
11/02, mércores, ás 20h15, inauguración na Casa do Escudo de Entroidarte 2009, exposición de pinturas, esculturas e fotografías con temática de Entroido, realizadas por vintecatro artistas vinculados ao espazo da Eurocidade Chaves-Verín. A mostra permanecerá aberta durante todo o ciclo de Entroido. XOVES DE COMPADRES (12 FEBREIRO 2009) Saída ás 24h00 do Carro do Meco da rúa Montemaior, para percorrer a rúa Lisa, praza García Barbón (onde se celebrará o Xuízo do Maragato); rúa da Cruz, rúa da Mercede, praza da Mercede, rúa Laureano Peláez, rúa Irmáns Moreno, rúa Deputación, avenida Luís Espada, rúa Lisa e praza García Barbón, onde terá lugar a Queima do Maragato. Eso si, sempre acompañados do "Carro do Meco" e da música da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín, para xulgar "O Maragato". O veredicto? Culpable E o castigo? Morrer petardeado e queimado. NOTA: Advertencia a todos os pinches pirotécnicos: coa pólvora non se xoga. DOMINGO CORREDOIRO (15 FEBREIRO 2009) Descarga de bombas de palanque e saúdo do batallón de cigarróns á saída das misas, sempre acompañados do son atronador das súas chocas e o castigo dos seus látigos. Ás 11h30, Concentración de Cigarróns na praza do Concello; 12h45 h. ás 13h15, saúdas dos cigarróns aos fregueses nas saídas da igrexa Parroquial de Santa María e da igrexa dos RR.PP. Mercedarios. Ás 14h00, Xantar Popular do Corredoiro na praza da Alameda, con polbo (pan e viño subvencionados). 18h00 ás 22h00, concentración de máscaras e baile popular, que amenizará a orquestra Los Españoles. Animación musical das rúas polas charangas Xente Nova e Támega. XOVES DE COMADRES (19 FEBREIRO 2009) 11h30, Desfile Infantil do Entroido, no que os máis pequenos do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Escolas de Educación Infantil do Val de Monterrei, CEIP Castrelo do Val e Preescolar na Casa, tomarán as rúas de Verín. (Percorrido: Saída do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá, rúa Deputación, avenida Luís Espada, rúa Lisa e praza García Barbón). Amenizan as charangas Madialeva, Támega e Troulada, e a Banda de Gaitas do Concello de Verín. Ceas de Comadres polos restaurantes de Verín, amenizadas polas charangas Monterrei, Madialeva, Támega e Troulada. Ás 24h00, Barrio de San Lázaro-Casa do Escudo, Recepción pola Raiña do Entroido da comitiva de Don Carnal, procedente do camiño real de Monterrei, con Procesión dos Fachóns, desde San Lázaro até a praza García Barbón (avenidas de San Lázaro, Luís Espada e rúa Maior). Pregón na praza García Barbón por humoristas de teleseries da TVG; e verbena até altas horas da madrugada, que amenizará o grupo Aramio. VENRES DE COMPADREO e COMADREO (20 DE FEBREIRO 2008)
Ás 18H00, saída do barrio de San Lázaro dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas, que percorrerán, con paradas estratéxicas, diversas rúas e prazas, acompañados das charangas Madialeva e Támega, para se disolveren na praza de Edesio Fuentes. Desde as 24h00, verbena popular co grupo América S.L.
SÁBADO DE ENTROIDO (21 DE FEBREIRO 2008) A partir das 10h00, pasarrúas das charangas Támega, Xente Nova e Madialeva. Ás 17h00, Bautizo do Cigarrón, a carón da estatua. Animación vespertina das charangas Synolá, Troulada, Mekánika, Xente Nova e Madialeva. Animación nocturna da charanga Mekánika. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Los Trovadores e o gupo Super T.
DOMINGO DE ENTROIDO (22 DE FEBREIRO 2008) Ás 11H30, Barrio de San Roque, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns. Ás 12H00, Gran Desfile do Entroido (avenida Luís Espada, rúa Alameda, praza da Alameda e praza García Barbón), amenizado polas charangas Os Bandiños, Mekánika, Xente Nova, Synolá, Madialeva e Troulada, e a Escola de Música Tradicional do Concello de Verín. A partir das 16h00, animación musical de rúas coas charangas Mekánika, Xente Nova, Synolá, Madialeva e Troulada. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Los Satelites e o grupo Isla. AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!
Luns de Entroido - LUNS FARELEIRO (23 DE FEBREIRO 2008) Pola mañá, animación das rúas coas charangas Synolá, Troulada e Mekánika. Ás 16h30, no Pavillón dos Deportes, xogos infantís e inchábeis. Das 17H00 ás 19h30, praza García Barbón, Batalla da Farelada, animada polas charangas Támega, Troulada, Mekánika e Synolá. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coas orquestras Super Fama e Compostela..
MARTES DO ENTROIDO (24 DE FEBREIRO 2008) Pasarrúas matinais das charangas Mekánika, Troulada e Madialeva. Ás 16h00, Barrio de San Roque, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns. Ás 16H30, Desfile do Martes de Entroido (avenida Luís Espada, rúa Alameda, praza da Alameda e praza García Barbón), coas charangas Chunda Chunda, Támega, Mekánika, Troulada e Madialeva, e a Escola de Música Tradicional do Concello de Verín. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Trébol e o grupo D´Moda. Mércores de Cinsa (25 DE FEBREIRO 2008) Festivo local en Verín para descansar dos días de Entroido.
|