2020
Concerto De Arroutes na Repichoca (A Coruña) Venres 7 de febreiro ás 23h . Cordas e vento para escoitar e bailar.
“ Un sitio acolledor, con boa musica, boa xente e mellores camareiros! Grazas por deixarnos "destrozar" pandeiretas e o que surxa! un bico moi forte, e deica mañá ;)
2019
2018
Sábado 15 de decembro 4 actuacións nunha noite que promete ser inesquecible. Poderás pagar a túa entrada á vontade, durante o transcurso do evento.
Os Viqueiras no 15 Anivervario da Repichoca (A Coruña) Sábado 27 de xaneiro ás 22:30h Concerto dos Viqueiras presentando o seu novo disco "Vilaverde" no bar A Repichoca (A Coruña), coincidindo co seu 15 aniversario.
2017
Presentación en A Coruña do libro-disco 'ELISEO PARRA, nunca perseguí la gloria' Xoves 9 de novembro ás 20:30h A Repichoca (Orillamar, 13) Presentación do libro-disco de Rafael Alba sobre o grande músico e folclorista Eliseo Parra. Intervirán Pablo Quintana, director da Editorial Canela e o propio Eliseo Parra, que nos regalará algunhas das súas pezas máis significativas acompañado do xenial Xosé Lois Romero. E, como broche de ouro, actuación de Pan Sen Fron! Evento folclórico do ano na Repichoca!
“ So hai 1 cousa mellor ca este sitio, que é o boas persoas que son os camareiros. Bicos e apertas Chos
Presentación en A Coruña do libro-CD "indoevindo" de Milesios Sábado 6 de maio ás 22:45h A Repichoca Orillamar. Orillamar 13. A Coruña. Presentación do libro-CD "indoevindo" de Milesios Música Celta na Coruña, en formato reducido, especialmente preparado para A Repichoca Orillamar
XIV Aniversario da Repichoca (A Coruña) Venres 27 de xaneiro, foliada e actuación de No Filo da Ferreña
2016
Tanxugueiras Na Repichoca (A Coruña) Venres 06 de maio A Repichoca Orillamar Se tedes ganas de botar unhas bailas e pasar un bo rato. Xa tedes plan para o venres noite. Esprámosvos!!!
Finde 13º aniversario! de A Repichoca (A Coruña) 21 de xaneiro - 24 de xaneiro Toda esta fin de semana celebramos o decimoterceiro aniversario do local! O xoves á noitiña, adicarémoslle a festa á equipa de fútbol gaélico á que estamos vinculadxs. O Cascarilha virá festexar connosco e poderás conseguir agasallos no sorteo, informarte sobre a liga mista Gallaecia e desfrutar da habitual foliada dos xoves. O venres contaremos cós Juanpiños, dúo residente. Festexando 13 anos de música de balde e ao vivo, con eles como dous dos meirandes(...)
2015
2014
2013
Clases de Canto na Repichoca. Impartidas por Paula Rey A Repichoca (Rúa Orillamar 13, A Coruña) LUNS 20:00 a 21:30 MÉRCORES 16:30 a 18:00 O mes de abril terá lugar na repichoca un obradoiro intensivo de técnica e proxección vocal, impartido por Paula Rey. O prezo do curso é de 35 euros o mes enteiro. Animádevos a aprender!
2012
DésPRESTIGE - DésCONCERTO EXPANSIVO Rememorando o célebre Concerto Expansivo do 1 de Febreiro de 2003, no que se celebraron máis de 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e videográficas simultáneas en toda Galiza, o 1 de Decembro de 2012, aniversario da Marea de Dignidade, A Burla organiza o DésCONCERTO EXPANSIVO. Unha ocasión para celebrar o nacemento daquel movemento social sen precedentes e facer un animado balance da década. A iniciativa está aberta a toda formación musical, teatral ou artistística en réxime de autoorga(...)
“ Gente simpática e agradável, concertos vários, foliadas, pequenos cursos de cultura galega; sangria e calimotxo com regaliz... enfim, não se pode pedir muito mais :D Só é pena não estar situado numa zona mais central. Sara
Maghúa presentan o seu disco, Corricán - Venres 19 de Outubro ás 23h na Repichoca (Orillamar, 18 - A Coruña) - 3 de novembro, Centro Galego de Barcelona. - 9 de novembro, tasca Rianxeira, Vigo (xunto con Abóbriga e Lagharteiras). - 10 de novembro, Lume na Palleira, con Emílio Españadero.... - 20 de novembro, Casa das Crechas, Compostela. - 24 de novembro, Livraria Aturuxo e Posada del Diablo (Madrid e Alcalá de Henares), Madrid. - 25 de novembro, a partires das 12.00 horas, na Livraria Tenda Galega Aturuxo (C/Vallehermoso, 104,(...)
Actuación de MILESIOS en A Coruña e Lugo Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña. O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.
2011
Foliadiña no parque de Sta Margarida (A Coruña) Chega a Romaría de Santa Margarida, e este ano queremos celebrala se cadra un pouco antes. Por iso convidamosvos o VENRES 26, a partires das 19:00, a una foliadiña no parque de Sta Margarida. Esta foliada malia ser "demasiado galega", mesmo pode considerarse clandestina, xa que non contamos con permisos, nin teremos luces, nin megafonía. So as nosas ganas, gorxas e forza non precisaran de tales cousas pra podernos divertir. Faremos a foliada en dous tempos:(...)
2009
Dúo Fdz. & Quintá en xira polo norte peninsular Este dúo de sanfona e acordeón diatónico vaise de xira por terras riojanas, bascas e asturianas durante a vindeira semana de febreiro. Ademais o mércores 11 termina a xira cunha celebración en A Repichoca na Rúa Orillamar de Coruña ás 21.30 con entrada libre e reencontro coa galeguidade… Estas son as datas dos concertos acústicos do Dúo Fdz. & Quintá: Dia 8 Logroño Escuela de Gaita y Tambor de Alberite Dia 9 Hernani, Herri Musikaren Txokoa - Centro de la Música Popular de Hernani. Dia 10,(...)
1999
A cultura constrúese todos os días Co lema "A cultura constrúese todos os días" dende o 3º pé invitámosvos a celebrar a Festa da Cultura por todo o alto, e conscientes de que o 17 de maio trascende as letras e convírtese na festa da nosa cultura, unha cultura pola que hai que traballar todos os días. Para a xente que decidades celebrala con nós en A Coruña aí vos vai o programa: Martes 16 de maio 22:00 A Repichoca Festa-Concerto con "Nelson Lines. Aerolíneas Quinteiro" e "O Tear de Llerena" Mércores 17 de maio 11:30 Q(...)