- [ Estaré canso de escoitar música de Gaita de aquí e de alá...pero non deixo de escoitar sempre maravillado este c.d. ¡Pónseme a pel de galiña!. RECLAMO UNHA NOVA EDICIÓN!! ] - Gil
(comentario engadido o día 5/3/07 ás 02:46h)

respostas a este comentario



- [ muito bom ] - juliano google
(comentario engadido o día 13/11/06 ás 02:49h)

respostas a este comentario



- [ ño quiero zapato bajo , que me entierra en la arena, no quiero chicos de la villa, que los tengo en la aldea ] - juañeco
(comentario engadido o día 15/5/06 ás 16:21h)

respostas a este comentario ( xa hai 1 )



- [ Juanjo Fernández, aseguraría que era el gaitairo de aquel grupo gallego folk rock, Alecrin!!! Cuanto tiempo sin saber nada ni de uno de sus miembros. Era mi grupo favorito en aquel momento, Itinerante su disco en vinilo. Donde andará?¿ ] - Miguel
(comentario engadido o día 4/3/04 ás 00:18h)

respostas a este comentario ( xa hai 3 )



- [ O Iván Area, ex-marciano que sae neste disco como marciano, escreveu, e aparece em Doce Polainas Enteiras: “O folclore escocés pode ser atraínte... pero tan atraínte como o folclore irlandés, o húngaro, o bretón ou o marroquino. Unha persoa pode-se interesar por eles e interpretar as suas músicas. Cando se toca música galega, hai que ter consciéncia do que se fai, e utilizar xiros, adornos e intervalos próprios, que som moi ricos, sen ter que importá-los”.
Bravo por ele, por ter consciência e deixar o lado escuro, e por ser gaiteiro enxebre. Algo disto se entende quando diz: “onde coñecin a un grande gaiteiro e mellor amigo: Pablo Carpintero”. Bravo por ser “recuncheiro” da palheta e por fazer um trabalho tam bom.
Neste disco, que por fim comprei, podemos pois esquecer que esses dous grandes gaiteiros fossem antes marcianos e desfrutar de um grande disco (ainda que a percussom em três peças seja tam molesta para o ouvido).
No meu disco nom está a peça de Carlos Núñez, alguém sabe o porquê??? Será umha ediçom nova e a sacárom?
] - Xavier Somoça
(comentario engadido o día 4/2/04 ás 21:11h)

respostas a este comentario



- [ Sou o mesmo Xabier (agora Xavier). Agrada-me saber o que me dizes Pedro, de facto sei quem som os dous ex-paipeiros (quer dizer, nom os conheço em pessoa, senom do Doce Polainas e do De Pano Sedán) e som sem dúvida uns grandes GAITEIROS!
Comprarei o disco, que ainda se pode encontrar num centro comercial "inglês".
Certamente nom me estranha que se arrepintam, mas também entendo quando estariam lá nom saberiam, seriam jovens, o nocivo para a nossa música que é Xosé Lois Foxo e a suas mãos longas que o poder político fascista lhe dá com os cartos dos galegos.
Mas todos vocês já saberám, assim que agora sim que lhes recomendo esse disco.
Obrigado Pedro ] - Xavier Somoça
(comentario engadido o día 2/2/04 ás 12:30h)

respostas a este comentario



- [ Xabier, mira ese disco foi sacado dun concurso q foi no 85, no cal está pilis (xose lois miguelez sainza) iván area, q ahora volvéronse realmente puristas, así q se tiñas reparo x iso, non fagas caso, eu coñézoos en persoa e non sabes o q agora se arrepinten de haberse metido aí asi q a mercalo q como estes discos non kedan
sobre todo as grabacións de anxo e carlos, q aí estaban en forma eh?
e do resto hai de todo
unha aperta a todos ] - Pedro
(comentario engadido o día 20/1/04 ás 01:20h)

respostas a este comentario



- [ Despois de darlle moitas voltas a este disco, estou escandalizado: cómo se pode tocar tan ben a gaita?? Cómo se convoca para un concurso gaiteir@s de tal calibre??? Temas tradicionais e propios, desde alboradas a xigas pasando por muiñeiras, xotas e mazurcas, todo misturado sin perde-la armonía... Impresionante. É dívolo un raparigo que sabe soplar neste instrumento. ] - David
(comentario engadido o día 26/11/03 ás 21:00h)

respostas a este comentario



- [ Juan Pablo, creo que o disco está descatalogado. Pero proba escribindo a www.discosbits.com ou www.andelvirtual.com ] - Xaime
(comentario engadido o día 29/5/03 ás 13:05h)

respostas a este comentario



- [ hola desde argentina estoy escribiendo para saber como adquirir el disco,y para saber como fueron las posiciones de este torneo de fin de siglo,desde ya muchisimas gracias!!!! ] - juan pablo aguirre alegre
(comentario engadido o día 18/2/03 ás 22:58h)

respostas a este comentario



- [ Da-me certo reparo mercar este disco apesares dos bos comentários, pois vexo nas fotos moito marciano solto, que non coñezo e de seguro serán bos paipeiros, pero escoitando a mostra da web xa podo ouvir os seus tambores dando redobles potentes das highlands ourensás. O organizador tampoco me merece muito, a Banda de pputas de Ourense. Ainda así supoño que merece a pena polos moitos gaiteiros bos xuntos. ] - Xabier
(comentario engadido o día 14/1/03 ás 12:22h)

respostas a este comentario



- [ Este é un disco imprescindible para todo o mundo que lle guste a música galega, xa que é case imposible xuntar a tan bos gaiteiros xuntos. Eu creo que nunca sairá un disco con estes gaiteiros xuntos, polo cal xa para terminar, creo que todo o mundo debería comprar este disco. ] - Breogán Budiño Menduiña
(comentario engadido o día 27/9/02 ás 10:59h)

respostas a este comentario



- [ O caso e que eu merquei a casette no bar do meu pobo. Paréceme unha pasada. Xúntanse os mellores gaiteiros de gaita galega, tocan en parella gaita-tambor e interpretan pezas difíciles con muito virtuosismo.
un consello: ¡escoitadelo! ] - Nacho
(comentario engadido o día 16/8/02 ás 20:23h)

respostas a este comentario



- [ Sobra dicir que e un dos discos imprescindibles na fonoteca do calquer gaiteir@, xa que iste disco resume o traballo dos mejores gaiteiros que actualmente existen no panorama da musica tradicional galega.
Ojalá se repitan trabajos tan buenos como este.
Un saludo: Xavi ] - Javier Celada
(comentario engadido o día 2/7/02 ás 13:49h)

respostas a este comentario ( xa hai 1 )



- [ Para mi es el mejor disco que actualmente tengo. Es una autentica joya.
Saludos Julio (desde Alcala de Henares) ] - Julio Fdez Jimenez
(comentario engadido o día 2/7/02 ás 11:33h)

respostas a este comentario



- [ BIEITO, MESTRE.IVAN COSTA, MESTRE.CARLOS NUÑEZ......TAMEN.
O disco e unha joya. ] - carlos_ourense
(comentario engadido o día 29/6/02 ás 01:07h)

respostas a este comentario



- [ Non teño idea de quen pode ler istes desacertos meus.
Non quero por nada machacar a nosa lingua. Pero non o sei facer doutra maneira. Infinito perdón.
Vivo en Barcelona, eu son dos inmigrados do ano 60 a esta terra.
Son un aficionado cibernauta e considérome case encantado neste mar de cousas, as boas. As outras NON.
Deste xeito topei con esta web e quero felecitarbos po lo contido das maquetas musicaes.
De cando en cando boto un ollo a prensa galega en xeral e tamen a outras web's. Ainas moi interesantes.
Tamen quero animarbos pra que sigades dandolle xeito a música galega, ou porque non celta.
A gaitiña galega e tamen as canciois que destacan a idosincracia da nosa terra fan brincar a sangre.
Pra terminar, e acordándome de Trapeiro Pardo, quero contar un pequeno enrredo o xeito dun galego: A min cando me dicen aqui neste país que son galego (porque nótaseme ben) eu digolles que si. E cando me preguntan donde son contestolles que son da CIDADE NABAL. Asegurobos que con esta resposta de xeito moi galego ninguen adiviña cal e a miña patria de nacemento.
Un saudo moi cordiai amiguiños.
Anxel ] - Anxel Xosé Castro Varela
(comentario engadido o día 24/6/02 ás 14:03h)

respostas a este comentario


Engade o teu comentario..


 

E os teus datos (rexistrate ou inicia sesion para poder comentar)

Nome ou alcume:

Clave

 

 

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

s

www.ghastaspista.com


 

 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]