Comentarios sobre o disco:
Leilía : "I é verdade, i é mentira"





- [ A min tamén me gusta máis o primeiro disco que fixeron, porque eu son quizais máis purista, pero iso non significa que os meus gustos sexan mellores que os dos outros, así que paréceme perfecto que ensaien novos estilos. ] - mariquiña
(comentario engadido o día 25/9/09 ás 20:53h)

respostas a este comentario



- [ opino k leilia nunca busca a comecialidade xa que a eles non lles fai ningunha falla os cartos xa que lles chega e sobras cos seus dotes de boas cantadoras e espectaculares bailarinas, calquera persoa do muundo as pode envidiar e este disco é un dos mellores que fixeron engadimdo este ultimo que está de medo¡¡nada máis que decir só que sigades adiante e que non vos deixedes influir por comentarios tan estúpidos como algúns destes, sodes o mellor que galicia pode ter con respecto a musica¡¡un bico moi grande¡¡ ] - jenny
(comentario engadido o día 21/7/07 ás 00:13h)

respostas a este comentario



- [ Vinas este verano na Quintana, espectacular e repetín no Intercéltico (Moaña) increíbles. Estou desexando volver disfrutar con outro concerto. Noarabo ás "LEILÍA" ] - María
(comentario engadido o día 14/12/06 ás 11:08h)

respostas a este comentario



- [ Son do mellor que hai, e deberian levar a nosa musica por todo o mundo, para q por ahi sepan que en Galiza, a musica tradicional e moi boa. Ademais tilizan musica tradicional de recollida, q esa e a q verdadeiramente vale, fora os grupos coreogaficos. ] - Iria
(comentario engadido o día 1/11/06 ás 02:15h)

respostas a este comentario



- [ Genial!! tengo q decir q escucho rock casi exclusivamente pero Leilia sin entender muy bien por qué me han puesto los pelos de punta. En otras palabras me han tocado la fibra sensible!! ] -
(comentario engadido o día 22/4/05 ás 10:10h)

respostas a este comentario



- [ I am looking for the English translation of Canto de Natal ] - Ludo
(comentario engadido o día 28/1/04 ás 12:19h)

respostas a este comentario



- [ olvidouseme para as letras e máis cousas WWW.Leilía.net ] - Xela
(comentario engadido o día 23/1/04 ás 12:55h)

respostas a este comentario



- [ Dame pena ler algúns destes comentarios.Eu non creo que Leilía busque a comercialidade se non acercar a súa música, o seu sentir a máxima xente posible e coido que o acadaron.
Coñezo moita xente que aínda gustandolle as súas voces non lles gustou moito o primeiro disco e namoráronse do segundo e moito máis do terceiro.
A min persoalmente o primeiro disco gústame moito pero o escoito moi pouco por que cansa mentres os outros dous non me canso de escoitalos e tamén teñen cancións a capela.
Un consello escoitade Madama o seu terceiro traballo. ] - Xela
(comentario engadido o día 23/1/04 ás 12:54h)

respostas a este comentario



- [ “I É VERDADE, I É MENTIRA” (14.05.99)

Tomo prestado o título deste traballo dun CD recentemente presentado polo grupo de pandereteiras Leilía. A música nel recollida foi definida por unha das súas compoñentes como música de raíces, que ten sido comparada coa que cantan as fantásticas voces búlgaras ou sentida no Nepal como autóctona daquel país. I é verdade que hai como un pouso de alento neolítico neste tipo de música, que entendo representa algo así como o intento primixenio do home por lle pór voces ós sonidos da natureza, que xa facía música cos paxaros, con certos mamíferos mariños, ou valéndose do vento contra as canas, as árbores ou no deserto do Neguev --contra dunas e pedras-- cando chega o frío da noite, según conta G. Steiner. I é verdade.

O citado autor (Errata, Ed. Siruela) fai unha magnífica exposición sobre o sentido totalizador da música, o enfrontamento agónico, a tensión existente cando a palabra se converte en música, de cómo as súas relacións están ourizadas de dificultades. Steiner cita tamén a evolución cultural que fixo posible a lira de Apolo, instrumento de harmonía razonada, polo contrario da cana, veciña inmediata do vento, os caramillos de Pan, que parecen sinalar un precario tránsito da natureza á cultura. I eu entendo que na pandeireta, que se fabrica con coiro, madeira e metal, pode haber algún antepasado feito con elementos distintos, máis perto da natureza. Pero aí estarían xa as voces, co seu acompañamento, protagonistas na recreación dos sonidos que nos rodeaban. Música de raíces, de antes de Babel, como unha especie de plasma unificador que aínda permanece. I é verdade.

“I é verdade, i é mentira”. O título vai tamén ás raíces do idioma popular, retoma o uso do “i” copulativo ante vocal que non sexa “i”, fonema que nunca se debeu abandonar, de uso normal en Cunqueiro ou Rosalía –i agora, i os outros, i estaban...--. ¿E por qué non retomar tamén o “i” hipentético –a ialma, a ialba— ou o “e” potestativo –falare, levare, corazonhe— que devolverían á língua parte da musicalidade perdida no carreiro normativizador, pola súa teima en dar por boas unha serie de formas cacofónicas ou case cacofónicas –e entón, e agora, inimigo, dicir, idade, enfermidade, etc.— cando non a imprantación de neoloxismos extraños no canto de traballalos no viveiro da fala popular? Porque, certamente, están a conquerir que a xente se distancie, que diminúa o número de galegofalantes aínda que se poida falar dun certo incremento nas cidades, que usan xa un galego extraño, menos rico e polifónico, unha língua que, anque se lle pareza, xa non é a nosa. I é verdade.

O devandito acai cunhas declaracións recentes de Carlos Casares, que denuncia a nugalla dos galegos cara a língua. I estou seguro de que esa certa desidia non é outra cousa que o cansazo das xentes de ve-lo seu idioma novamente anoxado, agora co-este neogalego que non é o que aínda alenta no noso rural. Síntense traicionados por culpa da endodiglosia agora creada. Por eso agradezo, especialmente neste Día das Letras Galegas, esa aportación das pandereteiras de Leilía, o título do seu CD, que nos lembra un camiño quizais perdido, como facía unha señora que me avisaba que o seu nome era “María Delores”, acreditado co seu DNI. “Delor, delores, delorido”, outras palabras perdidas que usaban Cabanillas ou Rosalía. I é verdade.
] - xesus lopez fernandez
(comentario engadido o día 13/9/03 ás 15:04h)

respostas a este comentario



- [ Leilía...Cando a comercionalización gaña saen cousas como este disco. Persoalmente prefiro a Leilía de antes. No concerto de Tilburg (Holanda) cantaron unha peza a capela e realmente me puxeron a pel de galiña e me fixeron chorar. Porque non volven ao de antes e se deixan de paxaradas comerciales??
] -
(comentario engadido o día 26/6/03 ás 21:20h)

respostas a este comentario



- [ Gostei muito deste CD I é verdade I é mentira, porém, não encontro em nenhum site as letras, pois sou diretora de um coro de música española e galega aquí em Salvador-Bahia e gostaria muitíssimo de cantar O Gharutiño e I é verdade I é mentira.
Adorei o CD! Vocês são Maravilhosas!

Cristina Nascimento ] - Cristina Nascimento
(comentario engadido o día 2/4/03 ás 17:15h)

respostas a este comentario



- [ me gusta moito as voces das leilia mais a producción musical do disco é bastante mediocre parece feito en casa e non nun estudio, non me gusta tampouco os arranxos do segundo queda todo bastante corto. ] - elvira garcia
(comentario engadido o día 30/9/02 ás 07:51h)

respostas a este comentario



- [ inda non tiven nas miñas mans o primeiro disco de Leilía pero contra o que se di noutros comentarios paréceme excelente a aportación de Milladoiro ó grupo. Ómeu xeito de ver dalles novas posivilidades sen alonxar o grupo da tradición. para min este dico é sublime. ] - Caseiro
(comentario engadido o día 11/9/02 ás 07:01h)

respostas a este comentario



- [ Sinto dicilo pero quedome co seu primeiro traballo.Gostanme mais tradicional ] - Rocio
(comentario engadido o día 11/8/02 ás 11:14h)

respostas a este comentario



- [ Leilía é un dos mellores grupos de Galicia. As voces son boísimas, se coñecen ben entre elas e iso notase. O que me parece un fallo é a ultima tendencia que teñen a xuntarse con músicos que non saben aportarlle nada bo ó seu bo facer. Me horrorizan os arranxos que lle fixeron os de Milladoiro no seu CD, asi como a banda que levan en directo que é un pouco de risa.
Espero que teñamos por moitos anos a este referente da voz en Galicia. ] - Marta Espiño
(comentario engadido o día 3/7/02 ás 15:59h)

respostas a este comentario


Engade o teu comentario..


 

E os teus datos (rexistrate ou inicia sesion para poder comentar)

Nome ou alcume:

Clave

 

 

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

s

www.ghastaspista.com


 

 

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]