Páxina anterior

IVÁN COSTA: ávrego

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

11 comentarios deste disco .....

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 

 

 

 

O ávrego é un deses ventos que alá pola caída do outono irrompe nas praias e peiraos das Rías Baixas co agarimo e dozura dos aires do suroeste, mais que tamén é quen de nos amosar unha fasquía un tanto toleirona e agoreira doutros ventos non tan soportables nin apacibles. Disque os nosos mariñeiros son sensibles a estes meteoros.. e que mesmo poden chegar a moldear e modular o seu temperamento en función do compás que eles lle marcan.

Nin que dicir ten que para un gaiteiro o vento é fonte de vida no seu fol, e estou ben certo de que foi precisamente o ávrego que zoaba alá polas terras do Morrazo o que lles deu vida ás gaitas deste traballo que agora tedes nas vosas mans.

 

 

 

Edita e produce:
Edicións do Cumio, S.A.
A Ramalleira, 5.
36140-Vilaboa. Galicia.

Tel.:986 679 035 / Fax: 986 708002
cumio@cumio.com · www.cumio.com

Pedidos: Distribucións Arnoia, S.A.
Tel. 986 679 007 · pedidos@arnoia.com

 

 

 



cara A

AQUELAS MELODÍAS

Emulando aqueles Longa Duración (LP) de vinilo con dúas caras, organizo este traballo distinguindo, por unha banda, as melodías compiladas de cancioneiros e gaiteiros tradicionais e, por outra, as miñas propias creacións.

Arrimar a orella. Así é como os gaiteiros lle chamamos ao feito de recibir a información dun xeito oral ou tradicional. Desta maneira as melodías van e veñen, non encoran, gozan da vitalidade que lles confire a súa propia existencia e, como consecuencia, van mudando sensiblemente, ata que cada un as sinte como propias.

Arrimo, pois, a orella e contribúo con elo na cadea transmisora.

 

1. Carelle    
Do repertorio de Manuel Lago.
Manuel Lago, gaiteiro de Carelle (Sobrado dos Monxes). A perfecta imaxe do gaiteiro solista... como manda a tradición.

2. Campolameiro    
Do repertorio de Manuel Casal.
Manuel Casal, O gaitero de Cimadevila (Campolameiro). Defensor a viva forza da divulgación do seu saber... tanto que mesmo chegou a xustificar o feito de que utilizaran o seu repertorio gravado para ser escoitado polos escolantes doutro mestre que, non tendo moita habilidade no tanxido, utilizaba as mostras rapinadas como lección de gaita.


3. O Marreco    
Do repertorio de Antonio Represas.
Antonio Represas de Xinzo (Ponteareas) foi o artesán máis salientable dunha familia de afamados gaiteiros e construtores de gaitas. Eta peza é un vivo exemplo da súa categoría musical.

4.-Fandango  
Do arquivo de Perfecto Feijoo.
Perfecto Feijoo, consciente da descoidada saúde da cultura tradicional, funda e dirixe a agrupación "Aires da Terra", xermolo da creación dos chamados Coros Galegos, auténticas aulas de recompilación e divulgación da cultura musical de Galiza no primeiro terzo do século XX.


5.- Mazurca e Cantos de Pandeiro    
Dos arquivos de Xoan Montes e Perfecto Feijoo.
Perfecto Feijoo recibiu da familia de Xoán Montes o seu arquivo musical en recoñecemento á ben merecida reputación como protector deste prezado cancioneiro tradicional.

6. Murás    
Do repertorio de Ramiro o capador.
O oficio de gaiteiro rara vez foi abondo para vivir con desafogo, por iso adoitaba complementarse con outras actividades, como a de carpinteiro, aguardenteiro, albanel ou mesmo capador. Tal foi o caso do gaiteiro de Miras, quen por este motivo mereceu o seu alcume.



7. Cantos de Fisterra    
Do arquivo do Perfecto Feijoo.
A voz é o instrumento máis importante da música tradicional, pois xorde de xeito espontáneo e desinteresado nos diversos feitos musicais da tradición galega. As veces o gaiteiro convértese nun privilexiado convidado que fai de compañeiro dos cantos populares, tal e como acontece nesta peza, pertencente a unha das recompilacións do coro Aires da Terra, que eles cantaban así:

Dinche un bico e disme agora,
meniña, que cho roubei,
e calar mellor che fora,
que na cara cho deixei.

cara B

CREACIÓNS

Lembro as verbas do mestre Moxenas alentándome á composición, e taménas anotacións sobre as miñas primeiras pezas cando dicía iso de hai que pulilas un pouco.

As miñas creacións están baseadas nos modelos rítmicos, estruturas e sonoridades tradicionais mais sobre esta base deixei caer o voar da imaxinación nun intento de harmónica combinación entre estes dous camiños e de ofrecer unhaposible via de continuación da nosa música tradicional no eido da gaita.

8. O Poleiro    
Esta é unha homenaxe aos compositores de pezas para cuartetos, feito instrumental impulsado polo grande Avelino Cachafeiro dende 1920, cando os dúos de gaitas, tambor e bombo quedaron institucionalizados cos carismáticos Gaiteiros de Soutelo.

9. Xota para Ourense    
Os repertorios sónchevos moi sorprendentes. Dunha volta presentei esta xota a un concurso no ano 1989 e, ¡cousas do demo!, chegou a formar parte do repertorio dun vello gaiteiro. A música, coma a vida, dáchevos moitas voltas.

10. Alborada para a pequena     
Dedicada especialmente á miña afillada Yaiza, quen, cal unha alborada, alumea coma o sol e irrompe coa súa ben acollida troula, coma os gaiteiros cando entran no adro na mañá do día grande da festa.


11. A Cachimba Dourada    
Os concursos de gaita representan, para quen neles participa, acontecementos terroríficos, angustiosos, inquietantes.. Inda bo é que todo queda compensado, bes ás cheas, coa calor humana dos outros colegas tamén participantes, xente preocupada pola saúde da nosa cultura musical. Esta peza foi creada para un destes concursos.

12. A Lagarteira    
A lagarteira é o camiño que separa as casas familiares de miña na e meu pai. Un carreiro entre leiras que eu, de pequeno, percorrín unha e mil veces xogando ou artellando trasnadas.. Tamén era o camiño que percorría cun compañeiro cara á escola, ata que tivemos que cambiar de ruta, pois un día rifounos un veicño.. pero esa é outra historia.

13. Xota do Besbello    
Besbello, bulebule, fervello, fuxefuxe, fedello, furabolos... Así alcumamos eses nenos pouco
amigos do acougo, ou, como dicimos no lugar, que non te en paraxe

En quen me inspiraría?

14. Gaita de Melchor    
Arranxos e interpretación: Viola en directo na Casa das Crechas
(Compostela, verán de 2002).
Violia foi, sen lugar a dúbidas, o grupo que máis me marcou dos moitos nos que tiven a sorte de to
car ou colaborar. Foron moitos anos de música e convivencia, a mellor escola de como vivir a música (que non da música). Aos músicos que foron de Violia, pero sobre todo aos amigos que seguen a ser.

Moitas Grazas.







Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Isolma
( GS21 )
Via Nova
( Kerkennai )
= >