1.- Miro
Do repertorio do gaiteiro Edelmiro Mendez Novo, de Xinzo, A Pontenova
Gaita en Do, Saxo Soprano,
Bouzuki, Acordeón, Percusións.
2. Jota de Bembibre
Recollida en Bembribe, Val do Dubra, ás señoras Flora Vázquez e Julia Pensado
Gaita en Do, Saxo Soprano e Alto,
Zanfona, Bouzuki, Violín, Percusión e Voz.
Mándasme tocala jota
i eu a jota non a seie
para os señores que bailan
eu a jota tocareie
eu a jota tocareie
ai alalá ai alala
Tua nai non o ten, teu pai noncho da
de onde che ven, do trai la la la
do trai la la la, do trai la la la
tua nai non o ten, teu pai non cho da
Vamos indo para iela
vamos indo para iela
aghora xa nos vai dando
o aire da nosa terra
o aire da nosa terra
ai alalá ai alala
Eu hei de ir aló, que queiras que non
ou pola ventana, ou polo balcón
ou polo balcón, ou polo balcón
eu hei de ir alá, que queiras que non
Vamola ialghoriando
vamola ialghoriando
fixen a cama no rio
a iaugha foina levando
a iaugha foina levando
ai alalá ai alala
Polo mar abaixo vai un cereixal
que bota cereixas no mes de nadal
no més de nadal, no més de nadal
polo mar abaixo vai un cereixal
3.
Kun"k"máis 
Autor: Roberto Porto. Non sabemos se a compuxo cunha Kun"K" mais, ou unha de menos
Gaita en Do, Saxo Soprano,
Bouzuki e Percusións
4.-
Polcas
A primeira é Polca para Antonio, de Xosé Liz. A segunda 100% Moxenas
Requinta en Sol,
Gaitas en La e Re,
Bouzuki, Dobro,
Saxo Soprano,
Mandolina, Violín
e Percusións
5.-
Non hai ron 
Melodía moi cantada no sur de Pontevedra. Esta en concreto, escoitámola nunha festa do condado.
Zanfona, Gaita Do,
Saxo Soprano, Bouzuki,
Acordeón, Percusións e Voz.
Maruxiña do Portelo
miña revolteadora
fixeche-la cama fora
onde vas durmir agora
onde vas durmir agora
ai la lelo ai la lala Non hai ron, non hai ron Maruxiña
nonhai ron como o da laranxiña
non hai ron, non hai ron Maruxeira
non hai ron como o da laranxeira
Maruxiña ti é-lo Demo
sempre me andas atentando
ou no río ou na fonte
sempre te atopo lavando
sempre te atopo lavando
ai la lelo ai la lala
Non hai ron, non hai ron Maruxiña
nonhai ron como o da laranxiña
non hai ron, non hai ron Maruxeira
non hai ron como o da laranxeira
O licor da laranxiña
dalle forzas ó Gaiteiro
un vasiño pola noite
e non lle falla o punteiro
e non lle falla o punteiro
ai la lelo ai la lala
Non hai ron, non hai ron Maruxiña
nonhai ron como o da laranxiña
non hai ron, non hai ron Maruxeira
non hai ron como o da laranxeira
6.
Danzas de Salceda
Danzas de reis de A Feira e Castro Barreiro, dous pobos do Concello de Salceda. Esta melodía foinos asubiada por "O Meiriño" e "O Pinto", danzantes nos anos 50
Gaitas Sib, Saxo Tenor,
Requinta en Fa,
Bouzuki
e Percusións.
7.
Rumbas
A primeira tocada a xeito de treboada polos Beiramiño de Tomiño. As seguintes arribaron no Berbés procedentes da emigración.
Gaitas Do, Saxo Soprano,
Bouzuqui, Violín e Percusións.
Guay, meu lindo guay
país de amor e de mulleres (bis)
E nun rancho de cuatreiras
chinita eu te coñecín (bis)
E agora estou morrendo
chinita linda de amor por tí (bis)
Cuba, que bonita Cuba
onde as mulatas
bailan o Baión (bis)
Mamá eu quero ir
para bailar
a Rumba alí (bis)
8.
Canto de Lamosa
Canto de Arrieiro de Lamosa. Unha das moitas melodías que nos deixaron estes viaxantes nos seus continuos ires e vires
Requinta en Sol, Arpa e Violín
9.
Añas de Aboal
Aprendimos este tema das señoras de Aboal, Mondariz, que cando remataban a labranza o celebraban cantando esta melodía petando cunha pedriña contra o leghón
Saxo Alto, Bouzuki, Guitarra Acústica,
Requinta en Sol, Percusións e Voz
Aqui están os de Ardentía
dispostos para cantare
ide buscando parella
que a festa vai comenzare
Ai la la lala ai la la la
Ai la la lala ai la la la
Avivalo avivalo
e non o deixar morrere
io que non foi queridiño
o que non foi ha de sere
Ai la la lala...
Entrar a beillar rapaces
entrar a beillar aghora
entrar a beillar rapaces
que a foliada vai boa
Ai la la lala...
O que non canta nin baila
que ven facer ó seranhe
a contar catro mentiras
para contar de mañanhe
Ai la la lala...
Cantade todos a unha
cantade todos a unha
que o cantare e o bailare
non é deshonrra ningunha
Ai la la lala...
Aquí están os de Ardentía
dispostos para tocare
ide buscando parella
que a festa vai comenzare
Ai la la lala...
10.
Jota de Remís Ovalle
Tamén chamada "Jota Asturiana", esta peza pertence ó repertorio do afamado Gaiteiro Asturiano Remís Ovalle, que chegou a tocar en moitas festas da Fonsagrada na primeira metade do século XX
Gaita Do, Saxo Soprano,
Trompa, Bouzuki e Percusións.
11.
Mazarico
Xogo Galego-Portugués para bailar en Roda que se canta en varios lugares do Concello de As Neves. Esta melodía ven do pobo de Cerdeira, capital do requeixón.
Saxo Soprano e Alto, Bouzuqui,
Zanfona, Acordeón, Percusión e Voz.
Millo verde millo verde
millo verde mazaroca
a sombra do millo verde
namorei unha caxopa
a sombra do millo verde
namorei unha caxopa
Millo verde millo verde
millo verde miudiño
a sombra do millo verde
namorei un rapaciño
a sombra do millo verde
namorei un rapaciño
Maxarico, lindo mazarico
se ti vas embora eu aquí non fico. (bis)
Ai, ai meu mazaricán, prenda de mi vida dama tua man
Ai, ai meu mazaricón, prenda de mi vida do meu corazón
12. Muiñeira de Piadela
Esta muiñeira foi interpretada polo vello Gaiteiro Rilo de Betanzos no concurso de gaitas celebrado en Compostela no ano 1893, coa que acadara o 1º Premio dotado en 100 Pts. Compre suliñar que o 2º Premio correspondéralle ó Gaiteiro de Ventosela
Gaitas Sib, Acordeón,
Saxo Soprano, Bouzuki,
Guitarra Acústica e Percusión |