2020
“ Na cova celtica seguramente que podemos disfrutar de bós momentos... e alguns inesqueciveis!!! Hai que ir e tomar crema de oruxo... do mellor! Sónia
2019
Pepe Vaamonde Trio na Cova Céltica Xoves 5 de decembro ás 23h na A Cova Céltica Pepe Vaamonde Trio é a formación reducida de Pepe Vaamonde Grupo e nace cunha clara idea musical, levar os catro traballos da banda aos torreiros, Os temas son escollidos do repertorio da banda, temas tradicionais que están prantexados para que a xente bote unhas boas bailas, O trio está composto por: Miryam González; acordión Pipo Calviño; guitarra Pepe VAamonde; gaitas, frautas e voz. Para non perder
Xoves 6 de xuño ás 22h n'A Cova Céltica Volve outro xoves deste fermoso proxecto, trae o teu instrumento e súmate!
Dequenvessendo na Cova Céltica (A Coruña) Venres 24 de maio a partires das 22:30h Bieito Romero (gaita, frauta traveseira) Pablo Rosales (gaita, whistle, zanfona) Miguel Rosales (acordeón diatónico) Miguel Ocampo (bodhran, tambor, percusións) Natahel Regueiro (guitarra acústica) Irene Cerqueiro (voz, teclado, frauta traveseira)
Andoa Trio Folk na Cova Céltica (A Coruña) Venres 3 de maio ás 22:30h ANDOA Trío Folk; é unha fantástica banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa, galega... Os componentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etce. Teñen compartido escenario con Xabier Díaz, Talabarte, Gí¼intervan, Backwest (Irlanda) o(...)
Xoves 4 de abril Comeza un novo proxecto na Cova Céltica, as "Cova Sesión Folk". Cova Sesión Folk consiste nun encontro de instrumentistas vencellad@s á música folk e tradicional na procura de crear espazos para a execución en clave folk tanto da música tradicional galega coma de outros panoramas da nosa contorna cultural. Estas xuntanzas serán todos os primeiros xoves de cada mes, a partir das 22h, e están abertas a calquer músic@ que queira participar. Anímate e ben gozar da música ao viv(...)
Caamaño-Ameixeiras nA Cova Céltica (A Coruña) Venres, 15 de febreiro ás 22:30h na Cova Céltica Folk - Músicas do mundo - Balfolk Caamaño-Ameixeiras son unha parella de aves que emiten sons de forma asombrosa que xeralmente aprenden das súas viaxes de marisma en marisma e que logo transmiten ao resto de aves da mesma especie. Son un sopro de aire fresco dentro do panorama musical de Galicia (Festiletras) Este duo formado por Antía Ameixeiras (violino) e Sabela Caamaño (Acordeón cromático) centrase nos ritmos folk europeos, ce(...)
2018
A.C. Donaire: Mozos da Ronda na Cova Céltica (A Coruña) O sábado 1 de decembro ás 21:30h chegarán ata A Cova Céltica os pandeireteiros da A.C. Donaire, os "Mozos da Ronda".
Habelas Hainas na Cova Céltica (A Coruña) Sábado, 17 de novembro, ás 21h Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con”¦ HABELAS HAINAS, logo dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamaio presentan "LIVRES E LOUCAS", prim(...)
Os Viqueiras na Cova Céltica (A Coruña) Domingo, 14 de Outubro ás 13h OS VIQUEIRAS Interpretan pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe así como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes. As pezas, moitas delas cantadas, foron recollidas nesta zona e arranxadas co seu toque personal. Preparádevos para bailar porque é imposible non moverse ao ritmo dos Viqueiras. Eles son: Manuel V(...)
Harmonica Creams na Cova Céltica (A Coruña) Sábado, 18 de Agosto A Cova Céltica Volven dende o Xapón os amigos de Harmonica Creams que non poden fallar a súa cita coa Cova Céltica sempre que se achegan por terras galegas. Este grupo que mistura o folk máis atlántica con ritmos blues e psicodélicos sempre fan gozar ao público nas súas actuacións. ídelos perder!! *Entrada de balde
“ Vaia pandilla de camareiros, hehehe. Mais é dos poucos sítios onde se pode disfrutar de bó ambiente, boa música, concertos e vídeos ;) Sara
2017
MacMardigans na Cova Céltica (A Coruña) Xoves 7 de decembro ás 22:00h A Cova Céltica. Rúa d'Orzán nº 82 baixo. A Coruña. O grupo toledano de folk-rock irlandés volta á nosa casa para facernos mover o esquelete. Festa asegurada!
Fernando Barroso e Margarida Mariño na Cova Céltica (A Coruña) Xoves 7 de setembro ás 21:30h A Cova Céltica. Rúa d'Orzán nº 82 baixo. A Coruña. Fernando Barroso volta á Cova Céltica embarcado nun novo proxecto, desta volta coa violonchelista Margarida Mariña, dúo de cordas que farán as delicias de todos os amantes da musica folk e de raíz.
Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña) O xoves 24 de agosto, e dentro das actividades previas á Romaría de Santa Margarida 2017, A Cova Céltica acollerá dúas actividades ás que vos convidamos. Ás 20:30h. veremos, logo da súa estrea no Festival de Ortigueira e no Festival Interceltique de Lorient, o documental "DEFOLXXI", unha visión de David Ramos sobre a gaita galega, con entrevistas e pezas musicais de distintas persoas dentro da gaita. Antón Corral, Patricia Cela, Daniel Bellón, Pablo Carpintero, Pepe Vaamonde, Anne-Sophie Voge(...)
Harmónica Creams na Cova Céltica (A Coruña) Mércores 09 de agosto ás 21h Os xaponeses de Harmónica Creams volven á Cova Céltica dentro da programación da súa xira europea. Os Harmónicas deixaran moi boas sensacións hai tres anos na súa primeira visita á Cova Céltica e quixeron voltar para facernos gozar doutra actuación épica destes rapaces.
2016
2015
Vrienden en A Cova Céltica (A Coruña) Este xoves 19 de novembro ás 22:30 Vrienden en concerto, o grupo asturiano visita A Cova Céltica
Mércores 22 de abril. 12h presentación aos medios en O Lagharto Pintado 29:30 actuación na ETrad. Xoves 23 de abril 22h concerto na Cova Céltica Venres 24 de abril 12h Presentación aos medios na Taberna A Baiuca (Arteixo)
2014
“ É doado atopar xente tocando, un pouco máis cedo. E programan bastantes concertos (entre os máis recentes: Keltieg, Azarbe, Brandania, Xarín, Els Grullers, Malagüera, Zángalla Mángalla,..)
2013
Oscar Ibáñez charla-concerto presentación de "Alén do mar" Venres 15/11 ás 19:30 h na Aula Magna da Escola Municipal de Música de A Coruña ás 22:30 h en A Cova Céltica.
Foliada na A Cova Céltica (A Coruña) Como cada terceiro venres de mes, este venres 18 hai foliada n' A Cova Céltica.
DUO MONTANARO-CAVEZ n'A Cova Céltica (A Coruña) Duo de folk contemporaneo vido dende Bélxica composto por Sophie Cavez(acordión Diatónico) e Balthazar Montanaro(violín).
Foliadón de Regreso da Cova Céltica “ N'A Cova Céltica estamos de volta, e que millor xeito de celebralo que facendo unha foliada das que quitan o hipo. Así que xa sabedes gaiteir@s, acordeonistas, tamborileir@s, bombeir@s, pantedeteir@s, bailadores e bailadoras e demáis xente, queremos vervos a tod@s este mércores 27 de Marzo a partires das 22:30 n'A Cova Céltica e desfrutar dunha foliada como as de antes. Saudos amig@s!!
2012
Quempallou, novo disco na rúa e nova xira de presentación Quempallou presenta o seu novo traballo discográfico “Vellas Novas” e faino cunha xira galega que comeza este venres 13 de Abril no Bar Liceum, no Porriño, onde actuarán a partires das 23:30 h. para continuar ao día seguinte cunha nova intervención sonora no Aturuxo de Bueu ás 22:30. A xira de presentacións continuará en semanas sucesivas por diferentes vilas da xeografía galega. O martes 17 de Abril, a partires das 12 h. está previsto que os membros do grupo fagan unha presentación ante os med(...)
Zurrumalla presenta o seu primeiro traballo discográfico baixo o titulo "O que había, e...O que hai" A formación de música folk preséntase deste xeito despois de once anos de percorrer Galicia polas festas, seráns, e máis eventos lúdicos, para facerse un oco no panorama da música galega. Das "festas que montan" sábeno moi ben o xa nutrido clube de fans.
2011
2010