Casa das Crechas


Vía Sacra, 3 . Compostela

» A Penúltima

(Ultima actualización: 21-06-2017)

Clara Pino e Pablo Vidal presentan NOWHERE en Compostela

- concertos- aPenultima- Crechas-

A Casa das Crechas acolle o xoves 22 de xuño un concerto de Clara Pino e Pablo Vidal, no que presentan o seu primeiro traballo xuntos, ‘Nowhere’, que fai referencia aos chamados “non lugares” ou lugares de tránsito.

Xestado e gravado na Ría de Arousa (@ldeaglobal) consta de 18 pistas repartidas en nove cancións e nove textos orixinais que se sitúan entre a tradición e a vangarda, con letras de Clara Pino e músicas compartidas por ambos baixo a produción de Pablo Vidal. Colaboraron como músic(...)

Sen dúbida As Crechas ten as mellores foliadas do momento...

Qué opinas do local?

(Ultima actualización: 20-05-2017)

João Afonso en Compostela

- concertos- aPenultima- Crechas-

Domingo 21 de maio a partires das 20:30h na Casa das Crechas

(Ultima actualización: 20-05-2017)

Trovas e Cantigas con Manuel Teixeira e Antonio Rosa en Compostela

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 20 de maio ás 22:00h

Casa das Crechas.

Via Sacra 3.

Santiago de Compostela.

(Ultima actualización: 19-05-2017)

Os Estalotes na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Venres 19 de maio á media noite na Casa das Crechas

(Ultima actualización: 04-05-2017)

Comeza maio na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

- Xoves 4 concerto de Julio Santín e Xoán Curiel que nos presentan "Sucuri" (Música de Autor e Música Caipira)

- Sábado 6 concerto de Helena De Alfonso, Barahúnda.

(Ultima actualización: 17-03-2017)

Os Porcoteixos e Os Estalotes na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Venres 17 de marzo

Logo dos concertazos de onte, A FESTA CONTINÚA, engadíndolle que é #StPatrick. Hoxe volven OS PORCOTEIXOS, e a partir da media noite, foliada cos ESTALOTES.

2016

(Ultima actualización: 14-10-2016)

Milo Ke Mandarini na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 15 de outubro ás 21.00h

O dúo toledano Milo Ke Mandarini formado por Carlos Ramírez e Isabel Martín, leva traballando desde 2008 na investigación e difusión das músicas de raíz mediterráneas e nas Crechas vén presentar o seu novo disco, ‘La vereda de la gitana’, froito dos estudos e viaxes realizadas por países como Grecia, Bulgaria ou Turquía.

(Ultima actualización: 01-06-2016)

Xuño '16 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Mércores 1 e 8 22.30h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 2 21h 5€

BEGOÑA RIOBÓ E XOSÉ LIZ

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Sábado 11 21h 4€

SEGUE-ME À CAPELA “San Joanices, Paganices e Outras Coisas de Mulher”

SEGUE(...)

(Ultima actualización: 13-05-2016)

Maio nas Crechas (Compostela)

- aPenultima- Crechas-

Xoves 12 21h 3€

VIRANDEIRA FOLK

Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, f(...)

(Ultima actualización: 01-04-2016)

Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 2 21h 5€

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudi(...)

(Ultima actualización: 26-02-2016)

Xosé Constenla na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Este venres 26 de febreiro Xosé Constenla fai unha preestrea na Casa das Crechas do seu novo e cuarto disco, 'Virada por avante'.

É provavelmente o local mais bonito, sonhador e mágico que encontrei para se beber uns copos... Seis anos depois, encontrei o mesmo ambiente quimérico e de bom gosto... Até breve! Paulo, Torre de Moncorvo. Paulo

Qué opinas do local?

(Ultima actualización: 06-01-2016)

Xaneiro '16 nas Crechas (Compostela): Davide Salvado, Machado, Fred Martins e Nani García

- aPenultima- Crechas-

Martes 12 21h

CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS

Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com)

Xoves 14 21h 6€ (RGMV)

DAVIDE SALVADO

Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto po(...)

2015

(Ultima actualización: 12-11-2015)

Novembro '15 na Casa das Crechas

- concertos- aPenultima- Crechas-

Xoves 12 ás 23h 8€

RADIO COS

Radio Cos, uns pandeireteiros de fama que fixeron evolucionar a música galega de maneira natural. Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no mundo da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por toda Galicia desde hai máis de tres décadas. Radio Cos leva xa case nove anos percorrendo escenarios en Bélxic(...)

(Ultima actualización: 28-09-2015)

Outubro '15 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

PROGRAMACIÓN DO MES DE OUTUBRO 2015

Xoves 1 (dous pases: 21h e 22.30h) 4€

NO ES PAÍS PARA COÑOS

Trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cul(...)

(Ultima actualización: 03-09-2015)

Setembro 2015 na Casa das Crechas (Compostela)

- aPenultima- Crechas-

Mércores 9, 16, 23 e 30 23h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 3 ás 21h 5€

CROMÁTICA PISTONA

Cromática Pistona é unha banda de Madrid concibida como orquestra popular de swing-jazz-rock con vocación festiva, cuxa proposta musical, baseada nun repertorio orixinal con letras en varios idiomas, compleméntese cunha elegante posta en escena en directo: a diversión e o baile están asegurados.

Xoves 10 ás 21h 3€

OS PORCOTEIXOS

Os Porcoteixos, trÍo de música tradicional, facendo un perc(...)

2014

(Ultima actualización: 31-10-2014)

Novembro na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Todos os domingos de novembro, concerto de Sumrrá nas Crechas

Sumrrá (jazz) - Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00

Ademais, haberá destacados concertos, como o de Caxade, Aldao/Lado, Talabarte e Claudio H.

Haberá tamén unha Foliada coa Banda das Crechas, Cata de Libros e Viños Galegos e celebraremos o Magosto

Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00

DOMINGOS CON SUMRRÁ EN CONCERTO

Sumrrá é un trío galego formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixist(...)

(Ultima actualización: 22-10-2014)

Especial WOMEX nas Crechas: La Musgaña, Pierre Aderne, Eliseo Parra, Oreka TX, DJ Floro, Dj LordSassafras...

- concertos- aPenultima- Crechas-

PROGRAMACIÓN DA SEMANA WOMEX NAS CRECHAS

Mércores 22 23:00h

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Mércores 22 1:00h

Dj Chiri (Galiza)

Xoves 23 20:00h 6€

LA MUSGAÑA

La Musgaña leva máis de 25 anos reinterpretando a música tradicional da meseta, nove discos no seu haber e xiras por EEUU, Canadá, Europa e Marrocos. Os membros fundadores -Carlos Beceiro e Jaime Muñoz- presentan en Santiago o seu novo CD ‘Entre Dos’. Momentos intensos de baile con persoais versións de polcas, mazurcas, march(...)

(Ultima actualización: 01-09-2014)

Setembro na Casa das Crechas

- concertos- aPenultima- Crechas-

Martes 2 ás 22.30h 5€

PABLO CASTAÑO TRÍO

Pablo Castaño Trío, unha das promesas do jazz galego que nos traerá pezas imprescindibles no repertorio tradicional jazzístico así como algúns temas orixinais. Unha proposta de música jazz liderada por un solista que se formou con grandes intérpretes que influíron directamente na evolución desta música: Reggie Workman, Jimmy Owens, Billy Harper, Chris Cheek, Antonio Hart, George Garzone e un longo etc.

Mércores 10 ás 23h

FOLIADA BANDA DAS CRECHAS

(...)

(Ultima actualización: 07-07-2014)

Vía Sacra Peregrina Festival (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Vía Sacra Peregrina Festival é a programación na terraza de Casa das Crechas, Cervantes e Albaroque. Está patrocinada pola cervexa artesá PEREGRINA.

LUNS 7 ÁS 19:30

THE FABULOUS RESACA BROTHERS (blues)

MARTES 8 ÁS 19:30

TANTO TANGO (tango)

MÉRCORES 9 ÁS 20:00

FOLIADA DAS CRECHAS (folc)

XOVES 10 ÁS 19:30

TRIO PARAISO CARIBE (latino)

SÁBADO 12 ÁS 20:00

DO FONDO DO PETO (folc)

LUNS 14 ÁS 19:30

NARF (rock/autor)

MARTES 15 ÁS 20:00

CANTIGAS E AGARIMOS (...)

(Ultima actualización: 21-06-2014)

Foliada na Casa das Crechas con Os Do Fondo

- concertos- aPenultima- Crechas-

A Casa das Crechas organiza unha gran foliada o día 21 de xuño na que estarán os Do Fondo do Peto para conmemorar o Día da Música

Soy chilena y llegué a Santiago de Compostela para continuar mi carrera (psicología) en ese maravilloso lugar. Conocí Casa das Crechas por casualidad; pero de todos los lugares "nocturnos" sin duda es el más acogedor y mágico de todos. El alma de este lugar te invita a ser uno con gente muy distinta, te invita a librarte de tapujos y ataduras, te hechiza y deja que seas solo "tú". Carolina

Qué opinas do local?

(Ultima actualización: 09-05-2014)

Mapi Quintana & Elías García. Xira galega.

- aPenultima- aturuxobar- auriense- crechas-

Xoves 9 de Maio: Café Cultural Auriense (Ourense)

Sábado 10 de Maio: Casa das Crechas (Compostela)

Domingo 11 de Maio: Aturuxo (Bueu)

Mapi Quintana & Elías García están presentando o seu novo disco, ‘Severina’, en Galicia.

Elías García (Llan de Cubel, Tuenda) e Mapi Quintana (De Miguel Wolfe & Quintana, Blima) xuntáronse en maio de 2012 e comezaron a traballar na procura dun novo contexto estético para as melodías tradicionais asturianas.

Despois dun tempo recollendo cancións no conc(...)

(Ultima actualización: 15-03-2014)

Os Terribles da Arousa levan ás Crechas a súa escolma de melodías tradicionais da súa comarca

- concertos- aPenultima- Crechas-

- Os Terribles da Arousa - Sábado 15 ás 20h30 (4€)

- O domingo o músico bretón Pierrot Rougier cociñará filloas bretoas e pinchará música para os asistentes - Domingo 16 ás 20h (de balde)

Compostela, 14 de marzo de 2014. O grupo de gaitas Os Terribles da Arousa presentan este sábado 15 na Casa as Crechas o seu último traballo, ‘O camiño do carro’ unha escolma de melodías tradicionais e populares representativas dos concellos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril.

Este traballo realizárono con(...)

(Ultima actualización: 06-03-2014)

Marzo do 2014 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Mércores 12, 19 e 26

FOLIADA coa Banda das Crechas

Xoves día 6 ás 20h30

CATA DE VIÑOS E LIBROS

Amedo e Pero Bernal, de Adegas Amedo + 'Vinte en escena', de Rosalía Fernández Rial (Edicións Positivas)

Mentres degustamos os viños Amedo e Pero Bernal (de Adegas Amedo), Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988) fálanos do seu último libro ‘Vinte en escena’, publicado en Edicións Positivas. Trátase do seu terceiro libro de poemas cambiando case radicalmente o mundo que poetiza. As persoas em(...)

(Ultima actualización: 03-02-2014)

Febreiro nas Crechas

- concertos- aPenultima- Crechas-

Mércores 12, 19 e 26 ás 22h30 – 1€

FOLIADA coa Banda das Crechas

Xoves día 6 ás 21h30 – 4€

EÑAUT ELORRIETA

O circuito estatal 'Girando por Salas' tráenos a este cantor basco para presentarnos 'Deserriko Kantak' (cancións do desterro), un traballo no que se fala de patria e de exilio desde puntos de vista ben dispares. Ademáis dos seus propios textos, Eñaut musica tamén o desterro político de Joseba Sarrionandia ou Joan Oliver e o desterro poético de Mario Benedetti ou Bernardo Atxaga.

h(...)

2013

(Ultima actualización: 22-11-2013)

NAJLA SHAMI na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

O martes 26 de Novembro Najla Shami presenta na Casa das Crechas o seu último traballo, o libro-disco “Na lí­ngua que eu falo” con letras de Rosalí­a. Abertas xa as reservas! reservascrechas@gmail.com

(Ultima actualización: 25-10-2013)

Novembro 2013 nas Crechas: Balakandra, Noite do Trópico, Javier Bergia, Spain, Wes Swing, Kin Garcí­a Trí­o, Najla Shami...

- concertos- aPenultima- Crechas-

Martes 5 ás 21h30 (5€)

BALAKANDRA

O mí­tico grupo “Saraibas” de San Sadurniño foi o berce de Balakandra, xa que foron os seus integrantes os que comezaron esta nova andaina no 2004. O seu último traballo discográfico é unha viaxe sonora polo mundo a ritmo de blues, rock, folk e sons latinos. Seis músicos de idades e procedencias ben dispares ofrecéndonos un repertorio divertido, comprometido e difí­cil de etiquetar.

Xoves 7 ás 21h30 (1€)

1ª NOITE DO TRóPICO

Ao lon(...)

(Ultima actualización: 15-10-2013)

Emilio Rúa na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- Emilio Rúa- aPenultima- Crechas-

Martes 15 de Outubro, ás 21:30. Entrada: 4 euros.

(Ultima actualización: 06-09-2013)

BRASILEGANDO na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Luns 9 de Setembro

Sérgio Tannus Trio e amig@

(Ultima actualización: 29-05-2013)

Luis Pastor - Concertos en Galicia

- concertos- aPenultima- AturuxoBar- liceum- auriense- Crechas-

30 de Maio - Casa das Crechas (Compostela)

31 de Maio - Cafe Cultural Auriense (Ourense)

1 de Xuño - Bar Liceum (O Porriño)

2 de Xuño - Aturuxo (Bueu)

Pouco a pouco os sitios galegos na rede van medrando... As Crechas xá ten páxina web :) pasate por alí e comparte comunidade!!! casadascrechas.com master

Qué opinas do local?

(Ultima actualización: 03-05-2013)

Maio 2013 nas Crechas

- concertos- Banda Baile Asalto- Som do Galpom- Radio Cos- Sérgio Tannus- Crechas- aPenultima- Crechas-

Xoves día 2

CELINA DA PIEDADE

de 18h30 a 20h30

Obradoiro de Canto Tradicional Alentejano

[inscripcións en aitanacrechas@gmail.com curso 8€ / curso + concerto 15€]

ás 22h30 concerto (8€)

Ten compartido palcos con Rodrigo Leão ou Mayra Andrade, levando o seu acordeón ate os mais diferentes contextos. E agora, Celina da Piedade estréase a solo, con “Em Casa”, un disco cheo de sorpresas. Nalgún lugar entre as formas e as cores tradicionais, com viaxes polas danzas portuguesas e un sen(...)

(Ultima actualización: 28-03-2013)

Casa das Crechas - Programación Abril 2013

- concertos- aPenultima- Crechas-

JAM DE JAZZ (1€)

Luns 1 a partir das 21h30

Martes día 2 ás 22h30 (6€ anticipada, 8€ na billeteira)

TEJEDOR

Sábado día 6

FESTA BOLLYWOOD

Martes día 9 ás 22h30 (5€)

PROXECTO SAPOCONCHO

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”

Xoves 11 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)

Domingo 14 - O palhaço (2011), de Selton Mello

JAM DE JAZZ (1€)

Luns 15 a partir das 21h30

Martes día 16 ás 22h30 (6€)DÚO CAVEZ – MONTANARO

[organiza: aCentral Folque]Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín)

FOLIADA (1€)

Mércores 17 a partir das 22h30

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”

Xoves 18 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)

Domingo 21 - São Bernardo (1971), de Leon Hirszman

Martes día 23 ás 22h30 (5€)

CREBINSKY 5

FOLIADA (1€)

Mércores 24 a partir das 22h30

Xoves día 25 ás 21h (5€ anticipada, 6€ na billeteira)SÉRGIO TANNUS “SON BRASILEGO”

... e despois JAM LUSÓFONA 25 DE ABRIL

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)

Domingo 28 - Corações sujos (2013), de Vicente Amorim

CRECHAS SOUNDSYSTEM

(sesións de músicas do mundo por diferentes persoeiros do mundo da arte e a cultura )Todos os venres a partir das 23h

(Ultima actualización: 06-03-2013)

Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

- publicacions- aPenultima- auriense- Crechas- liceum-

Mércores 6 na Casa das Crechas, venres 8 no Liceum do Porriño e Sábado 9 no Auriense de Ourense.

Esas son as datas e lugares dos concertos que Kepa dara por terras galegas. Irá acompañado por Xosé Lois Romero, e adiviñase algunha que outra sorpresa, pois o mestre da trikitixa está a preparar un disco que xirará entorno a música galega, e contará, por suposto, con moitas colaboracións. Aínda que nin estas colaboracións nin as pezas que formarán o disco están xa decididas, na Voz de Galicia apare(...)

(Ultima actualización: 22-01-2013)

Luí­s Emilio Batallán presenta en Santiago e Ourense as cancións do seu novo disco, que verá a luz a final de ano

- - Luis Emilio Batallán- aPenultima- auriense- Crechas-

O cantautor Luís Emilio Batallán regresará aos escenarios de Santiago e Ourense esta semana para presentar as súas novas cancións, coas que prepara un disco que prevé editar neste 2013.

En concreto, o artista actuará este martes, día 22, na Casa das Crechas, en Santiago de Compostela, e o venres, día 25, na Sala Auriense de Ourense.

Nestes concertos, tras varios anos afastado dos escenarios, Batallán testará os seus novos temas, cos que traballa para conformar un novo disco que, segundo es(...)

2012

(Ultima actualización: 15-12-2012)

Roberto Sobrado na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- Roberto Sobrado- Casa das Crechas- aPenultima- Crechas-

Roberto Sobrado volve ás Crechas "para un anticipo dos novos temas que conformarán o próximo disco máis unha selección de 'grandes éxitos'" [luns 17 ás 22.30h, 4€]

(Ultima actualización: 25-11-2012)

DésPRESTIGE - DésCONCERTO EXPANSIVO

- concertos- aPenultima- Repichoca- auriense- Crechas-

Rememorando o célebre Concerto Expansivo do 1 de Febreiro de 2003, no que se celebraron máis de 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e videográficas simultáneas en toda Galiza, o 1 de Decembro de 2012, aniversario da Marea de Dignidade, A Burla organiza o DésCONCERTO EXPANSIVO. Unha ocasión para celebrar o nacemento daquel movemento social sen precedentes e facer un animado balance da década. A iniciativa está aberta a toda formación musical, teatral ou artistística en réxime de autoorga(...)