1. Mineta
(tradicional )
Levanta Mineta do doce durmir,
está un pobre á porta de lindo pedir.
Escóndete Mineta na miña capiña
cálate Mineta cala miña vida
Dalle do teu pan e dalle do teu viño.
Levanta Mineta,ensínalle co camiño.
Escóndete Mineta, na miña capiña,
cálate Mineta cala miña vida.
A xornada é longa estou farta de andar
xa espiei a roca quérome voltar.
Escóndete Mineta na miña capiña
Cálate Mineta calamiña vida
Eu nunca vin cego con tal fantasía
con espada ó lado e fita cinguida
Cálate Mineta cala miña vida
que eu son dos condes que ti pretendías.
2. Añas de Gargamala 
(tradicional)
I agora que vai la mía,
i la de mi camarada
i agora que vai la mía
a túa non vale nada
Sae lúa sale clara
sale se queres salir
sale nena da túa casa
se te queres divertir
cando quixen non quixeches
gardando a fantasía
agora queres non quero
eu tamén che gardo a miña
E se chove deixa que chova,
e se orballa deixa que orballare
que eu sei onde teño un abrigo
que moito me ten que abrigare
Eu non canto por cantare,
nin pola gracia que teña
eu canto para aliviar
o corazón de tanta pena
Aí vos vai a despedida,
la despedida vou dando
esta si que é despedida
que me despido cantando
3. Caldaloba 
(J. Abad)
Espereite alá no monte,
arrimadiña a unha pedra
pensas que non é pecdado
engañar a quen espera
Se ti me quixeras ben,
xa me viñas a buscar
como a auga busca o río,
como o río busca o mar
O que ten amores lonxe
e regueiros que pasare
vai unha ponte de pedra
que deu pau ha de quebrare
o que ten rapaciñas
por forza ten que cantare
cantas veces cantaría
tendo ganasde chorare
Teño o m eu corazóncheo,
como nonhei de chorare,
pasou por min o meu mozo
e non me quixo falare
o que ten amores lonxe
e regueiros que pasare
vai unha ponte depedra
que de pau ha de quebrare
4.- Vinde axiña
(Maestro Pacheco)
5.- Ruada de Doade 
(tradicional)
Aire que la lleva el aire
aire que el aire la lleva
aire que la lleva el aire
camiño da miña terra
o que te mira de lado
ten mirada de traidor
mirame cariña cara
que é mirada de amor
chamáchesme moreniña
ratiña vaite lavar
pensas que non teño amores
ainda chos hei de prestar
Date la vuelta moza
date la vuelta
que quiero ver la espalda
de tu chaqueta
de tu chaqueta blanca
de tu chaqueta
date la vuelta moza
date la vuelta
.
6. Centolos
(J. Abad)
7. Reiseñor
(E. Paz)
Con voz de reiseñor dorme no berce
despois de cantar lalalaila
despois de bailar lalalaila
para o seu amor envolta na noite camiñaba
miraba cara ó mar lalalaila
despues de bailar lalalaila
para o seu amor con contos embruxada se deitaba
soñaba con cantar lalalaila
despois de bailar lalalalila
para o seu amor con voz de reiseñor dorme no berce
despois de cantar lalalaila
despois de bailar lalalaila
8. Trullada de Melón
(tradicional)
A perdiz anda no monte
e o perdigón no valado
a perdiz anda dicindo
ven acá meu namorado
ven acá meu namorado
ai laleli ai lalalo
A perdiz anda no monte
e o perdigón no valado
a perdiz anda dicindo
ven aca meu namorado
ven acá meu namorado
ai lalelo ai lalalo
Qué cousa cousiña é
que anda e anda e nunca chega
come come non ten bocfa
tada a comida é pouca
toca a comida é pouca
ai lalelo ai lalalo
No muiño da Marola
que é cousa cousiña tola
colle millo o perdigón
detrás dela a súa moza
detrás dela a súa moza
ai lalelo ai lalalo
9. Mar de chumbo
(Yon)
10. Bicos de sol
(J. Liz)
Deixame subir
deixame subir ó alto
que no alto verde quero ver
deixame subir
quero ver os meus amores
que no alto paran con alguén
Eu teño un amor
teño un amor na montaña
o meu corazón quere roubar
eu teño un amor
teño un amor que me quere miña nai,
xa non quero baixar
bicos de sol
dunha marea sobre o mar
queren soar
bicos de sol,
feitos de area
con sabor de espuma e sal
|