Comentarios sobre o disco:
Choupa Na Lama : "Maqueta"





- [ Parece que desta vai a boa. Corren serios rumores de que está a punto de sair un DVD do seu directo atronador este abril en Magalofes que levará por nome "Os gaiteiros máis ghuapos da revolta". Cun documental extra producido por Philip Taruana "Un día na vida dun Choupa" e outro de George Xavier chamado "Mentres capo non asubío". Non podo agardar máis!! ] - Nicolau de Culleredo
(comentario engadido o día 24/8/10 ás 23:19h)

respostas a este comentario



- [ Hai rumores que apuntan a que estes anos de retiro os empregou a banda para preparar a sua primeira Ópera Folk. Parece ser que levará o nome de “Un día en Dublín” e estará baseada no “Ulises” de James Joyce. O album sería producido por William Talos e podería contar coa colaboración do afamado gaiteiro Vincent O’Really introducindo a uilleann pipe nalgunha peza para darlle un toque máis irlandés. De todos xeito tamén se fala que non perderon o seu aire tradicional dado que estas aventuras célticas despertaron certos recelos entre os membros máis tradicionalistas do grupo. Dende logo tratase dunha aposta arriscada e de ser certo podería marcar un fito único na nosa música. ] - Marcial de Trabada
(comentario engadido o día 2/3/07 ás 18:38h)

respostas a este comentario ( xa hai 3 )



- [ esta xente era capaz do mellor e do peor; vinos en Santiago onde executaron un mini-concerto máis que correcto, onde fuxiron do virtuosismo (obrigados) e apostaron polo clasicismo nas voces de gaitas e frauta e un minimalismo axeitado na percusión; ambas características fixaron un son propio no grupo.
Vinos tempo despois en Cabanas, unha pena! subiron borrachos ao escenario, onde seguiron bebendo;para rematar, en plena caracter etílica, interrumpiron o concerto cunha canción de King Africa que comezou a soar polos altofalantes....LAMENTABLE! ] - Paco Faneca
(comentario engadido o día 10/11/06 ás 09:08h)

respostas a este comentario



- [ Todos estamos agardando a que un día esta xente volva a sentir olatexar dos seus orixes e comezen a loitar por unha das couas que máis lles gusta, facer tremer as táboaas dun escenario mentres tocan unhas peciñas desas xeitosas ] - principe de vilar
(comentario engadido o día 21/9/06 ás 18:45h)

respostas a este comentario



- [ Hai rumores que din que se van volver xuntar. Pode ser outro boom da música folk. ] - María
(comentario engadido o día 28/2/06 ás 16:47h)

respostas a este comentario ( xa hai 3 )



- [ E unha pena que desaparecese do marco musical ou polo menos eu non teño coñecemento da sua continuidade, xa que mostraban unha forza desgarrante no escenario, mesturada cun bo facer sendo a farra o seu primordial obxetivo. Esperamos unha recente aparición ] - Isa noite en Ribadeo
(comentario engadido o día 24/12/04 ás 19:11h)

respostas a este comentario



- [ A pesar da boa afinación e as potentes percusións, notaselle a falta de vida que darían unhas voces brancas acompañando o doce piar das gaitas. ] - Xan de Lalín
(comentario engadido o día 22/12/04 ás 12:48h)

respostas a este comentario



- [ É o mellor que escoitei en moitos anos. Con esta actitude e forte determinación este grupo pode chegar moi lonxe, incluso a Berlín. Notase a influenci costumbrista dos acordes e a mestura con toques barrocos pode constituir unha fenda na tradición versus vangardismo da música étnica de acordes posmodernos ] -
(comentario engadido o día 20/12/04 ás 14:25h)

respostas a este comentario


Engade o teu comentario..


 

E os teus datos (rexistrate ou inicia sesion para poder comentar)

Nome ou alcume:

Clave

 

 

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

s

www.ghastaspista.com


 

 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]