(Ultima actualizaci??30-11-2018)

A.C. Donaire: Mozos da Ronda na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica- AC Donaire-

O sábado 1 de decembro ás 21:30h chegarán ata A Cova Céltica os pandeireteiros da A.C. Donaire, os "Mozos da Ronda".

Na cova celtica seguramente que podemos disfrutar de bós momentos... e alguns inesqueciveis!!! Hai que ir e tomar crema de oruxo... do mellor! Sónia

Qu?pinas do local?

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

Habelas Hainas na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Celtica-

Sábado, 17 de novembro, ás 21h

Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmoní­a Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con”¦

HABELAS HAINAS, logo dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamaio presentan "LIVRES E LOUCAS", prim(...)

(Ultima actualizaci??08-10-2018)

Os Viqueiras na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Domingo, 14 de Outubro ás 13h

OS VIQUEIRAS

Interpretan pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe así­ como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes. As pezas, moitas delas cantadas, foron recollidas nesta zona e arranxadas co seu toque personal. Preparádevos para bailar porque é imposible non moverse ao ritmo dos Viqueiras.

Eles son: Manuel V(...)

(Ultima actualizaci??15-08-2018)

Harmonica Creams na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Sábado, 18 de Agosto

A Cova Céltica

Volven dende o Xapón os amigos de Harmonica Creams que non poden fallar a súa cita coa Cova Céltica sempre que se achegan por terras galegas.

Este grupo que mistura o folk máis atlántica con ritmos blues e psicodélicos sempre fan gozar ao público nas súas actuacións.

í­delos perder!!

*Entrada de balde

2017

(Ultima actualizaci??07-12-2017)

MacMardigans na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Celtica-

Xoves 7 de decembro ás 22:00h

A Cova Céltica.

Rúa d'Orzán nº 82 baixo.

A Coruña.

O grupo toledano de folk-rock irlandés volta á nosa casa para facernos mover o esquelete. Festa asegurada!

(Ultima actualizaci??07-09-2017)

Fernando Barroso e Margarida Mariño na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Celtica-

Xoves 7 de setembro ás 21:30h

A Cova Céltica.

Rúa d'Orzán nº 82 baixo.

A Coruña.

Fernando Barroso volta á Cova Céltica embarcado nun novo proxecto, desta volta coa violonchelista Margarida Mariña, dúo de cordas que farán as delicias de todos os amantes da musica folk e de raíz.

(Ultima actualizaci??24-08-2017)

Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña)

- publicacions- aPenultima- Celtica-

O xoves 24 de agosto, e dentro das actividades previas á Romaría de Santa Margarida 2017, A Cova Céltica acollerá dúas actividades ás que vos convidamos.

Ás 20:30h. veremos, logo da súa estrea no Festival de Ortigueira e no Festival Interceltique de Lorient, o documental "DEFOLXXI", unha visión de David Ramos sobre a gaita galega, con entrevistas e pezas musicais de distintas persoas dentro da gaita. Antón Corral, Patricia Cela, Daniel Bellón, Pablo Carpintero, Pepe Vaamonde, Anne-Sophie Voge(...)

(Ultima actualizaci??08-08-2017)

Harmónica Creams na Cova Céltica (A Coruña)

- aPenultima- Celtica-

Mércores 09 de agosto ás 21h

Os xaponeses de Harmónica Creams volven á Cova Céltica dentro da programación da súa xira europea. Os Harmónicas deixaran moi boas sensacións hai tres anos na súa primeira visita á Cova Céltica e quixeron voltar para facernos gozar doutra actuación épica destes rapaces.

2016

2015

(Ultima actualizaci??19-11-2015)

Vrienden en A Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- celtica-

Este xoves 19 de novembro ás 22:30 Vrienden en concerto, o grupo asturiano visita A Cova Céltica

Vaia pandilla de camareiros, hehehe. Mais é dos poucos sítios onde se pode disfrutar de bó ambiente, boa música, concertos e vídeos ;) Sara

Qu?pinas do local?

(Ultima actualizaci??21-04-2015)

Riobó presenta Quiral

- publicacions- aPenultima- olaghartopintado- abaiuca- celtica-

Mércores 22 de abril.

12h presentación aos medios en O Lagharto Pintado

29:30 actuación na ETrad.

Xoves 23 de abril

22h concerto na Cova Céltica

Venres 24 de abril

12h Presentación aos medios na Taberna A Baiuca (Arteixo)





(Ultima actualizaci??10-04-2015)

Davide Salvado na Coruña

- concertos- aPenultima- Celtica-

Martes 14 de abril nA Cova Céltica

2014

2013

(Ultima actualizaci??15-11-2013)

Oscar Ibáñez charla-concerto presentación de "Alén do mar"

- concertos- aPenultima- Céltica-

Venres 15/11

ás 19:30 h na Aula Magna da Escola Municipal de Música de A Coruña

ás 22:30 h en A Cova Céltica.

(Ultima actualizaci??17-10-2013)

Foliada na A Cova Céltica (A Coruña)

- Festa- aPenultima- Celtica-

Como cada terceiro venres de mes, este venres 18 hai foliada n' A Cova Céltica.

(Ultima actualizaci??31-05-2013)

Obradoiro de corda colk na Cova Celtica

- clases- aPenultima- Celtica-

Sábado 1 de Xuño. Impartido por Fernando Barroso

(Ultima actualizaci??17-04-2013)

DUO MONTANARO-CAVEZ n'A Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Celtica-

Duo de folk contemporaneo vido dende Bélxica composto por Sophie Cavez(acordión Diatónico) e Balthazar Montanaro(violín).



(Ultima actualizaci??23-03-2013)

Foliadón de Regreso da Cova Céltica

- Festa- Cova Céltica- aPenultima- Celtica-

“  N'A Cova Céltica estamos de volta, e que millor xeito de celebralo que facendo unha foliada das que quitan o hipo. Así que xa sabedes gaiteir@s, acordeonistas, tamborileir@s, bombeir@s, pantedeteir@s, bailadores e bailadoras e demáis xente, queremos vervos a tod@s este mércores 27 de Marzo a partires das 22:30 n'A Cova Céltica e desfrutar dunha foliada como as de antes.

Saudos amig@s!!

É doado atopar xente tocando, un pouco máis cedo. E programan bastantes concertos (entre os máis recentes: Keltieg, Azarbe, Brandania, Xarín, Els Grullers, Malagüera, Zángalla Mángalla,..)

Qu?pinas do local?

2012

(Ultima actualizaci??27-03-2012)

Quempallou, novo disco na rúa e nova xira de presentación

- concertos- Quempallou- aPenultima- Celtica- auriense- Crechas-

Quempallou presenta o seu novo traballo discográfico “Vellas Novas” e faino cunha xira galega que comeza este venres 13 de Abril no Bar Liceum, no Porriño, onde actuarán a partires das 23:30 h. para continuar ao día seguinte cunha nova intervención sonora no Aturuxo de Bueu ás 22:30. A xira de presentacións continuará en semanas sucesivas por diferentes vilas da xeografía galega.

O martes 17 de Abril, a partires das 12 h. está previsto que os membros do grupo fagan unha presentación ante os med(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-03-2012)

- concertos- Zurrumalla- A Cova Céltica- aPenultima- Celtica-

Zurrumalla presenta o seu primeiro traballo discográfico baixo o titulo

"O que había, e...O que hai"

A formación de música folk preséntase deste xeito despois de once anos de percorrer Galicia polas festas, seráns, e máis eventos lúdicos, para facerse un oco no panorama da música galega.

Das "festas que montan" sábeno moi ben o xa nutrido clube de fans.

2011

2010