Comentarios sobre o disco:
Ruote : "Nin canto nin tampouco"





- [ ¡hola mozos e mozas!

Gustariame darvós un pouco máis de ánimo para que sigades adiante, coa vosa música e o maís importante coa vosa amizade porque mentras esta este patente música non a de faltar, muñeiras, jotas, pasodobres,....
Ánimo rapaces adiante.....Un saúdo.... ] - uxía
(comentario engadido o día 20/8/07 ás 16:35h)

respostas a este comentario



- [ !!!! ] - p
(comentario engadido o día 17/5/06 ás 21:07h)

respostas a este comentario



- [ Pablo es o mellor profesor gaiteiro do mundo!!!
graciñas por todo o que me ensinas!!! moita sorte Ruote!!! ] - Berni
(comentario engadido o día 17/3/06 ás 12:34h)

respostas a este comentario



- [ ruote é un gran grupo q carallo! e ao que non lle guste que lle bote azúcar.un abrazo pàra Pablo e mais Olga.moita sorte! ] - Bernardo
(comentario engadido o día 23/2/06 ás 14:05h)

respostas a este comentario



- [ ola gustariame saber onde podo consegui lo voso cd nin tanto nin tan pouco que vos vin na coruña o dia do rosario e encantoume a vosa musica es coa disculpa miña pidovos se me podedes axudar graciñas a todos ] - Maria José
(comentario engadido o día 14/1/06 ás 16:29h)

respostas a este comentario ( xa hai 2 )



- [ Parabén as pandereteiras de Ruote por innovar e inventar as empuñadas da provincia de Pontevedra. ] - Sonia
(comentario engadido o día 9/1/06 ás 01:18h)

respostas a este comentario



- [ a paxina moi boa e o disco o peor a xente... ] -
(comentario engadido o día 28/12/05 ás 13:40h)

respostas a este comentario ( xa hai 1 )



- [ Un bó día topei "Route" en internet. É cal sería a miña sorpresa que tamén topei nel unha cantiga : Rúa de Magán. Eu son de Magán e miña aboa, que no seu tempo, era unha das promotoras dos xeráns da aldea, ainda que ten demencia senil, recorda ese cantar. Quedei marabillado. O que pasa e que a segunda estrofa, ela sabea de distinto xeito :
O paxaro de María
vai nas miñas cereixas,
come paxariño come
a ver cantas me deixas.
Bueno. É unha ledicia poder escoitar de novo as canción cas que @s nos@s abós/aboas pasaban ratos, coido que moi agradables. Felicidades. Juan M. P. Magariños.
Saúdos. ] - Juan M. P. Magariños
(comentario engadido o día 23/9/05 ás 11:56h)

respostas a este comentario



- [ Eu so quero dicir que lles desexo toda a sorte do mundo a este gran grupo folk porque o merecen por todo o que traballan pola música tradicional do noso país. Moita sorte e non cambiedes ] - manucv85
(comentario engadido o día 21/7/05 ás 21:59h)

respostas a este comentario ( xa hai 1 )



- [ En contestacion a anterior mensaxe, quero facer unha pregunta: ¿estas falando do disco de ruote ou dos seus concertos? Non son moi aficionado a escoitar musica na casa e polo tanto do disco pouco che podo falar. Pero xa que ti nomeas OS HOMES do grupo (en plural) supoñome que falas dos concertos xa que cando grabaron o disco os compoñentes non eran os mesmos que agora, e so habia un homre na agrupacion. Polo tanto, eu faloche dos concertos, do bonito que é presenciar un concerto como os de antes, non falo dos de grandes escenarios, moita iluminacion e un son estupendo en grandes festivais, senon das pequenas actuacions, das caralladas, dos pequenos festivais, creo que é precisamente ahi onde coñeces o traballo de ruote. Pouco mais teño que dicir agás dicirlles a estes rapaces que sigan a sua andanza e que sigan conservando esa humilde que teñen, que o final, saber de onde se ben e o fundamental. Un saudo. Manuel ] -
(comentario engadido o día 10/1/05 ás 15:35h)

respostas a este comentario



- [ Nin blanco nin negro. Non creo que Ruote se caracterice precisamente por ofrecer un traballo artístico de gran calidade, mais ben opino todo o contrario. Como músicos creo que aínda lles queda moito que andar. Tamén eu son da opinión de que son unhas grandes voces, pero penso que están bastante mal canalizadas, e me resulta bastante desagradable oílas (cousa que non me ocurriu nunca escoitando ós nosos maiores) Respecto a os homes do grupo xa non quero nin dar opinión. A nivel traballo de campo, quítome o sombreiro. Excelente traballo. O caso e que coma min pensa a maioría da xente que coñezo. Só atopei catro o cinco persoas que non pensen coma min, pero bueno, sobre gustos non hai nada escrito, non? ] -
(comentario engadido o día 18/10/04 ás 18:29h)

respostas a este comentario ( xa hai 1 )



- [ Perdón que, a estas horas xa non sei nin o que digo!!, non tocades o 30 en Vigo, senon que é o 27!!!. Menos horas de quencemento, qué ben!!!! ] - ailalelo
(comentario engadido o día 15/7/04 ás 03:55h)

respostas a este comentario



- [ En Vigo xa estamos quentando pernas e brazos para chimpar ó voso son o día 30 de Agosto no Matamáfolk. Sodes fantásticos como músicos, pero mellores persoas. Unha forte aperta e que non deixen de soar os grupos de música tradicional nos bos turreiros, xa que mentes obtusas nos privan de escoitaros nos "grandes concertos de música folk". ] - ailalelo
(comentario engadido o día 15/7/04 ás 03:50h)

respostas a este comentario



- [ despois de escoitar este disco só teño unha dúbida: ¿para cando o seguinte? Xa tarda moito. Unha aperta. ] -
(comentario engadido o día 18/5/04 ás 18:43h)

respostas a este comentario



- [ É un regalo ideal para este nadal do 2003.2004 porque ainda que xa algo pasado de moda pola súa data de edición segue vixente por ser un dos referentes da música tradicional actual. Boísimo para regalar mentres esperamos o seu seguinte traballo. ¿ Berronas? Poucas voces na nosa musica teñen a calidade, o gusto y dende logo a potencia de olga e mais graciela. Son o mellor exemplo do que é unha verdadeira pandereteira. Non cambiendes y seguide con ese aire puro que vos caracteriza. Saudos ] - aída
(comentario engadido o día 2/1/04 ás 22:00h)

respostas a este comentario



- [ Este foi o mellor disco de música tradicional do ano 2001. Escoitei nalgures que eran algo "gritonas". Eu penso que Olga mais Graciela cantan fantástico e de berrar nadiña. Xa quixeran outr@s ter esa poténcia de voz. Lume!! ] - Javier
(comentario engadido o día 7/9/03 ás 00:08h)

respostas a este comentario



- [ À contestar à ultima mensagem de "María Xosé":
Não pretendo converter isto num diálogo de besugos assim que esta vai ser o meu último comentário ao respeito. No mundo da música tradicional não há praticamente ninguém que tenha uma "técnica vocal" digamos procedente do ámbito que se costuma definir como "clássico". Só conheço duas pessoas que o tenham feito. Conheço também pessoas do ámbito "clássico", educadas vocalmente, que se têm achegado ao mundo "tradicional" equivocadamente, por desconhcê-lo. De seguro que gostas de grupos folques ou pseudo-tradicionais de sobra conhecidos, afinados, com polifonias vocais que admiras e boas gravações por pistas, de gaiteiros mecanógrafos e demais parafernália. Pois bem, de todo esse mundo folque ou pseudo-tradicional (que costuma ter no seu poder o escasso marketing, as produtoras, discográficas, etc ) eu penso que o 99%, é uma grande bosteira. Deixei de fazer crítica musical ao respeito numa revista galega por este motivo: não considero moral ser crítico de algo do que não gostas. O engraçado é que o 99% desses grupos têm escassa formação de cultura musical tanto no ámbito tradicional como no culto. Assim por exemplo, é habitual ver harmonizações de melodias modais dentro do Sistema conhecido como tonal. Magníficos intérpretes, mas desvirtuadores completos da nossa tradição musical por falta de cultura na mesma. Magníficos mecanógrafos mas sem unto, sem substância, sem amor polo que fazem e, em definitivo, sem emoção e vendidos. Béla Bartok (talvez um dos três grandes compositores do século XX) disse que para ele era mais difícil harmonizar um tema tradicional do que compôr um próprio, Precisamente polo respeito que implica essa melodia tradicional, há que supeditar-se a ela. Aqui o que prima é o destaque e o atrevimento, as guedelhas penteadas, as valorizações subjectivas e fáceis. O trabalho de Ruote quando menos, é digno e não entra dentro desse ámbito. Podo-che assegurar que ás vezes emociona mais ouvir a um músico da rua que domina três acordes, mas que tem emoção e comunica, que muitas das audições no Conservatório. A música ao final não é mais que um processo comunicativo, que acompanha ao homem desde que nasce com um canto de berço, até que morre e é despedido com os sinos da igreja. O demais, é puro negócio. Um saúdo. Eduardo ·"Dubi" Méndez Baamonde. ] - Eduardo "Dubi" Méndez Baa
(comentario engadido o día 26/8/03 ás 01:23h)

respostas a este comentario



- [ O día que morra quero se coma Olga, quero cantar, tocar e bailar como ela o fai, por guapa, por artista e por morena, viva la madre que te parió
] -
(comentario engadido o día 11/7/03 ás 02:26h)

respostas a este comentario



- [ Si olga eres que penso que eres ole la madre que te parió ] -
(comentario engadido o día 11/7/03 ás 02:24h)

respostas a este comentario



- [ Este disco demostra a potencia e sonoridade que ten a música tradicional galega no seu estado puro, sen adobíos. Realmente deixoume abraiado, sobre todo como afeccionado á música folk, e descobriume a música tradicional máis enxebre. Un dos mellores discos que escoitei, que recomendo a todos os ghastadores de pista. ] - Xabier
(comentario engadido o día 22/2/03 ás 16:49h)

respostas a este comentario



- [ Non entendo este tipo de música polo que non critico nin eloxio nada, simplemente animo á xente de Ruote a seguir facendo o que fai, ¡sorte! ¡¡¡Ó carallo con Operación Triunfo e aserejé, pandeiretas gratis para tódolos Galeg@s!!! ] - Graciela Carral Supportters'
(comentario engadido o día 15/10/02 ás 09:53h)

respostas a este comentario



- [ A contestar a mensagem de "Maria Xosé"
Sim, eu são amigo de Ruote, mas além de amigo dedico-me profissionalmente à música tradicional galega como professor de gaita, linguagem musical e coordinador da Área de Música Tradicional da Escola Municipal de Música de A Corunha. Assim é que não creio que o meu comentário a respeito do seu trabalho poda ser considerado "infundado e falto de interesse". O trabalho do grupo etnográfico Ruote não se limita às magníficas publicações discográficas realizadas até o momento polo grupo, mas também a um enorme labor de recolha de material de todo tipo: vestimentas, instrumentos, música, fotografias, entrevistas, etc; publicações em diferentes revistas e sobretudo, ao ensino do recolhido. Vid. por exemplo o último disco públicado indirectamente, graças a eles, no que por vez primeira duas Associações dedicadas ao ensino da música tradicional colaboram puntualmente num disco (rara avis), neste caso a A.C Santa Maria de Torás de A Laracha e a A.C Donaire de A Corunha: "Cantos vellos para rapaces novos" onde os seus próprios alumnos cantam e tocam o recolhido. Polo tanto, a transimissão do aprendido é o objectivo fundamental e fim último do seu trabalho; a fugir de guardá-lo nas gavetas dos egoísmos ou na faltriqueira do dinheiro como tantos outros grupos. É dizer, é um trabalho digno, que merece um respeito, que merece ser chamado etnográfico, levado a cabo durante anos sem mais benefício que o seu amor pola música galega tradicional. É mais, a gastar dinheiro próprio para publicá-lo, sem mais apoio que o nosso, o dos seus admiradores. Neste País dos Ananos é mais fácil publicar um trabalho folk de baixa qualidade que um trabalho etnográfico de alto custo Vid. Pallamallada, Vid. Ruote. "A enfermedade do ignorante é ignorar a sua própria ignorância". Eu sou um ignorante, e tu? É fácil falar desde o silhão. Eu sou bergantinhã, e como bergantinhã que sou sinto-me reflectido como tal nos trabalhos de Ruote e ademais, sinto-me orgulhosso de considerar-me o seu amigo. Eduardo "Dubi" Méndez Baamonde. ] - Eduardo "Dubi" Méndez Baamonde
(comentario engadido o día 22/7/02 ás 11:19h)

respostas a este comentario



- [ Teño que agradecerlle á rapaza que escribiu o comentario anterior o meu que me fixera decidirme por fin a mercar este disco de Ruote.
E co disco soando por terceira vez no lector achegome a este espacio para decir que Nin Canto nin Tampouco é, sen lugar a dúbidas, un dos mellores discos de música tradicional que teño no meu haber, e que non son poucos, tanto pola calidade como pola cantidade de formas musicais que nel se poden atopar.
Por ultimo aclarar que non coñezo á xente de Ruote. Maria Xose, ao igual que ti afirmas que os comentarios positivos os escriben as suas amigas, eu direiche que esta claro que ti tes algo contra elas.
Un saudo e boa musica! ] - Mafalda
(comentario engadido o día 18/7/02 ás 17:41h)

respostas a este comentario



- [ Deixando a un lado que "ruote en edimburgo" foi a peor inversión da miña vida porque ,sen máis retórica, me parece un disco malísimo, non estou de acordo con algúns comentarios. Non me parece para nada que este grupo represente, nin moito menos fielmente, a cultura tradicional do noso país,que é moitísimo máis rica do que a pobreza de voces de ruote deixa ver. Non en toda Galiza se canta do mesmo xeito, que por certo chega a resultar molesto. Diríalle ás cantareiras que aprendesen a cantar sen berrar e que, respetásen o xeito bergantiñano sen romper o seu enxebrismo con berros de dor( porque é o que me parece cando escoito certas pezas). Para rematar aconsellaría que as amigas dos seus compoñentes non escribiran comentariosinfundados e que carecen totalmente de interese porque o único que deixa patentge e que non hai ninguén que se moleste en decir algo o respeito deste grupo.Non é un comentario ofensivo, simplemente penso que é a realidade aínda que animo a que modificando o devandito sigan cultivando a nosa tradición. ] - maria xose
(comentario engadido o día 15/7/02 ás 16:04h)

respostas a este comentario



- [ El disco RUOTE me parece de lo mejor que escuche en los últimos tiempos.
UN SALUDO. ] - Anttía Fuentes Teijo
(comentario engadido o día 9/7/02 ás 15:30h)

respostas a este comentario ( xa hai 2 )


Engade o teu comentario..


 

E os teus datos (rexistrate ou inicia sesion para poder comentar)

Nome ou alcume:

Clave

 

 

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

s

www.ghastaspista.com


 

 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]