A Baiuca


Travesía de Arteixo 213, frente ao concello. Arteixo. A Coruña

Horario de mañá: de luns a venres, de 10h a 15h, Sábados de 12h a 15h

Horario de tarde: de luns a sábado a partires das 19:30, e os domingos de 18h en diante.
.

www.abaiuca.com

Este local figura como pechado na nosa base de datos.

Qué opinas do local?




» A Penúltima

2015

(Ultima actualización: 10-09-2015)

Exposición na Baiuca (Arteixo) do proxecto artístico "Ardell'o Eixo" de Pablo Outón

- aPenultima- abaiuca-

Dende o venres día 4 de setembro e n'A BAIUCA, exposición e venda de láminas do proxecto artístico "Ardell'o Eixo" de Pablo Outón.

(Ultima actualización: 21-04-2015)

Riobó presenta Quiral

- publicacions- aPenultima- olaghartopintado- abaiuca- celtica-

Mércores 22 de abril.

12h presentación aos medios en O Lagharto Pintado

29:30 actuación na ETrad.

Xoves 23 de abril

22h concerto na Cova Céltica

Venres 24 de abril

12h Presentación aos medios na Taberna A Baiuca (Arteixo)





(Ultima actualización: 13-02-2015)

Entroido e VI Concurso de Tapas na Baiuca (Arteixo)

- concertos- aPenultima- abaiuca-

Esta fin de semana na Baiuca xúntanse festa, entroidada e gastronomía, co VI Concurso de Tapas de Arteixo.

A tapa baiucana leva por nome "Fol De Mar", delicatessen feita cun chipirón recheo de gambas e gulas en salsa mariñeira, e por suposto non será o único fol da noite do venres e o sábado; a música e a boa compañía están aseguradas. Non faltes!

2014

(Ultima actualización: 31-10-2014)

Samaín na Baiuca (Arteixo)

- aPenultima- abaiuca-

Estamos na semana do SAMAIN e o venres 31 celebraremos o fin de ano celta cun concurso de cabazas.

Podedes presentar as cabazas ata o mesmo día 31, día no que se procederá a unha votación popular entre a xente que acuda á BAIUCA. Quen gañe o concurso terá de premio unha estupenda cea o día que elixa.

PARTICIPADE e axudade a manter a tradición!!!

E o sábado día 1 de Novembro, MAGOSTO POPULAR.

Castañas para tod@s coas vosas consumicións.

E festa GUINNESS cun feixe de agasallos.

(Ultima actualización: 13-03-2014)

Andrés Penabad: "Crossing". Presentación para a prensa n'A Baiuca (Arteixo)

- concertos- aPenultima- abaiuca-

O venres día 14 ás 12 h. do mediodía, directo da TVG para o matinal ” A Revista” dende a taberna A BAIUCA/Arteixo con motivo da presentación do primeiro CD do acordeonista Andrés Penabad: “Crossing”, no que tocará 3 ou 4 temas do mesmo.

(Ultima actualización: 28-02-2014)

Mes de Marzo cheiño de actividades en A Baiuca (Arteixo)

- concertos- entroido2014- aPenultima- abaiuca-

A BAIUCA ferve!!!

Día 1, sábado: Entroido con pratos de cocido galego e postres tradicionais da época… E boa música!!!

Día 8, sábado: II sidrada nA BAIUCA con sidras de Euskadi, Asturies e por suposto as galegas + Viandas propias do tempo.

Día 14, venres: Presentación para a prensa e público o C.D. “Crossing” de Andrés Penabad.

Día 15, sábado: San Patricio 2014, patrón de Irlanda con festas de Guinness e Murphys + Jam Session.

Día 22, sábado: Iº Aniversario dA BAIUCA: Festa Racha(...)

(Ultima actualización: 06-02-2014)

Presentacón do libro-disco de Rochi Nóvoa – “Farrapos de Boneca” en A Baiuca (Arteixo)

- aPenultima- abaiuca-

O sábado 15 de Febreiro teremos nA BAIUCA un recital poético de Rochi Nóvoa, no que presentará o seu novo libro-disco “Farrapos de Boneca”…  Será a partires das 20h. Agardámosvos!

2013

(Ultima actualización: 30-10-2013)

Samaín e Magosto na Baiuca (Arteixo)

- concertos- aPenultima- abaiuca-

Xoves 31 de Outubro

Concurso de cabazas, magosto e foliada

(Ultima actualización: 20-10-2013)

1º Concurso de Cabazas na Taberna Café Museo "A Baiuca" (Arteixo)

- convocatorias- aPenultima- abaiuca-

- Pode participar quen quixer sen lí­mite de idades

- As cabazas iranse expoñendo a medida que vaian chegando, entre o 27 e o 29 de Outubro

- Do 29 de outubro ata o 30 haberá unha votación popular e o 31 decidirase a cabaza premiada na festa de comezo do SAMAíN

- O premio é unha cea para dous na BAIUCA + Unha pandeireta fabricada polo Obradoiro de Instrumentos Tradicionais J.R. de Carballo.

(Ultima actualización: 09-09-2013)

Clases de gaita e percusión na Baiuca (Arteixo)

- clases- aPenultima- abaiuca-

Curso 2013/2014

Lugar: A Baiuca. Travesía de Arteixo 213 (frente ao concello)

Imparte: Bieito Romero

Inicio do curso: 4 de Outubro

(Ultima actualización: 19-06-2013)

Semana de San Xoán na Baiuca

- Festa- aPenultima- Abaiuca-

Na semana do San Xoán festa rachada n'A BAIUCA...

Xoves 19 cantareliña, Venres 20, a "Orquestra Tombalobos" e Venres 21 Repichoca a fartar celebrando o Solsticio de verán...

Ven pasalo con nós e devírtete!!!!

(Ultima actualización: 25-03-2013)

Abre a Baiuca en Arteixo. Heredeira da Catedral do Folk

- aPenultima- abaiuca-

Despois de 7 anos do peche d'A COVA FOLK nace agora A BAIUCA exactamente o mesmo día que se abriu aquela "Cova" pero neste caso no concello de Arteixo... Este mércores 27 de Marzo estades tod@s convidados a pasar un rato con nós coñecendo a idea e o local que esta situado na Travesía de Arteixo 213, xustamente frente ao concello.