Actualidade na Música Galega
e
Actualizacións en Ghastas Pista?



Ultimas novas engadidas polos usuarios
- XXIX FESTIVAL DE PARDIÑAS (Guitiriz)
- XXIX FESTIVAL DE PARDIÑAS (Guitiriz)
- V Encontro de Bandas de Gaitas memorial Manuel García “Lolete”
- III Festa da Conrobla
- I CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS E PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL
- Festival da Chaira 2008
- IX Memorial RICARDO PORTELA 2008
- HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO
- Semana Cultural no Castiñeiriño
- Ourense aposta pola cultura galega
- Arte total. Ecléctica Ensemble, espectáculo no CGAC. Sábado 21 Junho
- I Serán Ramón Cabanillas
- Festa folk-tradicional no Rial, Soutomaior
- Bonovo: un triunvirato de folk galego que chega ás tendas
- Novo BLOG: "Sempre en Galiza - Música galega - Dixitaliza e comparte"


Información sobre concertos recibida recentemente na web
- Achégamonos o vixésimo noveno Festival de Pardiñas (en Guitiriz). Comezamos xa a festa o ...
- Hola amigos fai uns dias escribin un comentario sobre O Pino folk, decindovos os nomes dos...
- Venres 20 de xuño Sala Clavicembalo ( Lugo ) TÁTARA TRÍO
- NOITES DA CARBALLEIRA 2008 Quería informar dos concertos que van ter lugar na Carballei...
- xa danzamos, xogamos, bebemos, comemos, tocamos e ...os
- ben amigos xa estamos aqui de novo somos un grupo de gaiteiros que nos dedicamos a pasalo ...


Ultimas mensaxes nos foros
- Fiesta gallega en la Sociedad Rosalía de Castro de Cuba(Música Galega No Mundo) // nova resposta recibida
- Buscamos gaiteiro para grupo.(Taboleiro)
- Recital de MUSICA CELTA a Beneficio en MONTEVIDEO(Música Galega No Mundo)
- Festival Celta en Velma Café (Música Galega No Mundo) // nova resposta recibida
- olla meu irmao(Música Galega No Mundo) // nova resposta recibida


Novo comentario recibido o día 5-7-08
Galicia, Miña nai dos dous mares (Juan Pardo)


A web da CRTVG rescata 'Os directos da Galega'
(actualización engadida o 23-5-08)

Visto en Chuza.org: `A web da crtvg ofrece os audios dos concertos en vivo que se gravaron anos atrás dentro do espazo `Os directos da Galega´, que emitían tanto a Radio Galega como a TVG. É unha oportunidade para rescatar concertos de Luar Na Lubre, Os Cempés, Milladoiro, Berrogüeto, Siniestro Total, João Afonso, Cristina Pato, Budiño, etc. etc.´



Señora Carmen: Na Flor dos Meus Anos
(actualización engadida o 12-5-08)

``A señora Carme, o proxecto Malvela, son unha das mellores noticias da cultura galega dos últimos anos. Voces de mulleres nunha aldea galega, nova vida para as cancións populares, espírito comunitario, entusiasmo e vitalidade na plenitude da vida.´´



O TEU espazo en Ghastaspista.com
(actualización engadida o 1-3-08)

A pouco tempo de que se cumplan 10 anos de existencia na rede, Ghastas Pista decide `abrir as súas portas´ A idea é sinxela: consegue o teu espazo, `www.ghastaspista.com/oteunome´, no que compartir a túa música e información, ou a música e información que che interesa. Non é preciso que saibas `como facer unha paxina´, só tes que achegar a túa proposta (un blog, unha paxina con artigos, a web dun grupo, local, asociación,..) ao enderezo ghastaspista@gmail.com, e xuntos veremos de montar algo ;). ..e, como sempre en Ghastas Pista, a información compártese de balde.



Tino Baz - Cinsa Namorada
(actualización engadida o 28-2-08)

``Cinsa Namorada, ven a ser o título do traballo discográfico que Tino Baz grava neste intre, e que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra de autor, como músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega actual de recoñecido prestixio e, individualmente, como músico que ten percorrido e espallado o seu traballo por todo o país e tamén fora del. Como músico miñoto, mòvese nunha estética connotativa de raìces populares adaptándose ás acústicas innovadoras da inxenería do son do momento actual´´



Luar Na Lubre - Camiños da Fin da Terra
(actualización engadida o 3-12-07)

``Os Luar na Lubre continúan o seu camiño polo folk galego e seguen a poñer en evidencia a importancia de apostar pola reivindicación dunha banda sonora de país que rache coa relación de amor/odio que ten a nosa música co mundo celta. Vinte anos pasaron dende a súa fundación, dez discos e moitísimos directos que moldearon toda unha formación que algúns sinalan como unha das pioneiras e na actualidade das poucas que continúan fieis ao seu espíritu atlántico´´ (Apeneira.com)



Máis discos: A chaiva da Ponte, Entre Trastes, Cuchufellos e Emilio Rúa
(actualización engadida o 27-11-07)

4 novos discos na seccion correspondente. Se queres que o teu disco apareza nesta web, xa sabes.... ghastaspista@gmail.com



SonDeSeu - Trastempo
(actualización engadida o 20-9-07)

Por fin en Ghastas Pista, o novo disco de SonDeSeu. Trastempo. ``un traballo composto por pezas interpretadas pola orquestra no seu conxunto, pero cun espazo no que cada sección convírtese en protagonista, o que define unha variedade tímbrica que xa no primeiro momento chama a atención e a sensibilidade do oínte. Xunto con temas tradicionais e arranxos contemporáneos´´



Outro disco en Ghastas Pista (e axiña mais): Fía Na Roca - Vente Vindo
(actualización engadida o 6-8-07)

``gravado tocando todos a un tempo, como se fose un concerto en abril de 2007´´



Fluíndo en Pechado, segundo traballo discográfico de Pablo Seoane
(actualización engadida o 30-7-07)

``Fluindo en pechado´´ é un traballo basado na música de raíz galega, especialmente na dixitación ``pechada´´, a cal estivo prácticamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos. No repertorio busca ofrecer unha visión ampla de tódolos ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por xotas, pasodobres, mazurcas, valses, rumbas, tendo a gaita como instrumento conductor.



...e máis discos: Malvela, ``Da miña Xanela á Túa´´
(actualización engadida o 6-7-07)

«Malvela é máis que un grupo de música popular, é un espazo de encontro. Reunirse para cantar, esa era a única pretensión cando comezaron. Pero como a vida non é unha liña recta senón que está chea de curvas, de vaivéns, comezou unha aventura para elas que cristalizou nos seus tres discos e en innumerábeis concertos. (..)» Uxía Senlle.




toda a información que aparece nesta web, banners incluídos,
aparece de xeito desinteresado (e de balde) se tes algo que contar...


* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

* Enviar textos i enlaces (páxina en versión de probas) *

* Ver novas ampliadas e anteriores *

* Visitar o foro *

* *

 

Voltar á páxina principal