1. Xira O Mundo
(Música: Nacho Muñoz, Letra: Patricia Hermida)
Os petos valeiros, un camiño sen andar
nada vén conmigo, vou a deixarme levar
La, la, la, re la, lero, lero, lero
La, la, la, re la, lero, lero, lero
Razóns non me faltan para deixar de sorrir
pero hoxe o mundo xira aquí dentro de min
i eu quero ver si esto é verdade
quero saber si é realidade
Do sol cae un raio que alumea o lugar
xoga entre as nubes, tenta delas escapar
i eu quero ver si esto é verdade
quero saber si é realidade
O aire que me arroupa cóntame que as puido oir
que a árbores falan, senten envexa de min
.
quero ver si esto é verdade
quero saber si é realidade
Nada quero a cambio, nada poderá parar
paz tornase todo, para que vou pedir máis
i eu quero ver si esto é verdade
quero saber si é realidade
I é verdade i é mentira non o quero adiviñare
i é que si esto é un sono eu non queo espertare
quero ver si esto é verdade
quero saber si é realidade
2. Arieñium 
(Música e letra: Ávalon)
3. Velo de Maya 
(Anónima Sefardí).
4.- ¿Cómo quieres..?
(Música: Xela Conde, Marta Barrecheguren. Letra tradicional).
Como quieres que yo te quiera
y que te tenga quere-re
si entran las semanas y salen
y no te vuelvo a ver-e
Lejos estoy yo de tu vista
pero no del pensamiento
que con os ojos de mi alma
te miro a cada momento
No sé si cante o si llore
a mi todo me da pena
si canto todo se esquece
si lloro todo me lembra
La despedida yo te doy
que despedirme no puedo
que al despedirme yo de ti
al despedirme me muero.
5.- Ávalon 
(Música: Patricia Hermida, Letra: Xela Conde)
A illa érguese trala néboa
abre as portas do tempo esquencido
lonxana, dimensión irreal
que agocha o segredo escondido
A fonte mira altiva ó ceo.
Dúas esferas de vdro e fuego
durmida, como resucitar
a enerxía do imperio perdido.
Nada no mundo, ninguén poderá afundir,
a beleza do meu reino
Ávalon chora no olvido só sabe sufrir máis a esencia
vivirá sempre en min
A lúa traza planos de luz
que nos guía cara o val encantado
no aire atópase a calor
e as videncias do pozo sagrado
As cousas son distintas alí
abre os ollos e procura a verdade
á volta chegarás a sentir,
natureza, amor e liberdade
6. ¿y si vendo el alma al diablo?
(Música e letra: Patricia Hermida)
De los dos, ¿cuál es el dueño de mi amor?
mezcla que llegará a hacer explosión
noche bebe el veneno aquí en mi piel
día encuentra en mi cuerpo su dulce miel
Ganas de aprender de nuevo a volar
miedo de que mis pies no sepan andar
confiar, un laberinto de emoción
y volcar en mi ser amor y pasión
Noche que rompe, que arrastra, que me eleva...
día que me sostiene, que me cuida, que me revive...
noche que atrapa, que absorbe, que me enciende..
día que me concede, que me cuida, que me acaricia...
¿y si vendo el alma al diablo?
Noche es amo del fuego del corazón
día, dueño del agua de la razón
noche calma el deseo al amanecer
día duerme mi sed al anochecer.
.
7. Area
(Música: Patricia Hermida)
8. Espello
Muiñeira de Berdillo (Tradicional)
As estrelas corren corren
todas nunha carreiriña
tamén corren os amores
da túa man para a miña
Alumeame luíña
alumeame lunare
alumeame luíña
que me quero ir deitare
del cielo faltó una estrella
en el cielo no aparece
en tu cara se metió
en tus ojos resplandece
Aparta loureiro verde
deixa clarear a luna
se non vexo o meu amante
non vexo cousa ningunha
Vou a dala despedida
viva o sol, viva la luna
quen se despide cantando
non leva pena ningunha.
9. Laio
(Música e Letra: Patricia Hermida)
Baila sobre areas movedizas
porque eu xa non teño nada que falar
calma océanos en treboada
porque eu xa non teño nada que falar
Xoga a converti-lo lume en xeo,
tenta apaga-lo inferno
ou acende as estrelas
nun ceo de claridade
Xa non creo nos milagres
que logres en pleno día
dime onde é que te agochas
cada noite cando eu
Laio, laio, laio, laio, laio, laio, laio.
Aile, le, re, le, re, le, re, le, le, le, re, le, re, le,re, le
Agora xa sei camiñar,
agora quero que me deixes soa
Troca na noite o sol pola lúa
porque eu xa non teño nada que falar
baixa os deuses da súa morada
porque eu xa non teño nada que falar
Fai que chovan pétalos de flores,
ou camiña sobre os mares
tinque de nostalxia o vento
ou róbame a miña ialma
Tantas bágoas afogaron
os efectos da túa maxia
rompo os lazos do pasado
na última noite en que eu
10. Muiñeira de Fermín
(Música e Letra: Miguel Seoane)
Nas terras dun home chamado Fermín
recolle a toupeira o mal de raíz
i o demo do home buscando a toupeira,
reventa as patacas coa punta da perna
Fermín ten na casa colgados das portas
a tódolos bechos que estraga nas hortas
ás veces acouga durmido de día
e sale de noite de cacería
A toupeira cantará de vagar
Hoxe non che vou
Recorda fermín recorda,
que queda a toupeira bailando nas cordas
Fermín non entende que alegre toupeira
disfrute vivindo debaixo da terra
e tanto lle ten se chove ou vai sol
alí non hai portas paséase ó chou.
Chorando na casa está a nai de Fermín
renega do fillo por ser tan ruín
somentes se lembra das putas patacas
e nunca pregunta por cousas da casa
Pregúntalle a túa nai cando deixe de chorar
Hoxe non chorou
A ver si espabilas Fermín,
pregúntalle agora que anda a sorrir
Fermín ten un can que lle axuda a cazar,
parés que somentes lle falta falar
fai tódalas cousas que quere Fermín
e cambio el lle dá de comer e durmir
I e que sempre polo pan baila o can.
.
11. Beltaine
(Música: Xela Conda)
12. Avenida de América
Bonus. Música e Letra: Avalon
(Tema orixinal da serie de TVG "Avda de América")
Empezas os pasos onde esreas os zapatos
no medio da esperanza escondida sen usar
necesitas encontrar ós amigos que dirán
bule, corre, esperta xa, vir aquí non é chegar.
Avenida de América, vén agora vas a ver
si é posible atopares sen buscar
Avenida de América non existe talismán
nin camiño sen ganas de caminar.
Queres descubrir un lugar para amar
un sono que co tempo ti poidas acadar
un misterio que cubra a maxia de vivir
un rincón construído para poder compartir
E xa ves, aí estás, intentando adiviñar
que camiño escoller, como chegar ó final
pero ves que aprender non é cousa de un
colle forzas mírame e loita, tes que pelexar
|