1.- Xente
Guadi Galego - Guillermo Fernández
(inspirado nunha letra de Manolo Maseda)
Olla a rúa de atrás
olla o chan oe o mar
olla os que xa non están
oe o bardo cantar
Oe o son do andar
son os que veñen sen pan
saen do seu despertar
collidos da túa man
Ollame óllate
olla os ollos dos que ven
ven de ti ven de min
óllame óllate
xente que vai soa
xente que vai embora
xente que namora a
xente
xente diferente
xente intelixente
xente intermitente
xente
xente divertida
xente distendida
xente a túa medida
xente
xente que comprende
xente que sorprende
xente que non se vende
xente
2. Cracovia
Santiago Cribeiro
3. Brest 
Quim Farinha
Entre a terra e o mar
medran flores de escuma
ribeiranas de sal
carantoña teimuda.
Obradoiro de soños
pra quen quere mudar
o que ven os seus ollos
por un outro mirar
de fervenzas no vento
e de areas fecundas,
onde o mar é un xoguete
dos enredos da lúa.
Ribeiranas de sal
firmamento de area
entre a terra e o mar
nos cantís de Fisterra.
4.- Unha volta e un poema
Guadi Galego - Guillermo Fernández
Vai unha volta, unha volta e un poema
unha cantiga, a cantiga dunha nena
vai un xantar, un xantar, unha conversa
un pensamento, pensamento con talento
Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio
unha palabra, a palabra desexada
E agora que sae o sol
o teu nome xa se ve
agora que sae o sol
ti tamén es
Vai a esquecida, a esquecida e nomeada
unha sentenza, a sentenza que ti fagas
vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
unha quimera, a quimera dunha espera.
Foi unha volta, unha volta e un poema
unha cantiga, a cantiga dunha nena,
vou despedirme, despedirme cunha flor
vou despedirme, cunha flor de cor de ron.
5.- Permafrost 
Anxo Pintos
6. Lévame de aquí
Guadi Galego - Guillermo Fernández
Vira na roda da vida
vira como unha buxainda
por cada volta que viras
vaise unha pena da ialma
vira pra que tra-la noite
sempre veña a ialba.
Son como as nubes do ceo
son como a escuma do mare
non teño acougo nin quero
son unha folla que cae
vivo no berce do vento
preso estou do aire.
Baila e bate na terra
pra enxermar a primavera
Baila e toca as estrelas
Coas azas das arelas
7. Vamosindo
Santiago Cribeiro
8. Sálgame
Guadi Galego - Guillermo Fernández
Cra esta ferida
dáme auga
dáme alento
mira estou espida
son a túa palabra
ponme o teu acento.
Bsco a túa mirada
busco a verdade
busco e non che minto
sigo as túas pegadas
síntote moi perto
moi perto te sinto
Dime se estou durmida
eu non cedo
non me resigno
dime si estou perdida
sinto que non penso
penso que non sinto
Somentes a calma
trae a cordura e razón
trae o placebo para o noso corazón
Somentes a luita
trae a mestura e paixón
trae o placebo para o noso corazón.
9. Deneb
Quico Comesaña
10. Nosocomial
Anxo Pintos
11. Entropialxia
Quico Comesaña
Quero botar a andar
cara a outra beira
deixádeme cruzar
larala..
Teño nas miñas mans
os meus sentidos
camiños que labrar
larala..
Collendo lume vou
dentro do ar
húmida terrason auga vital
De lume o corazón
de ar as veas
de terra e auga son
larala..
A lúa quere ver
a miña cara
por entre as ramas vai
larala..
Denoite espértame
tecendo estrelas
insinuando que
marche con ela
Qen me pode abrir a orta
quen me arranca esta cadea
quero a chave que se esconde
e me ceibe desta xeira.
|