- III FESTA DO VIÑO DA CASA - XXXI FESTIVAL DE PARDIÑAS - Festival Intercéltico do Morrazo - A.C. Brisas do Quenllo » Blog Archive » Xa ta aquí a”¦XI Romaría Galega na Pontraga!! - VI Foliada da Mariña - Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación de Lugo - A Coruña Cultura » Ciclo Son de noite no mes de xullo - II Festival Sargadelos Fusión - REBULIR: III CONCURSO DE FOTOGRAFíA ANTIGA - Festa Rachada da Baña 2010 - Noitarega, "XXI" novo disco - Dous + Tres = Folkfusión - Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé - "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo - Outonalidades: inscrición para o 2010
- XXXI Festival de Pardiñas (Guitiriz, Lugo), os días 7 e 8 de agosto.
Velaí vai o cartel deste ano, agardámosvos!!
SABADO, 7
BELLÓN MACEIRAS Q... - Axenda dos ulträqäns finais de novembro e decembro do 2009:
-21 nov 2009 MANZANEDA Ourense (Festival a rebusca)
-28 nov 2009 MADRID (E.S.O.A. E... - HOLA ALGUEN SABE QUEN FORON OS GRUPOS GAÑADORES NO CONCURSO DE CUARTETOS DE PONTEAREAS. - segun teño entendido van a tocar os ultimos concertos que lles quedan en octubre, e para o ano proximo pasaran a ser unha orquesta. - hola alguen sabe algo do grupo folk fuego a la lata? - A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.
A cita musical ter...
- sCTDAuJVNVRirDb() // nova resposta recibida - Busco galegos en Madrid para sair(Taboleiro) // nova resposta recibida - titulo ou interpretes dunha canción(Outras cousas..) // nova resposta recibida - Aprender Gaita en Castilla(Taboleiro) // nova resposta recibida - olla meu irmao(Música Galega No Mundo) // nova resposta recibida
TERRA DE SOÑOS é un proxecto colectivo no que Fuxan quere dar actualidade ás cancións que dende hai moitos anos forman parte do imaxinario musical de varias xeracións, para que os máis novos as coñezan e se recoñezan nelas como parte dun pobo que viviu, e quere seguir vivindo, no seu idioma, na súa cultura, no seu territorio...
`As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Convidámosvos a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena.´
Como é un CD/DVD, desta vez o que atoparedes na web son anacos da grabación do concerto i, en breve, tamén algún extracto do documental. ``Despois de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Despois de 26 países visitados. Despois de dar as grazas en 12 idiomas distintos… Era o momento de publicar o noso primeiro CD/DVD en directo. Un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que LUAR NA LUBRE sexa actualmente, o que é: un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.´´
Hai que darlle unhas cantas voltas mais a cousa.. pero dende hoxe comezan a funcionar as etiquetas na sección de novas. Interesante non só para enlazar con outras novas, senón tamén como un xeito de atopar información adicional. Enlaza tamén co buscador en Ghastas Pista, e tamén cun buscador en webs de música galega (en preparacion, pero xa funcionando)
A arte atópase alí onde a innovación prende pulo en experimentos que extraen as ensinanzas do pasado. En Airexa, a tradición chama pola renovación e constitúe un cóctel que xunta en receta engaiolante apostas anovadoras en equilibrio de tradicción. E iso mesturado cunhas pingas de brisa importadas da benquerida praia de Camaxe, alí onde as ondas bican a area que noutrora pisara Ulises, e alí onde se grabou este traballo exemplar
Agora a sección de novas está un pouco máis `presentable´, con novas categorías e menú desplegable (que mais adiante será incluido no resto das páxinas). Ademáis, co gallo do 123 aniversario do nacemento de Castelao, varios debuxos seus aparecen na cabeceira das categorías. Por último, e aínda que en preparación, xa está funcionando un pequeno buscador.
GS21 é unha compañía galega de baile e música que nace no 2005 da man dunha serie de músicos e bailadores formados na tradición galega pero cunha visión atemporal e moderna da mesma. No seu espectáculo, "Isolma", achegan infinidade de recursos sacados da tradición aos que se lle aplican novas lecturas intentando producir no espectador sentimentos e emocións que veñen do máis fondo da alma. "Isolma" está dispoñible en CD e en DVD, nunha gravación onde se recolle unha das primeiras postas en escena desta compañía.
Quen non saiba qué é un feed.... que 'googlee' ;P. Podedes mantervos informados de actualizacions e novas nun 'agregador' ou dende a vosa propia web (pex, con feevi.com)
Coa cantidade de novas que están chegando a `Ghastas Pista?´ hai que ir pensando en ordealas un pouco.. polo de agora creei unhas cantas seccións. A ver si así está a cousa mais organiada.... admitense suxerencias! ;)
Crema de gaita é un grupo folk con insignia distintiva que abrangue formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega. Non obstante, Crema de gaita non rexeita as influenzas euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.
Agora podes subir fotos cando envies unha nova á web. Ademais durante a semana actualizarase o listado de programas de radio e videos de youtube. Bota unha man enviando a información que consideres oportuna! ; )
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío... Lixeiramente asíncrono.
A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.
Visto en Chuza.org: `A web da crtvg ofrece os audios dos concertos en vivo que se gravaron anos atrás dentro do espazo `Os directos da Galega´, que emitían tanto a Radio Galega como a TVG. É unha oportunidade para rescatar concertos de Luar Na Lubre, Os Cempés, Milladoiro, Berrogüeto, Siniestro Total, João Afonso, Cristina Pato, Budiño, etc. etc.´
``A señora Carme, o proxecto Malvela, son unha das mellores noticias da cultura galega dos últimos anos. Voces de mulleres nunha aldea galega, nova vida para as cancións populares, espírito comunitario, entusiasmo e vitalidade na plenitude da vida.´´
A pouco tempo de que se cumplan 10 anos de existencia na rede, Ghastas Pista decide `abrir as súas portas´
A idea é sinxela: consegue o teu espazo, `www.ghastaspista.com/oteunome´, no que compartir a túa música e información, ou a música e información que che interesa. Non é preciso que saibas `como facer unha paxina´, só tes que achegar a túa proposta (un blog, unha paxina con artigos, a web dun grupo, local, asociación,..) ao enderezo ghastaspista@gmail.com, e xuntos veremos de montar algo ;). ..e, como sempre en Ghastas Pista, a información compártese de balde.
``Cinsa Namorada, ven a ser o título do traballo discográfico que Tino Baz grava neste intre, e que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra de autor, como músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega actual de recoñecido prestixio e, individualmente, como músico que ten percorrido e espallado o seu traballo por todo o país e tamén fora del. Como músico miñoto, mòvese nunha estética connotativa de raìces populares adaptándose ás acústicas innovadoras da inxenería do son do momento actual´´
``Os Luar na Lubre continúan o seu camiño polo folk galego e seguen a poñer en evidencia a importancia de apostar pola reivindicación dunha banda sonora de país que rache coa relación de amor/odio que ten a nosa música co mundo celta. Vinte anos pasaron dende a súa fundación, dez discos e moitísimos directos que moldearon toda unha formación que algúns sinalan como unha das pioneiras e na actualidade das poucas que continúan fieis ao seu espíritu atlántico´´ (Apeneira.com)
Por fin en Ghastas Pista, o novo disco de SonDeSeu. Trastempo. ``un traballo composto por pezas interpretadas pola orquestra no seu conxunto, pero cun espazo no que cada sección convírtese en protagonista, o que define unha variedade tímbrica que xa no primeiro momento chama a atención e a sensibilidade do oínte. Xunto con temas tradicionais e arranxos contemporáneos´´
``Fluindo en pechado´´ é un traballo basado na música de raíz galega, especialmente na dixitación ``pechada´´, a cal estivo prácticamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos. No repertorio busca ofrecer unha visión ampla de tódolos ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por xotas, pasodobres, mazurcas, valses, rumbas, tendo a gaita como instrumento conductor.
«Malvela é máis que un grupo de música popular, é un espazo de encontro. Reunirse para cantar, esa era a única pretensión cando comezaron. Pero como a vida non é unha liña recta senón que está chea de curvas, de vaivéns, comezou unha aventura para elas que cristalizou nos seus tres discos e en innumerábeis concertos. (..)» Uxía Senlle.
Ademáis de crear un novo rss pra os concertos, busquei algún script gratuito (ata que me anime a facer un..) para copiar-pegar-e ter novas e concertos de Ghastas Pista onde queirades :)
Xabier Díaz presenta o seu segundo traballo “Coplas Para Icia“ (2007), no que rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do
extenso traballo de campo que el mesmo leva a cavo entre os anos 1990 e 2000. Nestas “Coplas para Icía“ ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias .
«Evolución, madurez, consolidación... seguimos na xeira e a dar gherra. Editado no 2007, nel intégrase por fin Xulio Abal coas cordas, logo de xa tres anos a canda nós. Ten como fío condutor a Radio, con diversas sorpresas alusivas entre tema e tema. Conta coa intensa colaboración musical de Pablo da Lama co saxo, Juansi co contrabaixo; e dos Dios ke te Crew, cos que gravamos o primeiro “hip-folk” da historia de Galiza (ou iso cremos), do que estamos moi satisfeitos. Non vos hiperventiledes!! -----
Quempallou segue polo aire, coma sempre coa lingua de fóra. Seguimos a dicir que pu, pu, pu ou o que sexa que nos pete no peito, sen nos importar demasiado que chova, namentres non nos leve o mar. Seguimos a peneirar ao son das malladoras, á procura dunha nova vida para que ninguén nos obrigue a ficarmos sen ti, sen vós. Temos un pouco de mel para quen nos acompañe nesta nosa frecuencia, de muiñeira tropical polas praias de Pantín, por exemplo. Muller miña, meu cabaleiro, Quempallou segue nas ondas, Quempallou segue POLO AIRE....»
www.quempallou.com
Vaise completando o cartel do Festival de Ortigueira, do que ate agora sabemos que contará tamén coa presenza do CENTRO COREOGRAFICO GALEGO, FLOOK, a BAGAD KEMPER coa colaboración de SUSANA SEIVANE , KEPA JUNKERA, PEPE VAAMONDE GRUPO, MILLADOIRO e DERVISH. Xa podedes escoitar música dalgúns destes grupos na páxina adicada aos concertos (e axiña dos que faltan..)
A organización do VIII FESTIVAL FOLK, convídavos a oitava edición, que será os vindeiros días 29 e 30 de Xuño, na parroquia de Callobre, así como as conferencias que por primeira vez dispoñemos para os días 17 e 24 de Xuño, no Teatro Principal de A Estrada.
Xabier Díaz, Luar Na Lubre, Malvela, Nova Galega de Danza, Quempallou, Arrás!, Cristina Pato & Mutenrohi, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Fía Na Roca, Xosé Manuel Budiño, Crema de Gaita, Milladoiro, Guezos, Dobarrismo, Galegoz, Skario, Machina, Loretta Martin, ... ..e máis
Tanto na web con información sobre os novos discos do 2007, como no listado de concertos aparece a partires de agora un mini-reproductor. No caso dos concertos A INTENCIÓN é que poidades escoitar música dos grupos con actuacións programadas nos próximos días....
``O dúo Sete Saias xurde no seo do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son a súas compoñentes(..)´´
Tardando tanto igual hai que pensa que veñen de sacar outro, mais non.. é o 10.0 (tiven uns problemiñas co disco, de aí que non o subira ate hoxe). Así que, se queda alguén que aínda non o escoitara (¿?) xa sabedes, neste enlace, 30 segundos por tema e mais info..
ESPECIAL SOBRE A MÚSICA GALEGA E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA no programa UN MUNDO DE MÚSICAS DE RADIO VOZ ----- Entra, le i escoita opinións de distintos persoeiros da nosa música, e participa!
Suso Vaamonde, Uxía Senlle, Fuxan Os Ventos.. E un listado completo de todos os enlazados ou subidos dende Ghastas Pista en ghastaspista.com/youtubeando.php
DE RUADA EN BOS AIRES. A Curuxa xérase como agrupación cultural no ano 1995 co obxectivo de preservar, investigar e difundir a música, canto e bailes tradicionais de Galicia no contexto americano desde finais do século XVIII ata a actualidade (...)
No remate da información de cada disco engadido en ¿GHASTAS PISTA? podedes atopar enlaces que apuntan a el, así como textos, imaxes, e agora tamén videos relacionados con ese disco. Botas algo en falta? : info @ ghastaspista . com
Novo disco engadido á web - Requinteiros da Ulla é o primeiro disco de A gaita de Sarandón, que trata de manter vivo o legado que os seus dous principais compoñentes, Marcelino e Pepe, reteñen por sorte aínda nas súas mentes (..)
Novo disco na sección de Históricos, GALICIA CANTA ( Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandeirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes)
O tema Tu Gitana, na versión grabada no último disco de Luar Na Lubre, Saudade, foi escollido para acompañar os videos publicitarios da campaña para a promoción do turismo galego en 2006. Aquí podes ver o video, compartido dende o Blog asociado a Ghastas Pista: De Sons
Aparece agora na sección de históricos un fragmento (pequeno) da Serie Documental "Galicia na Transición", coleccionable do xornal Faro de Vigo, que na súa segunda entrega fai referencia a Voces Ceibes
Cando navegando pola rede adiante atopes unha noticia que deba aparecer en Ghastas Pista, agora poderás engadila tí mesmo, con só dous clicks de ratón. A sección está en versión de probas, e a súa supervivencia ou futuras modificacións só depende do trato que lle deades ;)
Por agora, mentras vou probando o sistema, somentes no pé das paxinas dos discos, e mais adiante en outras seccions de Ghastas Pista, iran aparecendo (ou eso estou tentando) enlaces a outras webs que fixeron referencia a elas. A cousa, de entrada, non funciona demasiado mal (e axudoume a descubrir algunha paxina interesante, e algún enlace á web que descoñecía, como é o caso da páxina oficial de Dulce Pontes, enlazando co disco de Uxía, Danza das Areas)
O concurso está aberto a formacións folk de toda a Península, de entre 3 e 10 compoñentes e cun máximo de dous álbumes no mercado. Aberto o prazo de envío de maquetas e dossier informativo, ate o 24 de Abril
Tras casi 14 anos de existencia, que o fan o local pioneiro neste tipo de músicas na cidade de A Coruña, a Cova Folk pecha as súas portas. Na memoria quedan moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía. Se medimos o tempo en días esaxeraría o dicir que pasei alí media vida, pero si a medida se fai en tempo disfrutado... nese caso quedaríame corta. Por eso quixera dende este portal buscar algún xeito de gardar os bós momentos que alí moitos vivimos. ..............
E para iso preciso da vosa axuda: mandade fotos, lembranzas, bós desexos, e demáis comentarios a ghastaspista@gmail.com
Convidámosvos a participar na muiñada do Millo Corvo o venres 24 de Marzal no Muíño da Presa, na aldea de Meiro (Bueu).E o domingo 26, na propia aldea, o VIII Encontro-Degustación do Millo Corvo, con pregón a cargo de Uxía Senlle e actuación das Malvela pola mañá; e pola tarde participación das enxebres Pandereteiras de Barro de Arén (Cerdedo), e o peche do grupo folque Quempallou.
O gaiteiro moañés IVÁN COSTA ofrécenos en solitario a súa impronta artística e interpretativa nunha obra onde conxuga 7 recompilacións con outras 7 composicións. Alumno de Xosé X. Blanco Nogueira e de Nazario González Iglesias MOXENAS. -- Zanfona, Gaita, Charrasco, Pandeiro, Tamboril, Bombo e demais Arruídos, interpretados exclusivamente por Iván Costa excepto un tema sorpresa gravado en directo.
Nace Alalá, novo espazo na TVG que pese a ter como prioridade o folclore propio, aposta por ofrecelo cunha perspectiva distinta, na que tradición e contemporaneidade están moi presentes. Trátase de mirar a música do país alí onde xurde, pero coa particularidade de ofrecela a través da súa xente e do entorno que nutre a esas voces. Aposta polo formato da reportaxe e abre a súa andaina seguindo ás moitas mulleres e aos pouco homes que compoñen o grupo «Malvela», da aldea de Sanguiñeda, en Mos, que debe moito a Uxía Senlle, orixinaria de alí e asesora musical do programa. En media hora, Alalá ofrece tres temas do grupo en conxunto (entre eles «Sete saias» e «A Maruxiña») e dálle fala a boa parte dos seus membros. A cámara sigue a vida cotiá de moitos deles, entra nos seus fogares, mesmo asistimos a como unha das señoras moe o gran e despois fai un saboroso pan nun forno tradicional. É tamén crónica, lúcida e fresca, sobre o xeito de vivir dun recuncho do país, como moitos outros, pero aquí vivindo arredor da música. Dirixe e realiza Senén Bernardez e presenta Pilar García Rego que tamén comparte o guión con Teresa Abuín. ................................Nos vindeiros días, Treixadura, Regueifeiros,…
toda a información que aparece nesta web, banners incluídos,
aparece de xeito desinteresado (e de balde) se tes algo que contar...