Homenaxe á Comparsa dos Barbeiros. Xoves, 19 de febreiro Xoves de Comadres e Comadros (cada un pasí) 21:00 h. Concentracións clandestinas na Praza do Concello, con saídas cara os restaurantes respectivos das canallas e dos canallos!!!. 22:00 h. Paparota das canallas, en Casa Campaña, coa marchiña do Dúo Prisma, do Grove. 22.00 h. Paparota dos canallos, en Restaurante Faro, ameniza o Dúo Kikelino, de Todo Ogrove. 24.00 h. Cada quen que fagha o que poida… Nota: Menús a 30 euros, reserva previa en cada restaurante. Os disfrazados serán convenientemente revisados, cacheados e controlados pola inspección do Concello (Brigada Fredi ao mando) para evitar mesturas contranatura. Venres, 20 de febreiro Desfile Infantil de disfraces escolares 17:00 h. Saída do Colexio Rosalía ata o Concello. Inauguración Exposición e Mesa Redonda As Historias do Entroido. 20.00 h. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. Monte da Vila. Mesa redonda para falar da Historia dos Barbeiros Coa participación de Antonio e Cándido Domínguez, Os Barbeiros, Marcial Costas, Miguel Besada, José Antonio Cacabelos, Alcalde, e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura. Sábado 21 de febreiro Inauguración Exposición e Mesa Redonda O Entroido en San Vicente. 13:00 h. Acto inaugural. Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder. Participan: José Pérez Vidal, Coxo; Francisco Guillán; Antonio Domínguez ; Carmen Pérez; e Antón Mascato. Concelleiro de Cultura; todos choqueiros. 13:30 h. Actuación da comparsa As cantareiras. Obradoiros, concursos e degustacións 17:00 h. Obradoiros de Entroido (maquillaxe, disfraces, xogos… ). Concurso e degustación de sobremesas do Entroido (orellas, filloas). Rúa Pratería. Festival das comparsas 20:00 h. Concentración na Praza do Concello. 20:15 h. Saída do desfile ata o Pavillón dos Deportes. 21:00 h. Comezo do Festival. Homenaxe á Comparsa dos Barbeiros. Entrada de pagamento, aforo limitado. (O Festival será gravado por unha produtora de Televisión e retransmitido pola rede de Televisións comarcais na noite do domingo 22). Domingo 22 de febreiro Festival Infantil de Disfraces 17:00 h. Pavillón de Deportes. Discoteca, confeti, borbullas e moita festa… Entrada libre. Luns 23 de febreiro Retransmisión do programa Aberto por Reformas da Radio Galega 19.00 h. 19.00 h. Emisión en directo do Programa Aberto por Reformas, dedicado ao Entroido do Grove, cos seus responsables, Xurxo Souto e Alberte Ribeiro. Actuacións ao vivo e entrevistas cos comparseiros. Martes 24 de febreiro Gran marcha do Entroido. 15:30 h. Comezo da inscrición. Praza do Corgo. (Obrigatoria para optar a premio) 17:00 h. Concentración de disfraces. Praza do Corgo. 17:15 h. Inicio do desfile polo sambódromo meco: O Corgo, Beiramar, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza, e Luís Seoane. (Obrigatorio mínimo unha volta ao sambódromo para optar a premio). As comparsas actuarán na Praza de Arriba, durante as horas da marcha do Entroido). Sábado 28 febreiro Recital de comparsas na Casa da Cultura do Monte da Vila. (Será gravado en audio e video). 16:30 h. Actuación da primeira das comparsas. 19:00 h. Actuación da comparsa gañadora do Festival 2008. 19.30 h. Entrega dos premios Entroido 2008. (Entrada libre ata completar o aforo). Concentración de Choqueiros e choqueiras 16.30 h. a 19.30 h. No lugar da Area, San Vicente. Festa infantil de disfraces 16.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente. Enterro da Sardiña 20:00 h. Velorio, responso e condución dende o velorio na Casa da Cultura Manuel Lueiro, ata a Praza do Concello onde será incinerada a difunta. Domingo, 1 de marzo. Actuación da Comparsa Os Garoulos. 12.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente. Exposicións O Entroido en San Vicente. Casa da Cultura A. Vázquez Hereder. San Vicente Visitas: Sábados 21 e 28 de febreiro, e domingos 22 de febreiro e 1 de marzo en horario de mañá e tarde As Historias do Entroido Casa da cultura Manuel Lueiro. Monte da Vila. Visitas: 8:30 a 21.30 h. de luns a venres; Sábados 9:00 a 14:30 h.
|