidade de Vigo ata o Pabellón Municipal de Deportes.
PREMIOS
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 600 €
2º Premio: 500 €
3º Premio: 400 €
4º Premio: 300 €
5º Premio: 200 €
XURADO
Pendente a súa designación.
O xurado valorará a orixinalidade, o vestiario e a actuación de cada unha das comparsas para a concesión dos premios.
De consideralo oportuno poderá deixar deserto algún premio.
NOTA
Os premios entregaranse en cheques-formato que serán canxeables na oficina de pagos do Concello.
De cara a regular a celebración do concurso de disfraces para adultos do Entroido 2009 que organiza a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, establécense as seguintes BASES:
a) O prazo de inscrición dos grupos (ente 5 e 14 compoñentes) e comparsas participantes (15 ou máis membros) rematará ás 13.00 horas do mércores 18 de febreiro, agás os individuais e parellas que poderán facelo ata 15 minutos antes do comenzo do desfile. No momento da inscrición as comparsas deberán facer constar o nome e enderezo do seu representante, xunto co N.I.F. e un número de conta bancaria no que ingresar o posible premio. b) A concentración de participantes, terá lugar o martes 24 de febreiro de 2009 ás 17.00 horas, tendo como lugar de saída a avenida de D. Lino Rodríguez Madero (detrás do Concello). c) A orde do desfile rexerase segundo a de inscrición; se ben por razóns técnicas a organización pode introducir as modificacións que considere oportunas. Iniciarán o desfile os individuais, parellas, grupos e a continuación as comparsas. d) Toda comparsa ou grupo que non acate as ordes da organización será descualificada. e) O xurado será nomeado pola Concellería de Educación, Cultura e Xuventude e feito público o xoves 19 de febreiro xunto co listado de comparsas e grupos participantes. f) O xurado poderá declarar deserto algún premio. g) Criterios de avaliación: - participación e animosidade no desfile (30% da puntuación total), calidade e caracterización dos disfraces (50% da puntuación), emprego de complementos (carrozas, aparellos diversos..., que suporá un 20% da puntuación final). - ademáis, todos os participantes que o desexen poderán, finalizado o desfile, participar no concurso de “coplas do entroido”, cunha actuación no escenario cunha duración máxima de 5 minutos. Antes da súa representación, deberán entregar ao xurado unha copia escrita do texto. h) Establécense os seguintes premios: Premios:
Parellas e individuais: Premio único: 50 € (individual) e 90 € (parella)
Accésits e premios de participación para comparsas e grupos: O xurado poderá conceder accésits ás comparsas e grupos non premiados.
Premio “Coplas do entroido” 1º Premio: 150 € 2º Premio: 100 € 3º Premio: 60 €
i) Os premios das comparsas entregaranse mediante transferencia bancaria, xa que aqueles de cuantía igual ou superior a 300 € están suxeitos á retención correspondente do I.R.P.F. j) O importe máximo a outorgar, entre premios e accésits, non poderá superar a cantidade de 5.000 €, con cargo á partida 451/481.00 para premios e subvencións, correspondente ao orzamento xeral do Concello .
-Domingo 22: desfile das comparsas polas rúas da vila e actuacións e entrega de premios no Pavillón Municipal. Nota: Ademais dos premios que se poden gañar , subvencionarase con 6 € a cada participante.
-Luns 23: festa de disfraces infantil na Casa de Cultura.
18 e 19 de Febreiro: Talleres para nenos de 6 a 0 anos: faran a mascota do entroido e un disfraz fotomatón.
23 de Febreiro: Festa do entroido, con desfile para adultos e infantil e tamen por grupos ou parellas. Os mellores recibirán premios gastronómicos. Haberá actuación musical e cea.
A concelleira de Festas, Benestar Social, Xuventude, Solidariedade e Muller, Beatriz Sestayo, avanzou os principais atractivos dun cartel de actividades co que o Concello pretende recuperar a festa na rúa durante este Entroido. Así e antes de entrar en detalle, a edil agradeceu as achegas realizadas polas entidades veciñais da cidade e outros colectivos como os hosteleiros e comerciantes, e destacou a unanimidade e consenso alcanzado na comisión de festas na que se deseña a programación. Unha programación que arrancará o sábado 21 de febreiro cunha serie de espectáculos de animación infantil para os máis pequenos da casa. Non terán que desprazarse moito, xa que as actividades se descentralizarán nos diferentes locais veciñais. Así mesmo, os nenos e nenas que acudan ao Centro Cultural Carvalho Calero e á Casa da Xuventude para participar en Os Sabactivos, a oferta de ocio infantil municipal, poderán mergullarse en obradoiros de disfraces, maquillaxe e teatro adaptado ás datas festivas.
Beatriz Sestayo engadiu que ese mesmo sábado pola tarde a praza de Armas acollerá unha multitudinaria degustación gratuíta de lacón con grelos, un prato máis que típico no Entroido, para todos os cidadáns e cidadás que así o desexen. Unha cita que estará amenizada pola actuación das comparsas.
Deste xeito, a edil indicou que o luns, 23 de febreiro, e dacordo coa asociación de comerciantes, se dará a coñecer o nome daquel escaparate que ofreza a mellor imaxe festeira en Ferrol. O último paso dun concurso que se abrirá nos días precedentes.
Na xornada do martes 25 e nesta ocasión en colaboración coa asociación de hostaleiros, Beatriz Sestayo sinalou que distintos negocios da cidade ofrecerán degustacións de tapas típicas do Entroido co fin de ir articulando unha verdadeira ruta. O número de locais adheridos a esta iniciativa estaba en 25, aínda que a concelleira aventurou que a cifra medrará moito máis nestes días.
Xa pola tarde, os ferroláns poderán desfrutar do desfile de comparsas e disfraces. Lembrou neste punto que o prazo de inscripción para participar en primeira persoa aínda permanece aberto. Nesta liña, a concelleira tamén avanzou a grandes rasgos o percorrido do desfile, que se iniciará na praza de Amboage para continuar polas rúas Real, Carmen e Galiano, e rematar na praza de Armas. Esta cita precederá outra de igual ou maior atractivo: o festival de comparsas e disfraces. Na céntrica praza de Armas, todos os asistentes poderán desfrutar de torradas, orellas e filloas, postres típicos do Entroido, de xeito gratuíto.
Tras a xornada do martes, día central do Entroido en Ferrol, a praza de Ultramar acollerá o punto e final ás festas neste 2009. Será o venres 27 co enterro da sardiña e un novo festival de comparsas.
Así mesmo, Beatriz Sestayo quixo destacar que con esa firme intención de recuperar a festa na rúa o Concello ten programado un amplo programa de actividades de animación, á par que subliñou a reaparición das atraccións infantís no Cantón de Molíns despois do seu paso polo Nadal. Dende o 20 de febreiro, ata o 1 de marzo. E, nesta actividade, quixo avanzar que, tal e como sucedera no Nadal, o Concello promoverá de novo a Hora Feliz, 60 minutos de atraccións gratuítas para os máis pequenos da casa. O martes, de 17 a 18.30 horas.
Comparsas
O Concello ten aberto o prazo de inscrición de comparsas para a súa participación no dito desfile e posterior concurso. Os interesados deberán solicitalo no departamento municipal de Festas, sito no Edificio Social, antes do 19 de febreiro e en horario de 9 a 14 horas. Poderán participar todas aquelas agrupacións que estean constituídas cun mínimo de 15 persoas cos seus correspondentes disfraces, ben individuais, ben colectivos. Disporán dun mínimo de seis minutos e un máximo de dez para interpretar as letras que teñan preparado, tempo no que se incluirá tanto a entrada como a saída do escenario. E, ao fío, a concelleira lembrou que as letras dos repertorios deberán de ser obrigatoriamente en galego. Asemade, tamén se poderá participar a título individual, neste caso no apartado de disfraces.
Dentro do programa de actos do antroido 2009, o Concello organiza un desfile de disfraces na capital municipal. Haberá: Obradoiro de maquillaxe, pasarrúas a cargo das persoas disfrazadas, desfile por el palco, choclolate roscas e xogos para todos. O Concello tamén organiza un baile de disfraces no pavillón municipal en Corme o vindeiro día 24 de febreiro.
Co obxecto de fomentar a participación e colaborar economicamente na confección dos traxes, carrozas, etc., o Concello de Ponteceso convoca unhas axudas destinados a grupos e persoas:
O Domingo 3 de febreiro a partir das 12:00 o Pabillón Municipal de Deportes de Cerdedo acollerá a oitava edición da Festa da Vincha. A Vincha é unha das tradicións gastronómicas máis populares do Entroido do interior da provincia de Pontevedra. O programa da Festa da Vincha do 3 de febreiro é o seguinte: -12:00 Presentación da Festa e Lectura do Pregón. -12:30 Degustación e venda de vinchas e doces propios do Entroido (filloas, orellas, flores, etc.). Mostra de oficios tradicionais, venda de libros e actuación de grupos de música tradicional. -13:00 Concurso de vinchas, entrega de premios e comida "enxebre". -16:00 Taller de oficios tradicionais, conta contos e actuacións musicais.
Receita da vincha
INGREDIENTES: -Vincha de porco - 12 ovos -750 gramos de azucre - 1/4 litro de leite -1/4 kilo de pan consistente - 2 cucharas de mantequilla de vaca Bater os ovos. Engadir leite, azucre, mantequilla derretida e pan desfeito en cadrados, deixando que a mistura repose durante cinco horas. Lavar ben a "vincha", darlle a volta e introducir a mistura. Pechar mediante unha costura e cocer ó baño maría durante dúas horas. Unha vez cocida déixase enfriar, rómpese a "vincha" e o resultado é un sabroso e típico doce do Entroido do interior da provincia de Pontevedra.
O 28 de febreiro, coincidindo co sábado de piñata, celébrase unha nova edición do desfile-concurso de disfraces de Mondoñedo. Anímate a participar e poderás gañar un dos premios que se destinan ás diferentes categorias. Os participantes percorrerán as rúas do centro de Mondoñedo ata chegar á Praza da Catedral, onde escenificarán a actuación que teñan preparada. O grupo "Alma Latina" de Viveiro actuará despois do desfile na Praza do Concello. Para ver as bases do concurso e os premios entra en ler máis. Ademáis, o vindeiro domingo 22 de febreiro celebrarase o baile infantil de disfraces organizado pola Asociación de Amas de Casa. A cita será ás 17:30h no Casino de Mondoñedo.
A Delegación de Cultura convoca un ano máis as actividades de Antroido mantendo unha importante tradición moi querida por monfortinos e monfortinas e xentes de puntos próximos á nosa cidade como amosa a alta participación nos diferentes actos organizados.
En 2009 a primeira cita co Antroido será o día 12 de febreiro co Xoves de Compadres, o 19 do mesmo mes celebrarase o Xoves de Comadres e o día 24 de febreiro terá lugar o concorrido Desfile de Comparsas e Disfraces do Martes de Antroido.
Estes actos están organizados pola Delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte de Lemos en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
Pódese obter máis información sobre estas actividades na Delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte de Lemos (teléfono 982404404) ou consultando as novas correspondentes aos mesmos incluídas na sección Axenda Cultural da páxina web do Concello de Monforte de Lemos (www.concellodemonforte.com).
As inscricións para participar no Xoves de Compadres, Xoves de Comadres e Desfile do Martes de Antroido deben realizarse no Rexistro Xeral do concello situado na Casa do Concello (Campo de Santo Antonio, s/n).
Chega o momento dos vivas e dos xenerais e con eles tamén veñen a troula, as orellas, as filloas, a tradición,...No noso concello son estas as citas a ter en conta:
- O domingo 22 de febreiro: ENTROIDO EN TROBE. - O martes 24 de febreiro: ENTROIDO MUNICIPAL. - O sábado 28 de febreiro: ENTROIDO EN SAN XIÁN.
Domingo, 22 de febreiro 17,30 horas na Praza do Mercado Baile de Disfraces de maiores
Luns, 23 de febreiro 16,30 horas Desfile e concurso de disfraces Ao remate: Gran Chocolatada na Pza. da Constitución
Martes, 24 de febreiro 17,00 horas Praza da Constitución ENTROIDO DO ULLA (Alto dos Xenerais, Carrozas, Coros, Comparsas, Charangas, Encontros de Vellos…) Participan as parroquias de Arnois, Berres, Cora, Couso, Loimil, Paradela, Ribeira, Santeles, San Xurxo de Vea.
Venda de produtos típicos do entroido na Praza da Constitución durante os catro días.
Entroido 2009 Ribadumia - A partir do luns os Piratas do Umia elaborarán o seu propio disfraz
O Concello de Ribadumia presenta a súa programación de actividades para o Entroido 2009, que ademais do tradicional baile de disfraces infantil, tamén inclúe obradoiros para que os nenos elaboren a súa propia vestimenta. O primeiro acto do programa do Entroido é o baile de disfraces infantil, onde a diversión, a música, a animación e a orixinalidade dos traxes serán os principais protagonistas. O luns 23 de febreiro, a partir das 17:00, comezará o gran baile infantil no Centro Social de Barrantes. Para que non falte ninguén, o Concello porá a disposición dos nenos interesados dous autobuses que percorrerán (a partir das 16:00 horas) tódalas parroquias. Unha vez na festa, os disfraces máis orixinais e creativos serán premiados nas categorías de nenos de ata cinco anos, de seis a nove anos e maiores de dez. Nesta actividade colaborará co Concello de Ribadumia a Asociación de Comerciantes. Ademais, o Concello de Ribadumia e a Deputación de Pontevedra sortearán dúas bicicletas entre os asistentes. Coa creatividade e orixinalidade do Entroido tamén traballarán desde o luns os nenos que participan no programa “Piratas do Umia”. Durante as ludotecas os nenos crearán os accesorios do seu disfraz, que lucirán durante a festa que organizarán o mércores de cinza na Casa da Cultura de Ribadumia. Tódolos nenos que participan nesta ludoteca reuniranse na parroquia ribadumiense para celebrar o entroido con música, baile, xogos e animación.
Entre o 17 e o 24 de febreiro Melide celebra o Entroido 2009. Unha semana de actividades culturais, didáctivas, festivas e musicais á que están convidados grandes e pequenos. Sigue a través desta web toda a programación do Entroido 2009 de Melide. MARTES 17 e XOVES 19 17.30 - 19.00 h / Edificio Multiusos OBRADOIRO DE PIÑATAS Participantes maiores de 7 anos
DOMINGO, 22 17.30 - 19.00 h / Pazo de congresos e exposicións FESTA DE PIÑATAS E OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES
19.00 h / Pazo de congresos e exposicións PASARRÚAS DO ENTROIDO Con desfile de zancudos e grupo de gaitas "Bico da Balouta"
LUNS, 23 12.00 - 13.30 h / Cantón de San Roque TALLER DE MÁSCARAS E ANTIFACES Para maiores de 7 anos
17.00 - 19.00 h / Cantón de San Roque TALLER DE TÍTERES DE GOMAESPUMA Para maiores de 7 anos
17.30 - 19.00 h / Cantón de San Roque TALLERES DE ENTROIDO Para nenos/as de 3-7 anos
19.00 h / Cantón de San Roque PASARRÚAS DE ENTROIDO Acompañado da charanga "Os Charangos de Neda"
MARTES, 24 17.30 - 19.30 h / Cantón de San Roque FESTA INFANTIL DE DISFRACES CON SHOW DE PALLASOS, OBRADOIROS DE GLOBOFLEXIA, XOGOS, etc.
19.30 h / Cantón de San Roque PASARRÚAS DE ENTROIDO Coa charanga "Tralla 101 de Melide".
20.00 h / Praza das Coles LECTURA DO PREGÓN
A continuación GRAN BAILE E CONCURSO DE DISFRACES acompañado con boa música e degustación de: DOCES DE ENTROIDO, CALDO LIMPO, QUEIMADA, etc.
ENTREGA DE PREMIOS - 2 premios para comparsas - 3 premios individuais - 1 premio a sortear entre todos os participantes
Entre as 9 e as 9.30 concentráranse os felos e madamas na Praza do Afiador (Esgos) e sairán en autobús cara Vilar. A continuación irán a Lobaces, Gomariz, Loña, Cernada, Quinta, Melón Alto, Melón Baixo, As Meiroás, A Touza, Fondo de Vila e Casanova.
Ás 17.00 horas participarán no desfile de carrozas e disfraces en Esgos.
Despois do desfile acudirán a: Lama, Pardeconde, Paradela e Alto do Couso (ás 21.00 horas aproximadamente).
VENRES 20 DE FEBREIRO: 11:30 Desfile de Carrozas e Disfraces dos rapaces dos centros escolares IES Pedras Rubias, CEP Altamira, CRA Raíña Aragonta e Galescola polas rúas de Salceda.
SABADO 21 DE FEBREIRO: 17:00 “Festa Infantil de Disfraces” no Parque Raíña Aragonta.
DOMINGO 22 DE FEBREIRO: 12:00 “Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas” na Praza do Concello.
16:00 “XI Concurso de Carrozas e Comparsas de Entroido” polas rúas de Salceda. Información e inscrición na OMIX.
19:00 “II Concurso de coplas de Entroido”. Praza do Concello. Información e inscrición na OMIX.
20:30 Gran Verbena co grupo Samba e a orquestra Miramar.
LUNS 23 E MARTES 24 : Ven a coñecer o tradicional Entroido da Feira e Castro Barreiro, con verbena en ámbolos dous barrios e a presentación o martes das súas maxestuosas carrozas e comparsas no centro da vila a partires das 17:00 horas.
Entroido en Marín, do 20 de Febreiro ao 8 de Marzo
Mércores 18, Xoves 19 e Venres 20 de Febreiro:
OBRADOIROS DE MAQUILLAXE I EFECTOS ESPECIAIS no Telecentro da Biblioteca Municipal para rapazas e rapaces de entre 12 a 16 anos. De 18:30 horas ás 20:30 horas.
Xoves 19 de Febreiro:
Ás 16:30; ENTROIDO NO CEIP SEQUELO
Venres 20 de Febreiro:
I Ruta “D’NOITE D’ENTROIDO”:
Amenidaza pola comparsa “Os Jalácticos” de Marín.
Sábado 21 de Febreiro: DESFILE INFANTIL · Ás 15:30 horas; Inscripcións no Palco da Música. Concentración na Alameda. · Ás 16:30 horas; Saída do Desfile Infantil dende a Alameda · Rúa Real · Rúa do Sol · Doutor Touriño · Jaime Janer · Remate na Alameda · Despois do Desfile: BAILE INFANTIL NO ATENEO
Domingo 22 de Febreiro: PREGÓN · Ás 11:00 horas; Concentración das comparsas de Marín. · Ás 11:30 horas; Desfile e actuacións nas inmediacións da Alameda. · Ás 12:00 horas; Saída dende a Alameda ao Concello por Méndez Núñez e volta de novo á Alameda por Av. De Ourense. · Ás 13:00 horas; Letura do Pregón por parte de PILAR CALVIÑO · Ás 13:30 horas; Actuación do XARANGALLO-MANGALLO e CHARANGA AIR-JALISIA
DESFILE ADULTOS · Concentración na praza do Regueiro dende ás 16:30 horas · Saída ás 17:00 horas pola Av/de Ourense · Praza de España · Salvador Moreno · Jaime Janer · Calvo Sotelo · Finalizando no Parque Eguren
Luns 23 de Febreiro: XXV FESTA INFANTIL LAMEIRIÑA+ORQUESTRA MIRAMAR · Obradoiros d’Entroido: o Granxa de Briz de 10:00 a 13:00 horas o Parroquias Ardán, Sta Mª do Campo, Seixo, Mogor, e San Xulián de 16:00 a 18:30 horas. · Ás 12:00 horas; Festa do Merengue na Lameiriña · Ás 16:30 horas; Festa Infantil na Lameiriña · Actuación da ORQUESTRA MIRAMAR · A partir das 20:00 horas; Xarangallo- Mangallo polas tabernas de Marín
Martes 24 de Febreiro: · Obradoiros d’Entroido: o Granxa de Briz de 10:00 a 13:00 horas o Parroquias Ardán, Sta Mª do Campo, Seixo, Mogor, e San Xulián de 16:00 a 18:30 horas. · Ás 18:00 horas; Concurso de Filloas e Ourellas no Ateneo Santa Cecilia. · Ás 20:00 horas; Actuación de Murgas na Alameda; XARANGALLO-MANGALLO e VOU NON VOU de Bueu.
Mércores 25 de Febreiro: ENTERRO DA SARDIÑA · Obradoiros d’Entroido: o Granxa de Briz de 10:00 a 13:00 horas o Parroquias Ardán, Sta Mª do Campo, Seixo, Mogor, e San Xulián de 16:00 a 18:30 horas. · Ás 18:00 horas; Velorio da Sardiña no Palco da Música da Alameda · Ás 21:00 horas; Saída da Comitiva do Enterro da Sardiña dende o Ateneo Santa Cecilia · Ao finalizalo Enterro: ACTUACIÓN XARANGALLO-MANGALLO Xoves 26 de Febreiro: · A partir das 20:00 horas; XARANGALLO-MANGALLO NO CANTODAREA Venres 27 de Febreiro: “FILLOA ROCK” · A partir das 17:00 horas; o Campionato de Xadrez con premios! o Contacontos + Títeres o Obradoiro de Maquillaxe de Entroido para nenos e nenas o Obradoiro de cestas con bimbias o E de GRATIS filloas e ourellas para todo aquel que se achegue! · A partir das 21:00 horas; o Concerto Sábado 28 de Febreiro: CEA HOMENAXE DO ENTROIDO · (Falta por planificar; lugar, invitacións,…) Domingo 1 de Marzo: DOMINGO DE PIÑATA coa CHARANGA AIR JALISIA+ ENTROIDO SAN XULIÁN · Ás 12:30 horas na Alameda; Xogo de “URRA-LAS OLAS” pola Asociación Ronsel · Ás 13:00 horas; Xogo da Piñata · Ás 13:30 horas, na Alameda; Degustación do “BOLO DO POTE” pola Asociación Fentos e Frouma+ACTUACIÓNS PANDERETEIRAS xunto con LOAIRA. · Actuacións da Charanga AIR-JALISIA durante a mañá e a tarde. · ENTROIDO EN SAN XULIÁN; Ás 17:00 horas da tarde saída dende San Pedro.
Sábado 7 de Marzo: DESFILE ENTROIDO en SEIXO · Concentración e saída dende a gasoliñeira ás 17:00 h. · Av/ Otero Ulloa até a Casa de Cultura ACTUACIÓN XARANGALLO-MANGALLO en San Xulián ás 20:00 horas.
O baile de Entroido estará amenizado pola orquestra Foliada Abegondo, 20 de febreiro de 2009.- O Concello de Abegondo ten programado como acto central das datas de Entroido unha festa que se vai celebrar no pavillón polideportivo municipal de San Marcos este domingo día 22, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Cultura e Xuventude.
A festa vai comezar ás 17.00 horas e desde o departamento de Cultura deseñouse un amplo programa de actividades para esta xornada na que participarán nenos e adultos. No pavillón estarán instalados inchables para os pequenos e tamén haberá un taller de maquillaxe.
Todos os asistentes, xa sexan pequenos ou adultos, que acudan disfrazados e estean previamente inscritos recibirán un bonito agasallo adaptado a súa idade. Haberá tarta larpeira de balde para todos as persoas que se achegen até a Festa de Entroido en San Marcos. A xornada rematará coa actuación da orquestra Foliada.
Concursos
Ao longo da tarde de festa vai ter lugar un concurso de disfraces para as categorías xuvenil e de adultos en modalidade individual e de grupos. Os premios son os seguintes:
1º premio: 400 € 2º premio: 250 € A gastronomía típica do Entroido vai estar presente a través de dous concursos: un que vai premiar as filloas máis saborosas, e outro especial destinado a recoñecer sobremesas como as orellas, buñuelos ou rosquillas. No concurso de filloas repartiranse 1º, 2º e 3º premio de 180 €, 120 € e 80 € respectivamente. O premio especial de gastronomía está dotado con 100 €.
Con motivo do Entroido o Concello de Begonte, coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Begonte, presenta un programa de actividades para celebrar estas festas:
- Sábado, 21 de febreiro, de 16:00 a 19:00 hras. Baile de disfraces infantil e, ademais, xogos xigantes, xogos tradicionais e xogos con música. Premios para os mellores disfraces.
- Domingo, 22 de febreiro, de 19:00 a 22:00 hras. Baile de disfraces para adultos amenizado polo grupo musical “Alecrín” e premios para os mellores disfraces.
Tódalas actividades se desenvolverán no Pavillón Polideportivo de Baamonde.
Tras éxitos como "Tengo", "Fuera de este mundo" ou "Dónde está el amor" o artista italovenezolano volve a España para abrir a súa xira mundial na que contará con convidados de luxo como Fernando Velasco (Ecuador), Jorge Villamizar (Bacilos, Colombia) e Manuel Carrasco (España).
Entradas: 21'00, 24'00 €.
Sábado, 14 de febreiro
20.00 h. Coliseum
MONCHO BORRAJO: "Mi última función".
Moncho Borrajo, con "Despedida y cierre", remata o seu labor de polifacético artista sobre os escenarios e faino dedicándolle á Coruña "Mi última función".
Entradas: 15'00 20'00, 30'00, 35'00 €.
Domingo, 15 de febreiro
19.00 h. Palacio da Ópera
CONCURSO DE COMPARSAS (letra e música)
Con Oswaldo Digón e Rumbo Tu Pá
Pregón: MONCHO BORRAJO.
Inscricións: Ata o día 6 de febreiro nas oficinas do IMCE (Coliseum).
Entrada: con invitación (kiosko da praza de Ourense, dende o 12 de febreiro)
Nota: o público asistente deberá levar posto un elemento "entroideiro".
Venres, 20 de febreiro
21.00 h. Cantón Grande
ENTRONIZACIÓN DO MOMO
Coa presenza de todas as comparsas inscritas nos concursos do Entroido e a animación das charangas Ruada e Os Amigos.
Quedará instalado no Cantón Grande, xunto ao Obelisco, ata o día 24 que será levado para a praza de España.
22.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez
FESTA DAS COMPARSAS
23.00 h. Rúa Arenal
VELORIO DA SARDIÑA
Todos os días ata o 25 de febreiro en Café Bar Pardillo, de 23.00 a 01.30 h.
Sábado, 21 de febreiro
17.00 h. Praza de Ourense a praza de María Pita
GRAN CABALGATA DE ENTROIDO
· CONCURSO DE CARROZAS
· CONCURSO DE COMPARSAS
Inscricións: Ata o día 6 de febreiro nas oficinas do IMCE (Coliseum)
19.00 h. Praza de María Pita
ENTREGA DE PREMIOS DA CABALGATA coa actuación de Orquesta Noche de Estrellas
Domingo, 22 de febreiro
12.00 a 14.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez
FESTA INFANTIL CON INCHABLES
12.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez
OBRADOIROS DE ENTROIDO: disfraces, maquillaxe, caretas, ....
Participantes ata 12 anos e adultos acompañantes
16.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez
CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES
Coa actuación de LA BANDA DEL CAMIÓN con Rock'n Roll para nenos e nenas.
Inscricións: no propio lugar da actividade
Patrocina: Coca-Cola
18.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez
CABALGATA INFANTIL
Inscricións: Participarán as comparsas que se organicen nos obradoiros dos días anteriores e as que se teñan apuntado neses días.
19.00 h. Paseo Marítimo Orzán
Ofrenda floral a "NITO"
20.00 h. Teatro Rosalía Castro
BALLET DE MANCHURIA: O último emperador
Fundado en 1980, o Ballet de Manchuria chega a España coa historia do monarca Pu Yi nunha montaxe con música de Shostakovich e Tchaikovsky creada hai dous anos polo coreógrafo Ivan Cavallari.
Entradas: 12'00, 15'00, 18'00, 25'00 € (carné xove, + 65 años e desempleados: -20 %)
Patrocina: Fundación Caixanova
Luns, 23 de febreiro
09.00 h. Palacio da Ópera
XXII CONCURSO DA FILLOA
Recepción de filloas de 9.30 a 10.15 h.
Organizan: Radio Voz - Gadis.
16.30 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez
XINCANA DE ENTROIDO
Participantes: grupos dun mínimo de 4 membros.
Modalidades: INFANTIL, todos os membros deben ter entre 6 e 12 anos; familar, en cada grupo debe haber como mínimo un adulto.
Inscricións: no propio lugar da actividade
Patrocina: Coca-Cola
20.30 h. Teatro Rosalía Castro
COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO
ANTROIDO FOR PRESIDENT
(Mitin hoxe no Rosalía)
de Antón de Santiago
Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove e + 65 anos: - 20%)
Venta: Billeteira do Teatro, días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20.30 h. Billeteira praza de Ourense, de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. Venda telefónica: 902 504 500 - www.caixanova.es
Martes, 24 de febreiro
12.00 a 14.00 h. Praza de España
FESTA INFANTIL CON INCHABLES
13.00 h.
Ofrenda floral a "CANZOBRE"
13.30 h.
Ofrenda floral a "CÉSAR SANJOSÉ"
17.00 h. Praza de España
VIII CONCURSO "MENUDOS CANTANTES", INFANTIL E XUVENIL DA CANCIÓN
Inscricións: Ata o día 6 de febreiro en El Corte Inglés e nas oficinas do IMCE (Coliseum).
Modalidades: Infantil e Xuvenil, dentro de cada unha individual (unha soa persoa) e grupo (entre un mínimo de 2 e un máximo de 5 persoas non instrumentistas).
Patrocina: El Corte Inglés
18.00 h. Rúa da Torre
CONCURSO INFANTIL DE CHOQUEIROS
Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO.
Inscricións: no propio lugar da actividade dende as 16.00 h.
19.00 h. Praza de España
Actuación musical
19.00 h. Teatro Rosalía Castro
COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO
ANTROIDO FOR PRESIDENT
(Mitin hoxe no Rosalía)
de Antón de Santiago
Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove e + 65 anos: - 20%)
Venta: Billeteira do Teatro, días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20.30 h. Billeteira praza de Ourense, de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. Venda telefónica: 902 504 500 - www.caixanova.es
20.00 h. Rúa da Torre
FESTA CHOQUEIRA MEMORIAL CÉSAR SANJOSÉ
Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO.
Inscricións: no propio lugar da actividade dende unha hora antes.
Nota: Por gentileza de Gadis todos os participantes recibirán un regalo típico do Entroido: un minilacón, unha restra de chourizos e un atado de grelos (na categoría de grupos, máximo de 4 lotes por grupo).
21.00 h. Rúa da Torre
ORQUESTA FOLIADA
Mércores, 25 de febreiro
21.00 h. Praia de San Amaro
ENTERRO DA SARDIÑA E QUEIMA DO MOMO
Ás 19.00 h dirase o último responso pola Sardiña na rúa Arenal e a continuación sairá a comitiva.
Itinerario: Avenida de Hércules e rúa da Torre ata a praza de España onde se incorporará o Momo para retomar o camiño pola rúa da Torre ata a praia de S. Amaro.
A continuación haberá unha sesión pirotécnica.
Sábado e domingo, 28 de febreiro
12.00 h. Soho - Orzán
ENTROIDO PEQUENO
Mostra de artesanía, desfile de comparsas e concursos Filloa e Disfraces
Un ano máis, o Concello de Carnota pon en marcha a programación do Entroido, tan tradicional na nosa terra.
As actividades proxectadas están especialmente indicadas para o público infantil, pero toda a poboación pode participar e animarse para que teña unha boa acollida.
Por outra banda, estamos pendentes de pórlle data a un obradoiro de regueifas dirixido a persoas da 3º idade, no que teremos o gusto de contar coa presenza dalgúns dos usuarios do Centro de Día, que se achegarán á nosa biblioteca para participar nesta actividade, desenvolvida ao abeiro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Deporte.
Desfile escolar con saída ás 11:30 h. dende a Praza da Guía, subindo pola rúa das praias de Fedorento e Area Grande, seguindo pola Avenida de Galicia e rematando na Alameda.
Durante o percorrido irán acompañados por un grupo de percusionistas e dous zancudos.
DOMINGO 22 FEBREIRO:
A partir das 18:30 h. actuación da orquestra “CHASTON”
LUNS 23 FEBREIRO:
A partir das 18:30 h. actuación da orquestra “TRIUNFO”
MARTES 24 FEBREIRO:
Desfile- concurso con saída, ás 17:00 h. dende a Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”), rematando na Alameda da Guarda.
A partir das 18:30 h. actuará na Alameda a orquestra “ATENAS”.
NOTA: en caso de choiva o desfile-concurso quedará aprazado para o domingo 1 de marzo, ás 17:00 h.
MÉRCORES 25 FEBREIRO:
Cinema infantil: “HORTON” Hora: 17:30 h. Lugar: Salón de actos do Centro Cultural. Entrada gratuíta. Recollida de pases no Centro Cultural ou no Concello a partir do día 18 de febreiro.
DURANTE ESTES DÍAS O ENTORNO DAS FESTAS ESTARÁ ILUMINADO
Os produtos típicos desta época xa nos fan oler que o ENTROIDO 2009 está a piques de chegar.....orellas, filloas, lacón con grelos.....comeza dende a vindeira semana a gran enchenta da nosa riquísima gastronomía para dar a benvida o Entroido e con ela a gran festa dos disfraces e o olvido por uns días alomenos da crise, o traballo, etc... A festa comezará o 21 de Febreiro na Ponte do Porto, para continuar o 22 en Xaviña, o 23 de Febreiro en Camelle e o 24 en Camariñas co pasarúas das comparsas. Este ano os premios para o disfraz dos adultos-individual- alcanza os 100 € mentras que para a comparsa chega o 1º premio ós 300 €.
Para participar é imprescindible anotarse na Biblioteca Municipal antes do 19 de febreiro, cuio horario de luns a venres é de 10,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 19 h., agás martes e mércores que só se atende pola tarde. A prepararse todos que comeza o ENTROIDO 2009.
As actividades previstas para celebrar o Entroido 2009 son as seguintes:
Venres, 13 de febreiro: Ás 19:00h: Inauguración da Exposición “Lembranza do Entroido fisterrán”. Proxección de videos antigos do concurso de comparsas dende o ano 1989 e exposición de fotografías de tódalas comparsas que pasaron polo noso Entroido. Do 13 de febreiro ao 1 de marzo no Faro de Fisterra.
Sábado, 21 de febreiro: Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar. Ás 17:30h: Desfile pola vila acompañadas pola Banda de Gaitas O Rumbo de Sardiñeiro e pregón do Entroido 2009 a cargo da Comparsa A Galería na praza da Constitución. A continuación concerto do GRUPO DE ROCK 96 GRADOS.
Domingo, 22 de febreiro: Ás 17:30h: Concurso de disfraces Infatís na praza da Constitución. GRUPOS………..90€ (mín. 3 persoas e máximo 15) PARELLAS…….60€ INDIVIDUAL…..30€ Na modalidade do concurso de grupos deberase realizar unha parodia por parte dos participantes. Un grupo de animadores porán en marcha unha festa chea de xogos, bailes, música,…
Luns, 23 de febreiro: Ás 11:00h: Concurso de máscaras para os máis pequenos na Biblioteca Municipal.
Martes, 24 de febreiro: TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS, ás 18:00h, na praza da Constitución, presentado polo cómico Xermán Martínez. PREMIOS: 1º PREMIO……….1.500,00€ 2º PREMIO………..1.200,00€ 3º PREMIO………..900,00€
O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€. Tamén se fará a entrega de premios do Rei e da Raíña do entroido 2009 e do concurso de máscaras. Haberá venta de chocolate e churros.
NOTA: En caso de mal tempo, as distintas actividades levaránse a cabo no Pavillón Municipal.
O programa de actos principiará o día 21 de febreiro cunha Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes a partir das 16.30 horas. Os menores de Sada poderán participar este día no concurso de disfraces e tamén nos sorteos de agasallos que se celebrarán ao longo da festa.
Un día despois, o domingo 22 de febreiro, terá lugar a Festa da Filloa no Pavillón de Deportes a partir das 17.00 horas. As persoas que asistan poderán degustar este tradicional postre de Entroido acompañado de anís. O grupo musical Midas será o encargado de amenizar a velada.
O mércores, día 25 de febreiro, a Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá unha actuación de comparsas a partir das 19.00 horas. A celebración do Entroido 2009 rematará en Sada co tradicional Enterro da Sardiña na praia das Delicias. Está previsto principie ás 21.00 horas.
O cartel anunciador do Entroido 2009 de Sada foi elaborado por un rapaz de 10 anos, Nicolás Coelho Gende, que resultou gañador da segunda edición do Concurso Municipal de carteis de Entroido, dotado cun premio en metálico de 150 euros.
O vindeiro 22 de febreiro de 2009 celebrase o Entroido no concello de Pantón cun desfile do entroido polas rúas, tamén esta programada unha cea de disfraces co fin de recadar fondos para a beneficio das festas patronales de Ferreira 2009 para o día 21 de febreiro a partires das 22 h no colexio “Monte Baliño”, as entradas podense adquirir nos bares de Ferreira ata o día 14 de febreiro o prezo de 15 euros os adultos e 10 os menores de 11 anos.
Tamén co gaio das festas do Entroido o Dpto. de Cultura do Concello de Pantón organiza, un ano máis, o Concurso de Sobremesas e Licores, Os interesados en participar poden presentar os traballos no Edificio Sociocultural durante a tarde do sábado, día 21, antes das 18 h.
Ese mesmo día se inaugura unha exposición de útiles usados nas artes e oficios desta terra na sala de exposicións do Edificio Multiusos ás 20 h.
No Concello de A illa de Arousa o Entroido vai de venres a martes de Entroido, termina o mércores de cinza, e a seguinte fin de semana son sábado de carrozas e domingo de comparsas. É especialmente concurrido o luns, chegando xente de toda a comarca, algúns en autobuses especialmente fletados para participar no Entroido. Os disfraces desa noite soen ser vistosos, moi elaborados, e os mesmos saen tamén o martes pola tarde.
Xoves, 19 de febreiro. - 18,00 h.: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Biblioteca Municipal de Ponteareas. Venres, 20 de febreiro. “O entroido das escolas” - 11,30 h.: Desfile das comparsas dos colexios de Ponteareas polas rúas do casco urbano da vila, saída dende cada colexio ata a Praza Maior onde cada centro poderá cantar ou ler as súas coplas. Para rematar queima do meco. - 16,30 h.: Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Axencia de Lectura de Xinzo. Sábado, 21 de febreiro. - A partires das 19,30 horas baile de entroido na Praza Maior na compaña dunha orquestra. Domingo, 22 de febreiro - 16,00 h.: Actuación dun grupo de animación infantil na Praza Maior. - 17,00 h.: Concurso de comparsas. Saída do desfile dende a Casa do Concello, percorrendo as rúas Constitución, Praza de Bugallal, rúa de Oriente, Praza Maior, rúa Esperanza, Praza de Bugallal, rúa de Oriente, remate na Praza Maior coa lectura de coplas. Luns, 23 de febreiro. - 17,00 horas, concurso infantil de disfraces na Praza Maior. Inscrición na mesma praza de 16.30 h. a 18,00 h. -1º Premio 100.-€uros -2º Premio 75.-€uros -3º Premio 50.-€uros - 19,00 horas. Gran chocolatada na Praza Maior Martes, 24 de febreiro. - 19,30 h.: Desfile de comparsas, lectura de coplas, e para rematar entrega de premios. Mércores, 25 de febreiro. - 19,00 h.: Velorio da sardiña no Centro Artístico Sportivo. - 20,00 h. Enterro da sardiña. Saída do Centro Artístico Sportivo e remate na Praza Maior.
SÁBADO 21-EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES. 17:00 h. Festa Infantil do chocolate coa actuación da ORQUESTRA SUPERFAMA e Espectáculo Infantil de ANIMACIÓN FANTASÍA. 22:00 h. Gran Festa Municipal de Entroido coa ORQUESTRA SUPERFAMA.
SÁBADO 21-CENTRO VECIÑAL DE ORRO. 20:00 h. Baile de Entroido coa actuación do DÚO FANTASÍA, degustación de filloas, ourellas, rosquillas e disfraces.
DOMINGO 22-CENTRO CULTURAL "O CRUCEIRO" DE CELAS. 18:00 h. Festa infantil de entroido. 21:00 h. Baile de entroido co DUO FANTASÍA.
LUNS 23-ROMERÍA DE SAN BLAS, EN VEIGA. 13:00 h. Amenizada pola ORQUESTRA TROVA, Comparsas, Concurso Choqueiro, Lectura Testamento.
LUNS 23-CENTRO CULTURAL DE CULLEREDO. 17:00 h. Festa infantil co espectáculo ANIMACIÓN FANTASÍA. 22:00 h. Baile de Entroido coa ORQUESTRA TROVA.
MARTES 24-CENTRO VECIÑAL "RAMON VALCARCE" DE SESAMO. 19:00 h. Festa do Entroido con cachola, lacón, ourella, etc... Baile de Entroido coa actuación do DUO FANTASÍA.
MARTES 24-CENTRO SOCIAL DE RUTIS. VILABOA. 21:00 h. Baile de Entroido, concurso de disfraces coa ORQUESTRA COMPOSTELA. Premios: 120 Euros(1º Premio), 60 Euros(2º Premio), 30 Euros(3º Premio), 120 Euros(comparsas). Regalos para nenos/as disfrazados.
VENRES 27-CENTRO CULTURAL DE ALMEIRAS. 22:00 h. Baile de Entroido coa ORQUESTRA TREBOL.
Entroido de San Ciprián i Entroido das Espalladoras, en Cervo
ENTROIDO DE SAN CIPRIAN
O desfile de Entroido terá lugar o martes 24 de febreiro con saída desde o Pavillón Polideportivo da Veiga ás 17.00 horas, facendo un percorrido polas principais rúas de San Ciprián +info..
ENTROIDO DAS ESPALLADORAS
A asociación de mulleres rurais AS ESPALLADORAS organiza, en colaboración co Concello de Cervo a súa tradicional noite de ENTROIDO no pavillón de San Román de Vilastrofe.
A cita terá lugar o sábado 28 de febreiro, a partir das 22.30 horas. +info..
O concello de Palas de rei celebrara os vindeiros días 23 e 24 de febreiro o entroido 2009. Tódalas actividades levaranse a cabo na praza do concello. O luns 23 os mais pequenos poderán desfrutar de diversas actividades de lecer e ocio a partir das 17:00 h. (5 da tarde) e a partir das 19:00 h. (7 da tarde),acompañados dos seus familiares, amigos e veceiños, degustarán unha suculenta chocolatada popular. O martes 24, martes de carnaval festivo local, celebrarase o concurso e desfile da mascaras e comparsas. Entorno as 17:30 h. ( 5 e media da tarde) abrirase o prazo de inscripción para o concurso de disfraces. Entorno as 18:30 dara comezo o debandito desfile que percorrerá diversas rúas da vila rematando na praza do concello onde o xurado valorara os participantes nas diversas modalidades. A entrega de premios efectuarase entorno as 22:00 h. ( 10 da noite), tódolos asistentes poderán desfrutar dunha actuación musical que acompañara a estas actividades o longo da tarde. A organización estrabrece as seguintes modalidades con tres premios para cada unha delas e un premio especial coa que queren premiar a orixinalidade:
Grupos: 1º .....500€ 2º .... 250€ 3º .... 150€ E o premio especial a orixinilidade estara dotado cuns 250€
BASES PARA PARTICIPAR NO ENTROIDO 2009 EN PALAS DE REI Poderán tomar parte no Concurso os grupos, asociacións e charangas que o desexen, sendo de carácter local. A concentración terá lugar na Praza do Concello o Martes, 24 de febrero, ás 18´30 horas. Os participantes desfilarán co seguinte ITINERARIO: Avda. de Compostela, Rúa do Peregrino, Avda. de Compostela, Avda. de Lugo, Rúa de San Tirso, Avda. de Lugo, Avda. de Compostela, Praza do Concello. Para optar ao premio, os Grupos e Comparsas deberán inscribirse na Casa do Concello (Avda. Compostela, 28 teléfono 982 38 00 01). As inscricións faranse ata as 17:30 horas do día 24 de febreiro. Deben comunicar os siguintes datos: - Nome do grupo. - Tema que representan. - Nome do representante do Grupo e teléfono. - Número de participantes. Na inscrición farase constar o número de participantes, sendo condición indispensable que, a lo menos o 50% dos que o compoñen sexan maiores de 16 anos, cando opten ós premios da categoría “Grupos”. A inscrición no concurso leva consigo a autorización para realizar fotografías e vídeos durante a celebración do desfile e a súa posterior difusión. O xurado será elixido pola Comisión de Festexos. O xurado valorará a orixinalidade, o deseño dos traxes, creatividade, coreografía, o bo gusto estético con orientación carnavalesca, a harmonía do conxunto… O fallo do xurado será inapelable. O xurado podería declarar “desertos” calquera dos premios ou deixar fóra do concurso aos participantes se non reúnen as condicións mínimas establecidas nas presentes Bases. A entrega de Premios será na Praza do Concello, o mesmo día do desfile. A participación neste Desfile, supón a aceptación, na súa totalidade, das presentes Bases.
Os municipios lucenses ultiman os preparativos para recibir as festas de Entroido cun amplo programa de actividades no que se inclúen desde os tradicionais desfiles de comparsas e os concursos de disfraces ata propostas específicas para os máis pequenos e a degustación dos doces típicos destas datas.
Estas son algunhas das actividades programadas, sen que pretenda ser unha relación exhaustiva.
Comarca de Lugo O Concello de Outeiro de Rei organizará o domingo, ás 17.00 horas, un concurso de disfraces nunha carpa na praza da vila. Repartiranse 1.550 euros en premios.
En Rábade , o Concello organizará o luns, de 17.00 a 20.00 horas, unha festa infantil no centro sociocultural, con merenda incluída para os participantes. Ademais, a Praza de España será o escenario o martes, desde as 17.30 horas, dun concurso de disfraces con 1.300 euros en premios.
Por outra banda, o martes 24, desde as 17.00 horas, o pavillón de Castroverde acollerá un desfile, xogos e talleres de Entroido para os máis pequenos.
No Corgo, os nenos tamén serán os protagonistas da festa que o Concello organiza o luns, a partir das 17.00 horas.
Ribeira Sacra Monforte celebra este xoves 19 un dos actos máis representativos do Entroido na zona, o Xoves de Comadres,que tamén se celebra en Sober. O punto álxido é á tardiña na Praza de España, onde se queiman os monigotes.
Outro dos festexos máis representativos da comarca é o Entroido Riberao, que se celebra o domingo e que terá o seu máximo expoñente nas celebracións en Chantada , concretamente en Nogueira e en Santiago de Arriba. En ambas as localidades a saída de volantes, mecos e peliqueiros será á primeira hora da tarde. Xa o martes, Monforte e Chantada inciarán á primeira hora da tarde senllos desfiles de comparsas.
Tamén ese día haberá festa en Salcedo (A Pobra do Brollón), coa saída de madamas e danzantes. Ese día celébrase un dos actos máis populares do Entroido lucense. Ese día, a partir das 16.30 horas, espertará o Oso e percorrerá o pobo, acompañado por unha corte de criados, para tiznar a todas as persoas que se atope ao seu paso.
A Ulloa O Concello de Monterroso iniciará os actos de Entroido o domingo, ás 17.30 horas, cun baile infantil no pavillón do colexio. Ademais, premiará ás mellores comparsas que participen o martes no desfile que organiza polas rúas da vila, que arrincará ás 17.00 horas desde diante do Bar Alcal con destino ao auditorio municipal.
En Antasde Ulla, o Concello repartirá 900 euros o martes de Entroido nun desfile, ás 21.00 horas, desde a Rúa Nova á Praza do Concello. Os máis pequenos terán a súa festa o domingo ás 16.00 horas na Praza Nova, con chocolatada incluída.
En Palasde Rei, o luns celebrarase o Entroido Infantil, ás 17.00 horas, na Praza do Concello. O Concello organiza o martes un desfile ás 18.30 horas.
Sarria O Concello de Sarria celebrará os actos de Entroido o domingo cun desfile de carrozas e comparsas polas rúas da vila. O desfile comezará ás 17.00 horas no barrio da Estación.
Pola súa banda, o de Samos organizará unha comida gratuíta a base de produtos do porco e un desfile, que terán lugar o Martes de Entroido, a partir das 22.00 horas.
A asociación cultural Amigos do Val do Mao do Incio celebrará a festa de Entroido o venres, que incluirá unha comida e un baile. As actividades clausuraranse o luns a partir das 23.30 horas, co multitudinario Entroido de Louseiro.
Terra Chá Polo que se refire a Terra Chá, en Guitiriz , o desfile do martes será ás 17.00 horas e despois haberá festa no pavillón deportivo.
En Vilalba, tamén o martes, ás 17.30 horas, haberá desfile de charangas e comparsas polas rúas da localidade. A continuación terá lugar a entrega de premios, que repartirá case 3.000 euros. Ademais, o mércores terá lugar o Enterro da Sardiña na Praza da Constitución, ás 20.30 horas.
En Castrode Rei, celebrarase o Entroido en Val de Francos. O sábado haberá festa e concurso de disfraces e o martes pola tarde celebrarase o desfile, lerase o pregón e realizarase a queima do Entroido. Ademais, o luns, no baixo do centro médico, haberá un concurso de máscaras con premios.
A Mariña Un dos desfiles de Entroido máis destacados da Mariña será novamente o de Foz , que se celebrará o sábado, a partir das 17.00 horas.
En Burela o desfile de Entroido celebrarase o martes e sairá da rúa Ril, ás 17.30 horas para terminar na Praza da Mariña.
Tamén o martes será o día en que salgan á rúa as carrozas e comparsas en Viveiro . Arrincarán ás 17.00 horas.
O 24 tamén será o día grande do Entroido de Ribadeo, cun desfile.
Na Mariña é onde pecha o Entroido lugués, co desfile do domingo de Piñata polas rúas de Vilanova de Lourenzá.
A Montaña O Concello de Baleira celebrará a chegada do Entroido cunha festa o domingo no polideportivo. Os festexos comeinzan ás 20.00 horas cunha festa de inchables para os máis pequenos e terán o seu prato forte ás 21.00 horas co concurso de disfraces, con máis de 1.200 euros en premios.
En Baralla, a asociación Os Malugreiros organiza o sábado, ás 22.00 horas, unha cea no pavillón e a agrupación Airiños de Neira prepara un desfile de Entroido para o domingo, a partir das 18.00 horas, desde o colexio ata no centro sociocultural.
En Becerreá, o Concello organiza o venres, ás 11.00 horas, un desfile infantil desde o colexio ata a casa consistorial. Ao día seguinte, o novo mercado gandeiro acollerá ás 20.00 horas un baile no que non faltarán os doces típicos da festa.
Cervantes festexará o martes a chegada do Entroido cun baile de disfraces, ás 18.30 horas, no polideportivo municipal.
Pola súa banda, na Fonsagrada empezarán o sábado os festexos coa celebración do Entroido infantil, ás 16.00 horas. Ao día seguinte,ás 17.00 horas, haberá un desfile.
Domigo 22 de Febreiro Gran desfile de Carrozas e Comparsas polas rúas de Sarria Saída do barrio da Estación ás 17:30 horas percorrendo as rúas Calvo Sotelo, Diego Pazos, Benigno Quiroga e Curros Enríquez para acabar no Chanto..
Os premios entregaranse no pavillón polideportivo José Mario González (O Chanto).
O Xurado valorará a orixinalidade dos disfraces, a posta en escea, a simpatía e a gracia dos participantes.
Martes 24 de Febreiro de 2009, desfile de Murgas e Comparsas polas rúas da vila . HORA: 17:30. A continuación terá lugar a entrega de premios.
O mércores 25 de Febreiro, terá lugar o ENTERRO DA SARDIÑA, na Praza da Constitución ás 20:30 horas. Estará organizado pola Escola Municipal de Teatro. Ó remate do enterro entregarase a tódolos asistentes un vale canxeable por churros.
Baile coa actuación de Moncho Bermúdez entre as 18.00 e as 22.30 horas no centro social cultural de maiores de Covas. Baile de disfraces amenizado polo Dúo Cachito ás 22.30 horas na carpa situada xunto ó campo de fútbol de Cantarrana. Pinchos de carnaval gratis por cortesía dos negocios de Hostelería de Covas. A hostelería disfrázase contigo. Durante o entroido os seguintes establecementos colaborarán disfrazándose: Cafetería Fontana, El Imperial, O Muro, O Recuncho, Bar Ribeira, La Vinoteca, O Copas, A Cova Meiga. SÁBADO 21 DE FEBREIRO Certame de alpuxarradas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20.00 horas. Presentará Eduardo Lorenzo. Laconada e baile coa actuación do grupo Jocker a continuación do certame de alpuxarradas na carpa situada na Praza de Pastor Díaz. Baile de disfraces coa actuación do grupo Fusión ás 22.00 horas na antiga Escola da Trabe de Galdo. A hostelería disfrázase contigo. Durante o entroido os seguintes establecementos colaborarán disfrazándose: Cafetería Fontana, El Imperial, O Muro, O Recuncho, Bar Ribeira, La Vinoteca, O Copas, A Cova Meiga. DOMINGO 22 DE FEBREIRO
Exposición fotográfica sobre o entroido en Viveiro ó longo do día na carpa situada ó lado do campo de fútbol de Cantarrana. Espectáculo infantil Troula dende as 18.00 ata as 20.00 horas. A hostelería disfrázase contigo. Durante o entroido os seguintes establecementos colaborarán disfrazándose: Cafetería Fontana, El Imperial, O Muro, O Recuncho, Bar Ribeira, La Vinoteca, O Copas, A Cova Meiga. LUNS 23 DE FEBREIRO Entroido infantil co Parque Infantil Diverneno entre as 16.30 e as 20.00 horas na Praza de Pastor Díaz. Baile de entroido coa actuación da Orquesta Océano ás 22.30 horas na Praza Pastor Díaz. A hostelería disfrázase contigo. Durante o entroido os seguintes establecementos colaborarán disfrazándose: Cafetería Fontana, El Imperial, O Muro, O Recuncho, Bar Ribeira, La Vinoteca, O Copas, A Cova Meiga. MARTES 24 DE FEBREIRO Desfile de carrozas e comparsas a partir das 17.00 horas ó longo da Travesía da Mariña actuará a charanga Moito Fandango e Batucada "AXÉ". Entrega de premios a continuación do desfile na Praza de Pastor Díaz. A hostelería disfrázase contigo. Durante o entroido os seguintes establecementos colaborarán disfrazándose: Cafetería Fontana, El Imperial, O Muro, O Recuncho, Bar Ribeira, La Vinoteca, O Copas, A Cova Meiga. MÉRCORES 25 DE FEBREIRO Enterro da sardiña. Velorio coas ladaíñas oficiais, choronas, autoridades eclesiásticas, militares e civís a partir das 12.00 horas na Praza de Pastor Díaz. O enterro estará acompañado pola música de Os Charangos de Neda e Moito Fandango. Ao remate, na Praza Maior, queima da sardiña e reparto de bolos preñados, pizza especial entroido e queimada para os participantes. Comida e bebida cortesía de Pizzbur Covas e Adega Ribeirao
A gran novidade deste ano será unha actuación dos alumnos da Escola de Música “José Verea”.
O Concello de Oroso presenta este ano unha programación de Entroido moi variada, chea de concursos, festas de disfraces, obradoiros e bailes. Un programa “moi atractivo, con actividades para tódolos gustos e idades”, sinala o concelleiro de Cultura de Oroso, Eduardo Veiras.
O Entroido chegará a Oroso o vindeiro xoves 19 de febreiro, data na que se dará a coñecer o fallo do xurado do Concurso de Máscaras. Haberá dous gañadores por cada categoría: infantil (de 9 a 15 anos) e adultos (maiores de 16 anos). O prazo de presentación das máscaras permanecerá aberto ata o martes 17 de febreiro. Os premios, consistentes nunha consola XBOX 360 e un MP4 na categoría infantil e nunha fin de semán nunha casa rural e nunha cea para 2 persoas no caso dos adultos, entregaranse o sábado 21 de febreiro, durante o popular Concurso de Disfraces de Oroso.
Un Concurso de Disfraces que este ano repartirá máis de 3.000 euros en premios. A festa comezará ás 18:00 horas do sábado 21 de febreiro, co tradicional pasarrúas por Sigüeiro. Acto seguido, terá lugar o Concurso de Disfraces no Pavillón de Deportes, onde haberá unha festa de animación con inchables, produtos típicos do entroido como as orellas e as filloas e moitas sorpresas para todos os participantes.
Os participantes no certame, que poden inscribirse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa antes do 20 de febreiro (ou o propio día do concurso no pavillón municipal), participarán repartidos en dúas categorías: Xeral (maiores de 16 anos) e Infantil (ata 16 anos), todas elas con tres modalidades (comparsa, grupo e individual). O Concello de Oroso entregará tamén un premio especial á mellor comparsa do municipio.
Música, baile e festa de disfraces
Na mañán do luns 23 de febreiro, ás 11:30 horas, o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acollerá un obradoiro de creación de antifaces, máscaras de festa e coroas dirixido aos máis pequenos da casa. Pola tarde, ás 20:30 horas, o centro cultural de Sigüeiro será o escenario dunha gran Festa de Disfraces para todos os públicos no que haberá música e lambetadas, puidendo colaborar tamén os participantes traendo produtos típicos destas datas das súas casas. Para a mañán do mércores 25 de febreiro, o Concello de Oroso ten programado un novo obradoiro para os maiores de cinco anos. Nesta ocasión trátase dun obradoiro de maquillaxe.
A gran novidade do programa de Entroido deste ano en Oroso terá lugar o mércores 25 de febreiro coa actuación dos alumnos da Escola de Música “José Verea”. Será no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, ás 20:00 horas.
Finalmente, para o sábado 9 de febreiro (Sábado de Piñata), o Concello de Oroso organiza un Baile de Maiores, que terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro a partires das 19:30 horas. A velada estará animada pola actuación do grupo “Trío sol y mar”.
O Concello de Valdoviño promove o IX º Festival de Comparsas de Antroido que se celebrará o vindeiro sábado 28 de febreiro ás 18’00 horas na carpa instalada cerca da Porta do Sol (no terreo destinado provisionalmente a aparcadoiro).
BASES QUE REXERÁN NO IXº FESTIVAL DE COMPARSAS CON MOTIVO DO ANTROIDO 2009 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO
1- Poderán participar no IXº Festival de Comparsas do Concello de Valdoviño as entidades legalmente constituídas e/ou grupos ocasionais que cumpran as condicións establecidas nas seguintes bases. En todo caso nomearase un representante debidamente autorizado para actuar en nome do grupo.
2.- Para poder participar e optar as axudas económicas e premios será imprescindible cubrir a solicitude de inscripción e presentar a documentación requerida na Biblioteca Municipal , sita na Casa de Cultura ata o día 24 de febreiro (inclusive) en horario de 16’00 a 20’00 horas conforme ao modelo que se adxunta.
3.- O modelo de instancia e bases de inscrición facilitaranse na Casa de Cultura en horario de biblioteca e poderase descargar da páxina web do Concello (www.concellodevaldovino.com) . Procederase á publicación no taboleiro de edictos do concello e na páxina web.
4.- Considerarase comparsa o conxunto de persoas debidamente disfrazadas gardando unha unidade temática na sua vestimenta e actuación.
Comparsa de adultos : participantes en número igual ou superior a 7 que, formando grupo, participen no actos programados polo concello. Entendemos por adultos as persoas maiores de 16 anos.
No caso de comparsas infantís a agrupación estará formada por un número igual ou maior de 8 persoas menores de 16 anos que precisarán de un representante maior de idade para poder participar. Se na comparsa infantil participan adultos estos non poderán superar o 30% do grupo. As comparsas infantís poden actuar, pero non poden optar a premios.
5.- Cada comparsa deberá interpretar ante o público nas instalacións destinadas ao evento un máximo de tres cancións. Polo menos dúas das cancións a interpretar terán que estar escritas en língua galega, e un dos temas deberá obrigatoriamente versar sobre Valdoviño.
6.- Cada comparsa entregará copia das cancións a interpretar indicando tamén á música coa que se van a cantar as mesmas. Esta copia non ten porque acompañar á solicitude de inscripción pero sí debe ser entregada antes da data de finalización do prazo (24 de febreiro).
7.- O Concello de Valdoviño facilitará copias das cancións a interpretar aos membros do xurado e a aquelas persoas que as precisen para o correcto desenvolvemento do evento. Non terá copias a disposición do público sen embargo procurará na medida do posible que os interesados podan dispoñer das mesmas a través da páxina web so Concello. Dado o carácter humorístico desta festa tradicional, o Concello de Valdoviño non asumirá responsabilidade algunha acerca das letras, interpretacións e disfraces das comparsas e antroidos participantes.
8.- O Concello de Valdoviño destina a cantidade máxima de 3000,00 € en calidade de axudas e premios para distribuir entre as comparsas participantes que teñan feito previamente inscripción atendendo ao escrito nas presentes bases que se imputará á partida orzamentaria 451.48900 do orzamento do ano 2009, prorrogrado do ano 2006.
9.- As axudas de participación pola contribución dos veciños á recuperación da festividade do antroido serán de 300’00 euros para as comparsas integradas por veciños do Concello de Valdoviño e de 250’00 euros para as comparsas integradas por veciños de outros concellos i en ambos casos deben reunir as condicións e requisitos esixidos nestas bases. Considerarase como comparsa de Valdoviño aquela na que o 60% dos seus compoñentes formen parte do padron municipal. De ser preciso esixirase a este respecto documentación acreditativa.
10.- No caso de que a cantidade máxima estipulada nas presentes bases non fose suficiente para cubrir as axudas para distribuir entre as comparsas participantes, excluída a cantidade destinada aos premios, procederase a distribuir proporcionalmente a cantidade que se indica no punto 9 destinado ás susoditas axudas.
11.- O día do festival farase entrega de vales simbólicos as comparsas participantes tanto no referido ás axudas de participación como aos premios que poidan corresponderlle a cada comparsa. Os pagamentos faranse efectivos mediante transferencia bancaria na conta sinalada na documentación de inscrición á maior brevidade posible.
12.- Con independencia do anterior establecense catro premios de 70’00 euros cada un de cordo coas seguinte categorías
-premio á comparsa con mellores letras -premio á comparsa con mellor vestiario -premio á comparsa con mellor posta en escea -premio á comparsa con máis simpatía
13.- Os premios poden ser acumulativos.
14.- Os premios poderán quedar desertos si o xurado o estima oportuno
15.- O xurado estará integrado pola alcaldesa de Valdoviño ou persoa en que delegue , o concelleiro de cultura ou persoa na que delegue, o concelleiro de festas ou persoa en que delegue, por un representante das entidades asociativas do concello, e por tres persoas elixidas ao chou entre o público da sala. Sobre as decisións do xurado levantarase acta.
16.- Salvo imprevistos, as actuación terán lugar na carpa que se acondicionará para o antroido no lugar do aparcadoiro e as comparsas inscritas asumen tamén o compromiso de desfilar en pasarruas e facendo a animación propia destas festas tradicionais dende a Casa de Cultura do Concello ata a a Casa do Concello e logo ata a carpa.
17.- A orde de actuación das comparsas determinarase por sorteo público. Este celebrarase na Biblioteca Municipal o día 26 de febreiro ás 18’00 horas. Tras o sorteo comunicarase telefónicamente ós interesados que non estiveran presentes o número que ocupan que será omesmopara a actuación e para o desfile polo rúa.
18.- A inscripción no concurso enténdese como aceptación plena das bases fixadas para o mesmo sin que poidan formularse reclamacións de ningunha clase e por ningún concepto contra o aquí regulamentado. O incumprimento dará lugar á descalificación automática da comparsa participante.
19.- Os imprevistos e dúbidas que poideran xurdir no desnvolvemento do concurso resolveranse segundo criterio dos responsables da área de cultura do Concello de Valdoviño.
20.- O dia da celebración da actividade levntarase acta sobre os premios acadados, e imprevistos pola monitora cultural responsable do programa que posteriormente emitirá o informe correspondente sobre estos puntos e sobre as axudas concedidas e outros asuntos que requieran mención. Valdoviño, 9 de febreiro de 2009. A Alcaldesa, Mª Isabel Álvarez Diéguez
O Concello de A Bola no seu afán de recupera-lo folclore e a cultura popular organiza o Folión do Entroido o DOMINGO 22 de FEBREIRO.
§ Todas aquelas persoas, grupos, etc. que queiran participar deberán anotarse nas oficinas do Concello ou chamando ó número de teléfono 988 45 12 93. § Aquelas comparsas que non estén inscritas non optan a premio, aínda que poderán participar na organización. § É obligatorio facer o percorrido e terase en conta a puntualidade.
Novidade: O xurado estará formado exclusivamente por un voceiro ou representante de cada unha das carrozas, comparsas ou grupos que participen no evento e que estean debidamente anotadas. No momento de inscribirse deben de anotar tamén o nome do seu representante
Na concesión dos premios valorarase a orixinalidade, esforzo puntualidade no desfile, a animación, a posta en escea e terase en conta a aqueles que fagan o Testamento do Burro.Os premios entregaranse ó remate do folión e haberá unha cea no Bar de Sorga para tódolos participantes estean ou non inscritos.
As festas de entroido en Cerdido celebraranse o sábado 21 de febreiro pola tarde cunha festa infantil de animación. A festa está organizada polo concello e colaboran a Asociación de Mulleres Rurais "Albar Quercus" e a Asociación Cultural "Airiños dos Carrís". Durante a festa haberá varias sorpresas e unha gran merenda para tódolos que vaian disfrazados.
Xoves, 19 de febreiro Xoves de Comadres e Comadros (cada un pasí)
21:00 h. Concentracións clandestinas na Praza do Concello, con saídas cara os restaurantes respectivos das canallas e dos canallos!!!.
22:00 h. Paparota das canallas, en Casa Campaña, coa marchiña do Dúo Prisma, do Grove. 22.00 h. Paparota dos canallos, en Restaurante Faro, ameniza o Dúo Kikelino, de Todo Ogrove. 24.00 h. Cada quen que fagha o que poida…
Nota: Menús a 30 euros, reserva previa en cada restaurante. Os disfrazados serán convenientemente revisados, cacheados e controlados pola inspección do Concello (Brigada Fredi ao mando) para evitar mesturas contranatura.
Venres, 20 de febreiro
Desfile Infantil de disfraces escolares 17:00 h. Saída do Colexio Rosalía ata o Concello.
Inauguración Exposición e Mesa Redonda As Historias do Entroido. 20.00 h. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. Monte da Vila.
Mesa redonda para falar da Historia dos Barbeiros Coa participación de Antonio e Cándido Domínguez, Os Barbeiros, Marcial Costas, Miguel Besada, José Antonio Cacabelos, Alcalde, e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura.
Sábado 21 de febreiro
Inauguración Exposición e Mesa Redonda O Entroido en San Vicente.
13:00 h. Acto inaugural. Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder. Participan: José Pérez Vidal, Coxo; Francisco Guillán; Antonio Domínguez ; Carmen Pérez; e Antón Mascato. Concelleiro de Cultura; todos choqueiros. 13:30 h. Actuación da comparsa As cantareiras.
Obradoiros, concursos e degustacións 17:00 h. Obradoiros de Entroido (maquillaxe, disfraces, xogos… ). Concurso e degustación de sobremesas do Entroido (orellas, filloas). Rúa Pratería.
Festival das comparsas 20:00 h. Concentración na Praza do Concello. 20:15 h. Saída do desfile ata o Pavillón dos Deportes. 21:00 h. Comezo do Festival. Homenaxe á Comparsa dos Barbeiros. Entrada de pagamento, aforo limitado.
(O Festival será gravado por unha produtora de Televisión e retransmitido pola rede de Televisións comarcais na noite do domingo 22).
Domingo 22 de febreiro
Festival Infantil de Disfraces 17:00 h. Pavillón de Deportes. Discoteca, confeti, borbullas e moita festa… Entrada libre.
Luns 23 de febreiro
Retransmisión do programa Aberto por Reformas da Radio Galega 19.00 h. 19.00 h. Emisión en directo do Programa Aberto por Reformas, dedicado ao Entroido do Grove, cos seus responsables, Xurxo Souto e Alberte Ribeiro. Actuacións ao vivo e entrevistas cos comparseiros.
Martes 24 de febreiro
Gran marcha do Entroido. 15:30 h. Comezo da inscrición. Praza do Corgo. (Obrigatoria para optar a premio) 17:00 h. Concentración de disfraces. Praza do Corgo. 17:15 h. Inicio do desfile polo sambódromo meco: O Corgo, Beiramar, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza, e Luís Seoane. (Obrigatorio mínimo unha volta ao sambódromo para optar a premio).
As comparsas actuarán na Praza de Arriba, durante as horas da marcha do Entroido).
Sábado 28 febreiro
Recital de comparsas na Casa da Cultura do Monte da Vila. (Será gravado en audio e video). 16:30 h. Actuación da primeira das comparsas. 19:00 h. Actuación da comparsa gañadora do Festival 2008. 19.30 h. Entrega dos premios Entroido 2008. (Entrada libre ata completar o aforo).
Concentración de Choqueiros e choqueiras 16.30 h. a 19.30 h. No lugar da Area, San Vicente.
Festa infantil de disfraces 16.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente.
Enterro da Sardiña 20:00 h. Velorio, responso e condución dende o velorio na Casa da Cultura Manuel Lueiro, ata a Praza do Concello onde será incinerada a difunta.
Domingo, 1 de marzo. Actuación da Comparsa Os Garoulos. 12.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente.
Exposicións O Entroido en San Vicente. Casa da Cultura A. Vázquez Hereder. San Vicente Visitas: Sábados 21 e 28 de febreiro, e domingos 22 de febreiro e 1 de marzo en horario de mañá e tarde
As Historias do Entroido Casa da cultura Manuel Lueiro. Monte da Vila. Visitas: 8:30 a 21.30 h. de luns a venres; Sábados 9:00 a 14:30 h.
Días 14 e 15 de febreiro. Parroquia de Reis. O atranque será o día 15. Día 21 de febreiro. Parroquia de Teo. Días 21 e 22 de febreiro. Parroquia de Cacheiras. O atranque será a partir das 7 da tarde no campo da festa. Día 24 de febreiro. Concurso de coros no Local Socio-cultural de Oza. A partir das 16:30 horas. Día 1 de marzo. Parroquia de Recesende. Día 8 de marzo. Parroquia de Rarís.
-SÁBADO 21 FEBREIRO: FESTA NO LUGAR DE FOLGUEIRO PARROQUIA DE SUEGOS CON CONCURSO DE DISFRACES, MÚSICA... -LUNS 23 FEBREIRO (16:30H9: FESTA INFANTIL DA APA O VICEDO NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL CON HINCHABLES, MUSICA, MERENDA... -SÁBADO 28 FEBREIRO: FESTA ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CABEZAS DE FAMILIA DO VICEDO. FESTA DE ADULTOS E NENOS, CONCURSO DE DISFRACES, MÚSICA... (A PARTIR DAS 23H PARA OS ADULTOS)
* Destinados a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade. Obradoiro de máscaras, maquillaxe, disfraces, xogos....
• Datas: Mércores 18 e xoves 19 de febreiro • Hora: De 17:30 a 19:30 h. da tarde • Lugar: Centro socio-cultural de Zas.
- OBRADOIROS DE ENTROIDO EN BAIO
* Destinados a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade. Obradoiro de máscaras, maquillaxe, disfraces, xogos....
• Datas: Luns 23 e martes 24 de febreiro • Hora: De 11h. a 13 h. • Lugar: Polideportivo de Baio
- BAILE DE DISFRACES PARA MAIORES
• Data: Sábado 21 de febreiro • Hora: A partir das 8 da tarde • Lugar: Centro socio-cultural amenizado polo grupo “Togayán”
* Haberá premios ós tres mellores disfraces.
- BAILE DE DISFRACES INFANTIL E XUVENIL
• Data: Domingo 22 de febreiro • Lugar: Auditorio do Concello • Organizan: APA do colexio de Zas, en colaboración co Concello
- MARTES DE ENTROIDO- 24 de febreiro
• A partir das 3 da tarde o Tren do Entroido percorrerá as rúas do Concello paseando a todos os rapaces disfrazados
• A partir das 5 da tarde na Praza do Concello, xogos tradicionais e racha de cazolas.
• A partir das 7 da tarde no edificio de usos múltiples degustación de orellas e rosquillas, e a continuación concurso de disfraces con premios e regalos para todos.
DIA 22 RECORRIDO DAS CARROZAS POLOS POBOS DO CONCELLO. Saída ás 10:30 da mañá. Festa a cargo dunha charanga. DIA 23 RECORRIDO DAS CARROZAS POLOS CONCELLOS DE CEA E MASIDE. Saída ás 11:00 da mañá. DIA 24 DESFILE DE CARROZAS POLOS POBOS DO CONCELLO. Saída ás 16:30 horas. Festa a cargo do grupo CHASTON. DIA 25 MERCORES DE CENIZA. Enterro da sardiña e queimada do meco. Gran sardiñada.
- Día 15: Festa da filloa e orella de Entroido (Na praza do Seixo dende as 11:00 ás 18:00h). - Día 20: Venres de Foliada (Gran desfile de comparsas e carrozas dende as 22:00h) - Día 28: Concerto de María do Ceo (Auditorio de Goián ás 21:30h.)
No Concello de Cabanas celebrarase o Entroido o luns día 23 de febreiro. Das 17:30 ás 19:30 terá lugar unha festa infantil, donde se realizarán talleres de maquillaxe, de xogos e de globoflexia, cunha degustación de chocolate con churros. A partir das 20:00 h. haberá o baile de disfraces de adultos, con degustación de laconada e filloas, todo amenizado por unha actuación musical.
No Concello de A illa de Arousa o Entroido vai de venres a martes de Entroido, termina o mércores de cinza, e a seguinte fin de semana son sábado de carrozas e domingo de comparsas. É especialmente concurrido o luns, chegando xente de toda a comarca, algúns en autobuses especialmente fletados para participar no Entroido. Os disfraces desa noite soen ser vistosos, moi elaborados, e os mesmos saen tamén o martes pola tarde.
Enviado o 21/2/09 ás 20:19h
No Concello de A illa de Arousa o Entroido vai de venres a martes de Entroido, termina o mércores de cinza, e a seguinte fin de semana son sábado de carrozas e domingo de comparsas. É especialmente concurrido o luns, chegando xente de toda a comarca, algúns en autobuses especialmente fletados para participar no Entroido. Os disfraces desa noite soen ser vistosos, moi elaborados, e os mesmos saen tamén o martes pola tarde.
Enviado o 22/2/09 ás 01:49h
Engade o teu..
Antes unha preguntiña ben sinxela
(tanteando a robots pesados..)