- [ Na Ulla existen moitos xeitos de expresar o sentir do mesmo Val. E unha delas é dando boa conta da requinta, un instrumento foráneo pero adoptado polos grupos até facelo sobranceiro nesta bisbarra. A música xunguida pola experiencia dos mestres e da semente xove que engade enerxía e técnica. Para disfrutar e escoitar moitas veces. Viva a Ulla. ] - Javier Alvite Iglesias (comentario engadido o día 19/6/07 ás 18:13h) respostas a este comentario - [ -E un disco superalegre, a verdade. Ideal pra animarse un pouco cando está un co ánimo baixo. Aínda que eu estou fóra e atácame algo a morriña... ] - (comentario engadido o día 8/1/07 ás 21:53h) respostas a este comentario - [ Pois a min gustoume moito. Escoitovos cada ano na Festa do Viño do Ulla e ó escoitar o disco pareceme como se estivera alí, é como a banda sonora dese día. Gustoume moito, creo que salides esta semana no Alalá, non mo perdo ] - maria (comentario engadido o día 13/11/06 ás 15:07h) respostas a este comentario ( xa hai 1 ) - [ Pois nada... Que os membros de A gaita de Sarandón lle queremos agradecer a Raqueliña as atencións prestadas, aproveitando para lle dar tamén parabéns polo marabilloso traballo que este espazo chamado "Ghastas Pista" fai pola nosa música. E a todos, grazas polas bailas, polos ánimos, polas foliadas, por... Por todo. Agardamos que este noso traballo vos guste. Apertas requinteiras. ] - Gerardo Albela http://agaitadesarandon.com (comentario engadido o día 21/10/06 ás 18:12h) respostas a este comentario |