1. Eva Castiñeira
Popular / Luis Correa
Meniña que vas ó leite
leva do meu que ten tona
unha pingueiriña sola
córreche a barrigha toda
Heiche pedir unha cousa
e non ha de se-la vida
da cintura para abaixo
da rodilla para rriba
Unha pera, dúas peras
non tiña maila-pereira
unha pera fixo o xastre
a conta da costureira
Anque botes e rebotes
garabanzos nunha criba
anque botes e rebotes
teño que quedar por riba
As mulleres son o demo
atentadas ó pecado
andan sempre atrás dos homes
polo que levan colghado
Non te lembras aquel día
naquela leira de nabos
que corrías atras minhe
cos pantalóns abaixados
Ala vai a despedida
ala vai a derradeira
ala vai a despedida
desta peza porcalleira
.
2. Muiñeiras de Raquel 
Luís Correa
3. Vira da Raia 
Popular portuguesa. Arranos: O Pablote
Na banda d'alá do río
ten meu pai un castiñeiro
dá castañas en agosto
uvas brancas en xaqneiro
túa nai non o ten teu pai non cho dá
de ónde che sae
o trailalalá
Se queres que o carro cante
mételle o eixo no río
despois do eixo mollado
canta como un asubía
Se os meus ollos te namoran
vaillos pedir a meu pai
e si el che di que non
suspira e da un ai
4.- Rumba María
Luis Correa.
5.- Foliada de Campelo 
Letra: Nazario González "Moxenas"
Música: Popular
Xuventude milagreira
tédesmo que demostrare
bailando esta foliada
sen poñer os pes no chanhe
Mozas que estades bailando
parece que tedes medo
se isto é a xuventude
mal raio, eu non o entendo
Darlle lume rapaciñas
que xa os tedes mareados
arrimaivos ben a elas
a ver se os poñedes parvos
Se queredes que isto rache
dar de beber ós gaiteiros
unha fechiña de viño
e que sexa do Ribeiro
.
6. Mira-me Miguel
Popular portuguesa
Mira-me Miguel
como estou de bonitinha,
saia de burel,
camisinha de estopinha
Tengo três meninos,
nâo tengo que lhes dar,
poño-me a cantar
e ensiná-los a bailar.
Baila, Pedro, baila,
senhora quero pâo
baila mais un pouco
que logo te darâo
Tengo três ovelhas,
mais uma cordeira;
quero-me casar
e nâo acho qum me queira.
Vin venir a gaita,
o gaiteiro, nâo,
ó que pena teño
no meu coraçâo
7. Carmiña Carmela
Tradicional / Os Carunchos
Carmiña, Carmiña, Carmen,
moito me gusta o teu nome
eu sempre chamo por Carmen
e Carmen non me responde.
Carmiña, Carmela, que pena terás
na ghuerra de Cuba morreuche o rapaz
morreu, morreu, deixalo morrer
para ti Carmela rapaz ha de haber.
Carmela ten un tinteiro
cheo de tinta amarela
deixame molla-la pluma
no teu tinteiro Carmela.
Carmiña, Carmiña, Carmen
Carimña sae do teu niño
achégate a min morena
que son o teu carunchiño
8. Pasodoble dos Carunchos
Luis Correa
9. Vals de Aguieira
Luis Correa
10. Pandeira da das Ciber-Regueifas
Letra: Manolo Pipas
Música: Luis Correa
Convidoume o Carliños
no seu barco a navegar
el non sabe que no mar
sempre boto os intestinos
ordenata a amebarcación
ten un nome que me mola
non ten proa nen ten popa
nen babor nen estribor.
Ordenador, sen babor nen estribor
Eles chaman ó invento
realidade virtual
podes ciberviaxar
sen moverte do asento
tes un rato por timón
e tes páxinas nos mares
necesito que me aclaren
se se pode ver o sol.
Pola brisa tes pantalla
que vacile de internete
pero honor xa nunca teñen
os seus virus e piratas
no seu convite propón
polo espacio unhas regueifas
que vos lance os meus poemas
contestar vos con primor.
Eu non podo amigo Carlos
non comparto esas batallas
e sigo mandando cartas
con romances e outros cantos
despedida con paixón
meus poetas cibernautas
bicos pra Don Ordenata
e tamén pró seu ratón.
11. Pasodoble de Vilaverde
Tradicional - Cereo (A Coruña)
Ailalala...
Eu aquí non canto mais(e)
eu aquí nunca cantei(e)
por se-la primeira vez(e)
non sei como salirei(e)
Marmura marmuradora
marmura de ti e de min(e)
eu sempre fun marmurada
solo de xente ruin(e)
Cantade meus compañeiros
cantar que decimos ben(e)
xa polo mundo marmuran
porque nos levamos ben(e)
12. Foliada Rachada
Popular
Unha noite no muiño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí que é muiñada.
O carballo da portela
ten a folla revirada
que lla revirou o vento
nunha mañá de xiada.
Unha vella dixo a outra
polo burato da porta
métete na túa vida
que a miña nada che importa.
Se queres aquí, aquí.
Se queres alá, alá.
Se queres na carballeira,
na carballeira será.
13. O Tiroliro
Popular portuguesa /
Piribiri biribiribí: Julián / "Aishtá": Luis
Comadre, miña comadre
gosto muito da súa pequena
é bonita, preséntase bem
parece que ten a face morena.
Lá cima está o tiroliro
cá embaixo está o tirolaro
xuntáronse os dois á esquina
tocar a concertina, tocar o sol i do.
O meu amor é baixiño
e tamben alta non sou
e un par ben axeitadiño
que Deus o mundo deitou.
Olindinha, Olindinha
Ai, prùn vinten nao vale a pena
a mulher bateu no homen
Ai, por te-la coisa pequena.
14. Vindo do monte
Popular
Vindo do monte vin unha nena
viña do prado de calcetar
era bonita, pedinlle un bico
pero ela non che mo quixo dar.
|