NOITE DE LUA E GAITAS NA ABC DE CORCUBION, en Vicente López, Argentina
(texto engadido o día 10/ / 3/ / 10 )
Sábado, 27 de marzo de 2010 a las 20:00 Bartolomé Cruz 1871 Vicente López, Argentina
TE ESPERAMOS A VOS Y A TODOS TUS AMIGOS Y AMIGAS A PASAR UNA NOCHE FANTASTICA BAJO LA LUZ DE LA LUNA Y LAS ESTRELLAS Y ACOMPAÑADO POR EL HERMOSO SONIDO DE NUESTRA MUSICA TRADICIONAL, EN NUESTRO ESCENARIO MONTADO AL AIRE LIBRE. NOS ACOMPAÑARAN Y ACTUARAN JUNTO A NUESTRO GRUPO ALBORADA, NUMEROSOS GRUPOS DE MUSICA Y DANZA DE ENTIDADES AMIGAS DE NUESTRA COLECTIVIDAD, Y HABRÁ COMIDAS TIPICAS (DE ALLA Y DE ACA) A PRECIOS MODICOS, TRAGOS Y QUEIMADA. PARA CERRAR UNA NOCHE HERMOSA Y DIVERTIDA, QUEDATE A BAILAR Y A DISFRUTAR DE LA MEJOR MUSICA PREPARADA PARA VOS POR NUESTRO DJ Y LAS MEJORES BEBIDAS OFRECIDAS POR NUESTRA BARRA.
ENTRADA LIBRE Y GRATUITA – BARTOLOME CRUZ 1871 – (ALTURA LIBERTADOR AL 1800) – VICENTE LOPEZ LINEAS 29, 161, 168, TREN LINEA MITRE RAMAL TIGRE, ESTACION VICENTE LOPEZ Y 6 CUADRAS A PIE. GRUPO DE JOVENES DE CORCUBION
Cristina Pato continúa abrindo horizontes para a gaita galega. Durante a primeira quincena de Marzo Cristina encóntrase de xira pola India invitada polo Hum Ensemble e Sandeep Das. A xira, que tamén conta cos percusionistas Mark Sutter e John Hadfield (EEUU) e a estrela do Sheng chino Wu Tong, comenzará o 7 de Marzo no prestixioso Kamani Auditorium de Nova Delhi para logo viaxar a cidades como Patna e Calcuta. Cristina e Sandeep son membros do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma; a primeira vez que traballaron xuntos foi no ano 2006 co gallo do concerto do SRE no Carnegi Hall (EEUU), concerto ao que Cristina foi invitada a estrear a obra Air to Air de Osvaldo Golijov. Desde aquela, Cristina e Sandeep coincidiron tocando nas Nacions Unidas e no Lincoln Center, entre outros. Esta vai ser a primeira vez que a gaita de Cristina e a tabla de Sandeep se xunten na India...
solistas y grupos que interpretan música tradicional y folkcelta
Ya se encuentra en edición el segundo libro de la colección “Colectividades Argentinas” que tiene como propósito compartir la información acerca de la mayoría de los solistas y grupos que interpretan y/o crean música y coreografías tradicionales asturianas, gallegas, bretonas, escocesas e irlandesas y folkcelta en la Argentina. Dicha información fue compilada con la autorización de los músicos, quienes permitieron incluirla en la página web.
Integran este volumen Achaiva da Ponte, Agrupación Folklórica “BAIXO MIÑO", Agrupación Folklórica de música y danzas gallegas "ABRENTE", Agrupación Folklórica Gallega “Miña Terra”, Anam Keltoi, Anaman Folk Celta, Any Adrover, Ardo Liltamor “Los Bailarines de Arda”, Asociación Mutualista Residentes de Vigo, Asociación Residentes de Mos, Athy Contemporary Harper Composer, Avalon Land, Banda de Gaitas de la Ciudad de Buenos Aires, BASCDancers: Buenos Aires Scottish Country Dancers, Beltaine Música Celta, Brian Barthe, Calath Irish Music Band, Caminantes de Finisterre, Cantareiras de Santa Comba de Xallas, Castro Manuel, Celtic Argentina, Celtic Underground scottish & electronic music, Conxunto Virxe do Carmen, Conjunto “Pelayo” de Manolo del Campo, Coro Ceolraidh, Coro del Centro Gallego de Buenos Aires, Coro Federal "Semente" de la F.A .G.A., CP Producciones, Derwydd, Deus Camilo y Gabriel, Dolavon, Dopazo Manuel, Emeraldance Danza Irladesas, Emigrantes gallegos, Encantamiento Celta, Eire danzas irlandesas, Expósito Gándara Raúl, Fardaxu, Gaël – Aires celtas. Gouëllo Alain, Gustavo Fuentes Quinteto, Herbadaboa, Irish Feet danzas irlandesas, Kells, Kevin Ham, Lagan Trío, La Quinta, Leira do son, Lembranzas da Terra, Lembranzas de Cambados, Lores Lorena, Mac Manus, Manolo del Campo, Myrddin, Na Fianna, Ogham, Os Furafoles, Os Gromos, Os Rumorosos, Pazos Daniel, Pereira Graciela, Pérez Longarella Jesús, Raíces Asturianas, Rocio del Cielo, Rodriguez Cesareo, Rush Fidelius, Scalise Jorge, Sete Netos, Skiltron, Sociedad Parroquial de Vedra, South American Piping Association SAPA Band, Tengwar Epic Folk Metal's, The Clovers, The Kilts, Tirn Aill, Treboeiro Orquesta Galega, Tuan - Folk Irlandés, Willow, Xeito Novo y Zephyrus
A Aula de Formación do Centro Galego de Barcelona ten intención de cubrir unha praza de profesor de gaita e outra para director/profesor de banda de gaitas. As clases teñen carácter semanal. A xente interesada pode enviar o curriculo a info@cgb.cat. Precísanse coñecementos de solfexo e valorarase o dominio da lingua galega.
Equipo Dirección Aula de Formación Centro Galego de Barcelona
ACHAIVA DA PONTE Y CALATH –música de Galicia y otros barrios celtas música tradicional irlandesa- Integrantes
Calath: Daniel Wechsler: acordeón, armonio y flauta traversa. Elías Montiel: violín y tin whistle (flauta irlandesa). Héctor Cristofanetti: guitarra acústica y voz. Pablo Franchini: bajo acústico, octave mandola y guitarra.
Achaiva Juan Aguirre Alegre (gaitas y flautas), Marcelo Abalos (flautas y gaita), Willy Pagiatis (violín, viola, cello, mandolina, cítara, bouzouki), María Alejandra Río (guitarra y voz), Victor Cerrón (bajo y voz), Patricio Camino de la Llosa (percusión tradicional gallega y derbake)
Sala de Representantes de la Manzana, Perú 272 Para reservas e información: 4307-8648 Entrada $20, descuento $17 para jubilados, estudiantes y socios de Comalthas www.myspace.com/ciclomanzanadelosceltas Auspicia y humedece: Slainte Cerveza Artesanal
A gran cita europea do mundo celta no verán é o Festival de Lorient e o pais invitado este ano e Galicia. A e-Trad estará presente coa orquestra folk Sondeseu, con quen a escola mantén unha forte relación, que protagoniza a presenza da música galega. Asimesmo, o director da escola, Rodrigo Romaní ten sido invitado pola organización a impartir unha conferencia sobre a historia da música galega dentro das actividades que leva a cabo a Université Populaire Bretonne.
Nos vindeiros días sae á venda o primeiro traballo discográfico do grupo, titulado Caminantes de Finisterre. O disco consta de 15 temas entre os que aparecen arranxos sobre temas tradicionais de Galicia, Asturias, Irlanda i Escocia, xunto a tres temas de autoría do grupo. O material foi rexistrado e mesturado durante distintas sesións ao longo dos primeiros anos de vida do grupo nos estudios Argot de La Plata e masterizado en Steps Ahead de Buenos Aires a finais de 2008.
Así que despois de moito tempo i esforzo demos por pechado este proceso para poñer o resultado a disposición dos que se interesaron ou se acheguen á nosa proposta.
O disco estará á veda nas nosas vindeiras presentacións en vivo e comunicándose a traves do enderezo: caminantesdefinisterre@yahoo.com.ar. En breve informaremos sobre novos puntos de venda ao público.
Este verán, unha nova expedición musical parte para Bretaña. Do 31 de xullo ao 9 de agosto celébrase na vila de Lorient a 39ª edición do Festival Intercéltico, a cita internacional máis importante para o mundo folk, que este ano conta con Galicia como país homenaxeado, sendo convidado de honra.
A programación de grupos galegos no Festival Intercéltico de Lorient afiánzase nesta edición con Berrogüetto, Fía na roca, BellónMaceiras e bOnOvO, catro grupos con diferentes experiencias no Festival. Dous deles, Fía na roca e BellónMaceiras, veñen de participar en edicións previas do Intercéltico, nas que tiveron unha gran acollida por parte do público. A expedición deste ano conta tamén con bOnOvO, que pon o seu primeiro pé en Bretaña este verán, a onde volverá de xira en Outubro; e con Berrogüetto, un dos grupos máis aclamados e con ampla bagaxe do noso país, que actuará por vez primeira no Festival Intercéltico de Lorient.
Berrogüetto, BellónMaceiras, bOnOvO e Fía na roca; catro formacións de estilos diferentes, pero cun obxectivo común: demostrar que o folk galego de calidade pisa forte tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.
O gaiteiro galego Carlos Núñez conta para La Voz de Galicia a súa experiencia de un ano en Brasil dedicado a investigar e a preparar o seu novo disco, «Alborada do Brasil», de próxima aparición.
Veño de pasar un ano percorrendo Brasil, gravando o meu novo disco. Lanzarémolo dentro de dúas semanas. Chamarase Alborada do Brasil en homenaxe a unhas proféticas palabras que deixou escritas o meu avó. O seu pai, meu bisavó, José María Núñez, emigrou alí a principios do século XX dende A Mezquita (Ourense) e desapareceu. Sempre se dixo que o mataran por celos profesionais. El era músico, coma min, e sempre sospeitei o que as pesquisas están confirmando: que, en realidade, como moitos galegos, iniciou unha nova vida no Novo Mundo.
Pero isto non é o máis importante da historia. A cuestión é que esta frutífera exploración musical acabou por se converter nunha auténtica viaxe iniciática na que aprendín unha chea de cousas que atinxen a Galicia. Estas son as que gustaría de compartir con vós nesta serie de artigos que hoxe comeza, esperando que as miñas andanzas polo Brasil sirvan a máis xente.
Onde pervive a alma da gaita
Brasil sempre ten sido para os galegos unha patria secreta onde desaparecer. En Brasil falan a lingua seguramente máis semellante ao galego que existe, se non é a mesma... No Brasil segue viva a alma da gaita, transmutada noutros instrumentos. Alí, a cultura das cantigas medievais galego-portuguesas, os nosos instrumentos musicais cáseque desaparecidos, as nosas tradicións... mesturáronse e fixéronse universais. En Brasil vive o noso pasado e quen sabe se o noso futuro.
Alí atopamos a nosa desexada síntese entre a cultura urbana e rural. No Brasil, as ondas do mar, a alborada, as noites de luar, as estrelas, as fogueiras de san Xoán, as sereas, as bruxas e o orballo, por non falar dos nosos diminutivos... gozan do glamour do artisticamente universal. Dito con outras palabras: no Brasil vive unha Galicia cool . Imaxinade a cara coa que ficaron os da Sony cando lles contei todo isto mentres escoitabamos o disco: «¡Carallo con estos gallegos! Ahora van y crean la música galego-brasileira!».
O caso é que volvo a casa convencido de que a nosa relación con Brasil pode ser clave para Galicia na nosa continua reinvención do país e, por que non dicilo, na creación de novos mercados. Sei que está todo por facer, pero penso que poderíamos estar diante dunha nova conexión artística tan potente como foi a música celta, coa que dalgún xeito conseguimos, dende mediados dos anos noventa, poñer a Galicia no mapa para moita xente.
Na ronda de sabios que entrevistamos para o documental que estamos a facer en paralelo ao disco, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, xa nos avisou: «Brasil é unha grande aposta, non só económica, senón tamén cultural». O meu amigo Manuel Bragado, director de Xerais, resumiuno en tres palabras: «Brasil somos nós». Hai pouco tempo, Juan Luis Cebrián foi aínda máis alá e dixo que «Galicia ten a sorte de ser a terra das cantigas e pode ser a ponte de España e Europa co Brasil».
Sorprende que semellante mina non teña sido explorada por Galicia. Brasil non forma parte do noso imaxinario de afinidades como Arxentina, Cuba, Irlanda ou Portugal. Ata agora a nosa relación con este xigante de xa case douscentos millóns de habitantes debémoslla ao calado e tenaz traballo dos nosos emigrantes, aos non sempre comprendidos reintegracionistas e amantes da lusofonía e a algún pioneiro como don Valentín Paz Andrade, que nos anos setenta publicou unha xoia da que xa falaremos a próxima semana e que nos descobre un novo concepto: a Galecidade do Brasil.
Ninguén lles dixo de nós
O brasileiro de a pé descoñece a existencia de Galicia. Non é a súa culpa, nunca llo contaron. Era duro para Portugal recoñecer que parte da súa cultura vén dun territorio «lá na Espanha». Incluso ignoran onde está exactamente Santiago de Compostela. En cambio, o Camiño fascínaos, proba é o éxito sen precedentes do escritor Paulo Coelho.
Cando descobren que «todo iso» vén dese misterioso país, que non trae aparellado o «imperialismo» europeo, que tanto amola aos brasileiros, entón apúntanse sen dubidalo... Dalgún xeito Galicia axuda aos brasileiros a descubrírense a eles mesmos, nunha parte da súa historia que nunca lles contaran.
Nélida, a introdutora
Comeza a renacer un orgullo sen precedentes. A galego-brasileira Nélida Piñón, primeira muller presidenta da Academia Brasileira das Letras, nas súas aparicións televisivas e na súa obra, fala habitualmente do seu pequeno país de orixe. Trátase dunha persoa cunha intelixencia e enerxía deslubrantes.
Nélida foi un dos meus introdutores na jet cultural de Rio de Janeiro. Nas elites brasileiras dáste de conta do importante que é a música para o país. Todos, absolutamente todos, dende os escritores, os políticos, os empresarios, os militares... saben de música. Todos teñen os seus gustos musicais ben definidos e saben que no fondo, a música é unha das identidades máis fortes de Brasil, por enriba doutras artes. Lembremos a Gilberto Gil como carismático ministro de cultura.
Cecais o único lugar do Brasil onde todos saben que é un galego sexa Salvador de Bahía. Alí a nosa comunidade é potente e está moi ben organizada. Carlinhos Brown contounos que os galegos foron os primeiros en darlle traballo, nunha panadería. Gravar con este xenio indomable foi algo máis que música, foi unha experiencia antropolóxica.
Ter diante ao meu tocaio do Candeal ulíndote e examinándote, como faría un paisano noso, confirmoume a teoría que fun consolidando en Bahía: que entre negros e galegos hai algo moi profundo que nos une e produce unha irreprimible atracción. Quizais por iso no Brasil galego tamén significa 'louro, rubio, branquiño'. Son os opostos que se atraen.
Os outros grandes centros actuais do «poderío galego» son São Paulo e Rio de Janeiro. Alí, é curioso que máis que exhibirse, sempre tenden a esconderse misteriosamente... No Brasil os galegos aprenderon a organizarse en empresas con varios socios. Raro é atopar cabezas visibles, con excepcións que ben darían unha novela ou un filme...
Os galegos alí sempre se camuflaron como portugueses, máis que españois, ou simplemente como brasileiros. Este é un país que se come todo, non crea guetos étnicos. Todo ser humano transfórmase nun tempo récord en brasileiro. Iso mesmo acho que fixo o meu bisavó.
É posible que as percepcións dun músico non sexan científicas, pero como dixo un tal Leite de Vasconcellos: «Os artistas adivinham muitas vezes o que, por outro lado, os investigadores de História descobrem a custa de fatigante labor cerebral».
O Tragasons, programa de músicas do nosso planeta realizado em língua galego-portuguesa, voa além do Atlântico e começa a soar na emissora FM La Tribu, no 88,7 FM de Buenos Aires. Será a partir de esta sexta-feira, 8 de maio, polas 16:30 hora local (21:30 horas da Galiza e do resto do Estado Espanhol, 20:30 horas de Portugal).
O Tragasons já se emite na Rádio Filispim de Ferrol (Galiza) os sábados as 17 horas, as terças-feiras às 21 e as quintas polas 10 da manhã.
GALLEGOS EN LA FERIA DEL LIBRO 35º Exposición Feria Internacional de Buenos Aires El Libro del Autor al Lector Predio Ferial de La Rural en Palermo 23 de abril - 11 de mayo Stand 1710 / Pabellón Amarillo
Todos(as) los(as) que estén interesados(as) en integrar alguno de los grupos de la colectividad, escribanos a clases@largallego.cl para responder sus inquietudes y requisitos para participar.
Las clases empiezan la primera semana de marzo, asi que aún queda tiempo para inscribirse.
“A la Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba”. É o título dun libro que acaba de sair do prelo e que publica a editorial Sotelo Blanco e promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Está escrito polo profesor de Historia e director artístico de aCentral Folque, Ramom Pinheiro Almuinha.
Este libro recolle as investigacións que o escritor fixo sobre a conexión musical que dos galegos ao longo de décadas cando se empezou a emigrar masivamente a este lugar do Caribe no século XIX. Un exhaustivo traballo organizado en dúas seccións: a presencia da comunidade galega na illa e a súa estructuración social (veladas artísticas, agrupacións, sociedaes de instrución…) e a música dos galegos en Cuba así como a súa hibridación coas tradicións locais.
En fin, un ensaio interesante, con boas fotografías e de lectura amena que o autor presentará na Feira do Libro de La Habana a vindeira semana.
Desgraciadamente é unha edición de tirada limitada e este libro non se atopará facilmente. Haberá algún exemplar na biblioteca de aCentral Folque para consulta e esperamos que teña unha reedición pronto.
Crea a túa conta en Ghastas Pista?. O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.
Mensaxes mais recentes:
Gran Festival Celta en Buenos Aires ( con 5 respostas ) Roncón contra roncón ( con 2 respostas ) Argentina vive un bum de la música Celta Xeito Novo repasa todos os seus Grandes Éxitos Galicia e Namibia, unidas polo folk