XOSÉ LOIS ROMERO
Nova Galega de Danza
ENGADO
![]() |
Ghastas Pista? Falándoche de música galega dende o Século XX
|
|
![]() |
A prensa di: "Gozoso y excitante". EP3 - El País "Otro derroche de calidad y buen gusto". Faro de Vigo "A naturalidade por bandeira". Galicia Hoxe A música deEngado(Falcatruada, 2007), concebida por Xosé Lois Romero para o espectáculo homónimo da compañía Nova Galega de Danza, é unha boa mostra do brillante momento que está a vivir na actualidade a música feita en Galiza. Trátase dunha proposta na que a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para refundarse nun novo estilo, propio e ben definido. O disco aporta unha sonoridade fresca e sorprendente que abrangue dende a gaita galega até o vibráfono, o acordeón ou a voz, interpretados por músicos do prestixio de Pedro Lamas, Xabier Díaz, José Belmonte, Miguel Queixas, Miguel Castro, Suso Iglesias e Richi Rozas. Unha mestura de talentos para un produto sen fisuras: un traballo esquisito; puro ritmo e poesía. O anterior traballo (e ópera prima) de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza,Alento(2005), foi recoñecido como Mellor Disco Galego do Ano (V Premios Opinión), Mellor Disco de Folk (Revista Efe-eme) e finalista aos Premios Max á Mellor Canción en Galego. Agora, lonxe do conformismo, renóvase cun disco gravado ao vivo nos Estudos Mans da Coruña, que ofrece a calidade, a emoción e a forza das súas interpretacións en directo nas representacións da Nova Galega de Danza. |
Alento Engado |
|
|