|
|
Sala NASA |
|
|
|
- [ Teatro, cabaré, variedades, rock, folk, blues, flamenco, vídeo, exposicións, proxeccións, performances, talleres, documentación alternativa, poesía, danza, festas, festivais, local de ensaios, estudio de gravación en directo.. Algunhas das actuacións máis recentes: Laio, Rare Folk (Sevilla), Compañía Marful Ruxe-Ruxe, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Treixadura, La Botika (teatro-cabaret)... ] - (comentario engadido o día 16/4/03 ás 16:29h) - [ A Sala nasa oferece uma alternativa de programação única e completa, e tem uma tripulação única... ] - Ruy Malheiro (comentario engadido o día 14/5/04 ás 19:14h) - [ nueva web oficial del cantautor madrileño diegoandres, con canciones para descargar, pronto en galicia!!!! abrazos ] - diegoandres , http://www.diegoandres.com , (comentario engadido o día 16/9/04 ás 22:51h) (Escrebe o teu comentario) |
![]() |
|
| http://www.empresas.mundo-r.com/dado/ jazzclub@dado-dada.com |
Modus Vivendi
Praza Feixóo 1, soto
- [ Exposicións, teatro, cantautores, folk, contacontos.. ] - (comentario engadido o día 16/4/03 ás 16:31h)
- [ un saudo a todos aqueles que un veran mais poden disfrutar deste marabilloso recuncho compostelan. botoo moito de menos. biquiños. murcia ] - (comentario engadido o día 11/7/03 ás 22:06h)
- [ De todos os pubs que tive em Santiago, o Modus Vivendi é o mais curtido!!! Gostei da decoração, da música e principalmente, dos funcionários! ] - Clara (comentario engadido o día 16/10/03 ás 13:18h)
- [ non sabedes o que vos perdees se non visitades o Modus! non so a súa música e ambiente,senon tamén o maravilloso local que penso que é o máis bonito que vin na miña vida.SEGUIDE NESA LIÑA, FAI FALTA NESTA GALIZA!!!!!!!! ] - (comentario engadido o día 9/9/04 ás 14:22h)
- [ Soy chilena y llegué a Santiago de Compostela para continuar mi carrera (psicología) en ese maravilloso lugar. Conocí Casa das Crechas por casualidad; pero de todos los lugares "nocturnos" sin duda es el más acogedor y mágico de todos. El alma de este lugar te invita a ser uno con gente muy distinta, te invita a librarte de tapujos y ataduras, te hechiza y deja que seas solo "tú". ] - Carolina (comentario engadido o día 10/3/06 ás 02:24h)
(Escrebe o teu comentario)
- [ E o local social da esquerda
independentista, todas as 6º feiras há umha repichoca na que gente de muito diverso tipo e nacionalidades juntam os seus instrumentos para tocar e dançar.Esta situado na RUA JAZMINS(DETRAS DA FACULDADE DE MAGISTÉRIO) ] - sando leira castro (comentario engadido o día 31/5/03 ás 22:53h)
- [ Xapechou,síntoo.Agora parece un pub. ] - bruxiña (comentario engadido o día 2/10/06 ás 23:55h)
(Escrebe o teu comentario)
- [ O local "Oxachegou" ou para os coñecidos o Bar de Morgan sito na rúa Algalia de abaixo preto do local de ensaio de Cantigas e Agarimos e preto tamén da rúa San Roque.É un sitio pequeniño e non se pode tocar nin moito nin ata tarde mais disfrutaredes de música do País e de saborosas viandas populares.Queda dito pois. ] - Álex de Coruña (comentario engadido o día 20/11/03 ás 19:23h)
- [ A de Morgan ( ou a de Calixto) é, definitivamente un resumo da nosa tradición. Pola súa música, polo libros gastronómicos dos que nos podemos deleitar, pola xente, polas repetidas comidas que alí se fan. Buteladas, troitadas..... o millor de Compostela ] - Marta (comentario engadido o día 21/1/06 ás 18:38h)
- [ O unico malo é a mala ostia do Calixto o qe fai qe as veces sexa bastante borde e rudo. ] - cliente (comentario engadido o día 10/10/06 ás 20:56h)
- [ ven por morgan e calixto. a mellor tasca de compostela parabens. ] - oscar (comentario engadido o día 13/5/07 ás 20:16h)
- [ Tamen coñecido coma "a do neno labregho" polas suas especialidades adobadas con queixo país.O mellor de todo o trato tan peculiar con que te dispensan,..un ambiente que arrecende a taberna 100%,das que xa non se miran. O peor de todo o ghindastre monicipal, e xe non que llo preghunten o calixto..Duas recomendacions para navegantes:absterse de falar en cruño(lingua descoñecida no lugar) e deixar unhas moedas para o "bote da nena" ] - Komando Pumuky , http://(uns romanos con peito de lata.com) , (comentario engadido o día 24/5/07 ás 20:58h)
- [ VIVA A NENA DO GHARITO!! NON VOS POÑO MÁIS LIKOR KAFÉ!!!!! ] - (comentario engadido o día 4/6/07 ás 19:34h)
- [ Ola! só quería puntualizar unha cousa: que a rúa onde queda este bar é a algalia de abaixo, non os xazmíns.
E xa que estou invitarvos porque é o sitio máis barato para comer, sobre todo o bocadillo de neno labrego!!!
Un saúdo. ] - (comentario engadido o día 4/6/07 ás 23:35h)
- [ Si no existiera el Yalle habría que inventarlo, a pesar de Calix y Morgan -eses dous caramucsos gigantes- bordes como el canto de un duro, que siempre te reciben con una sonrisa y un "qué tal caballero" y nunca con el fatídico "facía un día caralludo ata que chegaches ti". Y a pesar del fúmbol y el country-galaico y los terribles chistes de Pequeniña (alumna aventajada en calixtadas y otras formas de joder la paciencia). El envenenador de lujo, Tuti, está ben onde está: nos fogóns, caladiño, porque cada vez que habla sube el pan 15 pesos. Benditos sean. ] - MediaRación (comentario engadido o día 7/6/07 ás 13:42h)
- [ Pero media raci´´on, se estas enganchao o "YALLE". que te vexo eu sempre que parece que formas parte do decorado. Ainda que xa sei que a ti o que che gusta e o furbol los domingos. VAI TRABALLAR!!!!jijii ] - DEGUSTACION (comentario engadido o día 9/6/07 ás 13:24h)
- [ ESE MORGAN!!! ] - (comentario engadido o día 20/3/08 ás 19:11h)
(Escrebe o teu comentario)
- [ É un bo site pra tomar-lle algo e atopar xente coñecida cando non sabes onde ir ou non queres sair mais alá das 2 da noite ] - Javierdmg (comentario engadido o día 16/6/04 ás 18:33h)
- [ É un sitio moi bo. Para min un dos mellores de Compostela, se non o mellor. O problema é o exceso de "porreiros" e que as mozas de xeito sonvos escasas. Éche o que hai, a culpa non é deles (ou si...) ] - O Moncho de Lucas , http://http://www.cousas.tk , (comentario engadido o día 16/6/04 ás 18:41h)
- [ Montxo tio, que hai uns cantos "porreiros" entre os teus coleghas. Tomareino coma un piropo. Perdoa polo das ghafas, taba fumao ] - (comentario engadido o día 7/12/04 ás 07:24h)
- [ Estudo en santiago, son de ourense. Este garito peculiar, coñecino unha dura noite de inverno, cando o frio se metia nos osos, recomendaronme uns colegas que foramos ata a tarasca tomarlle un licor cafe. Dende aquelas engaiolaronme con ese ouro negro que teñen por licor, cada vez que podo por ali me deixo cair. Seguide así sodes a ostia ] - Xabier (comentario engadido o día 11/4/06 ás 13:43h)
- [ MOncho eres seguro que o rapaz máis feo do país e vesme con esixencias.
Coida as palabras e como te expresas. Sempre vai falar quen mexa na cama. ] - (comentario engadido o día 4/6/07 ás 23:44h)
- [ o comentario anterior ven con tres anos de retraso. Vese que hai feridas que non fechan e un mundo friki de galeguistas que se ameazan por internet. A ónde vai este pais con semellante intelectualidade... ] - abraiado (comentario engadido o día 4/12/07 ás 01:15h)
(Escrebe o teu comentario)
- [ É unha cousa curiosa ver a grande cantidade de autocolantes que posúe este antro. Está ben para ir un par de meses, pero logo non se volta. Non é normal que nun sitio no que se presume de comunista (ollo, que eu non o son) cobren a case 2 euros o refresco. ] - O Moncho de Lucas , http://http://www.cousas.tk , (comentario engadido o día 16/6/04 ás 18:35h)
- [ Ei pois a min ghustame ben e levo mais de 5 anos indo sempre que puider. A música éche unha sorpresa tras doutra con gitanada, muiñeiras e cousas de proveito. Baste con dicir que pecha co "Avante Camarada" do PCP ] - fragafoiseaocarallo (comentario engadido o día 28/6/05 ás 10:10h)
- [ Pra min é o millor local de Compostela...dighan o que dighan...(os pelos do có abrighan). ] - (comentario engadido o día 29/8/05 ás 01:55h)
- [ Eu o que nom gosto do Avante e que têm-me mirado mal por falar espanhol... Nom tenho nada contra o nacionalismo galego. O que pasa é que eu sou mexicano, e o espanhol segue a ser a minha lingua mãe. E falo galego tambêm, como podedes ver, e posso o escrever com calquer das normativas, seja a antiga AGAL -observo que agora fazem uso do português padrom-, tambêm posso usar a normativa oficialista ou a do português padrom. O que já nom me parez bem é a xenofobia. Obrigadinho. ] - Mexicano ofendido (comentario engadido o día 19/12/05 ás 07:47h)
- [ é o local o que vou sempre, e nunca miraron mal por falar castelan. se aquelo esta cheo de estudiantes de Erasmus!!! Boa musica e boa xente podense atopar nel ] - eu (comentario engadido o día 4/8/06 ás 17:44h)
- [ MUCHAS PEGATINAS Y CARTELES, ALA HORA DE COBRAR DESANGRAN AL CLIENTE! -------
NOS REIREMOS DE SU CARA LE MEAREMOS EN LA BARRA Y NOS IREMOS SIM PAGAR !!!!
TODO ES HIPPIE QUE ASCO DAN !! ] - hools-Oi! (comentario engadido o día 31/12/06 ás 12:08h)
- [ O mellor likor cafe de galicia, bo hambiente xente de diferentes culturas, esta moi ben decorado, sitio mitico pra levar os amigos que veñen de visita a galicia, bikos ] - Alberto (comentario engadido o día 2/2/07 ás 13:05h)
- [ Hai Albertiño,mimá!Pouco licor café debiches tomar ti para que che saiba o do Avante.Estou con Moncho,moito "rojeríocomunistaportugués"pero a ese precio xa podía pagar unha volta de vez en cando o comité central do bareto. ] - (comentario engadido o día 11/2/07 ás 21:45h)
- [ Por certo "ambiente"non leva"h".Eu ós amigos q veñen á terra lévoos arrinca-lo esterco,para coñece-la cultura dun pobo hai q empezar polo básico.Sen se ofender,oh! ] - (comentario engadido o día 11/2/07 ás 21:52h)
- [ Eu tamén lle metín un "h"de máis q total como é de balde
] - (comentario engadido o día 11/2/07 ás 21:56h)
- [ imos a ver,para comezar "oh"non se escribe así,escríbese "ho" porque ven de home.referente o local o mellor é o camarero do pelo branco que é un cachondo mental o resto son uns cafres.o licor cafe é do peoriño e sempre me botan pese a ser unha clienta moi habitual,se non estou dentro estou na porta,que é o mellor sitio.o repertorio musical ben o podes aprender en dous dias,a pesar disto non me queren dar a folla de reclamacións musicais e si puidese mexar de pé non me metia no burato ese ke teñen abaixo. ] - loaira (comentario engadido o día 7/4/07 ás 14:08h)
- [ Imos ver:para comezar non se di"imos a ver".En galego non se pon "a"antes dos infinitivos.Referente"ó"ou"ao"(preposición+artigo)local como escriben agora os máis molóns da lingua galega,que por certo moitos deles educan os fillos en castelan(Neste caso ese"o"non leva til por ser"os fillos"complemento directo).Iamos polo local q segue a ser o antro de sempre,coa música de hai 10 anos,co peor licor café do país e cos prezos menos populares de Compostela. ] - (comentario engadido o día 30/5/07 ás 18:01h)
- [ eu son un novo estudiante e todavía non conozco moitos sitios pero dos que vin o avante é un dos mellores ] - forza_depor (comentario engadido o día 29/10/07 ás 11:00h)
- [ Joer, a min gustame sair pola noite en Compostela, topei este foro e hai xente que se adica a ir de lingüista falando sobre...bares. Moito friki solto, repito, así non imos a ningures. Hai unha competitividade que vai quedar en moda. Seguide así. ] - abraiado (comentario engadido o día 4/12/07 ás 01:21h)
- [ SEN DÚBIDA, O MELHOR LOCAL DE COMPOSTELA!!!!!!!!!!!!!!!!! ] - Noela (comentario engadido o día 25/6/08 ás 01:13h)
- [ para min compostela é o avante. cando penso em compostela penso no avante. ai! quem me dera com dez anos de menos. ] - (comentario engadido o día 19/10/08 ás 01:49h)
- [ Abraiado, nunca oíches iso de que o Avante debería aparecer nos horarios de filoloxía? Tendo en conta a media de filólogos por metro cadrado no local, o máis normal do mundo é que esta conversa acabara así... ] - (comentario engadido o día 10/2/10 ás 16:50h)
(Escrebe o teu comentario)
|
Compostela
|